María Victoria de la Fuente Alonso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1927 Vigo, España |
Morte | 28 de setembro de 2009 (81/82 anos) |
Actividade | |
Ocupación | pintora |
Premios | |
| |
María Vitoria de la Fuente Alonso, nada en Vigo en 1927 e finada en Madrid o 28 de setembro de 2009,[1] foi unha pintora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixe
[editar | editar a fonte]Filla e neta de arquitectos (o seu pai era Jenaro de la Fuente Álvarez e o seu avó Jenaro de la Fuente Domínguez), a partir de 1945 pasou tempadas en Madrid, onde asiste ao estudo do pintor Xulio Moisés, quen lle deu clases de pintura. A finais desta década foi alumna libre da Escola de San Fernando.
Cubismo e expresionismo
[editar | editar a fonte]En 1953 empezou a participar en mostras colectivas. Viaxou a París e descubriu directamente aos mestres do cubismo: Picasso, Braque e Juan Gris. Tamén viaxou aos Países Baixos para entusiasmarse con Rembrandt e Vermeer; e a Italia onde coñeceu as obras de Mario Sironi e Giorgio Morandi.
O seu interese pola pintura mural levouna a realizar algúns traballos nesa técnica, nun estilo expresionista de factura lírica.
En 1962 obtivo o premio da crítica pola súa exposición individual no Ateneo. En 1964 casou co pintor Máximo de Pablo e conseguiu os premios Abril e Familia Española, así como unha bolsa da Fundación March.
Nas Nacionais de Belas Artes de 1965 e 1967 obtivo a terceira e segunda medallas, respectivamente. Abandonará Madrid para instalarse no Levante español, nunha aldea de salinas e pescadores, pero segue visitando periodicamente a capital española e a súa cidade natal, onde realizou diversas exposicións.
Obra en museos
[editar | editar a fonte]Ten obra no Museo de Arte Contemporánea de Madrid, nos de Galiza no Museo de Pontevedra por exemplo, e noutros moitos[Cómpre clarificar] de España, Europa e América.[Cómpre referencia]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Falleció la pintora Victoria de la Fuente... La Voz de Galicia 1/10/2009 (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Campoy, A. M. (1973). Diccionario crítico del Arte español contemporáneo. Madrid.
- Diego; Sobrino; Sarmiento (1995). A arte inexistente: as artistas galegas do século XX (PDF). Auditorio de Galicia.
- Gayo Nuño, J. A. (1970). La pintura española del siglo XX. Madrid, Ibérico Europea, Edic..
- López Vázquez, Xosé Manuel: "Fuente Alonso, María Victoria de la". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
- Mon, Fernando (1987). Pintura contemporánea en Galicia. A Coruña, Caixa Galicia.
- Pablos, Francisco (1981). Plástica Gallega (en castelán). Caja de Ahorros Municipal de Vigo. pp. 178–179. ISBN 84-7231-603-3.
- Pantorba, Bernardino de (1980). Historia y crítica de las exposiciones nacionales de Bellas Artes. Madrid.
- VV. AA.: Mujeres en el Arte español. Madrid, Centro Conde Duque, 1984.
- VV. AA.: Un siglo de pintura gallega 1880/1980. Buenos Aires, Museo Nacional de Bellas Artes, 1984.
- Vangardas e silencios. Compostela, Xunta de Galicia. 1984.