Saltar ao contido

Fernando Caldeiro Caínzos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFernando Caldeiro Caínzos

(2004) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Fernando Caldeiro Editar o valor en Wikidata
12 de xuño de 1958 Editar o valor en Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Morte3 de outubro de 2009 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
League City, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de cerebro Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Arizona
Farmingdale State College (en) Traducir
Universidade da Flórida Central (pt) Traducir
William Cullen Bryant High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónastronauta, enxeñeiro Editar o valor en Wikidata
EmpregadorNASA, astronauta Editar o valor en Wikidata
Tempo no espazo0 segundos Editar o valor en Wikidata
Premios

WikiTree: Caldeiro-1

Fernando Caldeiro Caínzos, máis coñecido como Frank Caldeiro, nado en Buenos Aires o 12 de xuño de 1958 e finado en League City (Texas) o 3 de outubro de 2009[1], foi un astronauta arxentino-estadounidense de orixe galega, graduado en enxeñaría mecánica na Universidade de Arizona e na Universidade de Florida Central.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Caldeiro foi nomeado astronauta da NASA o 1 de maio de 1996 como membro do Grupo Astronauta 16, alcumado como "The Sardines".

Caldeiro foi asignado aos voos de observación a grande altitude na nave da NASA WB-57. En 2002 uniuse á Comisión presidencial de Excelencia educativa para os Hispanoamericanos.

Finou en outubro de 2009, aos 51 anos, logo de dous anos e medio sufrindo un cancro cerebral.

No ano 2000 recibira a Medalla Castelao, pois era descendente de galegos. O seu pai era de Samos[2], emigrado primeiro a Buenos Aires e despois a Nova York, onde traballou como xefe dos electricistas do metro. A súa nai era leonesa filla de galegos. O seu avó materno era da Devesela (Curtis)[3].

  1. Obituario Arquivado 28 de setembro de 2011 en Wayback Machine. en http://galvestondailynews.com (en inglés).
  2. "Galego na Lúa" Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine., artigo de Marcelino Fernández Mallo no blog A trenza, 21 de novembro de 2009.
  3. Ficha[Ligazón morta] en Fillos de Galicia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]