Borobó
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de xullo de 1916 Pontecesures, España |
Morte | 28 de agosto de 2003 (87 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Membro de | |
Premios | |
| |
Raimundo García Domínguez, máis coñecido como Borobó, nado en Pontecesures o 10 de xullo de 1916 e finado en Santiago de Compostela o 28 de agosto de 2003,[1] foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do médico Víctor García García-Lozano e Dolores Domínguez Sierra.[2] Estudou o bacharelato en Pontecesures e despois cursou Filosofía e Letras na universidade de Santiago de Compostela. Durante a Segunda República ingresou en Izquierda Republicana, pero marchou con Xoán Xesús González para formar Vanguardia de Izquierda Republicana, da que foi secretario de actas. En 1936 a guerra civil española sorprendeuno en Santander, onde asistía á Universidade Internacional de Verán. Foi trasladado a Madrid e participou na defensa da cidade en unidades de artillaría e de transporte. Afiliouse á Unión General de Trabajadores, e comezou a súa faceta xornalística, con colaboracións na redacción de Estímulo, voceiro das unidades artilleiras en que participou. Cando xa remataba a guerra afiliouse ao PSOE.
Rematada a guerra, pasou por diversos campos de concentración, tivo que facer o servizo militar en Marrocos e incorporouse á actividade clandestina do seu partido. Fixo de enlace entre os socialistas galegos e a dirección do PSOE en Madrid. Retomou o seu traballo xornalístico participando na publicación Finisterre e, entre 1944 e 1946, en El Español, La Estafeta Literaria, Fantasía e Madrid.
En 1946 volveu a Galicia e incorporouse á redacción de La Noche, do que foi director, e no cal deu cabida a novos escritores que acabarían sendo coñecidos polo alcume de Xeración 'La Noche'. Entre 1949 e 1966 foi o cronista oficial de Compostela.[3] Ocupou a dirección de El Correo Gallego en 1960, e máis tarde marchou novamente a Madrid, e traballou en Agencia EFE até a súa xubilación. Na última parte da súa vida, retirouse a Trevonzos, unha pequena aldea de Boiro dende a que se ve a vila de Rianxo.
Pseudónimos e heterónimos
[editar | editar a fonte]Aínda que o de Borobó é o seu máis coñecido pseudónimo, tamén foi coñecido por outros pseudónimos e heterónimos, entre eles os de Raimundo Lozano, J. Sierra, Ánxel Novo, Xoán Porreás, Tina ou La Piñeira.
Distincións
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Necrológica: Raimundo García, 'Borobó', periodista y escritor". El País (en castelán). 30/8/2003.
- ↑ Borobó, un achegamento
- ↑ Troyano Viedma, José Manuel. "Cronistas oficiales de las comunidades autónomas de Cantabria, Cataluña, Extremadura y Galicia (España)". Real Asociación Española de Cronistas Oficiales (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "García Domínguez, Raimundo". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 139.
- Bernal López (2005). "Borobó". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego (1990). Diccionario de escritores en lingua galega, p. 168.
- Vilavedra, D., ed. (1995). Diccionario da literatura galega I. Galaxia. p. 247. ISBN 84-8288-019-5.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Entrevista a Borobó, na serie Historias da vida, de Xan Leira. CCG.
Predecesor: Celestino Sánchez Rivera |
Cronista de Santiago de Compostela 1949 - 1966 |
Sucesor: Ángel Rodríguez González |