ISO 4217
A norma ISO 4217 foi creada pola ISO co obxectivo de definir códigos de tres letras para todas as moedas do mundo. Isto elimina as confusións causadas por algúns nomes de divisas como dólar, franco ou libra, que son empregados en numerosos países pero teñen tipos de cambio moi diferentes.
As dúas primeiras letras do código son as dúas letras do código do país da moeda segundo o estándar ISO 3166-1 e a terceira é normalmente a inicial da divisa en si. Esta norma define tamén as relacións entre a unidade monetaria principal e as súas subdivisións.
Inclúe tamén códigos para metais preciosos (ouro, prata, paladio e platino) e outras definicións utilizadas no mundo financeiro. Tamén existen códigos especiais para probas (XTS), e para indicar transaccións non monetarias (XXX). Todos estes códigos comezan coa letra "X". Os metais preciosos utilizan "X" e o símbolo químico do metal. ISO 3166 nunca asigna códigos de país comezando con "X", polo que ISO 4217 pode usar códigos que comecen con esa letra sen arriscarse a colisións.
Códigos
editarCódigos obsoletos
editarCódigo | Moeda | Período | Observacións |
---|---|---|---|
ADF | Franco andorrano | Substituído polo euro | |
ADP | Peseta andorrana | Substituída polo euro | |
AFA | Afgani | substituído por AFN | |
AON | Kwanza angolano | substituído por AOA | |
AOR | Kwanza angolano reaxustado | substituído por AOA | |
ARA | Austral arxentino | 1985-1991 | substituído por ARS |
ARC | Peso moeda corrente arxentino | 1826-1881 | substituído por ARM |
ARF | Peso forte arxentino | 1826-1881 | substituído por ARM |
ARG | Peso ouro selado arxentino | 1881-1929 | substituído por ARM |
ARL | Peso lei arxentino | 1970-1983 | substituído por ARP |
ARM | Peso moeda nacional arxentino | 1881-1969 | substituído por ARL |
ARP | Peso arxentino | 1983-1985 | substituído por ARA |
ATS | Xilin austríaco | substituído polo euro | |
BEC | Franco belga | convertible | |
BEF | Franco belga | substituído polo euro | |
BEL | Franco belga | financeiro | |
BGL | Lev búlgaro | antes do 5 de xullo de 1999 | |
CSK | Coroa checoslovaca | ||
CLE | Escudo chileno | 1960-1975 | substituído por CLP |
CYP | Libra chipriota | substituída polo euro | |
DDM | Marco da RDA | Alemaña do Leste | |
DEM | Marco alemán | substituído polo euro | |
ECS | Sucre ecuatoriano | substituído por USD | |
ECV | Unidade de Valor Constante ecuatoriana | interrompido | |
EEK | Coroa estoniana | substituída polo euro | |
EHP | Peseta saharauí | moeda oficial da RASD, non é divisa recoñecida | |
ESA | Peseta española | conta A | |
ESB | Peseta española | conta B | |
ESP | Peseta española | substituída polo euro | |
FIM | Marco finlandés | substituído polo euro | |
FRF | Franco francés | substituído polo euro | |
GRD | Dracma grego | substituído polo euro | |
HRK | Kuna croata | substituída polo euro | |
IEP | Libra irlandesa | substituída polo euro | |
ITL | Lira italiana | substituída polo euro | |
LUF | Franco luxemburgués | substituído polo euro | |
LTL | Litas (Lituania) | substituído polo euro | |
LVL | Lats (Letonia) | substituído polo euro | |
MTL | Lira maltesa | substituída polo euro | |
MXP | Peso mexicano | substituído por MXN | |
NLG | Florín holandés | substituído polo euro | |
PLZ | Zloty polaco | Substituído por PLN | |
PTE | Escudo portugués | substituído polo euro | |
RUR | Rublo ruso | Substituído por RUB | |
SIT | Tólar esloveno | substituído polo euro | |
SKK | Coroa eslovaca | substituída polo euro | |
SML | Lira sanmarinesa | substituída polo euro | |
SRG | Guilder surinamés | substituído por SRD | |
SUR | Rublo soviético | ||
TRL | Lira turca | substituída por TRY | |
VAT | Lira vaticana | substituída por EUR | |
XEU | Unidade de Divisa Europea | substituída por EUR | |
YUD | Novo dinar iugoslavo | substituído por CSD | |
YUM | Dinar iugoslavo | substituído por CSD | |
ZAL | Rand surafricano | interrompido | |
ZRN | Novo zaire | substituído por CDF | |
ZRZ | Zaire | substituído por ZRN, e máis tarde por CDF) | |
ZWD | Dólar cimbabuense | substituído por ZWN | |
ZWN | Dólar cimbabuense | substituído por ZWR | |
ZWR | Dólar cimbabuense | substituído por ZWL |