Euro

moeda europea

Euro
евро (en búlgaro), ευρώ (en grego), euró (en húngaro), eiro (en letón), еuras (en lituano), ewro (en maltés) e evro (en esloveno)
Símbolo do euroMoeda de 1 euro
Código:EUR
Ámbito: Eurozona:
Alemaña Alemaña
Austria Austria
Bélxica Bélxica
Chipre Chipre
Croacia Croacia
Eslovaquia Eslovaquia
Eslovenia Eslovenia
España España
Estonia Estonia
Finlandia Finlandia
Francia
Grecia Grecia
Irlanda Irlanda
Italia Italia
Letonia Letonia
Lituania Lituania
Malta Malta
Luxemburgo Luxemburgo
Países Baixos Países Baixos
Portugal Portugal

Outros estados:
Andorra Andorra
Cidade do Vaticano Cidade do Vaticano
Mónaco Mónaco
San Marino San Marino

Sen carácter oficial:
Kosovo Kosovo
Montenegro Montenegro
Símbolo:
Fracción:100 céntimos[1]
Moedas:1, 2, 5, 10, 20 e 50 céntimos, 1 euro e 2 euros
Billetes:5, 10, 20, 50, 100, 200 e 500 euros
Emisor:Banco Central Europeo
Taxa de troco:
2023
1 USD = 0,90 EUR
Troco actual

O euro (EUR ou ) é a moeda usada polas institucións da Unión Europea (UE), así como a moeda oficial da eurozona, formada por 20 dos 27 Estados membros da UE: Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos e Portugal. Ademais, 4 microestados europeos teñen acordos coa Unión Europea para o uso do euro como moeda: Andorra, Cidade do Vaticano, Mónaco e San Marino. Por outra banda, o euro foi adoptado de maneira unilateral por Montenegro e Kosovo.

Billetes de euro (2019)

Uns 388 millóns de cidadáns viven nos 20 países da eurozona.[2] Ademais, máis de 240 millóns de persoas ao redor do mundo usan moedas fixadas ao euro, incluíndo máis de 190 millóns de africanos.[Cómpre referencia] O euro é a segunda moeda de reserva así como a segunda moeda máis negociada no mundo, despois do dólar estadounidense.[3][4][5][6]

En decembro de 2019, con máis de 1,3 billóns de euros en circulación, o euro ten un dos valores combinados de billetes e moedas máis altos en circulación do mundo.[7][8] O euro divídese en 100 céntimos.

O nome de «euro» foi adoptado oficialmente o 16 de decembro de 1995 en Madrid.[9] O euro introduciuse nos mercados financeiros mundiais como unha moeda de conta o 1 de xaneiro de 1999, substituíndo a antiga Unidade Monetaria Europea (ECU) nunha proporción de 1:1.

As moedas e billetes entraron en circulación o 1 de xaneiro de 2002 nos 12 Estados da Unión Europea que adoptaron o euro naquel ano:[10] Alemaña, Austria, Bélxica, España, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Países Baixos e Portugal.

Ese mesmo ano tamén adoptaron o euro os estados europeos de Cidade do Vaticano, Mónaco e San Marino, que tiñan acordos con países da Unión Europea, e Andorra, aínda que este de maneira non oficial. Non foi ata o 2011 cando Andorra asinou un acordo monetario coa Unión Europea, o cal entrou en vigor o 1 de abril de 2012, que supuxo a adopción do euro por Andorra de maneira oficial.

O 1 de xaneiro de 2007, Eslovenia incorporouse á zona euro.[11] Malta[12] e Chipre[13] fixérono o 1 de xaneiro de 2008 e Eslovaquia o 1 de xaneiro de 2009.[14]

Estonia incorporouse o 1 de xaneiro de 2011,[15] sendo o primeiro país que formara parte da URSS que se converteu en membro da eurozona.

Letonia incorporouse o 1 de xaneiro de 2014,[16] Lituania, o 1 de xaneiro de 2015,[17] e Croacia o 1 de xaneiro de 2023, sendo o último país en adoptar a moeda común europea.[18]

Oito países da Unión Europea non adoptaron o euro aínda: Bulgaria, Dinamarca, Hungría, Polonia, República Checa, Romanía e Suecia. Tampouco o fixo o Reino Unido durante os seus anos de pertenza á Unión Europea. O euro aspira a converterse na moeda oficial de toda a Unión Europea. A introdución do euro en lugar das divisas estatais foi a reforma monetaria máis importante en Europa na época moderna.

O euro é administrado polo Sistema Europeo de Bancos Centrais (SEBC), composto polo Banco Central Europeo (BCE) e os bancos nacionais dos países membros da eurozona. O Banco Central, situado en Frankfurt, Alemaña, é o único con autoridade para desenvolver a política monetaria.

Características

editar
Artigos principais: Billetes de euro e Moedas de euro.

O euro divídese en cen cents.[1] Aínda que «cent» —plural «cents», en ambos os casos sen punto final nin acento— é a denominación oficial da división do euro en todos os idiomas, na linguaxe habitual, con todo, tradúcese polo equivalente en cada idioma (en galego e castelán céntimo, en grego λεπτό, en italiano centésimo, en francés centime, etc.) e pluralízase segundo o uso habitual da lingua.

Os billetes de euro —de 5, 10, 20, 50, 100, 200 e 500 euros— son idénticos para todos os países. As moedas de euro —de 1, 2, 5, 10, 20 e 50 cents e 1 e 2 euros— teñen o mesmo anverso en todos os países, pero distinto reverso segundo o país de cuñaxe. Con todo, todas as moedas de euro de calquera país pódense utilizar en todos os países da eurozona.

O deseño da cara común das moedas é obra de Luc Luycx da Casa da Moeda Real de Bélxica.[19] As moedas, sexa cal for o seu reverso nacional, son de validez en calquera país da zona euro.

A partir do ano 2004, unha directiva da Unión Europea permite acuñar todos os anos unha moeda de dous euros conmemorativa —dúas moedas ao ano desde 2013— en cada país da zona euro. Estas emisións, cuxa produción é determinada pola cuñaxe normal de moeda en cada país, conservan o anverso común da zona euro e no reverso mostran o motivo conmemorativo. Estas moedas conmemorativas conxuntas son adicionais ás que pode emitir cada estado.

Os motivos principais da primeira serie de billetes euro son: portas e xanelas, que simbolizan o espírito de apertura da Unión Europea; a eliminación de fronteiras e a integración están representadas por pontes no reverso do billete. Ademais, o tema xeral da serie é «Idades e estilos», figurando en cada billete un estilo arquitectónico determinado.

O deseño da primeira serie de billetes é de Robert Kalina do Oesterreichische Nationalbank (OeNB - Banco Nacional Austríaco), e o alemán Reinhold Gerstetter ocupouse do deseño da segunda serie, emitida a partir de 2013.

O euro é o sucesor do ECU ou Unidade Monetaria Europea (en inglés: European Currency Unit). Na reunión de Madrid do 16 de decembro de 1995, o chanceler de Alemaña Helmut Kohl sinalou que lle soaba igual a Ein Kuh, que en alemán poderíase entender como «unha vaca». Por este motivo determinouse que a moeda única comunitaria chamásese Euro, tendo unha paridade 1:1 co ECU.[20][21][22][23]

O símbolo do euro (€), desenvolto pola Comisión Europea, inspírase na letra épsilon (ε) do alfabeto grego. Escolleuse este símbolo como referencia á inicial de Europa, E. As dúas liñas paralelas fan referencia á estabilidade dentro da área euro.

Como o resto das moedas, euro é un nome común e debe escribirse con minúscula. O seu plural é euros. O código internacional para o euro é EUR e foi rexistrado na Organización Internacional de Normalización (ISO); utilízase con fins empresariais, comerciais e financeiros.

Non existe un símbolo oficial para o cent, aínda que se utiliza a miúdo a tradución e abreviaturas habituais de cada idioma. En español, úsase cént. (plural: cts.) como reminiscencia do céntimo de peseta. En Irlanda, emprégase ás veces nas tendas o símbolo ¢.

Estilo arquitectónico na primeira serie dos billetes (serie Idades e estilos)
5 euros 10 euros 20 euros 50 euros 100 euros 200 euros 500 euros
 
Anverso
 
Reverso
 
Anverso
 
Reverso
 
Anverso
 
Reverso
 
Anverso
 
Reverso
 
Anverso
 
Reverso
 
Anverso
 
Reverso
 
Anverso
 
Reverso
Clásico Románico Gótico Renacentista Barroco Modernista Contemporáneo
Estilo arquitectónico na segunda serie dos billetes (serie Europa)
5 euros 10 euros 20 euros 50 euros 100 euros 200 euros
 
Anverso
 
Reverso
 
Anverso
 
Reverso
 
Anverso
 
Reverso
 
Anverso
 
Reverso
 
Anverso
 
Reverso
 
Anverso
 
Reverso
Clásico Románico Gótico Renacentista Barroco Modernista

Historia

editar

Introdución

editar
Divisas substituídas polo euro
Moeda Código Tipo de
cambio[24]
Irrevoga­bilidade
do tipo de cambio
Aban­dono
  Austria: xilin austríaco ATS 7005137603000000000137.603 01998-12-31 31 de decembro de 1998 2002
  Bélxica: franco belga BEF 7005403399000000000403.399 2002
  Países Baixos: florín neerlandés NLG 7005220371000000000220.371 2002
  Finlandia: marco finlandés FIM 7005594573000000000594.573 2002
  Francia: franco francés FRF 7005655957000000000655.957 2002
  Alemaña: marco alemán DEM 7005195583000000000195.583 2002
  Irlanda: libra irlandesa IEP 70057875640000000000.787.564 2002
  Italia: lira italiana ITL 7005193627000000000193.627 2002
  Luxemburgo: franco luxemburgués LUF 7005403399000000000403.399 2002
  Mónaco: franco monegasco MCF 7005655957000000000655.957 2002
  Portugal: escudo portugués PTE 7005200482000000000200.482 2002
  San Marino: lira sanmarinesa SML 7005193627000000000193.627 2002
  España: peseta española ESP 7005166386000000000166.386 2002
   Cidade do Vaticano: lira vaticana VAL 7005193627000000000193.627 2002
  Andorra: franco francés ADF 7005655957000000000655.957 2002
  Andorra: Peseta española ADP 7005166386000000000166.386 2002
  Grecia: dracma grego GRD 7005340750000000000340.750[25] 02000-06-19 19 de xuño de 2000 2002
  Eslovenia: tólar esloveno SIT 7005239640000000000239.640[26] 02006-07-11 11 de xullo de 2006 2007
  Chipre: libra chipriota CYP 70055852740000000000.585.274[27] 02007-07-10 10 de xullo de 2007 2008
  Malta: lira maltesa MTL 70054293000000000000.429.300[28] 02007-07-10 10 de xullo de 2007 2008
  Eslovaquia: coroa eslovaca SKK 7005301260000000000301.260[29] 002008-07-08 8 de xullo de 2008 2009
  Estonia: coroa estoniana EEK 7005156466000000000156.466[30] 02010-07-13 13 de xullo de 2010 2011
  Letonia: lats letón LVL 70057028040000000000.702.804[31] 002013-07-09 9 de xullo de 2013 2014
  Lituania: litas lituano LTL 7005345280000000000345.280[32] 02014-07-23 23 de xullo de 2014 2015
  Croacia: kuna croata HRK 700475345000000000075.345[33] 02020-07-10 10 de xullo de 2020 2023

O euro foi establecido polas disposicións do Tratado de Maastricht de 1992 (oficialmente, Tratado da Unión Europea ou TUE). Para participar na moeda, os estados membros deben cumprir criterios estritos, como un déficit inferior ao 3% do seu PIB, unha proporción de débeda inferior o 60% do PIB (ambos os cales finalmente foron amplamente ignorados tras a súa introdución), unha inflación baixa e unhas taxas de interese próximas á media da UE.

O esperantista belga Germain Pirlot, antigo profesor de francés e historia, foi quen deu nome á nova moeda ao enviar unha carta ao entón Presidente da Comisión Europea, Jacques Santer, suxerindo o nome de "euro" o 4 de agosto de 1995.[34]

Debido ás diferenzas nas convencións nacionais sobre o arredondamento e cifras significativas, toda conversión entre as moedas nacionais tivo que realizarse mediante o proceso de triangulación a través do euro. Á dereita figuran os valores definitivos do euro en función dos tipos de cambios cos que as distintas moedas entrarón no euro.

As taxas foron determinadas polo Consello da Unión Europea,[n. 1], baseándose nunha recomendación do Comisión Europea baseada nos tipos de mercado do 31 de decembro de 1998. Establecéronse de xeito que unha Unidade Monetaria Europea (ECU) equivalera a un euro. A Unidade Monetaria Europea era unha unidade contable utilizada pola UE, baseada nas moedas dos estados membros; non era unha moeda por dereito propio. Estas non se puideron establecer antes, porque o ECU dependía do tipo de cambio de peche das moedas distintas do euro (principalmente o da libra esterlina) ese día.

O procedemento utilizado para fixar a taxa de conversión entre o dracma grego e o euro foi diferente xa que o euro xa contaba con dous anos. Aínda que as taxas de conversión das once moedas iniciais determináronse só horas antes da introdución do euro, a taxa de conversión do dracma grega fixouse varios meses antes.[n. 2]

A moeda introduciuse en forma non física (cheque de viaxes, transferencias electrónicas, banca, etc.) á medianoite do 1 de xaneiro de 1999, cando as moedas nacionais dos países participantes (a zona euro) deixaron de existir de forma independente. Os seus tipos de cambio quedarón bloqueados a tipos fixos entre si. O euro converteuse así no sucesor da Unidade Monetaria Europea (ECU). Non obstante, debido ao período de fabricación requirido para os novos billetes e moedas, as antigas moedas nacionais, a pesar de perderen a cotización oficial no mercado de divisas, continuaron usándose como moeda de curso legal ata que se introduciron novos billetes e moedas en euros o 1 de xaneiro de 2002, cando foron substituídas por billetes e moedas en euros. Tanto as moedas como os billetes tiveron un período de coexistencia coas outras moedas nacionais até que foron retiradas da circulación. Este período de coexistencia tivo diferentes calendarios nos países que adoptaron o euro.

A data oficial na que as moedas nacionais deixaron de ser de curso legal variou de estado membro a estado membro. A data máis antiga foi en Alemaña, onde o marco deixou de ser de curso legal oficialmente o 31 de decembro de 2001, aínda que o período de cambio durou dous meses máis. Mesmo despois de que as antigas moedas deixaron de ser de curso legal, continuaron sendo aceptadas polos bancos centrais nacionais durante períodos que van desde varios anos ata indefinidamente (este último para Austria, Alemaña, Irlanda, Estonia e Letonia en billetes e moedas, e para Bélxica, Luxemburgo, Eslovenia e Eslovaquia só en billetes). As primeiras moedas que se converteron en non convertibles foron os escudos portugueses, que deixaron de ter valor monetario despois do 31 de decembro de 2002, aínda que os billetes permaneceron intercambiables ata 2022.

Posteriormente incorporáronse no 1 e xaneiro:

Dinamarca, o Reino Unido e Suecia non adoptaron a moeda única. Dinamarca rexeitou o euro nun referendo levado a cabo o 28 de setembro de 2000, cunha participación do 86 % e onde o 53,1 % dos votantes manifestáronse contra a adopción do euro. O referendo sueco do 14 de setembro de 2003, días despois do asasinato da ministra Anna Lindh, impulsora da adopción do euro, resultou un pouco máis do 56 % do electorado votando en contra. A cuestión fica así posposta ao menos cinco anos, transcorridos os cales poderase repetir o referendo.

Signo do euro

editar
 
O signo do euro; logotipo e letra manuscrita

Deseñouse un signo especial para a moeda euro (€) despois de que unha enquisa pública reducise a dúas as dez propostas orixinais. A Comisión Europea elixiu entón o deseño creado polo artista belga Alain Billiet. Sobre o símbolo, a Comisión declarou:[35]

A inspiración para o propio símbolo € veu do épsilon grego (Є)[n. 3] – unha referencia ao berce da civilización europea – e a primeira letra da palabra Europa, atravesada por dúas liñas paralelas para 'certificar' a estabilidade do euro.

A Comisión Europea tamén especificou un logotipo do euro con proporcións exactas e tons de cor de primeiro plano e fondo.[36] A colocación do signo da moeda en relación co importe numérico varía dun estado a outro, pero para os textos en inglés o símbolo (ou o estándar "EUR" da ISO) debe preceder ao importe.[37]

Crise da zona euro

editar
 
Bonos europeos a 10 anos, antes da Gran Recesión en Europa os bonos flotaban xuntos en paridade
  Grecia fianza de 10 anos
  Portugal fianza de 10 anos
  Irlanda fianza de 10 anos
  España fianza de 10 anos
  Italia fianza de 10 anos
  Francia fianza de 10 anos
  Alemaña fianza de 10 anos
Artigo principal: Crise do euro.
 
Déficit orzamentario da eurozona comparado cos Estados Unidos e o Reino Unido.

Tras a crise financeira estadounidense de 2008, en 2009 xurdiu entre os investidores o temor a unha crise da débeda soberana en relación con algúns Estados europeos, e a situación volveuse especialmente tensa a principios de 2010.[38][39] Grecia foi a máis afectada, pero os membros da eurozona Chipre, Irlanda, Italia, Portugal e España tamén se viron significativamente afectados.[40][41] Todos estes países utilizaron fondos da UE excepto Italia, que é un dos principais doantes do FEEF.[42] Para ser incluídos na zona do euro, os países debían cumprir certos criterios de converxencia, pero a transcendencia de tales criterios víase minguada polo feito de que non se aplicaban co mesmo nivel de rigor entre os países.[43]

Segundo Economist Intelligence Unit en 2011, "[S]i a [zona do euro] trátase como unha entidade única, a súa posición [económica e fiscal] non parece peor e, nalgúns aspectos, bastante mellor que a de Estados Unidos ou o Reino Unido" e o déficit orzamentario da zona do euro no seu conxunto é moito menor e a relación débeda pública/PIB da zona do euro, do 86% en 2010, era aproximadamente do mesmo nivel que a dos Estados Unidos. "Ademais", escriben, "o endebedamento do sector privado no conxunto da zona do euro é notablemente inferior ao das economías altamente apalancadas da anglosaxoa". Os autores conclúen que a crise "é tanto política como económica" e o resultado do feito de que a zona do euro carece do apoio de "parafernalia institucional".(e vínculos mutuos de solidariedade) dun Estado".[44]

A crise continuou coa rebaixa por parte de S&P da cualificación crediticia de nove países da zona euro, entre eles Francia, e a posterior rebaixa de todo o Fondo Europeo de Estabilidade Financeira (FEEF).[45]

Un paralelismo histórico con 1931, -cando Alemaña estaba angustiada pola débeda, o desemprego e a austeridade, mentres que Francia e os Estados Unidos eran acredores relativamente fortes- gañou a atención no verán de 2012[46] mentres Alemaña recibía a súa propia advertencia sobre a cualificación da súa débeda.[47][48]

Uso directo e indirecto

editar
Véxase tamén: Eurozona.

Uso directo acordado con dereitos de cuñaxe

editar

O euro é a moeda única de 20 Estados membros da UE: Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos e Portugal. Estes países constitúen a "eurozona", uns 347 millóns de persoas en total no 2023.[49] Segundo os acordos bilaterais coa UE, o euro tamén foi designado moeda única e oficial noutros catro microestados europeos aos que se concederon dereitos de cuñaxe (Andorra, Mónaco, San Marino e Cidade do Vaticano). Con todos os membros da UE menos un (Dinamarca) obrigados a adherirse cando as condicións económicas permítano, xunto cos futuros membros da UE, a ampliación da eurozona está chamada a continuar.

Uso directo acordado sen dereitos de cuñaxe

editar

O euro tamén é a moeda única en tres territorios de ultramar de Francia que non forman parte da UE, a saber, Saint-Barthélemy, Saint-Pierre-et-Miquelon e as Terras Austrais e Antárticas Francesas, así como no Territorio Británico de Ultramar de Akrotiri e Dhekelia.[50]

Uso directo unilateral

editar

O euro foi adoptado unilateralmente como moeda única de Montenegro e Kosovo. Tamén se utiliza como moeda de comercio exterior en Cuba desde 1998,[51] Siria desde 2006,[52] e Venezuela desde o 2018.[53] En 2009, Cimbabue abandonou a súa moeda local e introduciu no seu lugar as principais moedas convertibles mundiais, entre elas o euro e o dólar estadounidense. O uso directo do euro fora do marco oficial da UE afecta a case 3 millóns de persoas. [54]

Divisas vinculadas ao euro

editar
 
Uso mundial do euro e o dólar estadounidense:      Eurozona      Adoptantes externos do euro      Moedas vinculadas ao euro      Moedas vinculadas ao euro dentro dunha banda estreita      Estados Unidos      Adoptantes externos do dólar estadounidense      Moedas vinculadas ao dólar estadounidense      As moedas vinculadas ao dólar estadounidense dentro dunha banda estreita
Nota: O rublo belaruso está vinculado ao euro, ao rublo ruso e ao dólar estadounidense nunha cesta de moedas.

Fóra da zona do euro, dous Estados membros da UE teñen moedas que están axustadas ao euro, o cal é unha condición previa para incorporarse á zona do euro. A coroa danesa e o lev búlgaro están vinculados debido á súa participación no ERM II.

Ademais, un total de 21 países e territorios que non pertencen á UE teñen moedas directamente vinculadas ao euro, entre eles 14 países da África continental (franco CFA), dous países insulares africanos (franco comoriano e escudo caboverdiano), tres territorios franceses do Pacífico (franco CFP) e dous países balcánicos, Bosnia e Hercegovina (marco convertible de Bosnia e Hercegovina) e Macedonia do Norte (denar macedonio). [55] O 1 de xaneiro de 2010, a dobra de San Tomé e Príncipe quedou oficialmente vinculada ao euro.[56] Ademais, o dirham marroquí está vinculado a unha cesta de divisas, entre elas o euro e o dólar estadounidense, sendo o euro a divisa con maior ponderación.

Eurozona

editar

A eurozona ou zona euro son os países da Unión Europea que adoptaron o euro como moeda única, mais outros países de fóra da Unión Europea tamén o empregan. Os países da eurozona son:

 
     países da Eurozona (20)      países da ERM II (2)      países con subscribiron os arranxos legais (4)      outros membros da UE (5)      países fóra da UE que adoptaron ó Euro (2)

Unión Europea

editar

Europa (non pertencentes á Unión Europea)

editar

Mónaco, San Marino e Cidade do Vaticano teñen os seus euros propios coa súa cara nacional. Montenegro e Kosovo (da antiga Iugoslavia), empregaban como moeda o marco alemán, non subscribiron os arranxos legais coa Unión Europea.

Futuras adopcións

editar
As datas previstas son as seguintes

Despois é a evolución económica de cada país a que vai marcando o ritmo real de adaptación.

Símbolo

editar

O símbolo do euro () inspírase na letra épsilon (ε) do alfabeto grego. Escolleuse este símbolo como referencia á inicial de Europa, E.

Billetes e moedas

editar

O euro conta con moedas e billetes.

Véxase a Galería de imaxes do euro para observar as diferenzas entre as moedas dos diferentes países

Moedas de euro

editar
Artigo principal: Moedas de euro.

As moedas de euro teñen un lado común para todos os membros da eurozona e outro distinto para cada país da eurozona. O deseño da cara común das moedas é obra de Luc Luycx, da Real Casa da Moeda de Bélxica.[59]

Lista das moedas de euro

Billetes de euro

editar
Artigo principal: Billetes de euro.

Os billetes de euro son idénticos para todos os países da eurozona. O deseño dos billetes da primeira serie (2002) é de Robert Kalina, do Banco Central de Austria; en 2013 produciuse un redeseño a cargo de Reinhold Gerstetter.[60][61]

Lista dos billetes de euro

Equivalencias

editar
Equivalencias euro /
antigas moedas nacionais
1 euro (€) ISO
4217
Antiga moeda
13,7603 ATS xilins austríacos
40,3399 BEF francos belgas
0,584800 CYP libras chipriotas
1,95583 DEM marcos alemáns
166,386 ESP pesetas españolas
5,94573 FIM marcos fineses
6,55957 FRF francos franceses
340,750 GRD dracmas gregos
0,787564 IEP libras irlandesas
1936,27 ITL liras italianas
40,3399 LUF francos luxemburgueses
0,42735 MTL liras maltesas
2,20371 NLG floríns holandeses
200,482 PTE escudos portugueses
239,640 SIT tólares eslovenos
30,1260 SKK coroas eslovacas
15,6466 EEK coroas estonianas
0,702804 LVL lats letóns
3,45280 LTL Litas lituano
7,53450 HRK Kuna
  1. Mediante o Regulamento 2866/98 (CE) do Consello, do 31 de decembro de 1998.
  2. Polo Regulamento 1478/2000 (CE) do Consello da UE, do 19 de xuño de 2000
  3. Na cita, o épsilon realízase coa letra cirílica maiúscula ucraína ye (Є, U+0404) en lugar do símbolo grego épsilon técnicamente máis apropiado (ϵ, U+03F5).
Referencias
  1. 1,0 1,1 "cent". Diccionario panhispánico de dudas. RAE. 
  2. "Zona del euro". Comisión Europea. Consultado o 18 de decembro do 2022. 
  3. "Foreign exchange turnover in April 2013: preliminary global results" (PDF). Bank for International Settlements. Consultado o 18 de decembro do 2022. 
  4. "Triennial Central Bank Survey 2007" (PDF). BIS. 19 de decembro de 2007. Consultado o 18 de decembro do 2022. 
  5. Aristovnik, Aleksander; Čeč, Tanja (30 de marzo de 2010). "Compositional Analysis of Foreign Currency Reserves in the 1999–2007 Period. The Euro vs. The Dollar As Leading Reserve Currency" (PDF). Munich Personal RePEc Archive, Paper No. 14350. Consultado o 18 de decembro do 2022. 
  6. Boesler, Matthew (11 denovembro de 2013). "There Are Only Two Real Threats to the US Dollar's Status As The International Reserve Currency". Business Insider. Consultado o 18 de decembro do 2022. 
  7. "1.2 Euro banknotes, values". European Central Bank Statistical Data Warehouse. 14 de aneiro de 2020. Consultado o 18 de decembro do 2022. 
  8. "2.2 Euro coins, values". European Central Bank Statistical Data Warehouse. 14 de xaneiro de 2020. Consultado o 18 de decembro do 2022. 
  9. "Consejo Europeo de Madrid (12/1995): Conclusiones". Parlamento europeo. 
  10. "La introducción inicial del euro (2002)". Banco Central Europeo. 
  11. "La introducción del euro en Eslovenia (2007)". Banco Central Europeo. 
  12. "La introducción del euro en Malta (2008)". Banco Central Europeo. 
  13. "La introducción del euro en Chipre (2008)". Banco Central Europeo. 
  14. "La introducción del euro en Eslovaquia (2009)". Banco Central Europeo. 
  15. "La introducción del euro en Estonia (2011)". Banco Central Europeo. 
  16. "Letonia, pese a sus reticencias, entra en 2014 con el euro como moneda". Arquivado dende o orixinal o 7 de abril de 2014. Consultado o 18 de decembro do 2022. 
  17. "Lituania adopta el euro desde este 1 de enero". BBC. 1 de xaneiro de 2015. Consultado o 18 de decembro do 2022. 
  18. "Croacia entra en Schengen y comienza a usar el euro". Televisión Española (en castelán). Consultado o 31 de decembro de 2022. 
  19. "Coins". European Commission.
  20. Intercultural Economic Analysis: Theory and Method; por Rongxing Guo; pág. 106; publicado por Springer Science & Business Media, 2009; ISBN 1441908498, 9781441908490
  21. Helmut Kohl: The Man Who Reunited Germany, Rebuilt Europe, and Thwarted the Soviet Empire; por Henrik Bering; pág. 239; publicado por Regnery Publishing, 1999; ISBN 0895263254, 9780895263254
  22. Unequal Partners: French-German Relations, 1989-2000; por Julius Weis Friend; pág. 65; publicado por ABC-CLIO, 2001; ISBN 0275976033, 9780275976033
  23. We can take no pleasure from the euro's fall
  24. Os tipos de cambio irrevogables entre as 11 divisas integradas inicialmente no euro foron fixados o 1 de xaneiro de 1999, en virtude do REGLAMENTO (CE) No 2866/98 DEL CONSEJO, de 31 de diciembre de 1998 (pdf)
  25. Grecia non cumpriu os criterios de adhesión inicial, polo que non se incorporou á moeda común o 1 de xaneiro de 1999. Admitiuse dous anos máis tarde, o 1 de xaneiro de 2001, cun tipo de cambio da dracma grego (GRD) de 7005340750000000000340.750.
  26. O tipo de cambio final foi acordado o 11 de xullo de 2006. Con todo, esta taxa de cambio non foi formalmente efectiva ata que o tólar esloveno foi sucedido polo euro o 1 de xaneiro de 2007.
  27. O tipo de cambio final acordouse o 10 de xullo de 2007. Con todo, esta taxa de cambio non foi formalmente efectiva ata que a libra chipriota foi sucedida polo euro o 1 de xaneiro de 2008.
  28. O tipo de cambio final acordouse o 10 de xullo de 2007. Con todo, esta taxa de cambio non foi formalmente efectiva ata que a lira maltesa foi sucedida polo euro o 1 de xaneiro de 2008.
  29. O tipo de cambio final acordouse o 8 de xullo de 2008. Con todo, esta taxa de cambio non foi formalmente efectiva ata que a coroa eslovaca foi sucedida polo euro o 1 de xaneiro de 2009.
  30. O tipo de cambio final acordouse o 13 de xullo de 2010. Con todo, esta taxa de cambio non foi formalmente efectiva ata que a coroa estoniana foi sucedida polo euro o 1 de xaneiro de 2011.
  31. O tipo de cambio definitivo acordouse o 9 de xullo de 2013. Con todo, esta taxa de cambio non foi formalmente efectivo ata que o lats letón foi sucedido polo euro o 1 de xaneiro de 2014.
  32. O tipo de cambio definitivo acordouse o 23 de xullo de 2014. Con todo, esta taxa de cambio non foi formalmente efectivo ata que a litas lituana foi sucedida polo euro o 1 de xaneiro de 2015.
  33. O tipo de cambio definitivo acordouse o 10 de xullo de 2020. Con todo, esta taxa de cambio non foi formalmente efectivo ata que o litas lituano foi sucedido polo euro o 1 de xaneiro de 2023.
  34. "Germain Pirlot 'uitvinder' van de euro" (en neerlandés). De Zeewacht. 16 defebreiro de2007. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2013. Consultado o 20 de decembro do 2022. 
  35. "Design". Consultado o 8 de xaneiro do 2023. 
  36. "The €uro: Our Currency". European Commission. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2007. Consultado o 2 de febreiro do 2023. 
  37. "Position of the ISO code or euro sign in amounts". Interinstitutional style guide. Bruselas, Belxica: Europa Publications Office. 5 de febreiro de 2009. Consultado o 2 de febreiro do 2023. 
  38. George Matlock (16 February 2010). "Peripheral euro zone government bond spreads widen". Reuters. Consultado o 28 April 2010. 
  39. "Acropolis now". The Economist. 29 April 2010. Consultado o 22 June 2011. 
  40. European Debt Crisis Fast Facts, CNN Library (last updated 22 January 2017).
  41. Ricardo Reis, Looking for a Success in the Euro Crisis Adjustment Programs: The Case of Portugal, Brookings Papers on Economic Activity, Brookings Institution (Fall 2015), p.433.
  42. "Efsf, come funziona il fondo salvastati europeo". 4 November 2011. 
  43. "The politics of the Maastricht convergence criteria". Voxeu.org. 15 dde abril de 2009. Consultado o 11 de xuño do 2023. 
  44. "State of the Union: Can the euro zone survive its debt crisis?" (PDF). Economist Intelligence Unit. 1 de marzo de 2011. p. 4. Consultado o 11 de xuño do 2023. 
  45. "S&P downgrades euro zone's EFSF bailout fund". Reuters. 2017-01-16. Consultado o 7 de agosto do 2023. 
  46. Delamaide, Darrell (24 July 2012). "Euro crisis brings world to brink of depression". MarketWatch. Consultado o 8 de agosto do 2023. 
  47. Lindner, Fabian, "Germany would do well to heed the Moody's warning shot", The Guardian, 24 de xullo de 2012. Recuperado o 25 de xullo de 2012.
  48. Buergin, Rainer, "Germany, Juncker Push Back After Moody's Rating Outlook Cuts Arquivado 2012-07-28 en Wayback Machine.", washpost.bloomberg, 24 de xullo de 2012. Recuperado o 25 de xullo de 2012.
  49. Population Reference Bureau. "2013 World Population Data Sheet" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de febreiro de 2015. Consultado o 9 de agosto do 2023. 
  50. "Sovereign Base areas of Akrotiri and Dhekelia on Cyprus". Commonwealth Chamber of Commerce. Consultado o 14 de agosto do 2023. 
  51. "Cuba to adopt euro in foreign trade". BBC News. 8 de novembro de 1998. Consultado o 23 de agosto do 2023. 
  52. "US row leads Syria to snub dollar". BBC News. 14 de febreiro de 2006. Consultado o 23 de agosto do 2023. 
  53. Rosati, Andrew; Zerpa, Fabiola (17 de outubro de 2018). "Dollars Are Out, Euros Are in as U.S. Sanctions Sting Venezuela". Bloomberg. Consultado o 23 de agosto do 2023. 
  54. "Zimbabwe: A Critical Review of Sterp". 17 de abril de 2009. Consultado o 23 de agosto do 2023. 
  55. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome auto
  56. "1 euro equivale a 24.500 dobras" [1 euro is equivalent to 24,500 dobras] (en portugués). Téla Nón. 4 de xaneiro de 2009. Consultado o 11 de febreiro do 2024. 
  57. "Estonia entra en el euro, mientras otros se muestran reticentes". Público (en castelán). 
  58. "Lituania abandornará el 1 de enero la litas por el euro". Euronews. Consultado o 31 de decembro de 2014. 
  59. "Euro Designer Luc Luycx". Fleur-de-coin.com.
  60. "Robert Kalina – Schöpfer der Euro Banknoten". En www.geldschein.at.
  61. "Reinhold Gerstetter – Designer der zweiten Euro Serie (Europa-Serie)". En www.geldschein.at.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar