Peseta saharauí
البيزيتا الصحراوي (árabe)
Código:ESP
Ámbito: Sáhara Occidental
Símbolo:₧ ou Ptas
Fracción:100 céntimos
Moedas:1, 2, 5 e 50 pesetas (non conmemorativas)
Billetes:non existen
Emisor:Fronte Polisario
Taxa de troco:
fixa
1 EUR = 166,386 EHP

A peseta saharauí (en árabe البيزيتا الصحراوي) é a moeda de iure da República Árabe Saharauí Democrática dende a sinatura dos Acordos de Madrid en 1975.

A pesar de que esta moeda non ten carácter oficial, ten asignado o código ISO 4217 EHP. Divídese en 100 céntimos, aínda que non se acuñaron nunca moedas con estas denominacións, así como billetes en pesetas saharauís.

Ao ser un territorio ocupado por Marrocos,[1] a moeda que circula no territorio do Sáhara Occidental é o dirham marroquí, xunto á uquiya mauritana en menor medida.

Ao non ser unha moeda oficial nin recoñecida, non existe unha taxa de troco para a peseta saharauí. Con todo, tralos Acordos de Madrid, o goberno da República Árabe Saharauí Democrática fixou o seu valor como paritario á peseta española, cunha taxa de troco de 1 ESP = 1 EHP; e actualmente cunha paridade fixa co euro de 1 EUR = 166,386 EHP.

Moedas

editar

As moedas non conmemorativas acuñadas polo Fronte Polisario son de 1, 2, 5 e 50 pesetas, todas elas de cuproníquel:

Imaxe Valor Ano Metal Diámetro
(mm.)
Peso
(gr.)
Anverso Reverso
  1 peseta

[2]

1992 Cuproníquel

(Cu+Ni)

17,00 2,94
Beduíno e dromedario
Transporte típico
النقل التقليدي
Valor e escudo de armas
REPÚBLICA ÁRABE SAHARAUÍ DEMOCRÁTICA
  2 pesetas

[3]

1992 Cu+Ni 20,00 3,56
Beduíno e dromedario
Transporte típico
النقل التقليدي
Valor e escudo de armas
REPÚBLICA ÁRABE SAHARAUÍ DEMOCRÁTICA
  5 pesetas

[4]

1992 Cu+Ni 21,50 3,92
Beduíno e dromedario
Transporte típico
النقل التقليدي
Valor e escudo de armas
REPÚBLICA ÁRABE SAHARAUÍ DEMOCRÁTICA
   50 pesetas

[5]

1990 Cu+Ni 24,40 6,40
Beduíno e dromedario
Transporte típico
النقل التقليدي
Valor e escudo de armas
REPÚBLICA ÁRABE SAHARAUÍ DEMOCRÁTICA

As demais denominacións cuñadas son pezas conmemorativas ou temáticas, por exemplo:

  1. http://www.havc.se/res/SelectedMaterial/20020129legalopinionwesternsahara.pdf Arquivado 03 de agosto de 2016 en Wayback Machine. Carta do 29 de xaneiro do 2002 do Subsecretario Xeral para Asuntos Legais ao Presidente do Consello de Seguridade
  2. "1 Peseta". Numista.
  3. "2 Pesetas". Numista.
  4. "5 Pesetas". Numista.
  5. "50 Pesetas". Numista.