Nova Caledonia[1] (/ˌkælɪˈdniə/; en francés: Nouvelle-Calédonie) [nb 1] é unha colectividade sui generis da Francia de ultramar no suroeste do océano Pacífico, ao sur de Vanuatu, a uns 1210 km ao leste de Australia,[3] e 17 000 km da Francia metropolitana, forma parte da República Francesa, e xa que logo da Unión Europea (UE). O arquipélago, que forma parte da subrexión Melanesia, inclúe a Grande Terre, as Illas da Lealdade, as Illas Chesterfield, o arquipélago Belep, a Illa dos Piñeiros e algúns illotes remotos. As illas Chesterfield están no Mar de Coral. Os franceses, especialmente os locais, chaman a Grande Terre "Le Caillou" ("o seixo").[4]

Modelo:Xeografía políticaNova Caledonia
Nouvelle-Calédonie (fr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoSoyons unis, devenons frères (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

EpónimoEscocia Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 21°15′S 165°18′L / -21.25, 165.3
EstadoFrancia Editar o valor en Wikidata
CapitalNouméa Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación278.500 (2017) Editar o valor en Wikidata (14,99 hab./km²)
Lingua oficiallingua francesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie18.576 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1853 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoPhilippe Germain (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal10.071.349.707 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
MoedaFranco CFP Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal988* Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
UTC+11 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Dominio de primeiro nivel.nc Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+687 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112 Editar o valor en Wikidata
Código de paísNC Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2FR-NC Editar o valor en Wikidata
Código de departamento INSEE988 Editar o valor en Wikidata

Páxina webgouv.nc Editar o valor en Wikidata
BNE: XX455926

Nova Caledonia ten unha superficie terrestre de 18 576 km² dividida en tres provincias. As provincias Norte e Sur atópanse na illaprincipal de Nova Caledonia, mentres que a Provincia das Illas Lealdade é unha serie de tres illas ao leste da costa da illa principal. A poboación de Nova Caledonia é de 271 407 habitantes (censo de outubro de 2019)[5] é de orixe diversa e varía segundo a xeografía; na Norte e nas Provincia das Illas Lealdade, predominan os indíxenas do canacas, mentres que a rica Provincia do Sur contén poboacións significativas de orixe europea (Caldoches e Franceses metropolitanos), canacaks e polinesios (principalmente Wallisianos), así como grupos máis pequenos do Sueste asiático, Pied-Noir e Norteafricanos. A capital de Nova Caledonia é Nouméa.[3]

Etimoloxía

editar

A palabra "Caledonia" deriva do nome en latín que designaba á rexión que actualmente corresponde a Escocia, no Reino Unido. O neoloxismo "Kanaky" é preferido polos nacionalistas melanesios, procede de "Kanaka", un vocábulo polinesio que significa 'humano', usado polos polinesios para referirse a eles mesmos. A palabra foi logo usada polos franceses para denominar a todos os nativos das illas do sur do océano Pacífico, incluíndo aos melanesios (distintos dos polinesios) de Nova Caledonia. A palabra derivou en "Canaque" en francés, e volveuse un termo despectivo. Entre 1960 e 1970, cando os nativos melanesios comezaron a organizarse en partidos políticos e a solicitar a súa independencia, esta palabra despectiva foi usada como símbolo da emancipación política e de orgullo.

Historia

editar
 
Faro Amédeé en Noumea, capital de Nova Caledonia.

O océano Pacífico occidental foi poboado hai 50 000 anos. Despois os austronesios chegaron á zona. Os diversos grupos de persoas que se asentaron nos arquipélagos melanesios son coñecidos como "lapita". Estes chegaron a Nova Caledonia e as Illas da Lealdade ao redor do 1500 adC. Os lapita foron destros navegantes e agricultores e influenciaron gran parte desta zona do Pacífico.

A partir do século XI, os polinesios chegaron ás illas e mesturáronse coa poboación local. Os europeos divisaron as illas a fins do século XVIII. O explorador inglés James Cook divisou Grande Terre en 1774 e chamouna "New Caledonia", en honra ás Terras Altas de Escocia ás cales os romanos chamaban "Caledonia". Baleeiros británicos e estadounidenses interesáronse en Nova Caledonia e as tensións por ela incrementáronse. Os europeos usaban alcol e tabaco entre outras cousas, para intercambialas por materia prima.

O contacto cos europeos trouxo enfermidades como a disentería, a gripe, a sífilis e a lepra. Moitos nativos morreron por mor destas enfermidades. As tensións volvéronse hostilidades e en 1849 a tripulación do Cutter foi asasinada e comida polo clan Pouma.

Xurdiu tamén o comercio dos nativos das illas, xunto cos de Vanuatu, Papúa Nova Guinea e as Illas Salomón, para ser utilizados como escravos nas plantacións de azucre en Fidxi e Queensland (Australia). O comercio durou ata principios do século XX.

Os misioneiros católicos e protestantes chegaron durante o século XIX. Estes tiveron un profundo impacto na cultura indíxena. Insistiron en que os nativos debesen usar roupas e introduciron o crícket e o té, tamén erradicaron moitos dos costumes e tradicións locais.

Colonizada por Francia durante a primeira metade do século XIX, a illa foi convertida en posesión francesa en 1853. Serviu como colonia penal por catro décadas logo de 1864.

Desde 1986 Nova Caledonia aparece nas lista de territorios non auto-gobernados das Nacións Unidas. Nesta lista atópanse lugares como a Samoa Americana, as Illas Malvinas e Tokelau entre outros. Axitacións demandando a independencia por parte da Fronte Socialista de Liberación Nacional Canaco (Front de Libération National Kanak Socialiste - FLNKS) comezaron en 1985. O FLNKS (liderado por Jean Marie Tjibaou, que foi asasinado en 1989) demandaba a creación de do "Estado Independente de Kanaky". Os problemas culminaron en 1988 coa sanguenta toma de reféns en Ouvéa. Isto levou ao outorgamiento de maior autonomía cos Acordos de Matgnon de 1988 e o de Numea en 1998.

Goberno e política

editar

Xunto con outros territorios da Polinesia Francesa e Wallis e Futuna, Nova Caledonia é parte da República Francesa.

O seu status oficial é o de "Colectividade Sui generis" (Collectivité Sui generis), é status único dentro da República. Nova Caledonia foi unha colonia ata 1946, despois un territorio de ultramar de 1946 a 1999. A capital é Numea, en Grande Terre. A moeda de curso legal é o franco CFP, utilizado tamén na Polinesia Francesa e en Wallis e Futuna.

O status único de Nova Caledonia sitúase entre o dun país independente e un departamento de ultramar francés. Por unha banda, un Congreso Territorial (Congrés du Terrotoire) e un goberno territorial foron establecidos. Puntos clave como os impostos, lei laboral, saúde e comercio exterior están en mans do Congreso Territorial; e aínda máis facultades seranlle outorgadas a este.

Eventualmente, a República Francesa encargarase só dos asuntos exteriores, xustiza, defensa, orde pública e tesourería. Unha nova cidadanía foi introducida: só cidadáns de Nova Caledonia teñen o dereito a votar nas eleccións locais. Esta medida foi criticada porque converte aos cidadáns franceses vivindo en Nova Caledonia en cidadáns de segunda clase, xa que estes non posúen a cidadanía de Nova Caledonia por ser de recente chegada ás illas. Élle permitida a cooperación internacional con outras nacións do Pacífico e o Congreso Territorial pode pasar estatutos que son derogativos á lei francesa en determinados asuntos.

Por outra banda, Nova Caledonia continua sendo parte integral da República Francesa. Os habitantes de Nova Caledonia son cidadáns franceses e portan pasaportes franceses. Teñen parte nas eleccións lexislativas e presidenciais. Esta envía dous representantes á Asemblea Nacional Francesa e un senador ao Senado galo. O Alto Comisionado da República encárgase de representar ao poder central en Nova Caledonia e é a cabeza dos servizos civís e ten un escano no goberno local.

Nos Acordos de Numea estableceuse que o Congreso Territorial terá o dereito a facer un referendo sobre a independencia, que se celebrou o 4 de novembro de 2018.

O actual presidente do goberno elixido polo Congreso Territorial é Marie-Nöelle Thémereau, do partido anti-independencia Avenir Ensemble ("Futuro Xuntos"). Este partido está formado basicamente por caucásicos e polinesios de Nova Caledonia que se opón á independencia. Avenir Ensemble oponse á visión racial da sociedade local, a cal enfronta aos habitantes melanesios nativos das illas cos europeos, e favorece a existencia dunha Nova Caledonia multicultural, que reflicta mellor a existencia de grandes poboacións de polinesios, indonesios, chineses e outros inmigrantes.

Organización político-administrativa

editar

A organización institucional é o resultado da lei orgánica e ordinaria aprobadas polo Parlamento o 16 de febreiro de 1999.

O arquipélago divídese en tres provincias, cada unha delas con certa autonomía:

Nova Caledonia divídese ademais en 33 comunas (concellos).[6] Unha comuna, Poya, está dividida entre dúas provincias. A metade norte de Poya, co asentamento principal e a maior parte da poboación, forma parte da Provincia Norte, mentres que a metade sur da comuna, con só 210 habitantes en 2019, forma parte da Provincia Sur. Os concellos, con poboacións de 2019 entre parénteses, e os centros administrativos, son os seguintes:

Clave
     Provincia do Sur
     Provincia do Norte
     Provincia das Illas da Lealdade
     parte de ambas provincias
provincial capital
capital de Nova Caledonia
 
Nº no
mapa
Comuna Capital Superficie
(km²)
Poboación
(2019)
Mapa individual
1 Thio Thio 997.6 2,524  
2 Yaté Yaté 1,338.4 1,667  
3 Illa dos Piñeiros Vao 152.3 2,037  
4 Le Mont-Dore Mont-Dore 643.0 27,620  
5 Nouméa Nouméa 45.7 94,285  
6 Dumbéa Dumbéa 254.6 35,873  
7 Païta Païta 699.7 24,563  
8 Boulouparis Boulouparis 865.6 3,315  
9 La Foa La Foa 464.0 3,552  
10 Sarraméa Sarraméa 106.4 572  
11 Farino Farino 48.0 712  
12 Moindou Moindou 321.9 681  
13 Bourail Bourail 797.6 5,531  
14 Poya Poya 845.8 2,802  
15 Pouembout Pouembout 674.3 2,752  
16 Koné Koné 373.6 8,144  
17 Voh Voh 804.9 2,856  
18 Kaala-Gomen Kaala-Gomen 718.2 1,803  
19 Koumac Koumac 550.0 3,981  
20 Poum Poum 469.4 1,435  
21 Belep Waala 69.5 867  
22 Ouégoa Ouégoa 656.8 2,118  
23 Pouébo Pouébo 202.8 2,144  
24 Hienghène Hienghène 1,068.8 2,454  
25 Touho Touho 283.0 2,380  
26 Poindimié Poindimié 673.1 5,006  
27 Ponérihouen Ponérihouen 707.3 2,420  
28 Houaïlou Houaïlou 940.6 3,955  
29 Kouaoua Kouaoua 383.0 1,304  
30 Canala Canala 438.7 3,701  
31 Ouvéa Fayaoué 132.1 3,401  
32 Lifou 1,207.1 9,195  
33 Maré Tadine 641.7 5,757  


 
Vista satelital de Numea, capital de Nova Caledonia

Xeografía

editar

Nova Caledonia está localizada no suroeste do océano Pacífico a uns 1.200 km ao leste de Australia e 1.500 km ao nordés de Nova Zelandia. A illa nación de Vanuatu localízase ao nordés.

Nova Caledonia componse dunha illa principal, Grande Terre, e varias illas máis pequenas como o Arquipélago de Belep ao norte de Grande Terre, as illas da Lealdade ao leste de Grande Terre, a Illa dos Piñeiros ao sur e as Illas Chesterfield e Bellona ao oeste.

Grande Terre é por moito a illa máis grande, e a única con montañas. Ten unha área de 16,372 km² e unha forma alongada de noroeste a sueste, medindo 350 km de longo por 50–70 km de ancho. Unha cadea montañosa corre ao longo da illa e conta con cinco picos de máis de 1.500 m. O punto máis alto é o Monte Panie con 1,628 m.

Nova Caledonia forma parte de Zealandia, un fragmento do antigo supercontinente Gondwana. Especúlase que Nova Caledonia separouse de Australia hai uns 66 millóns de anos, e posteriormente derivou en dirección nordés, chegando á súa posición actual hai uns 50 millóns de anos.[7]

A illa principal está dividida lonxitudalmente por unha cadea montañosa central cuxos picos máis altos son o Mont Panié (1.629 m.) no norte e o Mont Humboldt (1.618 m.) no sueste.[8] A costa leste está cuberta por unha exuberante vexetación.[8] A costa oeste, coas súas grandes sabanas e chairas aptas para o cultivo, é unha zona máis seca. Ao longo desta costa atópanse moitos macizos ricos en mineral.[8]

O Río Diahot é o río máis longo de Nova Caledonia, que desemboca uns 100 km..[9] Ten unha zona de captación de 620 km2 (240 sq mi) e ábrese cara ao noroeste na Baie d'Harcourt, desembocando cara ao punto norte da illa ao longo da escarpa occidental do monte Panié.[9][10] A maior parte da illa está cuberta por bosques húmidos de folla perenne, mentres que as sabanas dominan as cotas máis baixas. A lagoa de Nova Caledonia, cunha superficie total de 24 000 kilometros cadrados (9 300 sq mi) é unha das lagoas máis grandes do mundo. A lagoa e a Barreira de Coral de Nova Caledonia circundante foron nomeadas Patrimonio da Humanidade da UNESCO en 2008 pola súa excepcional beleza e a súa biodiversidade mariña.[8][11]

Nova Caledonia localízase no Trópico de Capricornio, entre os 19º e 23º de latitude sur. O clima das illas é tropical, a choiva é estacional e é traída polos ventos que usualmente corre desde o leste. A media de precipitación anual é de 1,500 mm nas Illas da Lealdade, 2,000 mm nas partes baixas de Grande Terre e entre 2,000 mm e 4,000 mm nas zonas elevadas de Grande Terre.

 
Mapa do arquipélago de Nova Caledonia
 
Mapa de Nova Caledonia (Francia)
  1. Anteriormente coñecida oficialmente como "Territory of New Caledonia and Dependencies" (Territoire de la Nouvelle-Calédonie et dépendances), entón simplemente como o "Territorio de Nova Caledonia" (Territoire de la Nouvelle-Calédonie), o nome oficial francés é agora só Nouvelle-Calédonie ((Lei Orgánica do 19 de marzo de 1999, artigo 222 IV[2]). Os tribunais franceses seguen a usar a miúdo a denominación Territoire de la Nouvelle-Calédonie.
Referencias
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para neocaledonio.
  2. "LOI no 1999-209 du 19 mars 1999 organique relative a la Novelle Calédonie" (PDF). Journal officiel de la République française. 21 de marzo de 1999. p. 4223. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2007-06-14. 
  3. 3,0 3,1 "Présentation". Nouvelle-caledonie.gouv.fr (en francés). Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2012. Consultado o 2013-01-30. 
  4. David Stanley (1989). South Pacific Handbook. David Stanley. p. 549. ISBN 978-0-918373-29-8. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2016. Consultado o 18 de outubro de 2015. 
  5. "268 767 habitants en 2014". Nouméa: Institute of Statistics and Economic Studies (ISEE-NC). Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2014. Consultado o 2014-11-16. 
  6. "Présentation – L'Outre-Mer". Outre-mer.gouv.fr. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2013. Consultado o 2013-01-30. 
  7. Boyer & Giribet 2007: 355
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 "Données Géographiques". Nouvelle-caledonie.gouv.fr (en francés). Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2012. Consultado o 2013-01-30. 
  9. 9,0 9,1 Modelo:Britannica
  10. "The impacts of opencast mining in New Caledonia". The United Nations University. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2011. Consultado o 9 de xuño de 2011. 
  11. "Lagoons of New Caledonia: Reef Diversity and Associated Ecosystems". UNESCO World Heritage Centre. United Nations Educational, Scientific, and Cultural Organization. Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2021. Consultado o 20 de novembro de 2021. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar