Saltar ao contido

Santiago o Maior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSantiago o Maior

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo I Editar o valor en Wikidata
Betsaida, Israel Editar o valor en Wikidata
Morte44 Editar o valor en Wikidata
Xerusalén Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio
pena de morte, decapitación Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacatedral de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Apóstolo
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo xudeu Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo e xudaísmo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpescador, misioneiro Editar o valor en Wikidata
ProfesoresXesús de Nazaret Editar o valor en Wikidata
AlumnosAtanasio de Zaragoza Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa25 de xullo (Cristianismo occidental)
30 de abril (Cristianismo oriental)
30 de decembro (Rito mozárabe) Editar o valor en Wikidata
Símbolo iconográficoCuncha do peregrino, sombreiro do peregrino, espada e caxato Editar o valor en Wikidata
Patrón deVeterinario, xinete, peleteiro, curtidor, farmacéutico, España, Galicia, Orde de Santiago, Arma de Cabalaría do Exército español e Academia de Cabalaría de Valladolid Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalXoán o Apóstolo: Fillos de Zebedeo
Xoán o Evanxelista: Fillos de Zebedeo Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
PaisZebedeo Editar o valor en Wikidata  e Salomé Editar o valor en Wikidata
IrmánsXoán o Apóstolo Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
2 de xaneiro de 40aparición da Virxe María a Santiago en Zaragoza
visión Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Enciclopedia Bíblica de Archimandrita Nicéforo Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1142160

Xacobe (en arameo Yaqob bar Zibhdi, en hebreo עֲקֹב Yahăqōb ben Zebdi e en grego Iάκωβος Iàkovos), máis coñecido como Santiago o Maior, morto en 44, era fillo de Cebedeo e Salomé. Discípulo de Xesús, foi un dos Doce Apóstolos ou principais seguidores de Cristo. Chámaselle o Maior para distinguilo de Santiago o Menor, tamén discípulo de Xesús. Era irmán de san Xoán o Evanxelista.

O nome de Santiago en latín era Iacobus, unha derivación a través do grego do nome hebreo do patriarca Xacob. É a forma do primeiro romance occidental que daría lugar ao galego e que, debido á súa relevancia relixiosa e política, sería adoptado en todas as linguas romances hispanas. Deste xurdirían os nomes de Iago, Xacobe e Xaime, o inglés James e o francés Jacques; e de Sant Iacobus virían Santiago e o portugués Tiago.

O Apóstolo Santiago na catedral de Compostela.

Santiago foi presentado a Xesús, segundo o Evanxeo de Xoán, por Xoán Bautista. Nos evanxeos sinópticos aparece como un pescador no lago de Xenesaret ou lago Tiberíades. Procedía das vilas rurais depauperadas de Galilea, foco de rebelión contra Roma (levantamento de Xudas o Galileo, desafíos á autoridade de Poncio Pilatos...) e agardaba a restauración do Reino de Israel. No seu seguimento de Xesús arelaba ocupar un posto relevante, trala liberación dos romanos, o que provocou celos entre os apóstolos e a ensinanza de Xesús verbo de que o que queira ser o primeiro debe ser o servidor de todos (Mc 10, 42-45). Xesús repréndeo polo seu carácter violento cando pide que un lóstrego destrúa as vilas samaritanas (tradicionais inimigas dos xudeus) que se resistían á conversión. Alcúmao con retranca Bonaerges (fillo do trono) (Mc 13,17).

Traballaba co seu pai, Zebedeo, e o seu irmán Xoán, que ía ser outro dos apóstolos de Cristo. Dos textos bíblicos dedúcese que os Zebedeo eran socios de Simón, a quen Xesús deu o nome de Pedro, e que tiñan traballadores ao seu cargo.

Non se coñecen o lugar do seu nacemento nin onde vivía. Porén, algúns esexetas da Biblia estiman que sería natural da localidade de Betsaida -dela eran outros pescadores que se unen a Xesús-, hoxe desaparecida e que se adoita situar nas inmediacións do citado lago, no límite entre as rexións setentrionais palestinas de Galilea e Traconítide.

Santiago formou co seu irmán Xoán e os tamén irmáns Pedro e André, o primeiro grupo de discípulos de Cristo. Xesús foinos a buscar ao lago Tiberíades. San Mateu e San Marcos sinalan que o futuro apóstolo e os seus compañeiros estaban a traballar nos seus aparellos. Tras chamar a André e Pedro, aos cales encontra botando as redes ao lago, fixo o mesmo con Santiago e Xoán e todos decidiron seguilo, deixando canto tiñan. Denantes, Xesús axudáraos de xeito milagreiro na súa pesca, unha metáfora coa que lles pedía que se convertesen dende ese momento en "pescadores de homes". Estes feitos terían lugar, segundo estudosos do Novo Testamento, cara ao verán do ano 28. [Cómpre referencia]

Xunto a Pedro e Xoán, aparece como amigo íntimo de Xesús en escenas como a resurrección da filla de Xairo (Mc 5, 37), a transfiguración (Mt. 17, 1-2) ou a anguria no monte das Oliveiras antes da paixón (Mt 26, 37). Cando Xesús é arrestado, Santiago foxe cos demais discípulos. Foi, segundo os Feitos dos Apóstolos, o primeiro de entre estes en ser martirizado.

A súa nai, Salomé, é unha das mulleres que, como María Magdalena, acompañan a Xesús na súa predicación itinerante, o que era algo insólito na sociedade patriarcal daquel tempo.

Aínda que non hai un só documento cristián que o mencione, crese que, trala morte de Xesús, Santiago partiu a evanxelizar a Península Ibérica. Estivo en Galicia e tamén en Portugal (Braga, Guimarães e Póvoa de Varzim).

O texto esencial no que se apoiou a tradición da predicación peninsular de Santiago -á marxe do Codex Calixtinus, que a cita de pasada no libro III, sobre a translatio- é o Breviarium Apostolorum, de finais do século VI ou principios do VII, escrito nalgún lugar de Francia ou Italia e con influencias orientais reinterpretadas en Occidente. Nel sinálase por primeira vez que o Apóstolo predicou en Hispania e nas terras occidentais do mundo. A comezos do século VII a obra De ortu et obitu patrum, atribuída a Santo Isidoro de Sevilla, recolle por primeira vez a súa presenza en Hispania nunha interpolación que foi atribuída á influencia e difusión do Breviarium. Denantes destes textos, nos séculos IV ao VI xa se difundiran no mundo cristián algunhas noticias sobre as misións evanxélicas dos apóstolos atribuíndo, de forma indirecta ou máis ou menos específica, segundo os casos, a misión occidental a Santiago, sen indicar ningún territorio en concreto. Tamén é certo que outras fontes orientais sitúan a súa misión lonxe de occidente.[1]

Segundo a tradición, o 2 de xaneiro do ano 40, a Virxe María aparecéuselle en Caesaraugusta (actual Zaragoza), sobre un piar (hoxe venerado na basílica de Nosa Señora do Pilar). A tradición da Virxe da Barca, en Muxía é similar: a nai de Xesús, aparéceselle nunha nave de pedra sobre o Océano e confórtao e anímao a seguir predicando entre os galaicos.

Faro de Vigo do 24/7/1927. Alegoría de Camilo Díaz no Día de Galicia. Os touros da Raíña Lupa conducen os restos de Sant-Iago ao sagrado Libredón.

Santiago volveu a Palestina, onde foi decapitado por Herodes Agripa entre os anos 43 e 44. Segundo Eusebio de Cesarea, o seu delator, ao ver a serenidade e enteireza con que se resistiu a renegar de Cristo, converteuse e acompañouno no martirio. (His. Ecl., II IX, 2 ss.).

Os seus restos

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Camiño de Santiago.
Urna de prata onde se cre que repousan os restos de Santiago o Maior, na Catedral de Santiago de Compostela.

Segundo a tradición popular, os restos de Santiago foron trasladados dende Palestina ata Galicia de forma milagrosa: uns anxos colléronos e depositáronos nunha barca de pedra que chegou soa ata Iria Flavia, na desembocadura do río Ulla, e amarrada no Pedrón (de aí Padrón). Dende alí, disque foron levados ata o monte Libredón (actual Santiago de Compostela) atravesando os hostís dominios da raíña Lupa. Repousan na actualidade no interior da Catedral, baixo o altar maior.

Isto, aínda que supuxo a aparición do Camiño de Santiago, nunca chegou a ser confirmado. San Xerome de Estridón, no século IV; a denominada Carta do Papa León, do século VI; o Breviarum apostolorum de principios do VII; o eclesiástico británico Aldhelmo, no mesmo século; e Isidoro de Sevilla en De ortu et obitu Patrum, falan da predicación de Santiago en Hispania. Trala invasión árabe, no reino astur-galaico mantense a tradición (himno Oh Dei Verbum de Mauregato (783-788). No século VIII, fúndase polo bispo Odoario de Lugo a igrexa de Santiago de Meilán (parroquia de Lugo). No Beato de Liébana (século VIII) píntase un magnífico mapa mundi coa cabeza de Santiago sobre Gallaecia. Finalmente, o bispo de Iria Flavia, Teodomiro e o rei astur-galaico Afonso II sobre o ano 813 confirmarán que o ermitán Paio e os fregueses de San Fiz de Solovio reencontraron o sartego apostólico.

Moeda coa translación do Apóstolo.

O seu sartego estaba próximo a un castro onde na época romana se construíu un mausoleo en dous niveis cuxo piso inferior é unha cámara sepulcral dos séculos I e II e onde repousaban tres cadáveres, un de cuxos sepulcros era máis relevante que os outros dous. O profesor Isidoro Millán González-Pardo descifrou unha inscrición en grego con caracteres semíticos na que di ler: Athanasius martir[2], o que coincide coa tradición de que, onda a Santiago, foron sepultados os seus discípulos, tamén mártires: Atanasio e Teodoro.

En Xerusalén, a Igrexa Apostólica Armenia edificou a catedral de Santiago no lugar onde se di que foi decapitado e depositada a súa cabeza.

Difusión

[editar | editar a fonte]

Foi patrón dos reinos cristiáns hipánicos, e venerado en España, en toda Europa así como en multitude de santuarios de América, e deu nome a numerosas e importantes vilas e cidades, algunhas fundadas polos españois. Por outra banda, tamén é extensa a lista de cidades das que tamén é o seu patrón [3]:

Chegou a ser símbolo guerreiro da loita contra o islam (Santiago Matamouros) dende o rei astur-galaico Ramiro I (tradición da Batalla de Clavijo). Hoxe é Patrón de España.

Como a súa festividade é o día grande de Galicia, o nacionalismo galego escolleuno como o día de Galicia ou Día da Patria Galega.[Cómpre referencia] A Xunta de Galicia preautononómica decretou o 25 de xullo Día Nacional de Galicia, algo que pervive nos sucesivos calendarios laborais aprobados polo executivo autonómico.

En 1122, o Papa Calisto II estableceu o ano santo xubilar xacobeo, confirmado coa Bula Regis Aeterni de Alexandre III promulgada en 1179, cando o día de Santiago cae en domingo. Isto consagrou o santuario de Santiago como un dos tres grandes destinos de peregrinación da cristiandade, xunto a Roma e Xerusalén.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Asociaciones Xacobeas del mundo. "Santiago el Mayor". Consultado o 17 de agosto do 2015. 
  2. Isidoro Millán González-Pardo y Antonio Blanco Freijeiro - Boletín de la Real Academia de la Historia (Tomo CLXXXVI, Cuaderno II, pp. 209-220
  3. Santiagoturismo.com.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]