Dinastía dos Capetos
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
- Este artigo trata sobre a dinastía dos Capetos. Para a súa rama principal, que gobernou Francia entre os anos 987 e 1328, véxase Casa dos Capetos.
Dinastía dos Capetos | |
---|---|
Casa materna | Dinastía Robertina |
Títulos | rei de Francia duque de Borgoña rei de Portugal emperador latino rei de Nápoles rei de Sicilia príncipe de Acaia rei de Navarra rei de Hungría duque de Orleáns conde de Borgoña rei de Polonia conde de Flandres duque de Brabante copríncipe de Andorra duque de Luxemburgo duque de Lorena conde de Holanda rei de España duque de Milán duque de Parma rei de Etruria rei das Dúas Sicilias duque de Lucca emperador do Brasil gran duque de Luxemburgo etc. |
Fundador | Hugo Capeto |
Fundación | 987 Último soberano: Lois Filipe I de Francia 24 de febreiro de 1848.[1] Actual xefe: Disputa dinástica.[2] |
Etnia | franca |
Ramas menores | Casa de Anjou |
A dinastía dos Capetos[3] (en francés: Capétiens) é unha das máis importantes dinastías reais de Europa e, segundo algúns estudosos, a máis antiga, remontándose a súa orixe ao século VII, aínda que con algunha dificultade.
Os Capetos costitúen a terceira dinastía dos reis de Francia, despois dos Merovinxios e os Carolinxios.[4]
Inclúe todos os descendentes de Hugo Capeto (938-993), duque de París, rei de Francia e fundador da liñaxe.
Na súa liña directa, a dinastía reinou en Francia desde 987 a 1328, ano da morte de Carlos IV. O trono francés pasou daquela as rama colaterais: a Casa de Valois, a Casa de Borbón e, finalmente, á rama máis nova desta última, a Casa de Orleáns. Outras ramas da familia foron, en ocasións, condes e duques de Borgoña, duques da Bretañaa, de Parma, reis de Navarra, de Sicilia, de Nápoles, das Dúas Sicilias, de Hungría, de Portugal, emperadores latinos de Constantinopla e emperadores do Brasil;así mesmo algúns dos seus membros foron gobernantes do ducado de Lucca e dos reinos de Etruria e de Polonia.
O rei de España Filipe VI, así como o gran duque de Luxemburgo Henrique, son os únicos monarcas europeos que pertencen agnaticamente á dinastía,[5] ambos os dous a través da rama borbónica. Todos os demais monarcas europeos reinantes tamén descenden de Hugo Capeto, pero por vía cognaticia.
Títulos dos Capetos
[editar | editar a fonte]En máis de mil anos de presenza case ininterrompida sobre os tronos europeos, representantes das diferentes ramas da dinastía gobernaron sobre varios países:
- Reis de Francia (888-898, 922-923, 987-1792, 1814-1815, 1815-1848)
- Reis de Portugal (1139-1580, 1640-1853)
- Emperadores do Imperio Latino (1216-1217, 1221-1261)
- Reis de Nápoles (1266-1442, 1700-1707, 1735-1806)
- Reis de Sicilia (1266-1282, 1700-1713, 1735-1815)
- Príncipes de Acaia (1278-1289, 1313-1322, 1333-1381, 1383-1386)
- Reis de Navarra (1305-1441, 1572-1789)
- Reis de Hungría (1308-1395)
- Reis de Polonia (1370-1399, 1573-1574)
- Reis de España (1700-1808, 1813-1868, 1874-1931, 1975-presente)
- Reis de Etruria (1801-1807)
- Reis das Dúas Sicilias (1815-1860)
- Emperadores do Brasil (1822-1889)
- Grandes Duques de Luxemburgo (1964-presente)
A estas coroas sumáronse varios grandes ducados, condados e marquesados independentes:
- Duques de Borgoña (956-1361, 1363-1482)
- Duques de Bretaña (1212-1345, 1364-1532)
- Marqueses de Namur (1217-1237, 1429-1482, 1700-1713)
- Condes da Provenza (1245-1481)
- Duques de Hainaut (1253-1256, 1417-1482, 1700-1713)
- Condes de Borgoña (1329-1382, 1383-1482)
- Condes de Flandres (1383-1482, 1700-1713)
- Duques de Brabante (1405-1482)
- Duques de Luxemburgo (1412-1415, 1419-1482, 1700-1713)
- Duques de Lorena (1431-1473)
- Condes de Holanda (1433-1482)
- Duques de Milán (1700-1713)
- Duques de Parma (1731-1735, 1748-1802, 1814-1859)
- Duques de Lucca (1817-1847)
Orixe dos Capetos
[editar | editar a fonte]En 987, á morte de Lois V de Francia, último rei carolinxio, Hugo Capeto, duque de Francia e conde de París, fillo de Hugo o Grande, foi elixido rei no Castelo real de Senlis,<ref>[6] pola nobreza e o clero francos, fundando así unha nova dinastía real.
Antepasados: os Robertianos
[editar | editar a fonte]Non se coñecen moi ben as orixes antigas dos Capetos. Existen dúas versións. A primeira fai dos Capetos unha familia oriúnda das beiras do río Rin, descendente dos saxóns. Esta idea foi apoiada en particular polos historiadores alemáns, que pretendían mostrar o predominio do elemento xermánico. Explican a existencia desta versión co feito de que a nai de Hugo Capeto era saxoa. Porén, a maioría dos historiadores franceses prefire a segunda versión, máis probábel, que sitúa os antepasados dos Capetos no centro da Francia actual. Unha versión mixta fai descender os Capetos dos saxóns, pero dunha poboación presente na Galia desde as invasións bárbaras do século V.
O antepasado máis antigo coñecido con certeza é Roberto o Forte, morto en 866, marqués de Neustria e fundador da Casa Robertina, que se destacou na loita contra os viquingos. O seu fillo máis vello, asentado en París co título de conde, foi elixido rei da Francia Occidental en 887 co nome de Eudes I, polo valor que demostrou na resistencia fronte ao ataque dos normandos (en París entre 885-886), tras a deposición do emperador Carlos III o Gordo. Porén, presionado por Arnulfo de Carintia, rei da Francia Oriental, que decidiu defender a causa do herdeiro lexítimo Carlos III o Simple, Eudes tivo que aceptar as súas pretensións e nomealo como sucesor en 898, ano da súa morte.
Roberto, irmán de Eudes, a quen sucedeu como conde de París, tomou parte no movemento do ano 921, cando parte da nobreza franca e o clero se levantaron en contra de Carlos o Simple. Tras derrotar a Carlos, que foi conducido a Lorena, Roberto foi coroado en Reims o 29 de xuño de 922. Carlos o Simple reuniu un exército enfrontándose con el en xuño de 923, cerca de Soissons, onde Roberto morreu asasinado. Carlos non puido recuperar o trono e foi confinado. Unha asemblea de nobres designou a Raúl, duque de Borgoña, como o seu sucesor. Os carolinxios recuperaban o trono por última vez.
O fillo de Roberto, Hugo o Grande (897-956), duque de Francia e conde de París, foi o nobre máis poderoso da súa época. Aínda que tivo oportunidade, prefiriu aumentar as súas posesións e a súa forza antes que tomar o trono. Era unha especie de vicerrei, tan poderoso como o monarca, que preparou a sucesión para o seu fillo Hugo Capeto.
O fundador: Hugo Capeto
[editar | editar a fonte]Cando Carlos IV o Fermoso (último fillo de Filipe IV o Fermoso en ser coroado) faleceu en 1328 sen deixar un herdeiro varón que o substituíse no trono, unha rama nova descendente dos Capeto, os Valois, tomou o control do reino de Francia. A dinastía Valois partiu do irmán máis novo de Filipe IV, Carlos de Valois, conde de Valois, e o primeiro rei desta casa foi o fillo do conde Carlos: Filipe VI de Valois. Despois foron outras dúas ramas novas, os Bourbon e logo os Orléans, os que se sucederon no trono. Cando o último descendente da rama morría sen deixar herdeiro ao trono, os nobres acudían a revisar a dinastía Capetina a partir do seu grande e amado rei San Lois IX (avó do Rei de Ferro), único rei francés canonizado. Así, todos os reis de Francia desde Hugo Capeto até o último, Lois Filipe I, sen contar os emperadores Bonaparte, pertenceron á dinastía dos Capeto, dando o seu nome oficial á Casa de Francia.
Lista de ramas colaterais
[editar | editar a fonte]Como se comentou anteriormente, a dinastía dos Capetos, a máis antiga dinastía real de Europa, posuía numerosas ramas colaterais que xogaron un papel importante no continente europeo. Velaquí unha lista que as describe:
- Rama Capeto-Valois. Rama fundada polo conde Carlos de Valois, fillo de Filipe III de Francia. O seu fillo chegaría a reinar en Francia co nome de Filipe VI.
- Rama Capeto-Valois-Borgoñona. Rama fundada por Filipe II de Borgoña o Atrevido, fillo de Xoán II de Francia.
- Rama Capeto-Valois-Anjou. Rama fundada por Lois I de Anjou, fillo de Xoán II de Francia.
- Rama Capeto-Valois-Orleáns. Rama fundada polo duque Lois de Valois, fillo de Carlos V de Francia. Seu neto reinaría en Francia co nome de Lois XII.
- Rama Capeto-Valois-Orleáns-Angulema. Rama colateral da anterior fundada polo conde Carlos de Angulema, fillo de Xoán de Orleáns. Seu neto reinaría en Francia co nome de Francisco I.
- Rama Capeto-Évreux. Rama fundada por Lois de Évreux, fillo de Filipe III de Francia. O seu fillo Filipe de Évreux reinaría en Navarra co nome de Filipe III.
- Rama Capeto-Courtenay, rama fundada polo Conde Pedro de Courtenay, fillo de Filipe I de Francia.
- Rama Capeto-Borgoña. Soberana do Ducado de Borgoña, fundada polo duque Roberto I de Borgoña, fillo de Roberto II de Francia.
- Rama Capeto-Borgoña de Portugal. Fundada por Henrique de Borgoña, conde de Portugal e pai de Afonso I, primeiro rei de Portugal.
- Casa de Avis. Rama bastarda da anterior, fundada por Xoán I, fillo bastardo de Pedro I de Portugal.
- I Dinastía dos Braganza. Rama bastarda da anterior, fundada polo duque Afonso I de Braganza, fillo bastardo de Xoán I de Portugal.
- II Dinastía dos Braganza. Rama colateral dos Avis. Fundada polo duque Duarte de Portugal, IV duque de Guimarães, fillo de Manuel I, casado con Isabel de Braganza, irmá do último duque da I dinastía. O seu bisneto, o duque Xoán II de Braganza, chegaría ao trono portugués co nomee de Xoán IV.
- Dinastía de Borgoña en Galicia, León e Castela. Fundada por Raimundo de Borgoña, conde de Galicia, esposo de Urraca de León e Castela e pai de Afonso VII. (Nota: esta casa de Borgoña non pertence á dinastía dos Capetos senón á dos Anscáridas, fundadores da Casa de Ivrea que reinou en Italia e no condado palatino de Borgoña —e non no ducado do mesmo nome—. A casa reinante en Galicia, Castela e León, desde o fillo do conde Raimundo e a Raíña Urraca, era unha rama da casa condal de Borgoña sen descendencia agnática de Hugo Capeto, e ocupou o trono até Pedro o Cruel, sendo sucedida despois pola Casa de Trastámara, unha rama menor bastarda, que reinou en todos os Reinos Peninsulares con excepción de Portugal, onde si reinaba unha rama da dinastía capeta, descendente da casa ducal de Borgoña).
- Rama Capeto-Anjou-Sicilia. Rama fundada por Carlos, duque de Anjou e de Maine, conde da Provenza e rei de Sicilia e de Nápoles. Era fillo póstumo de Lois VIII de Francia.
- Rama Capeto-Anjou-Sicilia de Hungría. Rama colateral da anterior, fundada por Carlos Martel de Anjou-Sicilia, fillo de Carlos II de Anjou rei de Nápoles e de María Árpád de Hungría. O seu neto Lois I de Hungría reinaría tamén en Polonia.
- Rama Capeto-Borbón, rama fundada polo conde Roberto de Clermont, fillo de Lois IX de Francia, casado con Beatriz de Borbón. O seu fillo Lois I de Borbón recibiu o título de duque de Borbón e ar de Francia. Un descendente seu, Antón de Borbón, reinou en Navarra polo seu matrimonio con Xoana de Albret. O fillo de ambos chegaría ao trono francés co nome de Henrique IV de Francia.
- Casa de Borbón-Busset. Fundada polo cuarto fillo de Carlos I de Borbón duque de Borbón e de Inés de Borgoña, Lois de Borbón, príncipe-bispo de Liexa por protección de seu tío Carlos o Temerario. Tivo de Catarina de Egmont, duquesa de Gueldres, tres fillos naturais (até proba do contrario), dos cales o maior, Pedro de Borbón, señor de L'Isle (1464-1530), chamado «o Gran Bastardo de Liexa», chambelán do rei Lois XII de Francia, casou con Margarida de Tourzel d'Alegre, baronesa de Busset (territorio do cal ela era herdeira en Auvernia), fundando así a Casa de Borbón de Busset, chamada «Borbón Busset», da cal saen os Borbón Châlus.
- Rama Capeto-Borbón-Orleáns. Rama fundada polo duque Filipe I de Orleáns, segundo fillo de Lois XIII de Francia. Un descendente seu reinaría en Francia co nome de Lois Filipe I.
- Rama Capeto-Borbón-España. Rama fundada polo duque Filipe de Anjou, neto de Lois XIV de Francia, que reinou en España co nome de Filipe V.
- Rama Capeto-Borbón-España-Parma. Rama colateral fundada por Filipe I de Parma, fillo de Filipe V de España e de Isabel de Farnesio.
- Rama Capeto-Borbón-España-Parma-Carlista. Rama fundada por Francisco Xavier de Borbón-Parma.
- Rama Capeto-Borbón-España-Parma-Luxemburgo. Rama fundada por Félix de Borbón-Parma casado con Carlota de Luxemburgo. O fillo de ambos foi Xoán I de Luxemburgo.
- Rama Capeto-Borbón-España-Dúas Sicilias. Rama fundada por Fernando I das Dúas Sicilias, fillo de Carlos III de España.
- Rama Capeto-Borbón-España-Braganza. Rama fundada por Gabriel de Borbón, fillo de Carlos III de España.
- Rama Capeto-Borbón-España-Carlista. Rama fundada Carlos María Isidro de Borbón, fillo de Carlos IV de España e pretendente ao trono español co nome de Carlos V.
- Rama Capeto-Borbon-España-Cádiz Sevilla. Rama fundada por Francisco de Paula de Borbón, fillo de Carlos IV de España. O seu fillo Francisco de Asís de Borbón reinaría en España xunto á súa prima e esposa, Isabel II.
Xenealoxía dos reis de Francia
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Carlos IV foi o último rei capeto da rama principal, que se extinguiu en 1328. Descendentes directos de Hugo Capeto reinan en España, con Filipe VI desde o 2014, e en Luxemburgo, con Henrique I desde o 2000.
- ↑ Lois Afonso de Borbón e Martínez-Bordiú pola rama de España, e Henrique de Orleáns pola rama de Orleáns.
- ↑ É un erro moi común identificar os conceptos de dinastía e liñaxe, xa que, en sentido propio, son cousas distintas. A pertencia á liñaxe real baséase no simple vínculo de sangue (vínculo familiar), pero a pertenza a unha dinastía implica a idea de sucesión no cargo a título de rei por dereito (sería un título dinástico). Un exemplo, se se accede á condición de rei por matrimonio cunha raíña, o título atributivo da condición rexia dese varón é o matrimonio, aínda que tivera dito rei consorte unha avoa da liñaxe de dita raíña. O título non sería dinástico se a avoa non puidese atribuírlle a condición de rei, só a liñaxe.
Do contrario, calquera descendente colateral (por exemplo calquera descendente nun grao remotísimo dun primo irmán) debería incluírse como membro da dinastía, sendo máis propio incluílo na liñaxe polo seu vínculo de sangue, pero non na dinastía (ao quedar separado durante varias xeracións da sucesión a título de rei).
Por iso cando neste artigo se menciona a dinastía dos Capetos faise en sentido non estrito, como equivalente á liñaxe dos Capetos. - ↑ Tradicionalmente a historia dinástica francesa iniciouse coa sucessión Merovinxios-Carolinxios-Capetos. - Paradisi, Gioia (2004). "Enrico II Plantageneto, i Capetingi e il peso della storia: sul successo della Geste des Normanz di Wace e della Chronique des ducs de Normandie di Benoît". Critica del testo 7 (1): 31. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2016. Consultado o 11 de febreiro de 2018.
- ↑ Denomínase agnación ao parentesco de consanguinidade entre descendentes por vía masculina unilineal, é dicir, que son descendentes dun antepasado común por vía paterna a través dunha mesma liña de sangue.
- ↑ Duby 1998, p. 267.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dinastía dos Capetos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barthélemy, Dominique (2012): Nouvelle Histoire des Capétiens. 978-1214. París: Le Seuil. ISBN 978-2-0208-5163-3.
- Duby, Georges (1998): Storia di Francia: Nascita di una nazione, dinastie e rivoluzioni dalle origini al 1852. Vol. 1. Milán: Bompiani. ISBN 88-452-2112-1.
- Gobry, Ivan (2001): Les Capétiens, 888-1328, París: Éditions Tallandier. ISBN 978-2-2350-2291-0.
- Kerrebrouck, Patrick van (2000): Les Capétiens, 987-1328. Ed. P. van Kerrebrouck. ISBN 978-2-9501-5094-3.
- Rials, Stéphane (1987): Le miracle capétien. París: librairie académique Perrin. Col. "Passé simple". ISBN 978-2-2620-0433-0.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Les premiers siècles de la dynastie capétienne, por Alix Ducret, 05-09-2006 (en francés).
- Colección de memorias relativas á historia de Francia (Collection des mémoires relatifs a l'histoire de France), con introdución e anotacións de François Guizot (en francés).
- Anónimo (1805): Fragmentos da historia dos franceses. Desde a chegada de Hugo Capeto até a morte de Filipe I (Fragments de l'histoire des français. De l'avénement de Hughes Capet a la mort de Philippe Ier) (en francés).