Filipe III de Navarra
Nome orixinal | (fr) Philippe III d'Évreux (es) Felipe III de Evreux |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 27 de marzo de 1306 (Gregoriano) |
Morte | 16 de setembro de 1343 (Gregoriano) (37 anos) Xerez da Fronteira, España |
Causa da morte | morte en combate (Cerco de Algeciras (1342–44) (pt) ) |
Lugar de sepultura | Catedral de Santa María da Asunción de Pamplona |
Rei de Navarra (Iure uxoris) | |
5 de marzo de 1329 – 16 de setembro de 1343 ← Carlos IV de Francia – Carlos II de Navarra → Xunto con: Xoana II de Navarra | |
Actividade | |
Ocupación | gobernante |
Outro | |
Título | Count of Evreux (en) (1319–1343) |
Familia | Casa de Évreux |
Cónxuxe | Xoana II de Navarra (1329 (Gregoriano)–) |
Fillos | Jeanne de Navarre, María de Navarra, Branca de Évreux, Carlos II de Navarra, Philip, Count of Longueville, Lois de Navarra, Agnés de Navarra, Jeanne de Navarre |
Pais | Lois de Évreux e Margarida de Artois |
Irmáns | Charles d'Évreux Xoana de Évreux Marie d'Évreux Marguerite d'Évreux |
Filipe III de Navarra, tamén coñecido como Filipe de Évreux ou Filipe o Nobre, nado o 27 de marzo de 1306 e finado en Jerez de la Frontera o 16 de setembro de 1343, conde de Évreux e de Longueville, e rei de Navarra (por jure uxoris).[1]
Foi o terceiro vástago e segundo varón de Lois de Évreux e de Margarida de Artois. A través do seu pai era descendente do rei San Lois de Francia e, a través da súa nai, de Lois VIII de Francia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1319, a morte de seu pai converteu o seu irmán máis vello, Carlos, en herdeiro do Condado de Etampes, mentres que el herdaría o de Évreux, en Normandía. No ano anterior, con data 18 de xuño, e co beneplácito do seu primo o rei Filipe V de Francia, contraeu nupcias coa orfa Xoana II de Navarra, filla de Lois X de Francia e da súa primeira esposa Margarida de Borgoña, que fora afastada da sucesión ao trono francés en virtude da lei sálica (e das sospeitas de bastardía que recaían nela), pero á cal as Cortes de Navarra si recoñeceran como herdeira.
Ao morrer en 1328 Carlos IV de Francia, tamén rei de Navarra, o novo rei Filipe VI fixo valer os dereitos de Xoana e, xunto a Filipe, foron ambos os dous coroados na catedral de Pamplona o 5 de marzo de 1329 como Xoana II e Filipe III, reis de Navarra.
As Cortes de Navarra admitiron que Filipe exercese o goberno, aínda que debería cederllo ao seu primoxénito cando cumprira os 21 anos. Pero máis interesados nos asuntos e a política francesa, sobre todo en canto ao que significase Normandía, os novos monarcas non tardaron en abandonar Pamplona, gobernando o reino por intermedio de lugartenentes franceses.
Antes de ser coroados na capital do reino pirenaico, Filipe de Évreux combateu na campaña flamenga de Filipe VI e tamén participou na batalla de Cassel. Igualmente estivo presente canda o rei francés en Amiens, cando o fillo da súa prima Isabel de Francia, Eduardo III de Inglaterra, rendeu homenaxe a Filipe VI polas súas posesións en Aquitania.
En 1331 o rei de Navarra visitou Aviñón onde, co rei de Francia, ambos os dous recibiron a cruz do papa para ir á cruzada xunto co rei de Aragón e o de Bohemia. Porén, esta cruzada nunca se realizaría.
Iniciada a guerra dos Cen Anos púxose de parte de seu primo Filipe VI de Francia, e co rei escocés (David II) e o bohemio (Xoán I) loitaron en Tournai e Cambrai.
Sendo Navarra un reino ibérico, tamén prestou atención aos problemas que ocorrían na península, e participou na Reconquista, aliado do rei Afonso XI de Castela, contra o Reino de Granada, tomando parte no asedio de Alxeciras en (1343), onde foi ferido gravemente por unha frecha que se lle cravou no pescozo, o que o obrigou a regresar ao seu reino; pero a pesar dos coidados do seu físico (médico), faleceu a finais de setembro en Jerez de la Frontera.[2]
O seu cadáver foi trasladado a Pamplona onde foi inhumado na Catedral.[2]
A súa muller Xoanana continuou reinando soa.
Descendencia
[editar | editar a fonte]Da unión entre Filipe e Xoana naceron:
- Xoana (1325 – 3 de xullo de 1387. Henrique de Sully, nomeado gobernador de Navarra polos seus soberanos, concertou no seu nome, en 1329 o matrimonio da súa filla máis vella Xoana co infante Pedro, fillo máis vello e herdeiro do rei Afonso IV de Aragón. Pero entre 1336 e 1339, Sully negociou porén o matrimonio de Pedro (convertido xa no rei de Aragón Pedro IV o Cerimoniso) con María, irmá seguinte de Xoana, que o rei aragonés prefería. Para permitir este casamento, Xoana fíxose relixiosa na abadía de Longchamp en 1337, á idade de 12 anos e renunciou o ano seguinte aos seus dereitos ao reino de Navarra a favor da súa irmá María. Xoana recibiu en compensación unha renda de 1 000 libras, procedentes do señorío de Mantes.
- María de Évreux (1330–1347), casada con Pedro IV de Aragón.[3]
- Carlos de Évreux (1332–1387), rei de Navarra como Carlos II.
- Branca de Évreux (1333–1398), casada en 1349 con Filipe VI de Francia
- Inés de Évreux (1334–1396), casada con Gastón III Febo, conde de Foix e vizconde de Bearn
- Filipe de Évreux (1336–1363), conde de Longueville
- Xoana Inés de Évreux (1338–1387), casada con Josep de Llinás e de Aragón, barón de Llinás. Ao falecemento deste en 1371 ingresou como monxa nun convento.
- Xoana de Évreux (1339–1403), casada con Xoán I de Rohan.
- Lois de Évreux (1341–1372). Foi conde de Beaumont-le-Roger.
Antepasados
[editar | editar a fonte]16. Lois VIII de Francia | ||||||||||||||||
8. San Lois IX de Francia | ||||||||||||||||
17. Branca de Castela | ||||||||||||||||
4. Filipe III de Francia | ||||||||||||||||
18. Ramón Berenguer V da Provenza | ||||||||||||||||
9. Margarida da Provenza | ||||||||||||||||
19. Beatriz de Savoia | ||||||||||||||||
2. Lois de Évreux | ||||||||||||||||
20. Henrique II de Brabante | ||||||||||||||||
10. Henrique III de Brabante | ||||||||||||||||
21. María de Suabia | ||||||||||||||||
5. María de Brabante | ||||||||||||||||
22. Hugo IV de Borgoña | ||||||||||||||||
11. Adelaida de Borgoña | ||||||||||||||||
23. Violante de Dreux | ||||||||||||||||
1. Filipe III de Navarra | ||||||||||||||||
24. Roberto I de Artois | ||||||||||||||||
12. Roberto II de Artois | ||||||||||||||||
25. Matilde de Brabante | ||||||||||||||||
6. Filipe de Artois | ||||||||||||||||
26. Pedro de Courtenay | ||||||||||||||||
13. Amicia de Courtnay | ||||||||||||||||
27. Petronila de Joigny | ||||||||||||||||
3. Margarida de Artois | ||||||||||||||||
28. Xoán I da Bretaña | ||||||||||||||||
14. Xoán II da Bretaña | ||||||||||||||||
29. Branca de Navarra | ||||||||||||||||
7. Branca da Bretaña | ||||||||||||||||
30. Henrique III de Inglaterra | ||||||||||||||||
15. Beatriz de Inglaterra | ||||||||||||||||
31. Leonor da Provenza | ||||||||||||||||
Predecesor: Lois |
Conde de Évreux 1319 – 1343 |
Sucesor: Carlos II |
Predecesor: Lois |
Conde de Longueville 1319 – 1343 |
Sucesor: Filipe |
Predecesor: Carlos I |
Rei de Navarra (de jure uxoris) 1328 – 1343 |
Sucesor: Carlos II |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Polo dereito da súa muller
- ↑ 2,0 2,1 Reis Capetos de Francia en Medieval Lands (en inglés).
- ↑ Surget, Marie-Laure (2008): "Mariage et pouvoir: réflexion sur le rôle de l'alliance dans les relations entre les Évreux-Navarre et les Valois au XIVe siècle (1325-1376)", Annales de Normandie, ano 58, nº 1-2, p. 34.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Filipe III de Navarra |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ramírez de Palacios, Bruno (2015): Charles dit le Mauvais: roi de Navarre, comte d'Évreux, prétendant au trône de France. 2ª ed. Editions la Hallebarde. ISBN 978-2-9540-5853-5.