Zamora
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
Provincia | provincia de Zamora | ||||
Capital de | |||||
Capital | Zamora city (en) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 59.259 (2023) (396,97 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 149,28 km² | ||||
Altitude | 649 m | ||||
Comparte fronteira con | Valcabado (pt) Muelas del Pan (pt) Almaraz de Duero Pereruela (pt) San Pedro de la Nave-Almendra (pt) Andavías Palacios del Pan (pt) La Hiniesta El Perdigón Morales del Vino Monfarracinos (pt) Entrala (pt) Coreses Arcenillas Villaralbo Roales | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Francisco Guarido (2015–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 49001–49028 e 49001 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 980 | ||||
Código INE | 49275 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | zamora.es | ||||
Zamora é unha cidade situada en Castela e León, capital da provincia de Zamora. En 2017 tiña 62 389 habitantes.[1] Está atravesada polo río Douro, que continúa cara a Portugal.
Artisticamente ten numerosas igrexas de estilo románico, destacando a súa catedral, do mesmo estilo. Esta cidade tivo a súa etapa de maior importancia política durante a Reconquista.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O termo municipal de Zamora ten unha extensión de 149,28 km². É a capital de provincia situada a menos altitude da Meseta Norte. Sitúase no curso medio do río Douro, cunha configuración lonxitudinal ao longo do mesmo, na extensa rexión que forma a Meseta Norte, a parte da Meseta Central situada ao norte do Sistema Central, na zona noroeste da Península Ibérica. Presenta unha paisaxe chaira, e con escasa vexetación por mor do seu clima mediterráneo con trazos de continentalidade.
A parte oriental está sobre a veiga do río e actúa como fronteira coas comarcas de Tierra del Pan e Tierra del Vino, situadas ao norte e ao sur respectivamente. A parte occidental é por onde se separa do río cara ao norte e actúa de fronteira coas comarcas de Tierra de Alba e de Sayago.
O núcleo principal do centro urbano, cunha disposición moi alongada e en boa parte rodeado por murallas, álzase sobre unha ampla meseta rochosa de 26 a 32 metros de altura, emprazada á beira do río Douro, que a cingue polo sur, características que lle valeron o sobrenome de "A ben cercada". A altitude é de 652,6 msnm.
Demografía
[editar | editar a fonte]Durante o século XX o municipio de Zamora creceu de xeito regular, mais o conxunto da provincia perdeu poboación. Desde 1900, a capital multiplicou o número de habitantes por 4,06 (16.287 habs. en 1900, 66.135 en 2007, mentres que a provincia perdeu un 28%. A resultas deste dobre proceso, a capital, que representaba só o 5,9% do total da provincia en 1900, acolle en 2005 ao 33,4% dos seus habitantes.
Características
[editar | editar a fonte]A zona vella da cidade está catalogada como Conxunto Histórico-Artístico desde 1973,[2][3] o seu núcleo principal que conta cunha disposición moi alongada e en boa parte está circundado polas murallas, levantándose sobre unha ampla meseta rochosa[4] de 26 a 32 metros de altura, que no sur contorna o río Douro. Salientan o seu conxunto de edificios románicos, formado polos 23 templos do concello e as 14 igrexas da zona vella.[5] Entre os principais monumentos está a catedral, o castelo, as murallas, a ponte, e dous palacios. Son quince os templos declarados Ben de Interese Cultural, entre eles algúns de estilos posteriores.[6] Tamén é significativo o seu conxunto de edificios modernistas, dezanove en total.[7][8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero" (en castelán). Instituto Nacional de Estadística. Consultado o 22 de decembro de 2014.
- ↑ Ministerio de Cultura. "Patrimonio Histórico: Bienes culturales protegidos" (en castelán). Consultado o 18 de maio de 2009.
- ↑ Ministerio de Cultura. "Patrimonio Histórico: Bienes culturales protegidos" (en castelán). Consultado o 18 de maio de 2009.
- ↑ "Romancero Zamorano" (en castelán). Tierradelpan.com. Consultado o 18 de maio de 2009.
- ↑ "Turismo religioso" (en castelán). Ayuntamiento de Zamora. Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2013. Consultado o 19 de decembro de 2012. Arquivado 02 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine.
- ↑ Rivera de las Heras, José Ángel (2001). Por la catedral, iglesias y ermitas de la ciudad de Zamora Ediciones Leonesas, S.A. (Edilesa). ISBN 84-8012-356-7. p.12.
- ↑ José Luis Cabrero (29 de marzo de 2009). "Zamora, la ciudad del románico, se 'convierte' al modernismo" (en castelán). El Mundo. Consultado o 19 de maio de 2009.
- ↑ M. J. F. (27 de setemro de 2009). "Destacados especialistas desvelan las claves del modernismo zamorano" (en castelán). La Opinión-El Correo de Zamora. Consultado o 24 de marzo de 2010.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |