Saltar ao contido

Tierra del Vino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTierra del Vino
Imaxe

Localización
Mapa
 41°24′N 5°30′O / 41.4, -5.5
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Zamora Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación12.623 (2017) Editar o valor en Wikidata (26,06 hab./km²)
Xeografía
Superficie484,34 km² Editar o valor en Wikidata

A Tierra del Vino é unha terra situada no sur da provincia de Zamora (Castela e León, España)

Toma o seu nome da abundancia de viñedos que houbo dende tempos remotos, sendo os seus límites polo norte a cidade de Zamora e a Terra do Pan, ao leste o Alfoz de Toro e La Guareña, ao sur a terra de La Guareña e a provincia de Salamanca e ao oeste a terra de Sayago.

A capital tradicional da bisbarra é Corrales del Vino, aínda que hoxe en día a localidade máis poboada é Morales del Viño que é a cuarta poboación da provincia de Zamora en número de habitantes.

Esta bisbarra, a pesar do seu gran sentido de identidade, con características xeográficas, económicas, sociais e históricas afíns, non conta co necesario recoñecemento legal para o seu desenvolvemento administrativo, o que levou aos seus municipios a organizarse en mancomunidades como única fórmula legal que lles permite a optimización da xestión dalgúns servizos públicos municipais.[1]

Concellos

[editar | editar a fonte]
Concelloo Superficie Habitantes Anexos[2][3]
Arcenillas 12,08 km²[4] 370 -
Casaseca de Campeán 12,24 km²[5] 118 -
Casaseca de las Chanas 12,56 km²[6] 420 -
Cazurra 8,39 km²[7] 80 -
Corrales del Vino 75,61 km²[8] 1.077 Fuente el Carnero, Peleas de Arriba
El Cubo de la Tierra del Vino 34,31 km²[9] 421 -
Cuelgamures 14,67 km²[10] 118 -
Entrala 10 km²[11] 158 -
Fuentespreadas 20,07 km²[12] 329 -
Gema 17,85 km²[13] 252 -
Jambrina 16,64 km²[14] 207 -
Madridanos 32,10 km²[15] 525 Bamba
Moraleja del Vino 19,49 km²[16] 1.577 -
Morales del Vino 23,68 km²[17] 2.709 Pontejos del Vino
Peleas de Abajo 12,01 km²[18] 268 -
El Perdigón 51,22 km²[19] 766 San Marcial e Tardobispo
El Piñero 19,71 km²[20] 266 -
Santa Clara de Avedillo 16,81 km²[21] 201 -
Sanzoles 25,66 km²[22] 600 Valdemimbre
Villalazán 15,04 km²[23] 333 -
Villanueva de Campeán 12,04 km²[24] 142 -
Villaralbo 22,05 km²[25] 1.870 -

Denominación de orixe Terra del Vino de Zamora

[editar | editar a fonte]

A Tierra del Vino conta con denominación de orixe dende o 28 de abril de 2007, data na que entrou en vigor a Orde AYG/782/2007 da Consellaría de Agricultura e Gandaría da Xunta de Castela e León.

O Regulamento da denominación de orixe fixa cales son as variedade admitidas na Terra do viño:

O marco de plantación máis habitual nos viñedos en vaso é de 3 * 3 e nos viñedos en espaleira, de 3 * 1,5. A porcentaxe de viñedo en espaleira é do 17,25% respecto do total rexistrado.

O clima é continental, extremado e árido, con invernos moi fríos e veráns secos e calorosos. As precipitacións son escasas e a súa media anual apenas chega aos 400 mm.

Os seus chans son profundos, pobres en materia orgánica, moi permeables e con boa capacidade de retención. En profundidade son moi arxilosos. En superficie, nas chairas a presenza de area é moi frecuente, nas abas comezan a aparecer as gravas e nos altos predominan os seixos.

  1. Art.46 do Estatuto de Autonomía de Castela e León
  2. "Cifras del INE sobre población al 01/01/2009". ine.es. Arquivado dende o orixinal o 04/03/2016. Consultado o 28/08/2018. 
  3. "Datos de ayuntamientos de Zamora según la Diputación". diputaciondezamora.es. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2022. Consultado o 31 de xaneiro de 2015. 
  4. "Arcenillas" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2010. Consultado o 31 de xaneiro de 2015. 
  5. "Casaseca de Campeán" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de outubro de 2010. Consultado o 31 de xaneiro de 2015. 
  6. "Casaseca de las Chanas" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de outubro de 2010. Consultado o 31 de xaneiro de 2015. 
  7. "Cazurra" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de decembro de 2009. Consultado o 31 de xaneiro de 2015. 
  8. "Corrales del Vino" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de decembro de 2009. Consultado o 31 de xaneiro de 2015. 
  9. "El Cubo de la Tierra del Vino" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de decembro de 2009. Consultado o 31 de xaneiro de 2015. 
  10. "Cuelgamures" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de decembro de 2009. Consultado o 31 de xaneiro de 2015. 
  11. "Entrala" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de decembro de 2009. Consultado o 31 de xaneiro de 2015. 
  12. "Fuentespreadas" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de decembro de 2009. Consultado o 31 de xaneiro de 2015. 
  13. "Gema" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de decembro de 2009. Consultado o 31 de xaneiro de 2015. 
  14. "Jambrina" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de decembro de 2009. Consultado o 31 de xaneiro de 2015. 
  15. "Madridanos" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de decembro de 2009. Consultado o 31 de xaneiro de 2015. 
  16. "Moraleja del Vino" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de xaneiro de 2010. Consultado o 31 de xaneiro de 2015. 
  17. "Morales del Vino" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de xaneiro de 2010. Consultado o 31 de xaneiro de 2015. 
  18. Peleas de Abajo[Ligazón morta]
  19. El Perdigón[Ligazón morta]
  20. El Piñero[Ligazón morta]
  21. Santa Clara de Avedillo[Ligazón morta]
  22. Sanzoles[Ligazón morta]
  23. Villalazán[Ligazón morta]
  24. Villanueva de Campeán[Ligazón morta]
  25. Villaralbo[Ligazón morta]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]