Pedralba de la Pradería é un municipio caracterizado pola súa diversidade lingüística, ao estaren presentes nel tres linguas romances: o castelán, o galego (lingua tradicional da pedanía de Calabor) e o leonés (lingua tradicional das restantes localidades do concello). Así e todo, estas dúas últimas linguas fálanse alí nas súas respectivas variantes seabresas e por iso amosan unha gran semellanza entre si, cunha porcentaxe maioritaria de léxico compartido.