Vilasantar
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | Ru | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.232 (2023) (20,75 hab./km²) | ||||
Xentilicio | vilasantarés | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 59,36 km² | ||||
Altitude | 500 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Fernando Pérez Fernández | ||||
Eleccións municipais en Vilasantar | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15807 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15090 | ||||
Páxina web | dicoruna.es… | ||||
Vilasantar é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situación
[editar | editar a fonte]O concello de Vilasantar está situado no sur da Comarca de Betanzos, entre as cidades de Santiago, A Coruña e Lugo, a uns 40 km en liña recta das tres. Limita ao norte cos concellos de Curtis e Oza-Cesuras, ao oeste co concello de Mesía, ao leste co de Sobrado e ao sur co de Boimorto. A súa superficie é de 59,2 km². A capital é Ru.
Orografía
[editar | editar a fonte]Sitúase nunha zona de altitude media. A maior parte do concello sitúase entre os 400 e os 500 metros sobre o nivel do mar. O punto máis alto do concello atópase no Seixo, con 594 metros.[1]
Hidrografía
[editar | editar a fonte]Ten grande importancia o río Tambre (que delimita a fronteira sur co concello de Boimorto) e os seus afluentes. Entre eles destacan o Cabalar e o río das Gándaras.
Clima
[editar | editar a fonte]O clima de Vilasantar é temperado, con temperaturas suaves no verán e frías no inverno. As precipitacións son abondosas dende o outono á primavera. No inverno son frecuentes as xeadas e ocasionais as nevaradas.
Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo o Instituto Nacional de Estadística, en 2018 tiña 1.225 habitantes, 645 homes e 580 mulleres.[2] A poboación sofreu un descenso do 70% dende 1950, cando o concello contaba con 4.094 habitantes. No tocante ás vivendas, en 2011 había no concello 998 edificacións, a metade delas construídas antes de 1950, e delas, 267 anteriores a 1900.[3]
Censo total 2018 | 1.225 habitantes |
---|---|
Menores de 16 anos | 72 (5.88 %) |
Entre 16 e 64 anos | 696 (56.82 %) |
Maiores de 64 anos | 457 (37.31 %) |
Evolución da poboación de Vilasantar Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
3.020 | 3.331 | 4.094 | 2.529 | 1.574 | 1.415 | 1.380 | 1.368 | 1.362 | 1.316 | 1.280 | 1.275 | 1.241 | 1.225 | |||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia
[editar | editar a fonte]Prehistoria
[editar | editar a fonte]Da época prehistórica consérvanse numerosos megálitos e mámoas:
- Guiliade
- Ponte do Sapo
- Monte da Gándara
- A Revolta
- Mourengos
- Lagoaceiras
- As do monte Vilariño
- As do Monte da Corda
- As de Pedriño
- Medorra de Fanegas
Da cultura castrexa consérvanse máis dunha ducia de castros como os de Ril, Vilariño, Follente, Armental ou o de As Corredoiras.
Idade Antiga
[editar | editar a fonte]Da romanización hai restos do campamento romano da Ciadella, o máis extenso dos descubertos en Galicia, entre os concellos de Sobrado e Vilasantar. Ademais, hai evidencias de que a medorra de Fanegas albergou unha construción romana sobre a antiga mámoa. Nas proximidades do campamento atópase tamén a necrópole da Areosa.
Idade Media
[editar | editar a fonte]No transcurso da Idade Media estas terras pertencían ao condado de Présaras, que tivo a súa orixe nas praessurae romanas, terras desertas ofrecidas aos colonos para que as cultivasen e poboasen.
A zona estivo fortemente vencellada ao mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes e ao mosteiro de Santa María de Mezonzo. A orixe deste último posiblemente estea na época dos suevos, pois a igrexa conserva dous capiteis do século VI ou VII e aparece en documentos latinos como mosteiro de Mosontio. A mediados do século X ingresou nel Pedro de Mezonzo, quen chegaría a abade e, posteriormente, a bispo compostelán. O mosteiro de Sobrado, pola súa banda, foi fundado polos condes de Présaras, Hermenexildo Aloitez e Paterna Gundesindez, en 952. O conde acabaría entrando no convento como monxe trala morte de Paterna. O fillo do matrimonio, Sisnando II, bispo de Iria Flavia, liderou a resistencia contra os viquingos na batalla de Fornelos.
Idade Moderna
[editar | editar a fonte]Na Idade Moderna era numerosa a fidalguía, como testemuñan as diversas casas señoriais repartidas polo concello.
Idade Contemporánea
[editar | editar a fonte]Vilasantar foi constituído como concello en 1834. A súa poboación foi medrando até 1950, cando empezou a descender por mor da emigración.
Foi unha zona de grande actividade durante a guerra civil española e a posguerra. En 1938 o alcalde e veciño de Présaras, Antonio Iglesias Corral, foi fusilado en Miraz, Friol.[4][5]
Nos anos seguintes á guerra tivo presenza no concello o Exército Guerrilleiro de Galicia, así como o mítico "Foucellas", quen actuaba pola zona e viviu un tempo agochado na casa dunha curmá en Ru.[6] Na parroquia de Mezonzo naceu o tamén guerrilleiro Manolito Bello.
Cultura
[editar | editar a fonte]Patrimonio
[editar | editar a fonte]Patrimonio arqueolóxico
[editar | editar a fonte]No concello atópanse xacementos de varias épocas. Están identificados os seguintes:
Nome | Lugar | Parroquia | Tipo |
---|---|---|---|
Castro de Armental | O Castro | Armental | Castro |
Mámoa da Revolta | A Revolta | Armental | Mámoa (3 mámoas) |
Castro de Ril | Ril | Barbeito | Castro |
Mámoa de Guiliade | Guiliade | Barbeito | Mámoa |
Castro de Parrando | Parrando | Barbeito | Castro |
O Castro de Viladarcas | Viladarcas | Barbeito | Castro |
A Roda de Igrexafeita | Igrexafeita | Mezonzo | Castro |
Castro de Cernadas | Cernadas | Mezonzo | Castro |
Castro do Batán | O Batán | Mezonzo | Castro |
Mámoa da Ponte do Sapo | Ponte do Sapo | Présaras | Mámoa |
Os Castros de Cezar | Cezar | San Vicenzo de Curtis | Castro |
Castro de Mourengos/Castro da Pena do Oso | Mourengos | San Vicenzo de Curtis | Castro |
Castro das Corredoiras | As Corredoiras | Vilariño | Castro |
Castro de Follente/A Roda de Castro | O Castro | Vilariño | Castro |
Castro de Vilariño | Eirixe | Vilariño | Castro |
Campamento romano da Ciadella | Días | Vilariño | Campamento romano |
Mámoas de Fanegas | Días | Vilariño | Mámoa (9 mámoas) |
Mámoas de Pedriño | Días | Vilariño | Mámoa (2 mámoas) |
Mámoas do Monte Vilariño | Eirixe | Vilariño | Mámoa (2 mámoas) |
Mámoas da Lagoaceira | A Torre | Vilariño | Mámoa |
Mámoa do Monte da Gándara | A Torre | Vilariño | Mámoa |
Necrópole da Areosa | A Areosa | Vilariño | Vía romana |
Vía romana de Fanegas | Días | Vilariño | Necrópole romana |
Patrimonio arquitectónico relixioso
[editar | editar a fonte]No patrimonio relixioso do concello destacan:
- Mosteiro de Santa María de Mezonzo. Este mosteiro, do que practicamente só se conserva a igrexa de estilo románico, atópase no Priorato. A súa orixe probablemente estea na época sueva, aínda que o mosteiro que hoxe coñecemos foi fundado polo abade Reterico no século IX. Máis tarde pasou a depender do mosteiro de Sobrado. No ano 955, ingresou no mosteiro Pedro de Mezonzo, quen despois se converteu en abade.
- Santuario de Nosa Señora da Laxe. Situado na Laxe, trátase dunha edificación do século XVIII de estilo barroco. Conta cun importante retablo rococó, no que se custodian catro imaxes de Gambino.
- Igrexa de Présaras. Situada en Eirixe, foi construída no século XVIII con planta rectangular, cantería de granito, dous arcos de medio punto e fachada de estilo neoclásico.
- Igrexa de Barbeito. Está situada na Xarela. Con planta rectangular dunha nave, cantería de granito e fachada principal con porta alintelada.
- Igrexa de Vilasantar. Atópase en Ru e foi construída a comezos do século XIX. Ten planta de cruz latina formada por dous corpos rectangulares de distinta altura e unha ábsida rectangular. A ábsida e o altar están separados por un arco triunfal de medio punto. Construída con cachotería revocada e pintada de branco, agás nos esquinais e enmarcados dos vans que son de cantería de granito visto.
A listaxe completa de igrexas, capelas e edificios relixiosos do concello é a seguinte:
Nome | Lugar | Parroquia |
---|---|---|
Igrexa de San Martiño de Armental | Eirixe | Armental |
Santuario de Nosa Señora da Laxe | A Laxe | Armental |
Peto de ánimas da Laxe | A Laxe | Armental |
Igrexa de San Salvador de Barbeito | A Xarela | Barbeito |
Casa reitoral de San Salvador de Barbeito | A Xarela | Barbeito |
Capela de Santo André | Mende | Barbeito |
Mosteiro de Santa María de Mezonzo | O Priorato | Mezonzo |
Casa reitoral de Santa María de Mezonzo | O Priorato | Mezonzo |
Capela de San Pedro | O Campo da Feira | Mezonzo |
Ermida de San Paio | Aguión | Mezonzo |
Igrexa de San Pedro de Présaras | Eirixe | Présaras |
Casa reitoral de Présaras | Eirixe | Présaras |
Igrexa de San Vicenzo de Curtis | Eirixe | San Vicenzo de Curtis |
Igrexa de Santa María de Vilariño | Eirixe | Vilariño |
Casa reitoral de Santa María de Vilariño | Eirixe | Vilariño |
Igrexa de Santiago de Vilasantar | Ru | Vilasantar |
Casa reitoral de Vilasantar | Ru | Vilasantar |
Patrimonio arquitectónico civil
[editar | editar a fonte]En canto á arquitectura non relixiosa máis destacable do concello temos os seguintes pazos:
- Pazo de Présaras. Construído en Eirixe no século XVIII por Valentín Sánchez de Boado, un indiano regresado do Perú, que tamén construíu a igrexa. O pazo ten forma de "L" a dúas alturas, feito con muros de carga de cachotaría. Baixo o mesmo teito conviven a vivenda e a casa reitoral.
- Pazo de Mende. Situado nunha gran leira en Mende con hortas e prados, rodeada de carballos de grande idade. É de planta baixa e ten un frontón semicircular con escudo. Conta con capela propia, cun amplo soportal.
- Pazo de Zanfoga. Este pazo do século XVIII atópase na aldea de Zanfoga. É de estilo barroco, construído con cachotaría de xisto e cantería de granito nos elementos nobres. Pertenceu a Emilia Pardo Bazán e á súa familia.
O patrimonio arquitectónico rexistrado no concello é o seguinte:
Nome | Lugar | Parroquia |
---|---|---|
Casa do Castro | O Castro | Armental |
Pazo de Zanfoga | Zanfoga | Armental |
Casa de Neira | Ril | Barbeito |
Pazo de Mende | Mende | Barbeito |
Casa de Mera | Vilaboa | Mezonzo |
Pazo de Opa | Opa | Mezonzo |
Pazo do Fachal | O Fachal | Mezonzo |
Pazo de Panacioi | Panacioi | Présaras |
Pazo de Présaras | Eirixe | Présaras |
Casa de Eirixe | Eirixe | San Vicenzo de Curtis |
Casa das Medallas | O Vao | Vilariño |
Casa Grande de Vilariño | Eirixe | Vilariño |
Patrimonio etnolóxico
[editar | editar a fonte]Conta cun importante patrimonio etnolóxico con numerosos muíños á beira dos distintos ríos e regatos do concello, e incluso un batán en perfecto estado, O Batán de Mezonzo, un dos poucos conservados en Galicia e talvez un dos máis antigos. Situado xunto a unha gran cascada do río das Gándaras, crese que foi construído polos monxes do mosteiro de Mezonzo.[7]
Existe unha ruta de sendeirismo chamada Ruta dos Muíños, que discorre xunto a 22 muíños das parroquias de Mezonzo e Barbeito, como o Muíño de Vasques ou o Muíño da Ponte do Sapo.
Etnografía
[editar | editar a fonte]Festas e romarías
[editar | editar a fonte]- Romaría da Santa Cruz, celébrase xunto á capela de San Paio en Aguión, sobre o día 3 de maio.
- Romaría Nova de Armental, celébrase en Eirixe, a segunda fin de semana de agosto
- Festa de San Pedro de Présaras, celébrase na Carballeira sobre o día 29 de xuño.
- Festa de Santiago de Vilasantar, celébrase en Ru sobre o 25 de xullo.
- Festa de Santa María de Mezonzo, celébrase no Priorato sobre o 10 de setembro.
- Festa de San Roque de San Vicenzo, celébrase en Eirixe sobre o 16 de agosto.
- Festa de San Bartolomeu de Barbeito, celébrase na Xarela sobre o 24 de agosto.
- Festa de San Paio de Vilariño, celébrase en Eirixe, sobre o 26 de xuño.
- Festa da Ascensión da Laxe, celébrase na Laxe o día da Ascensión.
- Festa do outono de Armental, celébrase en Eirixe sobre o día de San Martiño, o 11 de novembro.
- Festa de San Miguel de Présaras, celébrase na Carballeira sobre o 29 de setembro.
- Festa da Inmaculada Concepción de San Vicenzo, celébrase en Eirixe sobre o 19 de maio.
- Festa de Santa Minia en Vilasantar, celébrase en Ru sobre o 27 de setembro.
Economía
[editar | editar a fonte]Sector primario
[editar | editar a fonte]Segundo datos do IGE do 2011, o 28% dos traballadores do concello adicábanse ao sector primario.[8]
A agricultura está maiormente centrada na produción de millo e herba para prover as explotacións gandeiras da zona, sobre todo bovina (tanto produción leiteira como de carne de rubia galega) e en menor medida porcina, bovina e avícola. O concello conta cunha Escola de Agricultura Ecolóxica situada na parroquia de Vilasantar.[9] Tamén hai unha gran cantidade de superficie forestal, principalmente de cultivo de eucalipto.
Sector secundario
[editar | editar a fonte]No 2011, a porcentaxe de traballadores no sector secundario era do 31%.[8]
Destaca a industria da fabricación de taboleiro de madeira e de chapa de madeira pola presenza do Grupo Losán na vila.
Durante a primeira metade do século XX tivo grande importancia a industria téxtil pola presenza en Présaras da fábrica de tecidos La Arzuana, que funcionou de 1882 a 1962 e na que traballaron centos de persoas, a maioría mulleres.[10][11]
Sector terciario
[editar | editar a fonte]O sector terciario empregaba no 2011 ao 42% dos traballadores de Vilasantar.[8]
Deporte
[editar | editar a fonte]O concello conta cun campo de fútbol de herba natural na parroquia de Vilasantar, onde xoga os seus partidos de local o SD Vilasantar, equipo da Terceira Autonómica de Galicia. Nel celébrase ademais dende 2013 o Campus Álex Bergantiños, coa colaboración do futbolista, con orixes en San Vicenzo, e no que participan rapaces deste concello e de concellos veciños.[12]
A piscina municipal está situada na parroquia de Vilasantar, á beira do río Cabalar.
Conta ademais cun pavillón polideportivo na localidade de Présaras no recinto do CEIP de Présaras.
Goberno e política
[editar | editar a fonte]A Casa do Concello é o centro administrativo do municipio e está situada no lugar de Ru. O pleno do concello está formado por nove concelleiros. Nas primeiras eleccións municipais tras o restablecemento da democracia, celebradas en 1979, foi elixido alcalde Manuel García Novo, de UCD, e que gobernou tres anos. Foi substituído por José Manuel Taboada García, de Alianza Popular (máis tarde Partido Popular), que estivo na alcaldía durante os seguintes 25 anos. Tras as eleccións de 2007 accedeu á alcaldía Manuela García Freire, do BNG. No ano 2011, o PP recuperou a alcaldía, encabezado por Fernando Pérez Fernández, que continúa no cargo.
Os actuais concelleiros son:
- PP: Fernando Pérez Fernández, Óscar Vázquez Corral, José David Pintor Pazo, María del Carmen Torreiro Cotos, Jesús Gómez García, José Emilio Mahía Neira.[13]
- BNG: José Antonio Cotos Seoane, Marta García Sánchez, Álvaro García Freire.[13]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Vilasantar.
-
Igrexa de Santa María de Mezonzo.
-
Baliza quilométrica do Plan Peña de 1939 na AC-840.
-
Marco de 1980 no cuadripunto entre Vilasantar, Curtis, Cesuras e Mesía.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mapa topográfico España". topographic-map.com (en castelán). Consultado o 2018-05-09.
- ↑ "Instituto Nacional de Estadística. (Spanish Statistical Institute)". www.ine.es (en castelán). Consultado o 2018-05-09.
- ↑ "Instituto Galego de Estatística". Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2018.
- ↑ "Goretti Sanmartín reúnese coa familia do alcalde de Vilasantar asasinado polo franquismo". 16 de agosto de 2017. Consultado o 8 de xuño de 2018.
- ↑ "Antonio Iglesias Corral". Nomes e voces. Consultado o 2 de xuño de 2018.
- ↑ Lamela García, Luis (1992). "Foucellas". El riguroso relato de una lucha antifranquista (1936-1952) (en castelán). Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-608-4.
- ↑ "O Batán de Mezonzo". Concello de Vilasantar. Consultado o 15 de xuño de 2018.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 "Traballadores por sector". IGE. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 15 de xuño de 2018.
- ↑ "Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar". Consultado o 15 de xuño de 2018.
- ↑ "Los inicios de la industria textil en A Coruña" (en castelán). 19 de abril de 2009. Consultado o 15 de xuño de 2018.
- ↑ "Cuando ellas revolucionaron Vilasantar" (en castelán). 2 de febreiro de 2018. Consultado o 15 de xuño de 2018.
- ↑ "Campus Álex Bergantiños". Concello de Vilasantar.
- ↑ 13,0 13,1 "A Corporación". Concello de Vilasantar. Consultado o 15 de xuño de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vilasantar |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martínez Íñiguez, M.ª de los Ángeles (2018). La fábrica de hilados y tejidos de Vilasantar (1882-1962) (en castelán). viveLibro. ISBN 978-84-17392-99-4.
- Saavedra Penas, Jacinta (2011). Ingenios hidráulicos preindustriales: molinos, batanes y aserraderos a lo largo del río das Gándaras, Vilasantar (PDF) (Informe) (en castelán). Universidade da Coruña.
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |