Saltar ao contido

Mariola Lourido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMariola Lourido

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1964 Editar o valor en Wikidata (59/60 anos)
Cedeira, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata

Twitter: mariolalourido Dialnet: 4530834 Editar o valor en Wikidata


Mariola Lourido López, nada en Cedeira en 1964, é unha xornalista galega especialista en violencia de xénero, igualdade e dereitos sociais, que vén desenvolvendo a súa traxectoria profesional na Cadena SER. Dende 2007 é redactora xefa de sociedade dos servizos informativos desta cadea.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciada en xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, iniciou o seu percorrido laboral en Radio Ferrol. Foi editora dos servizos informativos en Galicia. Trasladouse a Madrid en 2000, onde se integrou na sección de Sociedade e Cultura dos servizos informativos da cadena SER . Alí destacou especialmente pola súa información sobre violencia de xénero,[1] igualdade e dereitos sociais. En 2007 foi nomeada xefa desta sección.[2][3]

En 2013 recibiu o premio Ameco Prensa-Mujer polo seu traballo informativo sobre violencia de xénero e pola súa traxectoria profesional en favor da comunicación inclusiva con perspectiva de xénero. En 2016 foi destacada co premio "Móstoles ciudad contra la violencia de género".[4]

En 2018 foi unha das promotoras do movemento As xornalistas paramos, iniciado o 8 de marzo para denunciar a "inxustiza laboral" que sofren as mulleres nos medios de comunicación, a falta de mulleres nos postos de dirección, a fenda salarial de xénero que existe no sector ou que os espazos de opinión e tertulias estean “copados” por homes, aínda que haxa "mulleres expertas que poden equilibrar”.[5][6]

  1. "Violencia machista bajo una mirada feminista". lamarea.com (en castelán). 19 de novembro de 2015. Consultado o 2 de xuño de 2018. 
  2. "La SER renueva el equipo de informativos". Cadena SER (en castelán). 30 de xuño de 2007. Consultado o 2 de xuño de 2018. 
  3. "Las periodistas apelan a la audiencia para exigir feminismo en el periodismo". Servimedia (en castelán). 8 de marzo de 2018. Consultado o 2 de xuño de 2018. 
  4. "Celebrada la Primera Entrega de los Premios “Móstoles Ciudad contra la Violencia de Género”". Ayuntamiento de Móstoles (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2018. Consultado o 2 de xuño de 2018. 
  5. "Más de un millar de periodistas se concentran contra la "injusticia laboral"" (en castelán). EFE. Consultado o 2 de xuñode 2018. 
  6. "Miles de mujeres periodistas alzan su voz para derribar el techo de cristal en los medios". Público (en castelán). Consultado o 2 de xuño de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]