Saltar ao contido

Cadena SER

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Área de radiodifusiónEspaña España
Andorra Andorra
Portugal Portugal
EsloganEscucha con nosotros la vida
FormatoOM
FM
DAB
Satélite FTA
Internet
ClaseXeralista, comercial
IndicativoSER
AfiliaciónGrupo PRISA
PropietarioPrisa Radio
Na rede
Webcast
http://www.cadenaser.com/
BNE: XX116550
editar datos en Wikidata ]

A Cadena SER (acrónimo de Sociedad Española de Radiodifusión) é unha das canles xeralistas de radio de maior antigüidade e ouvintes de España. Ademais, é a que conta cun maior número de emisoras repartidas por toda España e cos mellores índices de audiencia do país.

Pertence ó grupo radiofónico Unión Radio e está controlada accionarialmente polo Grupo PRISA, grupo editorial que conta tamén coas emisoras musicais Los 40 Principales, Cadena Dial, M80 Radio, Radiolé, Máxima FM e Ona FM, así como tamén xornais coma El País.

A orixe da canle está en Radio Barcelona, que iniciou as súas emisións o 15 de outubro de 1924, recibindo o distintivo EAJ-1 como primeira emisora de radio autorizada en España (Radio España, EAJ-2). O 19 de decembro de 1925 créase Unión Radio, que inaugura Radio Madrid o 17 de xuño do mesmo ano. Sucesivamente intégranse en Unión Radio as principais emisoras que esta época se van creando, constituíndo o máis importante grupo radiofónico dos anos 30 que, trala guerra civil, se convertería na Cadena SER.

O grupo SER dispoñía, a data de 19 de febreiro de 2005 de 247 emisoras en propiedade, (93 delas obtidas por absorción de Antena 3 Radio), máis outras 194 emisoras adheridas. Superan con moito as, por exemplo, 161 emisoras propias e mais 38 adheridas da COPE, as 155 propias e 41 adheridas de Onda Cero, as 68 de Kiss FM ou as 50 de Vocento.

A SER en Galicia

[editar | editar a fonte]

En Galicia, a canle conta coas seguintes emisoras:

A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra

Audiencias

[editar | editar a fonte]

Segundo os datos do EGM, a Cadena SER é líder de audiencia entre as grandes canles españolas en practicamente todas as franxas horarias.

Profesionais

[editar | editar a fonte]

Entre os xornalistas que forman parte da canle atópanse Carles Francino, Gemma Nierga, Àngels Barceló, Montserrat Domínguez, Roberto Sánchez, Jesús Gallego, José Ramón de la Morena, Macarena Berlín, Javier Casal, José Antonio Marcos, Pedro Blanco, Alberto Granados, Iker Jiménez, Manolo Molés ou Jesús Cintora.

Polos seus micrófonos teñen pasado tamén profesionais famosos como Iñaki Gabilondo, Fernando Delgado, Mara Torres, Mamen Mendizábal, Joaquín Prat, José María García o Bobby Deglané.

Programas e presentadores

[editar | editar a fonte]

* Estes programas inclúen boletíns horarios informativos ou retransmisións deportivas en desconexión local ou rexional.

# A programación en catalán só emite na rede FM de Cataluña e Andorra (nas emisoras catalás de OM emítese a programación en castelán), e na TDT comarcal de Cornellá como servizo adicional.

Organigrama

[editar | editar a fonte]
  • Presidente de PRISA Radio: Manuel Mirat
  • Conselleiro Delegado de PRISA Radio: Pedro García Guillén
  • Director Xeral de PRISA Radio e Director da Cadena SER: Daniel Gavela
  • Director Xeral de Xestión do Negocio de Radio de PRISA en España: Ignacio Soto
  • Director Organización e Sistemas (TI): Julio Collado Arranz
  • Director de Antena: Lluís Rodríguez Pi
  • Director Xeral Dixital de CadenaSER.com: Nacho Rojo
  • Directora de Comunicación: Susana Sánchez Riu
  • Director de Márketing: Juan Pablo Álvarez
  • Director Comercial Rede de Emisoras: Carlos P. González de Canales
  • Director de Servizos Informativos: Daniel Anido
    • Redactores Xefe Servizos Informativos: Pedro Jiménez e Miguel Ángel Muñoz Encinas
    • Xefa de informativos fin de semana: Esther Bazán
      • Xefa de Nacional e Política: Sonia Sánchez
        • Xefe de Tribunales: Javier Álvarez
        • Xefa de Interior: Ana Terradillos
      • Xefe de Internacional: Rafael Panadero
      • Xefa de Economía e Tecnoloxía: Nieves Goicoechea
      • Xefa de Sociedade: Mariola Lourido
        • Xefa de Cultura: Pepa Blanes
  • Directora de Deportes: Laura Martínez

Logotipos da Cadena SER

[editar | editar a fonte]

A Cadena SER empezou a ter logotipo en 1955, o cal consistía nas siglas "SER" metidas nun conxunto de circunferencias concéntricas inclinadas cara á dereita, simulando as ondas de radio. En 1977, a SER adopta un logotipo similar ao anterior pero coas siglas SER nunha fonte realizada en exclusiva e dobrada (é dicir, as siglas aparecían como concéntricas). Cando o Grupo Prisa adquiriu a SER en 1983, as siglas triplicáronse, ao estilo da CNN. En 1992 introduciuse nun rectángulo azul escuro coas palabras "CADENA" encima das siglas, coloreadas en amarelo. En 2007 adóptase o logotipo actual, cunhas tonalidades máis suaves, unha fote máis suavizada e as siglas "SER" sen estar dobradas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]