Saltar ao contido

Lista de condes de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miniatura medieval procedente do Tombo A da Catedral de Santiago de Compostela onde se representa a Ordoño II xa como rei.

Conde de Galiza foi un título que se empregou no Reino de Galiza durante a Idade Media, desde o século IX até o XIII. Usado en diferentes circunstancias e mediante diversas fórmulas, tivo significados mutábeis, podendo facer referencia, nunha primeira etapa, a grandes magnates que eran lugartenentes do rei[1][2] ou, máis serodiamente, á cabeza visíbel da nobreza galega.[3]

Séculos IX-XI

[editar | editar a fonte]

Após a finalización do longo reinado de Afonso II no ano 842, a converxencia de intereses entre a aristocracia galega e Ramiro I, a cal lle permitira depor a Nepociano polas armas e acceder ao trono,[4] fixo que a relación entre os magnates e os reis fose un pouco máis lonxe mediante a adquisición por parte dos aristócratas da condición de funcionarios reais. Deste xeito, os magnates, que eran os que rexían nos seus propios dominios, comezaron a se denominar condes (comites), unha titulación que supuña unha elevada posición social e outorgaba un carácter non-rexio.[5] Non era nesta altura un título nobiliario; senón a expresión do cargo de xefe militar ao mando de exércitos propios.[6] Segundo a serie recompilada en 1795 por Juan Francisco Masdeu,[7] o primeiro coñecido sería o conde Pedro, mencionado na Crónica Albeldense facendo fronte a un ataque normando so o reinado de Ordoño I (850-866)[a] e identificado por algúns autores con Pedro Theon.[8]

Séculos XI-XIII

[editar | editar a fonte]
Raimundo de Borgoña, conde de Galiza.

En 1073 Rodrigo Ovéquiz, conde de Lugo, rebelouse contra o rei Afonso VI e autoproclamouse conde de Galiza.[13]

Condado de Galiza

[editar | editar a fonte]

Xa contra 1087, no medio dunha rebelión liderada por Rodrigo Ovéquiz e apoiada polo bispo de Santiago, Diego Páez, cuxo obxectivo era repor o rei García II e casalo cunha filla de Guillerme o Conquistador, Afonso VI creou o condado de Galiza e cedeuno ó seu xenro[c] Raimundo. Adicionalmente, arredor da súa figura creouse unha estrutura administrativa propia dun monarca (con chanceler, mordomo e meiriño mor propios), de xeito que atinxiu elevadísimas cotas de poder, empregando fórmulas propias da realeza e suplantando a autoridade do rei. Así, o conde borgoñón gobernou o territorio galego con total autonomía, como se fose un auténtico principado feudal[15] ou mesmo unha especie de vicerreinado.[16] Os seus dominios como conde de Galiza chegaban até Zamora e Salamanca, onde exercía igualmente a súa autoridade.[17]

Coa morte de Raimundo, o seu principal valedor e cabeza da nobreza galega, Pedro Froilaz de Trava, converteuse no seu sucesor.[20]

Ademais da predominante Casa de Trava, os descendentes do conde Vela Ovéquiz (†1085), irmán de Rodrigo Ovéquiz,[b] que son coñecidos como os Vela,[25] tamén se denominaron condes de Galiza.

Outros magnates tamén aparecen nalgún momento como condes de Galiza.

Século XIV

[editar | editar a fonte]

Após a morte de Rodrigo Gómez sen sucesión, a nobreza galega ficou sen unha cabeza visíbel. Pedro Fernández de Castro, señor da casa de Lemos, que foi pertegueiro mor de Santiago, encomendeiro do bispado de Lugo e adiantado mor de Galiza, entre outros, é considerado o sucesor por mor das altas cotas de poder que atinxiu, malia que nunca empregou o título de conde de Galiza.[32] O seu fillo, que ademais foi conde de Lemos, Trastámara e Sarria, seguiu encabezando o poder político galego.[33]

  1. «60. […] Eius tempore Lordomani iterum uenientes in Gallicie maritimis a Petro comite interfecti sunt». Chronicon Albeldense.
  2. 2,0 2,1 Os irmáns Rodrigo Ovéquiz e Vela Ovéquiz tamén se denominan nun documento de 1082 Duo comites magni.[14]
  3. 3,0 3,1 Probabelmente xa en 1087, Urraca (duns 8 anos de idade) casase con Raimundo de Borgoña, dado que este aparece case inmediatamente como xenro de Afonso VI.[19]
  4. Aparece xa desde 1153, en vida de seu pai, como sucesor e conde de Galiza.[22]
  5. Estaba casado coa condesa Sancha Fernández, filla de Fernán Pérez de Traba e Tareixa de Portugal.
  6. Sobriño de Rodrigo e Vela Ovéquiz, foi parte da curia de Raimundo de Borgoña.
  7. Era fillo de Froila Díaz, quen pertencera á curia de Raimundo de Borgoña, polo que non é irmán de Pedro Froilaz de Trava.
Referencias
  1. Baliñas Pérez 2009, p. 50.
  2. 2,0 2,1 Baliñas Pérez, Carlos (2014). "A flumine mineo usque in tagum: os camiños diverxentes de Galicia e Portugal na Alta Idade Media (700-1100)". Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa (PDF). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. pp. 27–54, en 44. ISBN 978-84-92923-60-1. Ducis in Gallecie Velasco Almenize et Menendus Nuniz 
  3. Pardo de Guevara 2000, p. 137.
  4. Baliñas Pérez 2009, pp. 43, 48.
  5. Abaitua, Joseba (29 de outubro de 2014). "Escalona (2004). ‘La invención de Alfonso I de Asturias’". Trifinium (en castelán). 
  6. Baliñas Pérez 2009, p. 52.
  7. Masdeu, Juan Francisco (1795). "Número, época y orden de los Condes de Galicia hasta entrado el siglo XII". Historia critica de España, y de la cultura española (en castelán) XV. Madrid. pp. 168–175. 
  8. Sánchez Pardo, José Carlos (2010). "Los ataques vikingos y su influencia en la Galicia de los siglos IX-XI" (PDF). Anuario Brigantino (en castelán) (Betanzos) (33): 57–86, en 65. ISSN 1130-7625. 
  9. López Teixeira, Xosé Antonio (2003). Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910). Trivium. Toxosoutos. p. 113. ISBN 84-95622-78-5. Froilane Gallicie comite 
  10. Baliñas Pérez 2009, pp. 49-50.
  11. Baliñas Pérez 2009, p. 51. “Flacidius … comes Galleciae
  12. Lamigueiro, José Luis. "Genealogía del linaje Betótiz, s. X - XI". Xenealoxías do Ortegal (en castelán). Consultado o 20-11-2020. dux Gallecie 
  13. Salazar Acha 1985, p. 43. “comes Galletiae
  14. Salazar Acha 1985, p. 43.
  15. Barón Faraldo 2011, pp. 531-538. “Baixo fórmulas como comes, consul, senior, dominus, princeps ou imperator
  16. Rodríguez Sánchez, Francisco (2022). Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza (a segunda metade do século XIV). Tomo I: A relevancia do reino galego medieval. AS-PG. p. 58. ISBN 978-84-949659-4-4. 
  17. López Carreira, Anselmo (2005). O reino medieval de Galicia. A Nosa Terra. pp. 350–352. ISBN 84-96403-54-8. 
  18. Lamigueiro, José Luis, "Condado de Galicia no Reinado de Afonso VI (1065-1109)", Xenealoxías do Ortegal, arquivado dende o orixinal o 11-10-2020, consultado o 31-08-2018 .
  19. Reilly, Bernard F. (1982). The Kingdom of León-Castilla under Queen Urraca (PDF) (en inglés). Princeton University Press. p. 5. ISBN 978-0691053448. 
  20. Barón Faraldo 2011, pp. 548, 557. “comes Petrus in Gallecia”, “Gallecie comes, principis Gallecie ou imperante orbem Gallecie”, “tamén cualificado en ocasións como consul ou dux
  21. Pallares, M.ª del Carmen (1993). "Aristocracia y sistema de parentesco en la Galicia de los siglos centrales de la Edad Media: el grupo de los Traba". Hispania. 185 53. pp. 823–840, en 834. Comes Rudericus Petriz Gallecie 
  22. López Sangil, José Luis. "Gonzalo Fernández de Traba". Real Academia de la Historia. Consultado o 15/08/2018. 
  23. López Sangil, José Luis. "Fernando González de Traba". Real Academia de la Historia. Consultado o 06/09/2018. 
  24. 24,0 24,1 Lamigueiro, José Luis, "Condado de Galicia no Reinado de Fernando II (1157-1188)", Xenealoxías do Ortegal, consultado o 06-09-2018 .
  25. Salazar Acha 1985, p. 19.
  26. Salazar Acha 1985, p. 53. “Durante moitos anos ha aparecer na documentación de Galiza como «comes Galletiae»”
  27. Salazar Acha 1985, p. 54. “Alvarus Roderici Galletiae ou comes Alvarus
  28. Salazar Acha 1985, p. 55. “comes Rodericus Galletiae
  29. Barón Faraldo 2011, p. 559. “consul Gallecie
  30. Pérez Rodríguez, Estrella (2013). "Léxico político latino del reino de León (s. VIII-1230): consul y proconsul" (PDF). Bulletin du Cange: Archivum Latinitatis Medii Aevi (Union académique internationale) 71: 151–164, en 154. ISBN 978-2-87043-011-8. ISSN 1376-7453. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de novembro de 2020. Consultado o 24 de novembro de 2020. Suarius Veremudiz consul Gallecie”, “Los paralelos son muchos y suficientemente evidentes para poder afirmar con seguridad que consul designa la dignidad nobiliaria de «conde»”
  31. Lamigueiro, José Luis. "Condado de Galicia no Reinado de Urraca I (1109-1126), Alfonso VII (1111 - 1157)". Xenealoxías do Ortegal. Consultado o 15/08/2018. c[omit]e domno Ramiro in Gallecia .
  32. Pardo de Guevara 2000, pp. 137, 144.
  33. Pardo de Guevara 2000, pp. 182, 185.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]