Saltar ao contido

Rodrigo Ovéquiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRodrigo Ovéquiz
Biografía
Nacementoséculo XI Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XII Editar o valor en Wikidata
Conde de Galicia
Conde de Lugo
Conde Magno
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Ideoloxía políticaGarcía II de Galicia Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
PaisOveco Bermúdez Editar o valor en Wikidata  e Elvira Suárez Editar o valor en Wikidata
IrmánsVela Ovéquiz
Bermudo Ovéquiz Editar o valor en Wikidata

Rodrigo Ovéquiz [1][2][3][4][5][6][7] (ás veces escrito Rodrigo Ovéquez[8] e mesmo Rodrigo Ováquiz[9]), conde de Lugo e autoproclamado conde de Galiza[10], foi un importante persoeiro na Galiza do século XI, na que foi líder da nobreza local e sostén do rei García II de Galicia. Fillo de Oveco Bermúdez e Elvira Suárez[11], sublevouse co seu pai e co bispo de Santiago de Compostela, Diego Peláez, contra Afonso VI de León. A revolta fracasou e o monarca confiscoulle os bens e desterrouno. Casou con Toda González.[12]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Afonso VI de León. Rodrigo Ovéquiz sublevouse contra el.
Expansión das áreas baixo o dominio de Guillerme I o Conquistador entre 1072 e 1087.

Foi neto de Bermudo Vélaz e fillo do conde Oveco Bermúdez [13] e de Elvira Suárez e irmán de Bermudo Ovéquiz e Vela Ovéquiz. Conde polo menos desde 1063.[10] En 1073 rebélase, xunto cos seus irmáns, contra o rei Afonso VI, que apresara, había pouco, o seu irmán o rei García. En 1075 autoproclámase comes Galletiae (conde de Galiza).[10][a] Xunto con Diego Peláez, bispo de Santiago de Compostela lidera unha revolta contra o rei Afonso VI de León en 1085, a última das grandes (e entón frecuentes) revoltas da nobreza galega, segundo algúns historiadores para ofrecerlle a coroa do reino de Galiza a Guillerme o Conquistador, rei de Inglaterra.[1][14]

Pois os seus inimigos [de Diego Peláez], movidos polos celos da envexa, dixeron que tentaba entregar o reino de Galiza ó rei dos ingleses e normandos e tirarllo ó rei dos hispanos. Se isto, divulgado por tódolos lugares, foi certo ou non, non é agora o noso asunto.
Historia Compostelá (séc. XII) [15]

Segundo outros, o obxectivo sería liberar o rei García e casalo cunha filla de Guillerme o Conquistador.[16][17][18]

Sexa como for, Ovéquiz asaltou Lugo, asasinou a Ordoño, meiriño do rei,[5] e ocupou o castelo nos arredores da cidade e mesmo chegou a se facer con gran parte de Galiza.[2] A rebelión dos Ovéquiz é un dos máis importantes acontecementos políticos do reinado de Afonso VI que se producen en Galiza. Parece que o enfrontamento destes magnates co bispado de Lugo é o fenómeno que desencadea a guerra.[6][b] Tras seren derrotados, o conde e os seus seguidores foron desterrados a Zaragoza, baixo a protección do rei mouro Mostain,[5] ou Almostain, de onde volveron para unha nova sublevación.[2] A rebelión foi finalmente sufocada en 1088 e Rodrigo enviado ao exilio e os seus bens adxudicados á catedral de Lugo. Consérvase un documento de 1089 no que Rodrigo Ovéquiz fai unha importante doazón ao bispo Amor. O documento pode ser considerado como unha agnitio in veritate, ou declaración de culpabilidade, de Rodrigo, quen entrega, suponse, tódalas propiedades en litixio á .[6] En 1090 reaparece en Galiza doando varias posesións á igrexa de Lugo.[20]

A Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela (t. III) é unha das principais fontes para o estudo da figura de Rodrigo Ovéquiz.

Coa súa rebelión, levou a que o rei Afonso VI decidise repartir o territorio de Galiza entre súas dúas fillas e xenros: a Urraca e Raimundo de Borgoña deulles as terras ao norte do río Miño) e a Teresa e Henrique de Borgoña as terras ao sur do Miño, que se fixeron independentes 50 anos despois, creando o Reino de Portugal.[21]

  1. Xunto co seu irmán Vela Ovéquiz tamén se han denominar nun documento de 1082 Duo comites magni.[10]
  2. En 1078, Rodrigo e o seu irmán Vela Ovéquiz preitearon contra o bispo de Lugo, Vistrario, cun resultado desfavorábel: tiveron que renunciar á posesión de bastantes herdades lucenses, sendo acusados de se apropiar delas durante o reinado de García.[19]
Referencias
  1. 1,0 1,1 López Carreira, A. (2013). Historia de Galicia Arquivado 09 de agosto de 2016 en Wayback Machine., p. 132: "No ano 1087 o conde Rodrigo Ovéquiz e o bispo Diego Páez pretendían entronizar en Galiza a Guillerme o Conquistador, rei normando de Inglaterra, en contra de Afonso VI.
  2. 2,0 2,1 2,2 López Ferreiro 1995, p. 156.
  3. "Rodrigo Ovéquiz". Enciclopedia Galega Universal 14. Ir Indo. 1999-2002. p. 497. ISBN 84-7680-288-9. 
  4. "Rodrigo Ovéquiz". Diccionario enciclopédico galego universal 53. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 64. ISBN 84-7680-429-6. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Martínez Risco, Vicente (1971) [1952]. Historia de Galicia. p. 84. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Isla Frez, A (1992). La sociedad Gallega en la alta Edad Media. 
  7. Breve Historia de Galicia (cómic), p. 26, 1984, José Antonio Parrilla García, Caixa Galicia, ISBN 84-85620-08-9.
  8. Tejada, Francisco E. de (1966) El Reino de Galicia hasta 1700, p. 56, Galaxia (en castelán).
  9. González López, E. (1980), Historia de Galicia, p. 71, 1980, La Voz de Galicia, ISBN 8485287223 (en castelán).
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 Estudios genealógicos y heráldicos, Volumen 1 (en castelán). 1985. p. 43. 
  11. López Ferreiro 1995, p. 155.
  12. Fernández de Viana, José Ignacio (2009). Colección diplomática do mosteiro de San Pedro de Vilanova de Dozón (PDF). CCG. p. 22. ISBN 978-84-96530-95-9. 
  13. "Oveco Bermúdez". Diccionario enciclopédico galego universal 46. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 114. ISBN 84-7680-429-6. 
  14. González López, Emilio (1978). Grandeza e decadencia do reino de Galicia. Galaxia. p. 177. O Rei de Castela [Afonso VI] alegóu contra o bispo de Iria (Compostela) o crime de que tratara de entregar o reino de Galicia a Guillermo o Conquistador. 
  15. Falque Rey, Emma (1994) [séc. XII]. Historia compostelana (en castelán). Akal. p. 299. 
  16. Reilly, Bernard F. (1988). The Kingdom of León-Castilla under King Alfonso VI, 1065-1109 (PDF) (en inglés). Princeton University Press. p. 6. ISBN 0691055157. 
  17. González López, Emilio (1978). Grandeza e decadencia do reino de Galicia. Galaxia. p. 176. 
  18. Armesto, Victoria (1969). Galicia feudal. Galaxia. p. 143. 
  19. Gambra Gutierrez 2010, p. 272.
  20. Pardo de Guevara, Eduardo. "Rodrigo Ovéquiz". Real Academia de la Historia. Consultado o 03-09-2018. 
  21. Calleja Puerta, Miguel. "Nacimiento de la frontera: El destierro portugués del conde asturiano Gonzalo Peláez" (en castelán). Revista da Faculdade de Letras. História, s. II, v. 15, nº 1. 1998. p 213-227. UP.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Rodrigo Ovéquiz


Aristocracia galega
Precedido por
?


Conde de Galiza
1075–1088
Sucedido  por
Raimundo de Borgoña

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]