Saltar ao contido

Arturo Vázquez Núñez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaArturo Vázquez Núñez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de novembro de 1852 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de marzo de 1907 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoria e arqueoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmestre, cronista, xornalista, escritor, funcionario, autor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Sinatura Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1399802 BUSC: vazquez-nunez-arturo-1852-1907

Arturo Vázquez Núñez, nado en Ourense o 15 de novembro de 1852 e finado na mesma cidade o 2 de marzo de 1907, foi un polígrafo ourensán especialista en Historia e Arqueoloxía.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Medicina en Santiago de Compostela aínda que abandonou en 1871. Ao ano seguinte pasou a traballar como oficial no Ministerio de Graza e Xustiza sendo ministro o galego Montero Ríos. De volta en Ourense en 1887 incorpórase ao claustro do Instituto como profesor de francés ata 1891.

Pertenceu á xeración de Valentín Lamas Carvajal (nacido en 1849) e Manuel Curros Enríquez (nacido en 1851) cos que mantivo estreita relación. Formou parte do faladoiro do Museo de Ourense xunto a Benito Fernández Alonso, Marcelo Macías, Manuel Martínez Sueiro e outros.

Publicou a maioría dos seus traballos de investigación no Boletín da Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Ourense. Tivo unha grande influencia na formación intelectual dos membros máis destacados da Xeración Nós, pois sendo un destacado bibliófilo, puxo a súa extensa biblioteca da rúa de San Fernando (hoxe Irmáns Villar) á disposición dos estudosos da cidade.

Tamén escribiu para xornais como O Tío Marcos da Portela e El Heraldo Gallego fundados por Valentín Lamas Carvajal en 1874 e 1876 respectivamente. Foi cronista da cidade de Ourense (1893-1907)[1] e mesmo tenente de alcalde, académico correspondente da Real Academia da Historia, socio de mérito da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, ademais de membro fundador da Real Academia Galega.

  • Gramática francesa elemental (1891)
  • La Arquitectura cristiana en la provincia de Orense durante el período medieval (1894)
  • La ex-colegiata de Junquera de Ambía (Boletín da Comisión Provincial de Monumentos, 1900)
  • Un sarcófago cristiano del siglo V (Boletín de la Real Academia de la Historia, 1903)
  • Iglesias románicas de la provincia de Orense (Boletín de la Real Academia de la Historia, 1907)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
-
 Cronista de Ourense 
1893 - 1907
Sucesor:
Xoán Neira Cancela