Anverso

lado frontal dunha moeda ou billete

Anverso[1] (do latín anteversus, composto de ante, diante, e versus, volto) é a cara ou face que se considera principal nas moedas e medallas por levar o busto ou efixie do rei, príncipe, persoa, divisa ou alegoría. É o contrario de reverso.

Moeda de 8 reais de Carlos III de España.
Anverso de sobre tradicional.

Por extensión, tamén se chama anverso á cara principal de por exemplo un sobre ou un papel notarial numerado, etc.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Anverso.

Véxase tamén

editar