Saltar ao contido

Teatro Principal de Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teatro Principal
Fachada principal na rúa Paio Gómez Chariño
Edificio
TipoTeatro
EstiloNeoclásico
EnderezoRúa Paio Gómez Chariño, 6
LocalizaciónPontevedra
Coordenadas42°25′57″N 8°38′47″O / 42.432433, -8.6462578333333
PropietarioConcello de Pontevedra
Construción
Inicio1864
Construción1878
Remate1878
Remodelación1987
Dimensións
Plantas3 (planta baixa, 2 andares)
Equipo
Arquitecto(s)Faustino Flores (1878)
José Miyer Caridad (reconstrución 1987)
editar datos en Wikidata ]

O Teatro Principal de Pontevedra é un centro de representación escénica localizado no casco antigo de Pontevedra.

Localización

[editar | editar a fonte]

O Teatro Principal está situado no mesmo bloque que o Liceo Casino, sendo lindeiro con este. A súa fachada principal dá á rúa Paio Gómez Chariño e as súas fachadas laterais ás rúas Don Filiberto e Duque de Tetuán.

O soar onde está desde o século XIX o Teatro Principal estivo ocupado pola igrexa de San Bartolomeu o Vello até mediados do século XIX. Esta construción, de finais da Idade Media, xa estaba en mal estado a finais do século XVIII. En 1769 propúxose o seu derrubamento, ao que se opuxo o padre Frei Martín Sarmiento, derrubamento levado a cabo finalmente en 1844.[1][2]

Logo de varios anos como praza aberta (a praza de Tetuán), en 1864 construíuse un Liceo Casino (obra de Domingo Lareu) e o Teatro Principal (obra de Faustino Flores), que pertencía ao Liceo Casino[3] e que foi inaugurado o 2 de agosto de 1878.[4] O teatro era de uso exclusivo dos socios do Liceo Casino e, de feito, a entrada ao teatro facíase pola fachada principal do Liceo Casino.[5] O teatro inaugurouse coa compañía de Miguel Cepillo, que interpretou O escravo da súa culpa de Juan Antonio Cavestany.[6]

Manuel Becerra comprou o edificio nunha poxa xudicial en 1892.[7] Este edificio acolleu en abril de 1897 a primeira proxección cinematográfica de Pontevedra[8], e en decembro de 1900 a primeira audición de fonógrafo con bucina.[6] O teatro acolleu concertos de artistas de renome como o violinista Manuel Quiroga Losada e o pianista Arthur Rubinstein.[5] En 1942 o teatro pasou a ser propiedade de Dolores Vázquez.[7] A mediados do século XX o teatro funcionaba case exclusivamente como cinema.

O 14 de abril de 1980 un incendio destruíu os dous edificios, aínda que os muros e as paredes mestras seguiron en pé.[9] O 22 de agosto de 1983 o concello adquiriu as ruínas do teatro, e o 9 de xaneiro de 1984 convocouse un concurso público para a súa reconstrución.[10]

O edificio actual, inaugurado o 3 de xaneiro de 1987, é obra do arquitecto José Miyer Caridad, que gañou o concurso de anteproxecto.[11]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A fachada do teatro é neoclásica. Ten ventás e portas simétricas con marcos de granito, e as do primeiro piso teñen tornachoivas.[12] A entrada principal termina nun frontón cun arco oco no seu interior. En xullo de 2015 restaurouse a fachada do teatro cos muros de pedra branca cos que se deseñou o edificio no século XIX.[13]

O teatro distribúese en cinco andares e dous sotos, nos cales alberga dúas salas de exposicións e un auditorio cunha capacidade total de 434 persoas.[14][15] O seu escenario, que ocupa 52 metros cadrados, está dotado dunha plataforma móbil.

O espazo conta cun falso teito que contribúe a mellorar a acústica, así coma a agochar a instalación da iluminación. O seu estilo decorativo buscou combinar aspecto dos teatros do século XIX cun interior máis actual.[16]

  1. "Crónicas de San Bartolomé 'O Vello'". Diario de Pontevedra (en castelán). 7 de xaneiro de 2018. 
  2. "Hallan restos de la iglesia de San Bartolomé el Viejo bajo las ruinas del Liceo Casino". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de novembro de 2018. 
  3. "La sociedad más antigua de Pontevedra". Diario de Pontevedra (en castelán). 13 de setembro de 2018. 
  4. "En el Teatro Principal podrán entrar todos menos el agua". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de xuño de 2015. 
  5. 5,0 5,1 "Una solución práctica de la arquitectura tradicional". Faro (en castelán). 27 de xuño de 2015. 
  6. 6,0 6,1 Nieto, Remigio, 1980, Guía Monumental ilustrada de Pontevedra, Pontevedra, Asociación de Comerciantes de la calle Manuel Quiroga, p. 28.
  7. 7,0 7,1 "El Teatro Principal, una propiedad muy codiciada". Faro (en castelán). 6 de decembro de 2020. 
  8. López Piñeiro, C. A. (1998). O nacemento dunha cidade. A implantación do cine en Pontevedra. Deputación de Pontevedra. p. 12-14. 
  9. "El Concello compra las ruinas del Teatro Principal". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de xullo de 2017. 
  10. "El arquitecto Miyar Caridad diseña el nuevo Teatro Principal". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de xullo de 2018. 
  11. "El fuego que revolucionó la cultura local". Diario de Pontevedra (en castelán). 15 de abril de 2021. 
  12. Fontoira Surís, Rafael, 2009, Pontevedra Monumental, Pontevedra, Deputación de Pontevedra, p. 412.
  13. "El Teatro Principal estrena imagen". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de xullo de 2015. 
  14. "¿Cuáles son los teatros más importantes de España?". Europa Press (en castelán). 14 de novembro de 2016. 
  15. "Pontevedra retomará a programación cultural o 25 de maio con aforamentos reducidos". Diario de Pontevedra. 3 de maio de 2020. 
  16. "El Teatro Principal de Pontevedra en el cupón de la ONCE". ONCE (en castelán). 13 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Pontevedra recupera su Teatro Principal Pontevedra: Concello de Pontevedra, 1985.
  • Fontoira Surís, Rafael (2009): Pontevedra monumental. Pontevedra: Deputación de Pontevedra. p. 412. ISBN 8484573273.
  • Nieto, Remigio (1980) : Guía monumental ilustrada de Pontevedra. Pontevedra: Asociación de Comerciantes de la Calle Manuel Quiroga, Pontevedra. p. 28.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]