Ponte de Ponte Sampaio
Ponte de Ponte Sampaio | |
---|---|
Localización | |
Coordenadas | 42°20′45″N 8°36′24″O / 42.345833333333, -8.6066666666667 |
Río | Río Verdugo |
Concello | entre Pontevedra e Soutomaior |
Provincia | Pontevedra |
Características | |
Construción | século X - século XVIII |
Lonxitude | 144 m |
Ancho | 10 m |
Tipo | Ponte en arco |
Material | pedra |
A ponte de Ponte Sampaio é unha ponte medieval que cruza o río Verdugo localizada entre a parroquia de Ponte Sampaio no concello de Pontevedra e a parroquia de Arcade no concello de Soutomaior.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]A ponte está construída sobre unha cimentación romana.[2] As primeiras referencias a esta ponte datan dos séculos X-XI,[3] cando se chamaba "Ponti Sancti Pelagli de Lutto" (Ponte de San Paio de Lodo) e era propiedade dos condes de Borgoña.[4] A mítica fortaleza de San Paio de Lodo estaba situada preto desta ponte, o lugar onde loitaron os exércitos de Doña Urraca e o arcebispo Xelmírez. En 997, Almanzor cruzouna destruíndo a fortaleza que a defendía.[5] Calquera que quixera cruzar o río pola ponte tiña que pagar unha peaxe, pero grazas ao arcebispo compostelán Diego Xelmírez isto rematou no século XII.
A ponte foi testemuña da batalla de Ponte Sampaio contra a invasión francesa, que tivo lugar os días 7 e 8 de xuño de 1809 con intenso lume de canón a ambas as beiras do río Verdugo e na que se derrotou aos franceses.[6][7]
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha ponte de pedra de 144 metros de lonxitude[3] e dez metros de ancho. Conta con dez arcos apuntados de media punta entre os que se sitúan grandes tallamares. Ten un peitoril de pedra[8] e presenta profundas modificacións e reconstrucións levadas a cabo nos séculos XVI e XVIII.[4]
A ponte forma parte da estrada PO-264 e pertence á rede de estradas da Xunta de Galicia.[1] Pola ponte pasa o camiño Portugués de peregrinación a Santiago de Compostela.[3]
Cultura
[editar | editar a fonte]Na praza de España da cidade de Pontevedra atópase o monumento aos heroes de Ponte Sampaio. A construción central de granito simboliza un dos piares da ponte de Ponte Sampaio, onde tivo lugar a maior parte da batalla de 1809.[6]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Un puente con varios «dueños» que se limpia por partes". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de xullo de 2015.
- ↑ "El PSOE exige la «restauración inmediata» del puente medieval de Ponte Sampaio". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de outubro de 2015.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Reclaman un plan integral para el puente de Ponte Sampaio". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de xullo de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 Riveiro Tobío 2008.
- ↑ "Un anecdotario para Redondela". Faro (en castelán). 23 de xaneiro de 2022.
- ↑ 6,0 6,1 "La batalla del puente Sampayo, cuando España aplastó a Napoleón en Galicia". ABC (en castelán). 3 de xuño de 2014.
- ↑ "La batalla de Ponte Sampaio". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de xuño de 2017.
- ↑ "La Xunta reparará el puente medieval de Ponte Sampaio". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de febreiro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ponte de Ponte Sampaio |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Riveiro Tobío, Elvira (2008). Descubrir Pontevedra (en castelán). Pontevedra: Edicións do Cumio. p. 88-89. ISBN 978-8482890852.