Saltar ao contido

Recaredo I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRecaredo I

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Flavius Reccaredus, Recaredus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento559 Editar o valor en Wikidata
Sevilla, España Editar o valor en Wikidata
Morte21 de decembro de 601 Editar o valor en Wikidata (41/42 anos)
Toledo, España Editar o valor en Wikidata
Rei dos visigodos
586 – 601
← LeovixildoLiuva II → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoNobreza e historia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei dos visigodos Editar o valor en Wikidata
CónxuxeBadon . Baddo Regina Editar o valor en Wikidata
FillosLiuva II Editar o valor en Wikidata
PaiLeovixildo Editar o valor en Wikidata
IrmánsSão Hermenegildo Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie (pt) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Meyers Konversations-Lexikon, 4th edition (1885–1890) (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX843721 WikiTree: Balthes-7
Conversión de Recaredo I.

Recaredo I foi rei dos visigodos e dos suevos[1], fillo e sucesor de Leovixildo, reinou desde o 586 ao 601, ano da súa morte en Toledo. Irmán de Hermenexildo, foi asociado ao trono polo seu pai, o que levantou as protestas dos nobres visigodos, que viron nesta acción o intento de institucionalizar o herditarismo na monarquía visigoda caracterizada precisamente polo seu carácter electivo.

Casou por dúas veces: a súa primeira esposa chamábase Bauda (tamén aparece en escritos como Baddo) e a súa segunda esposa foi Clodosvinda, filla de Sixeberto I rei de Austrasia, con quen tivo ao futuro rei visigodo Suintila.

Combateu aos francos, aos bizantinos da Bética e aos vascóns, e houbo de sufocar varias revoltas dos nobres visigodos.

O feito máis destacado do seu reinado produciuse no 589, cando convocou o Terceiro Concilio de Toledo no que, xunto con varios nobres e dignatarios eclesiásticos, anatemizou dos erros do arianismo e converteuse ao catolicismo co seu pobo, tan só se produciu algunha revolta illada que foi facilmente sufocada.


Predecesor:
Leovixildo
 Rei dos visigodos 
586-601
Sucesor:
Liuva II

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  1. Collectio canonum ecclesiae Hispanae. ex probatissimis ac pervetustis codicibus. 1808. p. 159. Regi Gothorum atque Suevorum