Raposo común
Raposo Rango fósil: Plistoceno medio ata o presente | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Raposo europeo (V. v. crucigera), Surrey | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Vulpes vulpes (Linnaeus, 1758)[2] | |||||||||||||||||
Distribución en Galicia
| |||||||||||||||||
Distribución do raposo no mundo
nativo introducido presenza incerta | |||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
O raposo común[3] (Vulpes vulpes), tamén coñecido simplemente como raposo, raposa ou golpe[4] nalgunhas zonas ó norte de Galicia, é a meirande especie de raposo e un dos membros máis espallados no mundo da orde dos carnívoros, estando presente en todo o hemisferio norte dende o círculo polar ártico até o norte de África, América do Norte e Eurasia. Está clasificada como unha especie pouco preocupante pola IUCN.[1] A súa área de distribución medrou paralelamente coa expansión humana, sendo introducido en Australia, onde é considerado prexudicial para os mamíferos nativos e as poboacións de aves. Por mor da súa presenza en Australia, está incluído na lista das 100 especies invasoras máis daniñas do mundo.[5]
O raposo común provén de devanceiros máis pequenos de Eurasia durante o período Villafranchiense medio,[6] e colonizou América do Norte pouco despois da glaciación de Wisconsin.[7] Entre tódolos raposos, o raposo común representa a forma máis evolucionada en termos de alimentación carnívora.[8] Ademais do seu tamaño maior, o raposo común diferénciase doutras especies de raposo pola súa grande habilidade de adaptarse a novos ambientes. Malia que tamén é coñecido como raposo vermello, a especie a miúdo produce individuos con outras cores, incluíndo exemplares con leucismo e melanismo.[8] No presente están recoñecidas corenta e cinco subespecies,[9] que están divididas en dúas categorías: os meirandes raposos do norte, e os máis cativos, os raposos basais de Asia e o norte de África.[8]
Os raposos adoitan estar xuntos en parellas ou pequenos grupos formados por familias, como dous pais adultos e as súas crías, ou un macho con varias femias con relacións de parentesco. As crías permanecen a carón dos seus pais para axudarlles a coidar novas crías.[10] Aliméntanse principalmente de pequenos roedores, malia que tamén poden cazar coellos, galináceas, réptiles, invertebrados[8] e crías de ungulados.[8] En ocasións tamén comen froitas e vexetais.[11] Malia que o raposo común adoita matar depredadores máis pequenos ca el, como outras especies de raposos, é vulnerable ó ataque de depredadores meirandes, como lobos, coiotes, chacais dourados e félidos de tamaño medio e grande.[12]
A especie ten unha longa historia de asociación cos humanos, sendo cazada extensivamente como unha praga e pola súa pelaxe durante séculos, así como a súa representación no folclore e na mitoloxía de moitas culturas. Por mor da súa ampla distribución e gran poboación, o raposo común é un dos animais máis importantes para a industria da peletaría.[13] Pequeno de máis para supoñer unha ameaza para os humanos, beneficiouse amplamente da presenza de hábitats humanos, e tivo moito éxito na colonización de áreas urbanas e suburbanas. A domesticación do raposo común está en proceso en Rusia, e deu como resultado o raposo doméstico.
Terminoloxía
[editar | editar a fonte]A palabra "raposo" ou "raposa" provén de rabo. Moitas linguas tamén fan referencia ó rabo para designar á especie, como o hindi pū̃ch, o tocario B päkā, e o lituano uodẽgis. O espeso rabo tamén é a base para o nome en galés, llwynog, literalmente 'mesto', que provén de llwyn 'arbusto', e para o ojibwa waagosh, que provén de waa e que se refire ó movemento de "bote" cara a arriba e cara a abaixo que fai o animal co seu rabo.
O termo científico vulpes é a forma latina para 'raposo'.[14]
Evolución
[editar | editar a fonte]O raposo común está considerada a máis especializada forma de Vulpes, por enriba dos raposos afgán, corsac e bengalí en termos de tamaño e adaptación á alimentación carnívora; o cranio amosa moitos menos trazos de neotenia ca outras especies, e a súa área facial está máis desenvolvida.[8] Porén, non está tan adaptado como o Vulpes ferrilata, ou raposo tibetano, cunha dieta puramente carnívora.[8]
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Orixe
[editar | editar a fonte]A especie ten orixe euroasiática, e puido ter evolucionado do Vulpes alopecoides ou do V. chikushanensis chinés, ámbolas dúas especies que viviron durante o período Villafranchiense medio.[6] O espécime fósil máis antigo de V. vulpes foi descuberto en Baranya, Hungría e data de hai 3,4 a 1,8 millóns de anos.[16] A especie devanceira era máis pequena que a actual, xa que os fósiles de raposos comúns son máis pequenos que as poboacións modernas.[6]:115–116 Os primeiros restos fósiles das especies modernas remóntanse ó Plistoceno medio en asociación co rexeitamento dos primeiros asentamentos humanos. Isto levou á teoría de que o raposo común foi cazado polos humanos primitivos como fonte de alimentos e peles.[17]
Colonización de América do Norte
[editar | editar a fonte]O raposo común colonizou o continente de América do Norte en dúas ondas: durante ou antes da glaciación de Illinois, e durante a glaciación de Wisconsin.[18] O mapa xenético demostra que os raposos comúns de América do Norte estiveron illados da súa contraparte eurasiática durante 400 000 anos, aumentando así as posibilidades de que se producise especiación, e de que o antigo nome binomial Vulpes fulva fose válido.[19] Na parte máis setentrional, descubríronse fósiles de raposo común en depósitos do período Sangamoniense no distrito de Fairbanks e Medicine Hat. Os fósiles que datan do período da glaciación de Wisconsin están presentes en 25 sitios de Arcansas, California, Colorado, Idaho, Missouri, Novo México, Tennessee, Texas, Virxinia e Wyoming. Aínda que chegaron moi ó sur durante o período de Wisconsin, o inicio das condicións cálidas encolleu o seu alcance cara ó norte e recentemente recuperaron os seus antigos hábitats americanos grazas a cambios ambientais inducidos polo ser humano.[7] Exames xenéticos sinalan que existen dúas poboacións refuxio en América do Norte que puideron terse separado durante o período de Wisconsin. O refuxio do norte (ou boreal) está en Alasca e o oeste do Canadá, e componse das meirandes subespecies V. v. alascensis, V. v. abietorum, V. v. regalis e V. v. rubricosa. O refuxio do sur (ou montañés) está presente nos parques subalpinos e pasteiros alpinos das montañas Rochosas, a cordilleira das Cascadas e Serra Nevada. Comprende as subespecies V. v. macroura, V. v. cascadensis e V. v. necator. Este último clado separouse de tódalas outras poboacións de raposo común dende as últimas glaciacións, e pode posuír adaptacións ecolóxicas e psicolóxicas únicas.[18]
Malia que raposos europeos foron introducidos nalgunhas partes dos Estados Unidos na década de 1900, estudos xenéticos recentes sinalan a ausencia de haplotipos de raposos europeos en tódalas poboacións de América do Norte.[20] Ademais, raposos comúns orientais foron introducidos e colonizaron California, no val de San Joaquin e na área da badía de San Francisco, e semella que puideron terse hibridado coa subespecie V. v. patwin nunha pequena zona do val de Sacramento.[21] Por outra banda, non hai evidencias de cruzamentos entre raposos vermellos orientais coa subespecie raposo de Serra Nevada V. v. necator ou con outras poboacións do oeste (entre as montañas Rochosas polo leste e a cordilleira das Cascadas e Serra Nevada polo oeste).[22]
Subespecies
[editar | editar a fonte]No ano 2005,[9] estaban recoñecidas 45 subespecies. En 2010, outra subespecie diferente foi identificada a través de estudos do haplotipo mitocondrial, V. v. patwin, que habita nos pasteiros do val de Sacramento.[23]
Sábese da mestura xenética entre diferentes subespecies; os raposos británicos cruzáronse con raposos importados de Alemaña, Francia, Bélxica, Sardeña, e posiblemente Siberia e Escandinavia.[24] Porén, os estudos xenéticos suxiren poucas diferenzas xenéticas entre as poboacións de raposos ó longo de Europa.[25][26] A falta de diversidade xenética é consistente co feito de que os raposos comúns son unha especie bastante viaxeira, podendo percorrer unha distancia de 320 km durante o período dun ano.[27]
As subespecies de raposo común en Eurasia e o norte de África están divididas en dúas categorías:[8]
- Raposos do norte, que son meirandes e de cores máis intensas.
- Raposos do deserto do sur, que inclúen as subespecies asiáticas V. v. griffithi, V. v. pusilla e V. v. flavescens. Estes raposos amosan trazos de transición entre os raposos do norte e outras especies máis pequenas de raposo; os seus cranios son máis primitivos, con máis trazos de neotenia cós do norte,[8] e son moito máis pequenos; o tamaño máximo dos raposos do sur é invariablemente menor có tamaño medio dos raposos do norte. As súas extremidades son máis longas, e as súas orellas son maiores.[8]
Os raposos comúns que viven en Oriente Medio amosan características físicas intermedias entre as categorías do norte e do sur.[8]
Subespecie | Autoridade trinomial | Descrición | Distribución | Sinónimos |
---|---|---|---|---|
Raposo común escandinavo V. v. vulpes |
Linnaeus, 1758 | Unha subespecie grande que mide 70–90 cm de longo e rolda os 5–10 kg de peso, sendo a lonxitude máxima dos cranios dos machos 163,2 mm. A pelaxe é vermella brillante cunha ondulación esbrancuxada e amarela moi desenvolvida na parte inferior do lombo.[8] | Escandinavia e os distritos setentrionais e boscosos de Europa, cara ó sur até a estepa forestal e cara ó leste até os Urais, e probablemente Europa central e occidental | alopex (Linnaeus, 1758) communis (Burnett, 1829) |
Raposo común da Columbia Británica V. v. abietorum |
Merriam, 1900 | Polo xeral semellante a V. v. alascensis, pero cun cranio máis lixeiro, esvelto e longo[28] | Interior da Columbia Británica e probablemente o sueste de Alasca, nos Estados Unidos | sitkaensis (Brass, 1911) |
Raposo do norte de Alasca V. v. alascensis |
Merriam, 1900 | Unha variedade grande, de cola longa e orellas pequenas cunha pelaxe dourada ou leonada.[28] | Andreafsky Wilderness, Alasca, USA | |
Raposo transcaucásico oriental V. v. alpherakyi |
Satunin, 1906 | Unha subespecie pequena que rolda os 4 kg, cun cranio de 132–39 mm nos machos e 121–26 mm nas femias. A pelaxe é gris enferruxada ou marrón enferruxada, cunha cor máis brillante ó longo da columna vertebral. A pelaxe é curta, grosa e escasa.[8] | Geok Tepe, Aralsk, Casaquistán | |
Raposo anatolio V. v. anatolica |
Thomas, 1920 | Izmir, rexión do Exeo, Turquía | ||
Raposo arábigo V. v. arabica |
Thomas, 1920 | Dhofar e as montañas Al Hayar, Omán | ||
Raposo do Atlas V. v. atlantica |
Wagner, 1841 | Atlas, vilaia de Mila, Alxeria | algeriensis (Loche, 1858) | |
Raposo de Labrador V. v. bangsi |
Merriam, 1900 | Semellante a V. v. fulva, pero con orellas máis pequenas e marcas negras menos pronunciadas nas orellas e patas.[28] | L'Anse au Loup, estreito de Belle Isle, Labrador, Canadá | |
Raposo de Berbería fox V. v. barbara |
Shaw, 1800 | Costa de Berbería, no noroeste de África | acaab (Cabrera, 1916) | |
Raposo de Anadyr V. v. beringiana |
Middendorff, 1875 | Unha subespecie grande, é a que ten a cor máis brillante dos raposos comúns do Vello Mundo. A pelaxe está saturada de cor avermellada brillante e case carece da ondulación brillante ó longo do lombo e dos flancos. A pelaxe é esponxosa e suave.[8] | Costa do estreito de Bering, no nordeste de Siberia | anadyrensis (J. A. Allen, 1903) beringensis (Merriam, 1902) |
Raposo das Cascadas V. v. cascadensis |
Merriam, 1900 | Un raposo de rabo curto e dentes pequenos, de cor amarelada máis ca leonada, é a forma máis común que produce variedades "cruzadas".[28] | Cordilleira das Cascadas, Washington, USA | |
Raposo norcaucásico V. v. caucasica |
Dinnik, 1914 | Unha subespecie grande, a súa capa é de cor variable, dende avermellada a vermella agrisada e case gris. A pelaxe é curta e grosa. Esta forma podería ser un híbrido produto de poboacións de V. v. stepensis e V. v. karagan.[8] | Preto de Vladikavkaz, Cáucaso, Rusia | |
Raposo común europeo V. v. crucigera |
Bechstein, 1789 | Unha subespecie de tamaño mediano, a súa pelaxe é amarelenta ou de cor marrón avermellada que carece da sombra esbrancuzada na parte superior do lombo. O rabo non é gris, como na maioría das outras subespecies.[29] Distínguese de V. v. vulpes polo seu tamaño lixeiramente menor, dentes máis cativos e premolares máis espazados. Os raposos presentes en Gran Bretaña (e tamén en Australia) son adscritos polo xeral a esta subespecie, aínda que moitas poboacións alí amosan un gran grado de compactación dental non presente nas poboacións de Europa continental.[10] | Toda Europa, agás Escandinavia, a Península Ibérica e algunhas illas do mar Mediterráneo. Foi introducido en Australia e Virxinia | alba (Borkhausen, 1797) cinera (Bechstein, 1801) |
Raposo transbaikal V. v. daurica |
Ognev, 1931 | Unha subespecie grande, a cor ó longo da súa espiña dorsal é lixeira, opaca de tons amarelado avermellado cunha ondulación branca fortemente desenvolvida e raias lonxitudinais agrisadas no lado anterior das extremidades. A pelaxe é grosa mais esponxosa.[8] | Kharangoi, 45 km ó oeste de Troizkosavsk, Siberia | ussuriensis (Dybowski, 1922) |
Raposo de Terra Nova V. v. deletrix |
Bangs, 1898 | Unha variedade moi pálida, a súa pelaxe clara e amarela palla tórnase en amarelo dourado ou brillante nalgúns lugares. O rabo carece do habitual punto basal negro. As patas traseiras e as gadoupas son moi grandes.[28] | St. George's Bay, Terra Nova, no Canadá | |
Raposo de Ussuri V. v. dolichocrania |
Ognev, 1926 | Sidemi, ó sur do río Ussuri, no sueste de Siberia | ognevi (Yudin, 1986) | |
V. v. dorsalis | J. E. Gray, 1838 | |||
Raposo turkmeno V. v. flavescens |
J. E. Gray, 1838 | Unha subespecie pequena, cun cranio infantil e unha pelaxe de cor gris en xeral, a súa lonxitude corporal é de 49–57.5 cm, e rolda os 2,2–3,2 kg de peso.[8] | Norte de Irán | cinerascens (Birula, 1913) splendens (Thomas, 1902) |
Raposo común americano V. v. fulvus |
Desmarest, 1820 | É unha subespecie máis pequena ca V. v. vulpes, cunha faciana máis pequena e afiada, unha cola máis curta e unha pelaxe máis clara profusamente mesturada co branco e coas extremidades máis escuras.[28] | Leste do Canadá e os Estados Unidos | pennsylvanicus (Rhoads, 1894) |
Raposo común afgán V. v. griffithi |
Blyth, 1854 | Lixeiramente máis pequeno ca V. vulpes montana, ten unha pelaxe máis canosa e prateada.[30]:121 | Kandahar, Afganistán | flavescens (Hutton, 1845) |
Raposo de Kodiak V. v. harrimani |
Merriam, 1900 | Esta gran subespecie ten unha cola enorme e unha pelaxe grosa de tipo lobo na cola e o baixo lombo. Os pelos no pescozo e nos ombreiros son moi alongados e forman un colariño.[28] | Illa Kodiak, Alasca, USA | |
Raposo chinés meridional V. v. hoole |
Swinhoe, 1870 | [31] | Preto de Amoy, Fukien, no sur da China | aurantioluteus (Matschie, 1907) lineiventer (Swinhoe, 1871) |
Raposo sardo V. v. ichnusae |
Miller, 1907 | Unha subespecie pequena con orellas proporcionais[29] | Sarrabus, Sardeña, Italia, puido ser introducido nas Terras Medias de Inglaterra[24]:6 | |
Raposo de Chipre V. v. indutus |
Miller, 1907 | Cabo Pyla, Chipre | ||
Raposo de Yakutsk V. v. jakutensis |
Ognev, 1923 | Esta subespecie é grande, pero máis pequena ca V. v. beringiana. O lombo, o pescozo e os ombreiros son de cor marrón enferruxada, mentres que os flancos son de cor amarela avermellada e brillante.[8] | Na taiga do sur de Yakutsk, no leste de Siberia | sibiricus (Dybowski, 1922) |
Raposo xaponés V. v. japonica |
Ognev, 1923 | Xapón | ||
Raposo de Karaganka V. v. karagan |
Erxleben, 1777 | Unha subespecie máis pequena ca V. v. vulpes. A súa pelaxe é curta, grosa e de cor gris clara amarelada ou amarela.[8] | Estepas kirguiz, Kirguizistán | ferganensis (Ognev, 1926) melanotus (Pallas, 1811) |
Raposo da península de Kenai V. v. kenaiensis |
Merriam, 1900 | Unha das meirandes subespecies de América do Norte, ten unha pelaxe máis suave ca V. v. harrimani.[28] | Península de Kenai, Alasca, USA | |
Raposo das montañas transcaucásicas V. v. kurdistanica |
Satunin, 1906 | Unha forma intermedia en tamaño entre V. v. alpheryaki e V. v. caucasica. A súa pelaxe é amarela pálida ou gris clara, ás veces marrón ou avermellada e é máis densa e suave cá das outras subespecies caucásicas.[8] | Nordeste de Turquía | alticola (Ognev, 1926) |
Raposo das montañas Wasatch V. v. macroura |
Baird, 1852 | Este raposo é semellante a V. v. fulva, mais cunha cola máis longa, patas posteriores meirandes, e unha cor negra máis extensa das extremidades.[28] | Recibe o seu nome das montañas Wasatch, preto do Gran Lago Salgado, en Utah. Habita nas montañas Rochosas dende Colorado e Utah, o oeste de Wyoming e Montana a través de Idaho até o sur de Alberta | |
Raposo de outeiro V. v. montana |
(Pearson, 1836) | Esta subespecie distínguese de V. v. vulpes polo seu menor tamaño, dentes e cranio proporcionalmente menores, e pelaxe máis grosa. Os pelos da planta do pé mesturados abondosamente con pelos máis suaves e laúdos.[30]:111 | Himalaia | alopex (Blanford, 1888) himalaicus (Ogilby, 1837) |
Raposo común de Serra Nevada V. v. necator |
Merriam, 1900 | Semellante a V. v. fulvus, ten un rabo curto, pero o seu cranio aseméllase máis a V. v. macroura[28] | Serra Nevada, California | |
Raposo do Nilo V. v. niloticus |
E. Geoffroy Saint-Hilaire, 1803 | Unha subespecie pequena, mide 76,7–105,3 cm de lonxitude, con 30,2–40,1 cm de rabo, e rolda os 1,8–3,8 kg de peso. É avermellado a gris pardo enriba e máis escuro na parte posterior do pescozo. Os flancos son máis agrisados e tinguidos cun brillo.[32] É meirande ca V. v. arabica e V. v. palaestina.[33] | Exipto | aegyptiacus (Sonnini, 1816) anubis (Hemprich e Ehrenberg, 1833) |
Raposo de Turquestán
V. v. ochroxantha |
Ognev, 1926 | Aksai, Semirechye, leste do Turquestán ruso | ||
Raposo palestino V. v. palaestina |
Thomas, 1920 | Ramleh, preto de Jaffa, Israel | ||
Raposo coreano V. v. peculiosa |
Kishida, 1924 | Nordeste da China, Corea | kiyomassai (Kishida e Mori, 1929) | |
Raposo de pés brancos V. v. pusilla |
Blyth, 1854 | Lixeiramente menor ca V. v. griffithii,[30]:123 aseméllase a V. bengalensis en tamaño, pero distínguese pola súa cola máis longa e polas patas traseiras.[30]:129 | Salt Range, Punjab, Paquistán | leucopus (Blyth, 1854) persicus (Blanford, 1875) |
Raposo das chairas do norte V. v. regalis |
Merriam, 1900 | A meirande subespecie de América do Norte, ten orellas moi grandes e longas. É de cor amarela dourada con pés negros puros.[28] | Río Elk, condado de Sherburne, Minnesota, USA | |
Raposo de Nova Escocia V. v. rubricosa |
Bangs, 1898 | Unha subespecie de gran tamaño, con cola, dentes e faciana meirandes ca V. v. fulva. É a variedade coa cor máis profunda.[28] | Condado de Digby, Nova Escocia, no Canadá | bangsi (Merriam, 1900) deletrix (Bangs, 1898) |
Raposo de Sakhalin V. v. schrencki |
Kishida, 1924 | Sakhalin, Rusia | ||
Raposo ibérico V. v. silacea |
Miller, 1907 | Malia que é de igual tamaño ca V. v. vulpes, ten dentes máis pequenos e premolares máis espazados. A pelaxe é opaca, sen matices amarelados ou avermellados. Os cuartos traseiros están tinguidos con branco e a cola é de cor gris clara.[34] | Península Ibérica | |
Raposo das illas Kuriles V. v. splendidissima |
Kishida, 1924 | Norte e centro das illas Kuriles, Rusia | ||
Raposo da estepa V. v. stepensis |
Brauner, 1914 | Esta subespecie é lixeiramente menor e de cor máis clara ca V. v. crucigera, cunha pelaxe máis curta e mesta. Os exemplares das montañas de Crimea teñen a pelaxe máis espesa, densa e brillante.[8] | Estepas preto de Khersón, Ucraína | krymeamontana (Brauner, 1914) crymensis (Brauner, 1914) |
Raposo de Tobolsk V. v. tobolica |
Ognev, 1926 | Esta gran subespecie ten unha pelaxe amarelenta enferruxada ou avermellada sucia cunha cernella ben desenvolvida e, a miúdo, unha zona negra no ventre. A pelaxe é longa e esponxosa.[8] | Obdorsk, Tobolsk, Rusia | |
Raposo chinés do norte V. v. tschiliensis |
Matschie, 1907 | Un pouco meirande ca V. v. hoole, pero ó contrario que outros raposos comúns chineses, aseméllase máis ó V. v. vulpes en tamaño.[35] | Peiping, Zhili, nordesta da China | huli (Sowerby, 1923) |
Descrición
[editar | editar a fonte]Corpo
[editar | editar a fonte]O raposo común ten un corpo alongado e membros relativamente curtos. O rabo, que é máis longo que a metade da lonxitude do corpo[8] (70% da lonxitude da cabeza e corpo),[36] é suave e chega até o chan cando o raposo está en pé. As súas pupilas son ovaladas e están orientadas verticalmente.[8] Conta con membranas nictitantes, pero só se moven cando os ollos están pechados. As patas dianteiras teñen cinco díxitos, mentres que as patas traseiras só teñen catro e carece de esporóns.[10] Son moi áxiles, sendo quen de chimpar sobre valados de 2 metros de alto, e son bos nadadores.[37] As femias polo xeral teñen catro pares de tetos,[8] aínda que femias con sete, nove ou dez tetos non son raras.[10] Os testículos dos machos son máis pequenos cós dos raposos árticos.[8]
O seu cranio é bastante estreito e alongado, cun pequeno neurocranio. Os seus dentes cairos son relativamente longos. O dimorfismo sexual no cranio é máis pronunciado ca nos raposos corsac, tendo as femias de raposo común cranios máis pequenos cós machos, con rexións nasais máis anchas e padais duros, así como meirandes cairos.[8] Os seus cranios diferéncianse dos cans polo fociño estreito, premolares menos concorridos, dentes cairos máis delgados e perfís cóncavos no canto de convexos.[10]
Dimensións
[editar | editar a fonte]O raposo común e a especie máis grande do xénero Vulpes.[38] Porén, respecto o seu tamaño, os raposos comúns son moito máis lixeiros cós cans do mesmo tamaño do xénero Canis. Os ósos das súas extremidades, por exemplo, pesan un 30% menos por unidade de área de óso do agardado para cans de tamaño semellante.[39] Amosan unha gran variabilidade individual, sexual, de idade e xeográfica. Por termo medio, os adultos roldan os 35–50 cm de alto até a cernella e entre 45-90 cm de lonxitude coas colas medindo 30-55,5 cm. As orellas miden de 7,7 a 12,5 cm e as patas posteriores 12-18,5 cm. O seu peso varía dende os 2,2 até os 14 kg, pesando as femias un 15–20% menos cós machos.[40][41] Os cranios dos raposos comúns adultos miden entre 129 e 167 mm, mentres que os das femias miden de 128 a 159 mm.[8] As medidas das pegadas das patas dianteiras son de 60mm de longo por 45 mm de ancho, mentres que as das patas traseiras son 55 mm de longo e 38mm de ancho. Trotan a unha velocidade de 6 a 13 km/h, e teñen unha velocidade máxima en carreira de 50 km/h. Teñen un paso separado por 25–35 cm cando se desprazan a un ritmo normal.[39]:36 Os raposos comúns de América do Norte son polo xeral máis lixeiros, con corpos comparativamente máis longos respecto da súa masa corporal e teñen un alto grao de dimorfismo sexual. Os raposos comúns británicos son máis pesados e máis curtos, e os raposos europeos continentais están máis achegados á media xeral das poboacións de raposos.[42] O meirande raposo común rexistrado en Gran Bretaña pesaba 17,2 kg, media 1,4 m de longo, e foi abatido en Aberdeenshire, Escocia, a comezos de 2012.[43]
Pelaxe
[editar | editar a fonte]A pelaxe de inverno é densa, suave, sedosa e relativamente longa. Nos raposos comúns do norte, a pelaxe é moi longa, densa e esponxosa, pero é máis curta, máis escasa e grosa nas formas do sur.[8] Entre os raposos do norte, as variedades americanas teñen o pelo protector máis sedoso,[13]:231 mentres que a maioría dos raposos comúns de Eurasia teñen pelaxe grosa.[13]:235 Existen tres tipos de cores principais; vermello, prata/negro e cruzamentos (véxase Mutacións).[36] No característico tipo vermello, as súas pelaxes son polo xeral de cor avermellada brillante con tinturas amarelentas. Ó longo da columna vertebral ten unha franxa de patróns débiles e difusos de pelos castaños e avermellados. Dúas franxas adicionais pasan polas omóplatas, que, xunto coa franxa espiñal, forman unha cruz. A parte inferior do lombo adoita ser dunha cor prateada moteada. Os flancos son máis claros que a parte traseira, mentres que o queixo, os beizos inferiores, a gorxa e o peito son brancos. A superficie inferior restante do corpo é escura, marrón ou avermellada.[8] Durante a lactación, a pelaxe do ventre das femias pode volverse vermello ladrillo.[10] As partes superiores das extremidades son vermellas enferruxadas, mentres que as patas son negras. A parte frontal da faciana e a parte superior do pescozo é de cor vermella parda ou avermellada brillante, mentres que os beizos superiores son brancos. A parte posterior das orellas é de cor negra o avermellada, mentres que a superficie interna es esbrancuxada. A parte superior da cola é de cor marrón avermellada, pero de tonalidade máis clara cá parte posterior e os flancos. A parte inferior da cola é de cor gris pálida cunha tintura de cor palla. Un punto negro, onde se atopa a glándula supracaudal, adoita estar presente na base do rabo. A punta da cola é branca.[8]
Mutacións
[editar | editar a fonte]As coloracións atípicas dos raposos comúns representan diferentes etapas cara ó melanismo completo,[8] e adoitan ocorrer en rexións frías.[11]
Cor | Imaxe | Descrición |
---|---|---|
Vermello | A coloración típica. Véxase Pelaxe | |
Gris | O carrelo e a columna vertebral son de cor marrón ou gris con bandas de cor amarela clara nos pelos protectores. A cruz nos ombreiros é marrón, marrón enferruxado ou avermellado. As extremidades son marróns.[8] | |
Cruzamento | A pelaxe ten unha cor máis escura có primeiro. O tronco e parte traseira son de cor marrón escuro ou gris escuro, con graos variados de prata pelos protectores. A cruz sobre os ombreiros é de cor negra ou marrón, ás veces con pelaxe clara e prateada. Os pés e a cabeza son marróns[8] | |
Marrón negrume | A forma melanística do raposo común euroasiático. Ten unha pel negra con trazas marróns claras. A pel xeralmente ten unha mestura de varias cantidades de prata. Os pelos vermellos están completamente ausentes ou en pequenas cantidades[8] | |
Prata | A forma melanística do raposo común de América do Norte, pero introducido no Vello Mundo para o comercio de peles. Caracterizado por unha cor negra pura con mesturas variables de prata (cubrindo entre o 25 e o 100% da súa pel)[8] | |
Platino | Distínguese do tipo prateado polo seu pelo pálido e case branco prateado cun ton azulino.[13]:251 | |
Ámbar | ||
Sansón | Distínguese pola súa pel peluda, que carece de pelos de protección[13]:230 |
Sentidos
[editar | editar a fonte]Os raposos comúns teñen visión binocular,[10] mais a súa visión reacciona principalmente ó movemento. A súa percepción auditiva é aguda, sendo quen de escoitar un Lyrurus tetrix cambiando de poleiro a 600 pasos, o voo dos corvos a 0,25–0,5 km e o chío dun rato a 100 m.[8] Son quen de situar sons dentro dun grao de 700–3 000 Hz, aínda que con menos precisión nas frecuencias máis altas.[37] O seu olfacto é bo, pero peor có dos cans adestrados.[8]
Glándulas de olor
[editar | editar a fonte]Os raposos comúns teñen un par de sacos anais cubertos por glándulas sebáceas, ámbolos dous abertos a través dun só conduto. Os sacos anais actúan como cámaras de fermentación nas que organismos aerobios e anaerobios converten o sebo en compostos olorosos, incluíndo ácidos alifáticos. A glándula odorífera de forma ovalada ten 25 mm de longo e 13 mm de ancho, e supostamente cheira a violetas.[8] A presenza de glándulas do pé é errada. As cavidades interdixitais son profundas, cunha tintura avermellada e un forte cheiro. As glándulas sebáceas atópanse no ángulo das mandíbulas.[10]
Comportamento
[editar | editar a fonte]Comportamento social e territorial
[editar | editar a fonte]Os raposos comúns estabelecen territorios de hábitat estables dentro de áreas particulares ou ben son itinerantes sen unha morada fixa.[39]:117 Empregan os seus ouriños para marcar os seus territorios.[45] Un raposo macho ergue unha pata traseira e os seus ouriños réganse cara a adiante fronte a el, mentres que unha raposa femia abáixase para que os ouriños se reguen no chan entre as patas traseiras.[46] Os ouriños tamén se usan para sinalar sitios de caché baleiros, usados para amorear alimentos atopados, como recordatorios para non perder o tempo investigándoos.[39]:125 [47][48] O emprego de até 12 posturas de micción diferentes permítelles controlar con precisión a posición da marca de olor.[49] Os raposos comúns viven en grupos familiares que comparten un territorio conxunto. En hábitats favorables e/ou áreas con baixa presión de caza, varios raposos subordinados poden estar presentes nun mesmo lugar. Os raposos subordinados adoitan ser un ou dous, pero ás veces poden atoparse até oito nun só territorio. Estes subordinados poderían ser anteriormente animais dominantes, mais na súa maioría son exemplares novos da camada anterior, que actúan como axudantes no coidado das crías. Alternativamente, explicouse a súa presenza como reposta ós excedentes temporais de alimentos non relacionados co éxito reprodutivo. As raposas non reprodutoras gardarán, xogarán, prepararán, proveerán e velarán polas crías,[10] un exemplo de selección de parentesco. Os raposos comúns poden deixar as súas familias unha vez que acadan a adultez se teñen oportunidade de conseguir un territorio de seu. Se non, permanecerán cos seus pais, aínda que teñan que pospoñer a súa propia reprodución.[39]:140–141
Reprodución e desenvolvemento
[editar | editar a fonte]Os raposos comúns reprodúcense unha vez ó ano na primavera. Dous meses antes do ciclo estral (normalmente en decembro), os órganos reprodutores das femias cambian de forma e tamaño. Cando comezan o seu período estral, os seus cornos uterinos duplican o seu tamaño, e os seus ovarios medran até ser 1,5 a 2 veces máis grandes. A formación de esperma dos machos comeza en agosto-setembro, e os testículos acadan o seu maior peso en decembro-febreiro.[8] O período estral das femias dura tres semanas,[10] durante as cales os machos se aparean coas femias durante varios días, a miúdo nas súas tobeiras. O bulbus glandis dos machos medra durante a copulación,[11] formando un vínculo que pode durar máis dunha hora.[10] O período de xestación dura de 49 a 58 días.[8] Malia que os raposos son principalmente monógamos,[50] probas de ADN feitas sobre unha poboación indicaron grandes niveis de polixinia, incesto e camadas de paternidade mixta.[10] As raposas subordinadas poden quedar embarazadas, pero polo xeral o parto non ten éxito, ou os seus cachorros son eliminados despois do parto pola femia dominante ou por outros subordinados.[10]
O tamaño medio da camada consiste en catro a seis crías, aínda que tamén se teñen rexistrado camadas de até 13 crías.[8] As camadas grandes son máis frecuentes en áreas onde a mortalidade dos raposos é alta.[39]:93 As crías nacen cegas, xordas e sen dentes, cunha pelaxe esponxosa de cor marrón escura. Cando nacen, pesan de 56 a 110 g e miden 14,5 cm de longo cunha cola de 7,5 cm. Teñen as patas curtas, as cabezas grandes e o peito amplo.[8] As nais permanecen coas crías dúas ou tres semanas, cando xa son quen de termorregularse. Durante este período, os pais ou femias estériles alimentan ás nais.[10] As femias son moi protectoras coas súas crías, e sábese que mesmo loitan contra terriers na súa defensa.[24]:21–22 Se a nai morre antes de que as crías sexan independentes, o pai asume o papel de provedor.[24]:13 As crías abren os ollos despois de 13–15 días, tempo durante o cal os canais auditivos tamén abren e os seus dentes superiores comezan a saír. Os dentes inferiores asoman 3 ou 4 días despois.[8] Os seus ollos son nun principio de cor azul, mais cambian a ámbar ás 4 ou 5 semanas. A súa pelaxe comeza a cambiar ás tres semanas de idade, cando aparece a raia negra dos ollos. Cando cumpren un mes, aparecen manchas vermellas e brancas nas facianas. Durante este tempo, as súas orellas enderéitanse e os seus fociños alónganse.[10] As crías comezan a abandonar as tobeiras e experimentar con alimentos sólidos traídos polos seus pais con 3 ou 4 semanas de idade. O período de lactación dura unhas 6 ou 7 semanas.[8] A súa primeira pelaxe comeza a cubrirse de pelos brillantes despois de 8 semanas.[10] Con 3 ou 4 meses, as crías teñen as patas longas, e o peito estreito e musculoso. Acadan as proporcións adultas con 6 a 7 meses.[8] Algunhas femias poden chegar á madureza sexual con 9–10 meses, tendo as súas primeiras camadas cun ano de idade.[8] En catividade, a súa lonxevidade pode chegar a 15 anos, aínda que en liberdade non adoitan sobrevivir máis 5 anos.[51]
Comportamento na tobeira
[editar | editar a fonte]Agás na época de cría, a maioría dos raposos comúns prefiren vivir en espazos abertos, en áreas con moita vexetación, aínda que poden entrar en tobeiras para gorecerse do mal tempo.[10] As súas tobeiras adoitan estar en outeiros ou ladeiras de montañas, cavorcos, cantís, beiras empinadas de corpos de auga, gabias, depresións, calexas, en fendas de rocha e ambientes humanos descoidados. Os raposos comúns prefiren cavar as súas tobeiras en chans ben drenados. As tobeiras escavadas nas raíces das árbores poden durar décadas, mentres que as escavadas nas estepas duran só uns poucos anos.[8] Poden abandonar os seus agochos durante os gromos de sarna, posiblemente como mecanismo de defensa contra a propagación de doenzas.[10] Nas rexións desérticas de Eurasia, poden usar as tobeiras dos lobos, porco espiños e outros mamíferos grandes, así como as cavadas por colonias de xerbos. Comparadas coas tobeiras construídas polos raposos árticos, teixugos, marmotas e raposos de corsac, as dos raposos comúns non son demasiado complexas. As tobeiras do raposo común divídense en goridas e tobos temporais, que consisten nunha pequena pasaxe ou cova para agocharse. A entrada principal da tobeira conduce cara a abaixo (40–45 °) e ensancha nunha gorida, dende onde se ramifican numerosos túneles laterais. A súa profundidade varía entre os 0,5 e os 2,5 m, raramente chegando a auga subterránea. A pasaxe principal pode chegar a medir 17 m de longo, mais a media rolda entre os 5 e os 7 m. En primavera, os raposos comúns limpan os seus acubillos do exceso de terra a través de movementos rápidos, primeiro coas patas dianteiras e despois con movementos de patadas coas patas traseiras, sacando a terra desbotada a máis de 2m da tobeira. Cando nacen as crías, a terra desbotada é pisada para formar un lugar de xogo para eles e onde tamén poden recibir a comida.[8] Poden compartir as súas goridas con marmotas[11] ou teixugos.[8] Ó contrario que os teixugos, que limpan coidadosamente as súas terras e defecan en latrinas, os raposos comúns adoitan abandonar as pezas de presa arredor das súas cavidades.[24]:15–17 O tempo medio que dorme un raposo vermello en catividade é de 9,8 horas ó día.[52]
Comunicación
[editar | editar a fonte]Linguaxe corporal
[editar | editar a fonte]A linguaxe corporal dos raposos comúns está composto por movementos das orellas, cola e certos acenos, utilizando o seu corpo para salientar determinados xestos. As posturas poden dividirse entre as caterorías agresiva/dominante e temerosa/submisa. Algunhas posturas poden ser unha mestura das dúas categorías.[39]:42–43
Os raposos curiosos xiran e axitan as súas orellas mentres olfactean. Os individuos brincadores levantan as orellas e érguense sobre as súas patas traseiras. Os raposos machos que cortexan as femias, ou despois de expulsar con éxito ós rivais, xirarán as súas orellas cara a fóra e levantarán as súas colas en posición horizontal, coas puntas levantadas cara a arriba. Cando teñen medo, os raposos sorrín en submisión, arqueando o lombo, curvando os seus corpos, agachando as patas e axitando as colas cara a adiante e cara a atrás coas orellas cara a atrás e premendo contra os seus cranios. Cando queren expresar submisión a un animal dominante, a postura é semellante, mais sen arquear o lombo nin curvar o corpo. Os raposos submisos achegaranse ós animais dominantes nunha postura baixa, de maneira que os seus fociños se levanten para saudar. Cando dous raposos emparllados se enfrontan entre eles pola comida, achéganse o un ó outro e empúrranse contra os flancos do outro, transmitindo unha mestura de medo e agresión a través das colas e dos arcos do lombo sen agacharse e tirando das súas orellas cara a atrás sen aplastalas contra os cranios. Cando lanzan un ataque asertivo, os raposos comúns achéganse directamente no canto de atacar polos lados, coas súas colas en alto e as orellas rotadas cara ós lados.[39] Durante estas liortas, os raposos comúns colócanse sobre a parte superior do corpo do outro coas súas patas dianteiras, utilizando ameazas coa boca aberta. Tales pelexas só ocorren entre os exemplares novos ou entre adultos do mesmo sexo.[10]
Vocalizacións
[editar | editar a fonte]Os raposos comúns teñen un amplo rexistro vocal, e producen diferentes sons que abranguen até cinco oitavas, os cales varían dun exemplar a outro.[39]:28 Análises recentes identifican 12 sons diferentes producidos polos adultos e 8 polas crías.[10] A maioría dos sons poden dividirse entre chamadas de "contacto" e "interacción". As primeiras varían de acordo coa distancia entre os individuos, mentres que as últimas dependen do nivel de agresión.[39]:28
- Chamadas de contacto: A chamada de contacto máis común é un son de tres a cinco sílabas "wow wow wow", que a miúdo fan os raposos cando se achegan entre si. Esta chamada escóitase con máis frecuencia de decembro a febreiro (cando poden confundirse coas chamadas territoriais de avelaionas). A chamada "wow wow wow" varía segundo o individuo; rexistráronse raposos en catividade que responden ás chamadas pregravadas dos seus compañeiros, pero non así as dos exemplares estraños. As crías comezan a emitir a chamada "wow wow wow" cando teñen 19 días, pedindo atención. Cando os raposos comúns se achegan entre eles, emiten sinais de saúdo trisilábicas semellantes ó cacarexo das galiñas. Os adultos saúdan ás crías con griñidos ruidosos.[39]:28
- Chamadas de interacción: Cando se saúdan, os raposos vermellos emiten xemidos agudos, en particular os animais submisos. Un raposo submiso ó que se lle achega un animal dominante emitirá un chío semellante a unha serea. Durante os encontros agresivos con conxéneres, emiten un son semellante a unha carraca. Este son é común durante as tempadas de cortexo entre machos rivais ou femias que rexeitan os cortexos.[39]:28
Outra chamada, que non encaixa nas dúas categorías, é un son longo e monosilábico "waaaaah". Como é comunmente escoitado durante a época de reprodución, pénsase que é realizado por femias para atraer ós machos. Cando detectan perigo, os raposos emiten un ladrido monosilábico. A curta distancia, é como unha tose apagada, mentres que a longas distancias é máis agudo. As crías fan xemidos resoantes cando son aleitadas, e estas chamadas son especialmente ruidosas cando non están satisfeitas.[39]:28
Ecoloxía
[editar | editar a fonte]Alimentación e caza
[editar | editar a fonte]Os raposos comúns son omnívoros e a súa dieta é moi variada. Unha investigación realizada na antiga Unión Soviética demostrou que os raposos comúns consomen máis de 300 especies animais e unha ducia de especies de plantas.[8] Aliméntanse principalmente de pequenos roedores como ratos de campo, esquíos de terra, hámsteres, xerbos[8] ou marmotas.[11] Entre as súas presas secundarias inclúense paxaros (como paseriformes, galiformes e anseriformes), lepóridos, porco espiños, mapaches, didélfidos, réptiles, insectos e outros invertebrados, alén de mamíferos mariños, peixes e equinodermos.[8][11] En raras ocasións, os raposos poden atacar exemplares novos ou pequenos de ungulados.[8] Normalmente depredan animais mamíferos de ata 3,5kg de peso, e precisan 500g de comida diarios.[37] Os raposos comúns tamén adoitan comer plantas, e nalgunhas áreas a froita pode representar até o 100% da súa dieta durante o outono. O seu consumo de froitas inclúe arandos, amoras, framboesas, cereixas, caquis, moreiras, mazás, ameixas, uvas e landras. Outras plantas que consomen son gramíneas, Cyperaceae e tubérculos.[11]
Os raposos comúns tamén depredan galiformes e paxaros cantores, lebre, coellos, ratas de almiscre, particularmente en reservas de caza e granxas onde as aves de criadeiro son protexidas e coidadas, así como granxas avícolas.[8]
Malia que existe un consenso popular de que o seu olfacto é moi importante na caza,[53] dous estudos que investigaron experimentalmente o papel do olfacto, o oído e a vista chegaron á conclusión de que a vista e o sentido máis importante na caza para os raposos comúns[54] e os coiotes.[55][56]
Os raposos comúns prefiren cazar nas primeiras horas da mañá antes do amencer e durante a noite.[8] Aínda que normalmente prefiren alimentarse sós, poden ser máis sociables en ambientes ricos en recursos.[51] Cando depredan presas como ratos, primeiro identifican o lugar exacto cun son, despois saltan por enriba do agocho da presa, dirixíndose no aire coas súas colas, antes de aterrar no seu obxectivo até 5 metros de distancia.[1] Polo xeral só se alimentan de prea na última hora da tarde e pola noite.[8] Son extremadamente posesivos coa súa comida e defenderán as súas capturas mesmo de animais dominantes.[39]:58 En ocasións, os raposos comúns poden cometer actos de matanzas excesivas; durante a tempada de cría, rexistrouse un caso no que catro raposos mataron unhas 200 gaivotas choronas cada un, en especial durante as horas escuras e ventosas cando as condicións de voo eran desfavorables. As perdas de aves de curral e de caza poden ser importantes debido a isto.[10][39]:164 Semella que ós raposos comúns non lles gusta o sabor das toupas, mais atrápanas vivas e danllas ás crías para que xoguen con elas.[39]:41
Un estudo de 2008–2010 con 84 raposos realizado na República Checa e Alemaña demostrou con éxito que a caza en vexetación alta ou baixo a neve podería implicar unha conexión dos raposos co campo magnético da Terra.[57][58]
Inimigos e competidores
[editar | editar a fonte]Os raposos comúns, polo xeral, dominan outras especies de raposos. Os raposos árticos normalmente evitan as competencias con raposos comúns que viven máis ó norte, onde a comida é demasiado escasa para manter o corpo meirande dos raposos común. Aínda que o límite norte da especie común está relacionado coa presenza de comida, o límite sur da especie ártica está limitada pola presenza do primeiro. Tanto os raposos comúns como os árticos foron introducidos en case cada illa entre as illas Aleutianas e o arquipélago Alexander durante as décadas de 1830 e 1930 pola industria da pel. Os raposo comúns desprazaron invariablemente ós raposos árticos, rexistrándose o caso dun único macho que matou a tódolos raposos árticos residentes nunha pequena illa en 1866.[39] Cando son poboacións simpátricas, os raposos árticos evitan a confrontación alimentándose de lemmings e refugallos, no canto dos toupellos que prefiren os raposos comúns. Ámbalas dúas especies matan ás crías da outra cando teñen oportunidade.[8] Os raposos comúns son serios competidores dos raposos corsac, xa que cazan as mesmas presas durante todo o ano. Ademais, a especie común é máis forte, está mellor adaptada a cazar na neve a máis de 10 cm de profundidade e é máis efectiva na caza e captura de roedores de tamaño medio e grande. Semella que os raposos corsac só superan ós comúns en áreas semidesérticas e esteparias.[8][59] En Israel, os raposos de Blanford evitan a competición cos raposos comúns restrixíndose a si mesmos en cantís rochosos e evitando as chairas abertas habitadas polos comúns.[39]:84–85 Os raposos comúns tamén dominan sobre as especies Vulpes macrotis e Vulpes velox. Os primeiros evitan a competición vivindo en ambientes áridos, ó tempo que os común incrementaron a súa presenza en áreas antigamente ocupadas por eles por mor dos cambios medioambientais inducidos polos humanos. Os raposos comúns matan a ambas especies e compiten tanto pola súa comida como polas súas tobeiras.[11] Os raposos grises son a excepción, xa que dominan ós raposos comúns onde os seus hábitats coiciden. Historicamente, a interacción entre as dúas especies é rara, xa que os gries prefiren as áreas densamente boscosas ou semiáridas, en oposición ós comúns, que prefiren áreas abertas e moderadas. Porén, as interaccións convertéronse en algo máis frecuente por mor da deforestación, o cal permite ós raposos comúns colonizar os hábitats dos grises.[11]
Os lobos poden matar e comer raposos en disputas por cadáveres.[8][60] Nas áreas de América do Norte onde as poboacións de raposo común e de coiote son simpátricas, os raposos tenden a evitar os territorios dos coiotes. A causa principal desta separación pode ser a evasión activa por parte dos raposos. As interaccións entre ámbalas dúas especies varían na súa natureza, dende o antagonismo activo até a indiferenza. A maioría dos encontros agresivos son iniciados por coiotes, e hai poucos casos rexistrados de raposos vermellos que actúan agresivamente cara ós coiotes, agás cando son atacados ou cando se achegan ás súas crías. Por outra banda, téñense observado raposos e coiotes alimentándose xuntos.[61] En Israel, os raposos comúns comparten o seu hábitat con chacais dourados. Cando os seus hábitats cadran, os dous cánidos compiten por mor das súas dietas idénticas. Os raposos ignoran os cheiros ou pegadas de chacais nos seus territorios e evitan a proximidade física cos propios chacais. Nas áreas onde os chacais son moi abondosos, a poboación de raposos decrece significativamente, aparentemente polo principio da exclusión competitiva.[62]
Os raposos comúns dominan os mapaches, ás veces acabando coas crías ou trabando ós adultos até a morte. Coñécense casos de raposos que acabaron con cans mapache que entraron nas súas tobeiras. Esta competencia alcanza o seu máximo durante a comezos da primavera, cando a comida aínda é escasa. En Tartaria, a depredación dos raposos comúns representa arredor do 11,1% das mortes de cans mapache, e esta cifra elévase até o 14,3% no noroeste de Rusia.[8]
Os raposos comúns tamén poden matar pequenos mustélidos como donicelas,[11] garduñas,[63] martas, armiños, donicelas siberianas, furóns e martas cibelinas. Os teixugos poden vivir a carón dos raposos comúns en sección illadas de grandes tobeiras.[8] É posible que as dúas especies se toleren a unha á outra debido ó mutualismo; os raposos achegan restos de comida ós teixugos, mentres que os teixugos manteñen limpas as tobeiras compartidas.[24]:15 Porén, coñécense casos de teixugos que expulsan ás femias das tobeiras e destrúen as camadas sen comelas. Os glutóns poden matar ós raposos comúns, a miúdo cando estes dormen ou están preto de prea. Pola contra, os raposos poden matar crías non atendidas de glutóns.[8]
Os raposos comúns poden competir con hienas riscadas por cadáveres grandes. Os raposos comúns poden ceder a súa quenda ás hienas en corpos sen abrir, xa que as mandíbulas máis fortes destas últimas poden esgazar doadamente a carne que é dura de máis para os raposos. Os raposos poden acosar as hienas, usando o seu pequeno tamaño e maior velocidade para evitar os ataques das hienas. En ocasións, parece que os raposos atormentan deliberadamente ás hienas mesmo cando non hai comida pola que competir. En ocasións, os raposos non poden eludir os seus ataques e son asasinados.[39]:77–79 A miúdo atópanse restos de raposo nas goridas de hienas, e as tamén poden cobrarse os raposos que caen nas trampas.[8]
En Eurasia, os raposos poden ser depredados por leopardos, caracais e linces europeos. Os linces perseguen ós raposos na neve profunda, onde as súas patas máis longas e gadoupas máis grandes lles dan vantaxe sobre os raposos, especialmente cando a profundidade da neve excede o metro.[8] No distrito de Velikoluki, en Rusia, os raposos comúns están ausentes ou son vistos só ocasionalmente naquelas zonas onde os linces teñen os seus territorios permanentes[8] Os investigadores coidan que os linces representan unha ameaza considerablemente menor cós lobos.[8] En América do Norte, os depredadores felinos dos raposos inclúen o puma, o lince canadense e o lince vermello.[36] Ocasionalmente, grandes rapaces como o bufo real poden depredar raposos comúns,[64] e tamén se sabe de aguias reais que cazaron exemplares adultos.[65]
Distribución
[editar | editar a fonte]Os raposos comúns son animais cunha ampla distribución, cuxa área abrangue case 70 millóns km². Distribúense ó longo de todo o hemisferio norte dende o círculo polar ártico até África do Norte, América Central e Asia. Están ausentes en Islandia, nas illas do Ártico, nalgunhas partes de Siberia e nos desertos extremos.[1]
Non están presentes en Nova Zelandia e están clasificados como "novos organismos prohibidos" baixo a lei de substancias perigosas e novos organismos de 1996, que prohibe a súa importación.[66]
Australia
[editar | editar a fonte]En Australia, as estimacións de 2012 declararon que había máis de 7,2 millóns de exemplares[67] nunha área que se estende a través da maioría das terras continentais.[39]:14 A especie estabeleceuse en Australia a través de sucesivas introducións dos colonizadores na década de 1830 na Terra de Van Diemen (arredor de 1833) e no distrito de Port Phillip de Nova Gales do Sur (arredor de 1845) co obxectivo de practicar o deporte tradición inglés da caza do raposo. Non se estabeleceu unha poboación permanente na illa de Tasmania e considérase que foi por mor da presenza do diaño de Tasmania.[68] Porén, no continente a especie tivo moito éxito como superdepredador. É menos comúns nas áreas onde o dingo é máis prevalente, mais polo seu comportamento de tobeiras, conseguiu diferenciación de nicho sobre o can e o gato silvestres. Por todo isto, converteuse nunha das especies máis invasoras do continente. O raposo común provocou a extinción e o esmorecemento de varias especies nativas australianas, entre elas as da familia Potoroidae como o canguro rata do deserto.[69] A distribución dos raposos común na parte sur do continente cadrou co espallamento de coellos en Australia e o correspondente esmorecemento de varios mamíferos de tamaño medio, como o Bettongia penicillata, o Bettongia lesueur, o Aepyprymnus rufescens, o bilbí, o Myrmecobius fasciatus, o Onychogalea fraenata e o quokka.[70] Moitas destas especies están moi limitadas en áreas (como illas) onde os raposos comúns están ausentes ou son raros. Existen programas de erradicación local, malia que a idea da erradicación considérase moi difícil por mor do comportamento de tobeira e a caza nocturna desta especie, polo que o foco está posto na xestión coa introdución de recompensas estatais.[71] Segundo o goberno de Tasmania, os raposos foron introducidos na anteriormente libre de raposos illa de Tasmania en 1999 ou 2000, supoñendo unha ameaza significativa para a fauna salvaxe como o Bettongia gaimardi. Estabeleceuse un programa de erradicación polo departamento de Industria e Auga tasmaniano.[72]
Sardeña
[editar | editar a fonte]A orixe da subespecie sarda ichnusae é incerta, xa que non existen rexistros do Plistoceno. É posible que a súa orixe se producise durante o Neolítico por mor da introdución na illa polo home. Dedúcese entón que as poboacións sardas de raposo derivasen das repetidas introducións de animais dende diferentes localidades do Mediterráneo. Esta última teoría pode explicar a diversidade fenotípica da subespecie.[17]
Doenzas e parasitos
[editar | editar a fonte]Os raposos comúns son o vector máis importante de rabia en Europa. En Londres, a artrite é común nos raposos comúns, particularmente na columna vertebral.[10] Tamén poden infectarse con leptospirose e tularemia, aínda que non son especialmente susceptibles a esta última. Poden caer enfermos de listeriose e espiroquetose, e poden actuar como vectores na propagación de erisipela, brucelose e encefalite transmitido por carrachas. Unha misteriosa doenza fatal preto do lago Sartlan no oblast de Novosibirsk foi identificada entre os raposos comúns locais, mais a causa non foi determinada. Considerouse a posibilidade de que fose producida por unha forma aguda de encefalomielite, que foi observada por primeira vez en raposos prateados criados en catividade. Coñécense casos individuais de raposos infectados con Yersinia pestis.[8]
Os raposos non son propensos á infestación con pulgas. Especies como Spilopsyllus cuniculi son transmitidas probablemente a través das presas capturadas polos raposos, mentres que outras como Archaeopsylla erinacei son transmitidas mentres viaxan. As pulgas que se alimentan de raposos comúns inclúen Pulex irritans, Ctenocephalides canis e Paraceras melis. Carrachas como Ixodes ricinus e I. hexagonus non son infrecuentes nos raposos, e pódense atopar en femias coidadoras e crías aínda nas súas tobeiras. O piollo Trichodectes vulpis diríxese especificamente a raposos, mais é relativamente infrecuente. O ácaro Sarcoptes scabiei é a causa máis importante de sarna en raposos comúns. Provoca caída extensiva de pelo, comezando pola base da cola e as patas traseiras, despois polo lombo antes de estenderse polo resto do corpo. Nas fases finais desta doenza, os raposos poden perder máis da metade da súa pelaxe, o 50% do seu peso corporal e poden roer as extremidades infectadas. Na fase epizoótica da doenza, polo xeral os raposos tardan catro meses en morrer despois da infección. Outros endoparasitos inclúen Demodex folliculorum, Notoderes, Otodectes cynotis (que pode ser atopado con frecuencia no conduto auditivo externo), Linguatula serrata (que infecta as pasaxes nasais) e dermatofitoses.[8]
Coñécense unhas 60 especies de vermes parasitos que infectan ós raposos nas granxas peleteiras, mentres que esta cifra se reduce a 20 en liberdade. Varias especies de coccídios dos xéneros Isospora e Eimeria infectan os raposos.[8] As especies de nematodos que se atopan na flora dos raposos son Toxocara canis e Uncinaria stenocephala, Capillaria aerophila[73] e Crenosoma vulpis, infectando os dous últimos os seus pulmóns. Capillaria plica infecta a vexiga dos raposos. Trichinella spiralis aféctaos moi raramente. As especies de Eucestoda máis comúns nos raposos son Taenia spiralis e T. pisiformis. Outros son Echinococcus granulosus e E. multilocularis. Sábense de once especies de trematodos que infectan ós raposos,[10] incluíndo Metorchis conjunctus.[74]
Relacións cos humanos
[editar | editar a fonte]No folclore, na relixión e na mitoloxía
[editar | editar a fonte]Os raposos comúns salientan prominentemente no folclore e na mitoloxía das culturas humanas coas que son simpátricas. Na mitoloxía grega, a raposa teumesia[75] ou raposa cadmea, foi un raposo xigante que estaba destinado a non ser atrapado nunca. O raposo foi un dos fillos de Equidna.[76]
Na mitoloxía celta, o raposo é un animal simbólico. Nos montes Cotswolds, críase que as bruxas tomaban a forma de raposos para roubar manteiga dos veciños.[77] No folclore europeo, a figura de Roman de Renart simbolizaba o engano e a argucia. Apareceu orixinalmente (baixo o nome de "Reinardus") como unha personaxe secundaria no poema de 1150 "Ysengrimus". Reapareceu en 1175 na obra de Pierre Saint Cloud Le Roman de Renart, e fixo o seu debut en Inglaterra O conto do sacerdote da monxa de Geoffrey Chaucer. Moitas das aventuras de Roman de Renart proveñen das observacións do comportamento real dos raposos; é inimigo do lobo e ten afección polas amoras e as uvas.[39]:32–33
Moitos contos populares chineses falan sobre espíritos raposo chamados huli jing que poden ter até nove colas, igual cós kumiho, como son coñecidos en Corea.[78] Na mitoloxía xaponesa, os kitsune son espíritos raposo que posúen habilidades máxicas que medran coa idade e sabedoría. A máis coñecida entre estas habilidades é a de adoptar forma humana. Mentres que algúns contos populares falan de kitsune que empregan esta habilidade para enganar outros, outras historias retrátannos como fieis gardiáns, amigos, amantes e esposas.[79] No folclore árabe, o raposo é considerado un animal covarde, feble, enganoso e ladino, e del dise que simula a morte enchendo o seu abdome con aire para semellar inchado, logo déitase de lado, agardando o achegamento dunha presa involuntaria.[33] A astucia do animal foi recollida por autores da Biblia, e aplicaron a palabra "raposo" a falsos profetas (Ezequiel 13:4) e á hipocresia de Herod Antipas (Lucas 13:32).[80]
O raposo asteiro aparece na mitoloxía dos nativos americanos, onde é representado como un compañeiro do Coiote. Porén, o raposo é compañeiro enganoso que adoita roubar a comida do Coiote. No mito da creación achomawi, o raposo e o coiote son os creadores do mundo que marchan xusto antes da chegada do ser humano. O pobo yurok cre que o raposo, anoxado, capturou o Sol e atouno nun outeiro, o cal fixo que queimara un gran burato no chan. Unha historia inuit conta como o raposo, retratado como unha muller fermosa, engana un cazador para que case con ela, só para logo recuperar a súa verdadeira forma e marchar por mor das ofensas del. Unha historia menominee conta que o raposo é un amigo pouco fiable do lobo.[81]
O raposo na cultura popular galega
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: O raposo na cultura popular galega.
- Cada raposo garda o seu rabo.
- En marzo nazo, en abril estou no cubil, en maio xa saio, en san Xoán xa fuxo ó can, en santa Mariña xa pillo a galiña e en agosto xa son bo raposo.
- En san Xoán xa foxe o raposo ó can.
- Meu siñor San Adrián/ é un santo milagroso/ pedínlle un mozo bonito/ doume un barbas de raposo.
- Pola santa Mariña, xa o raposo pilla a galiña.
- Se ti viras o que eu vin/ na feira de Monterroso,/ vinte e cinco estudiantes/ a cabalo dun raposo.
Caza do raposo
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Caza do raposo.
O rexistro histórico máis antigo da caza do raposo provén do século -IV; sábese que Alexandre o Grande cazou raposos e un selo datado do -350 representa un cabaleiro persa no proceso de caza dun raposo. Xenofonte de Atenas, quen vía a caza como parte da educación dun home culto, defendía a matanza de raposos como pragas, xa que distraían ós cans do rastro das lebres. Os romanos cazaron raposos arredor do ano 80. Durante os Anos escuros en Europa, os raposos eran considerados presas secundarias, pero a súa importancia foi medrando co tempo. Canuto o Grande clasificou os raposos como "bestas de persecución", unha categoría de presa máis baixo cá de "bestas de cazaría". Os raposos foron cazados cada vez menos como alimañas e máis como "bestas de persecución", até o punto que a finais da década de 1200, Eduardo I de Inglaterra tiña unha caninea de sabuxos e un cazador especializado en raposos. Durante este período, os raposos foron cazados cada vez na superficie coa axuda de sabuxos, máis que baixo terra cos terriers. Eduardo de York axudou ó ascenso dos raposos como presas máis prestixiosas no seu The Master of Game. No Renacemento, a caza do raposo converteuse nun deporte tradicional da nobreza. Despois de que a guerra civil inglesa causase unha caída nas poboacións de cervos, a caza de raposos popularizouse aínda máis. A mediados do século XVII, Gran Bretaña estaba dividida en territorios de caza de raposo e comezaron a formarse os primeiros clubs de caza (sendo o primeiro o "Charlton Hunt Club" en 1737). A popularidade da caza do raposo acadou o seu cumio en Gran Bretaña a partir de 1700.[39]:21 Malia que xa era nativo de América do Norte, o raposo común de Inglaterra foi importado con fins deportivos en Virxinia e Maryland en 1730 por tabaqueiros prósperos.[82] Os cazadores americanos consideraron a especie común máis "deportiva" cá gris.[82]
Os raposos comúns aínda son amplamente perseguidos como unha praga, sendo unha das especies do mundo con maior mortalidade causada polo ser humano. As mortes anuais de raposo representan 21 500–25 000 no Reino Unido (2000); 600 000 en Alemaña (2000–2001); 58 000 en Austria (2000–2001); 58 000 en Suecia (1999–2000); 56 000 en Finlandia (2000–2001); 50,000 en Dinamarca (1976–1977); 34 832 en Suíza (2001); 17 000 en Noruega (2000–2001); 2 000 só en Saskatchewan, no Canadá (2000–2001); 4 000–8 000 en Minnesota (media anual dos trampeiros entre 2002–2009).[83]
Caza do raposo en Galicia
[editar | editar a fonte]O raposo é unha especie cinexética e cada ano realízanse en Galicia varias competicións de caza, entre elas a "Copa de España de Caza do Raposo", organizada pola Federación Galega de Caza e subvencionadas pola Xunta de Galicia.[84] Esta competición conta co rexeitamento de asociacións animalistas e ecoloxistas que denuncian que a tempada de caza en Galicia deixa anualmente un balance de 12 000 raposos mortos.[85]
Uso da pel
[editar | editar a fonte]Os raposos comúns son uns dos animais máis importantes para a industria peleteira. As súas peles son empregadas para adornos, bufandas, manguitos, chaquetas e abrigos. Utilízanse principalmente como adornos para abrigos de tea e prendas de piel, incluíndo pezas de roupa de noite.[13]:229–230 As peles dos raposos comúns de capa prateada son populares como capas,[13]:246 mentres que os raposos cruzados úsanse principalmente para bufandas e rara vez para adornos.[13]:252 O número de bufandas de raposo vendidas supera o número total de bufandas feitas con peles doutros animis. Porén, esta cantidade vese ensombrecida polo número total de peles de raposo empregadas para fins de adorno.[13]:229–230 As variedades prateadas son as máis cobizadas polos peleteiros, seguidas polas variedades en cruz e vermella respectivamente.[24]:207> A comezos de 1900, máis de 1 000 peles de raposos americanos foron importadas ó Reino Unido anualmente, mentres que 500 000 peles eran exportadas anualmente dende Alemaña e Rusia.[24]:6 O comercio mundial de raposos comúns salvaxes en 1985–86 era de 1 543 995 peles. Os raposos representaron até o 45% das peles capturadas nos Estados Unidos, cun valor de 50 millóns de dólares.[63] Os prezos das peles están a medrar, cunha media en poxa por xunto en América do Norte de 39 dólares en 2012, e de 65,78 dólares en 2013.[86]
Os raposos de América do Norte, especialmente os do norte de Alasca, son os máis aprezados pola súa pel, xa que teñen pelos de garda dunha textura sedosa, que, despois de vestir, permiten ó usuario unha mobilidade sen restricións. Os raposos das áreas costeiras do sur de Alasca e das illas Aleutianas son unha excepción, xa que teñen peles extremadamente grosas que raramente superan un terzo do prezo dos seus parentes do norte.[13]:231 A maioría das peletarías europeas teñen peles de textura grosa en comparación coas variedades norteamericanas. As únicas excepcións son as variedades nórdicas e do leste de Rusia, mais aínda así son inferiores ás de América do Norte en canto ao tacto sedoso.[13]:235
Predación de gando e mascotas
[editar | editar a fonte]En ocasións, os raposos depredan años. Polo xeral, os años obxectivo dos raposos tenden a ser espécimes fisicamente febles, mais non é algo invariable. As ovellas que pertencen a razas pequenas, como a cabecinegra escocesa, son máis vulnerables ca razas meirandes como a meiriña. Os años xemelgos poden ser máis vulnerables ós raposos cás crías únicas, xa que as ovellas non poden defender ós dous simultaneamente. O cruzamento de ovellas pequenas de terras altas con carneiros meirandes de terras baixas pode causar un parto difícil e prolongado para as ovellas, o cal fai que corran un maior risco de depredación de raposos. Os años nados de ovellas que se reproducen por vez primeira son asasinados máis a miúdo por raposos en comparación coas nais experimentadas, que se manteñen máis preto da súa cría.[39]:166–167
Os raposos comúns tamén depredan coellos domésticos e cobaias se están en espazos abertos ou se lles permite ir libremente polos xardíns. Normalmente, este problema evítase aloxándoos en gaiolas robustas e recintos pechados. Os raposos urbanos atopan frecuentemente gatos e poden alimentarse xunto a eles. En confrontacións físicas, os gatos adoitan ter vantaxe sobre eles. Os casos rexistrados nos que os raposos matan gatos teñen que ver coas crías de gato. Malia que a maioría de raposos non comen gatos, algúns si o fan, mais en xeral considéranos un competidor e non unha presa.[39]:180–181
Domesticación
[editar | editar a fonte]No seu estado salvaxe, os raposos vermellos son xeralmente inadecuados como mascotas.[87] Moitas crías supostamente abandonados son adoptados por persoas ben intencionadas durante o período de primavera, aínda que é improbable que as femias abandonen ás súas crías. Os orfos reais son raros, e os que son adoptados adoitan ser crías que simplemente se desviaron da súa tobeira.[88] As crías requiren atención case constante; cando aínda son aleitados, requiren leite a intervalos de catro horas de día e de noite. Unha vez desleitados, poden chegar a ser destrutivos para obxectos de coiro, mobles e cables eléctricos.[39]:56 Aínda que xeralmente son amigables coas persoas cando son novos, vólvense temerosos dos humanos unha vez chegan ás 10 semanas de idade, agás cos seus coidadores.[39]:61 Manteñen un forte instinto de ocultación, como os exemplares salvaxes, e poden representar unha ameaza para as aves domésticas, mesmo cando están ben alimentados.[24]:122 Aínda que sospeitan dos estraños, poden formar vínculos con gatos e cans, mesmo cos criados para a caza de raposos.[24]:132–133
Unha estirpe de raposos domésticos foi creada polo xenetista ruso Dmitry Belyayev, quen durante un período de 40 anos criou varias xeracións de raposos comúns prateados en granxas de peletaría, escollendo só aqueles exemplares que amosaban menos medo cara ós humanos. Co tempo, o equipo de Belyayev escolleu soamente aqueles que amosaban as respostas máis positivas, o que deu como resultado unha poboación de raposos cuxo comportamento e aparencia cambiaron significativamente. Despois de dez xeracións de cría controlada, estes raposos xa non amosaron medo ós humanos, engurrando as colas e lamendo ós seus coidadores humanos para mostrar afecto. Estes cambios de comportamento viñeron acompañados de cambios físico, como gadoupas acolchadas, orellas colgantes en crías e colas enroladas, semellantes ós trazos que distinguen os cans domésticos dos lobos.[89]
Raposos urbanos
[editar | editar a fonte]Distribución
[editar | editar a fonte]Os raposos comúns demostraron ter moito éxito na colonización de contornas urbanizadas, especialmente os suburbios con menor densidade de poboación,[37] aínda que tamén se teñen visto en áreas densamente poboadas e lonxe do campo. Ó longo do século XX, estabelecéronse en moitas cidades de Australia, Europa, o Xapón e América do Norte. A especie colonizou as cidades británicas durante a década de 1930, entrando en Bristol e Londres durante a década de 1940, e estabelecéndose tamén en Cambridge e Norwich. En Australia, téñense visto raposos en Melbourne a comezos da década de 1930, mentres que en Zürich, Suíza, comezaron a aparecer durante a década de 1980.[90] Os raposos comúns urbanos son máis frecuentes en suburbios residenciais con baixa densidade de casas. Son moito máis raros en áreas onde predominan as actividades industriais ou comerciais.[37] Nestas últimas áreas, a distribución é moito menor porque confían menos nos recursos de orixe humana; o rango medio deste raposos abrangue entre 80 e 90 hectáreas, mentres que nas áreas residenciais diminúe a 25 ou 40 hectáreas.[91]
En 2006, estimouse que uns 10 000 raposos habitaban en Londres.[92] Os raposos urbanos teñen o potencial de ser meirandes cás súas contrapartes rurais, como resultado das abondosas sobras de comida e unha relativa escaseza de depredadores. Nas cidades, os raposos poden recoller comida das bolsas e dos contedores do lixo, aínda que gran parte da súa dieta será semellante á dos raposos rurais.
Comportamento
[editar | editar a fonte]Os raposos urbanos son máis activos durante o solpor e no amencer, facendo a maioría das súas actividades de busca e caza a esas horas do día. É moi raro atopalos durante o día, mais poden ser vistos tomando o sol nos tellados das casas ou alboios. Os raposos a miúdo fan os seus fogares en lugares ocultos e non perturbados das áreas urbanas, así como nos límites dunha cidade, visitándoa de noite para obter o seu sustento. Aínda que os raposos atopan comida con éxito nas cidades (e poden comer todo o que comen os seres humanos) algunhas persoas deixan comida deliberadamente para os animais, considerándoos entrañables.[93] Facer isto con regularidade pode atraer os raposos ás casas; poden afacerse á presenza humana, quentándose canda os seus provedores, permitíndolles achergarse e, nalgúns casos, xogando con eles, especialmente os exemplares máis novos.[91]
Control do raposo urbano
[editar | editar a fonte]Os raposos urbanos poden supoñer problemas para os residentes locais. Rouban galiñas, rompen os contedores do lixo e danan os xardíns. A maioría das queixas sobre os raposos urbanos feitas ás autoridades locais ocorren durante a tempada de reprodución a finais de xaneiro e comezos de febreiro, ou dende finais de abril a agosto, cando os novos cachorros se están desenvolvendo.[91] No Reino Unido, a caza de raposos en áreas urbanas está prohibida, e dispararlles nunha cortorna urbana non é posible. Unha alternativa á caza de raposos urbanos foi a de atrapalos, o cal parece ser un método máis viable..[94] Porén, matar raposos ten pouco efecto sobre a poboación en áreas urbanas, xa que son substituídos en pouco tempo, ora por raposos novos durante a tempada de reprodución ora por outros raposos que mudan de territorio. Un método máis efectivo de control de raposos é disuadilos das áreas específicas que habitan. Pódense usar axentes disuasorios como a creosota, o aceite diésel ou o amoníaco. Limpar e bloquear o acceso ás súas tobeiras tamén pode impedir o seu éxito.[91]
Relación entre raposos urbanos e rurais
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 2014 rexistrouse que "Fleet", un raposo urbano relativamente dócil que forma parte dun estudo meirande da Universidade de Brighton en colaboración co programa Winterwatch da BBC, viaxou de xeito inesperado 195 millas en 21 días dende o seu barrio de Hove até o límite occidental de East Sussex, cruzando as zonas rurais de Rye, no límite oriental do condado. Aínda estaba viaxando cando o colar GPS deixou de transmitir, supostamente por danos da auga. Ademais de estabelecer un récord para a viaxe rastrexada máis longa realizada por un raposo no Reino Unido, as súas viaxes puxeron de relevo a fluidez de movemento entre as poboacións de raposos rurais e urbanos.[95][96]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 {{{assessors}}} ({{{year}}}). "{{{title}}}". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o {{{downloaded}}}.
- ↑ Linnæus, Carl (1758). Systema naturæ per regna tria naturæ, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I (en latín) (10th ed.). Holmiæ (Estocolmo): Laurentius Salvius. p. 40.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para raposo.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para golpe.
- ↑ "100 of the World's Worst Invasive Alien Species". Invasive Species Specialist Group. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2017. Consultado o 15 de xaneiro de 2019.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Kurtén, Björn (1968). Pleistocene mammals of Europe. Weidenfeld & Nicolson.
- ↑ 7,0 7,1 Kurtén, Björn; Anderson, Elaine (15 de outubro de 1980). Pleistocene Mammals of North America (en inglés). Columbia University Press. pp. 96, 174. ISBN 9780231037334.
- ↑ 8,00 8,01 8,02 8,03 8,04 8,05 8,06 8,07 8,08 8,09 8,10 8,11 8,12 8,13 8,14 8,15 8,16 8,17 8,18 8,19 8,20 8,21 8,22 8,23 8,24 8,25 8,26 8,27 8,28 8,29 8,30 8,31 8,32 8,33 8,34 8,35 8,36 8,37 8,38 8,39 8,40 8,41 8,42 8,43 8,44 8,45 8,46 8,47 8,48 8,49 8,50 8,51 8,52 8,53 8,54 8,55 8,56 8,57 8,58 8,59 8,60 8,61 8,62 8,63 8,64 8,65 8,66 8,67 8,68 8,69 8,70 Heptner, V.G. (1998). Mammals of the Soviet Union. Leiden u.a.: Brill. pp. 115, 341–365, 453–502, 513–562. ISBN 978-1886106819. Consultado o 8 de xullo de 2016.
- ↑ 9,0 9,1 Wozencraft, W.C. (2005). "Order Carnivora". En Wilson, D.E.; Reeder, D.M. Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (en inglés) (3ª ed.). Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494.
- ↑ 10,00 10,01 10,02 10,03 10,04 10,05 10,06 10,07 10,08 10,09 10,10 10,11 10,12 10,13 10,14 10,15 10,16 10,17 10,18 10,19 10,20 10,21 10,22 Harris, Stephen; Yalden, Derek (2008). Mammals of the British Isles : handbook. (4th ed.). Southampton: Mammal Society. p. 408–422. ISBN 978-0906282656.
- ↑ 11,00 11,01 11,02 11,03 11,04 11,05 11,06 11,07 11,08 11,09 Feldhamer, George; Thompson, Bruce; Chapman, Joseph (2003). Wild Mammals of North America: Biology, Management, and Conservation: Biology, Management and Economics (en inglés) (segunda ed.). Johns Hopkins University Press. pp. 516–530. ISBN 9780801874161.
- ↑ Fedriani, J. M.; Palomares, F.; Delibes, M. (1999). "Niche relations among three sympatric Mediterranean carnivores". Oecologia 121: 138–148. Bibcode:1999Oecol.121..138F. JSTOR 4222449. doi:10.1007/s004420050915.
- ↑ 13,00 13,01 13,02 13,03 13,04 13,05 13,06 13,07 13,08 13,09 13,10 Bachrach, Max (1953). Fur: a practical treatise (terceira ed.). Nova York: Prentice-Hall. pp. 229–230.
- ↑ "Vulpine". dictionary.com. Consultado o 9 de xullo de 2016.
- ↑ Lindblad-Toh, K.; Wade, C. M.; Mikkelsen, T. S.; et al. (2005). "Genome sequence, comparative analysis and haplotype structure of the domestic dog". Nature 438 (7069): 803–819. Bibcode:2005Natur.438..803L. PMID 16341006. doi:10.1038/nature04338.
- ↑ PaleoDatabase collection No. 35369 Arquivado 27 de setembro de 2013 en Wayback Machine., authorizado por Alan Turner, Liverpool John Moores University. Entrada de H. O'Regan, 8 de decembro de 2003
- ↑ 17,0 17,1 Spagnesi & De Marina Marinis 2002, p. 222
- ↑ 18,0 18,1 Aubry, Keith B.; Statham, Mark J.; Sacks, Benjamin N.; Perrines, John D.; Wisely, Samantha M. (2009). "Phylogeography of the North American red fox: Vicariance in Pleistocene forest refugia" (PDF). Molecular Ecology 18 (12): 2668–2686. PMID 19457180. doi:10.1111/j.1365-294X.2009.04222.x. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xuño de 2012. Consultado o 13 de abril de 2012.
- ↑ Statham, Mark J.; Murdoch, James; Janecka, Jan; Aubry, Keith B.; Edwards, Ceiridwen J.; Soulsbury, Carl D.; Berry, Oliver; Wang, Zhenghuan; et al. (2014). "Range-wide multilocus phylogeography of the red fox reveals ancient continental divergence, minimal genomic exchange and distinct demographic histories". Molecular Ecology 23 (19): 4813–4830. PMID 25212210. doi:10.1111/mec.12898.
- ↑ Mark J. Statham; Benjamin N. Sacks; Keith B. Aubry; John D. Perrine; Samantha M. Wisely (2012). "The origin of recently established red fox populations in the United States: translocations or natural range expansions?". Journal of Mammalogy 93 (1): 58. doi:10.1644/11-MAMM-A-033.1. Consultado o 17 de maio de 2015.
- ↑ Sacks BN, Moore M, Statham MJ, Wittmer HU (2011). "A restricted hybrid zone between native and introduced red fox Vulpes vulpes populations suggests reproductive barriers and competitive exclusion". Molecular Ecology 20 (2): 326–341. PMID 21143330. doi:10.1111/j.1365-294x.2010.04943.x. Consultado o 17 de maio de 2015.
- ↑ Logan A. Volkmann; Mark J. Statham; Arne Ø. Mooers; Benjamin N. Sacks (2015). "Genetic distinctiveness of red foxes in the Intermountain West as revealed through expanded mitochondrial sequencing". Journal of Mammalogy 96 (2): 297–307. doi:10.1093/jmammal/gyv007. Consultado o 17 de maio de 2015.
- ↑ Sacks, Benjamin N.; Statham, Mark J.; Perrine, John D.; Wisely, Samantha M.; Aubry, Keith B. (2010). "North American montane red foxes: Expansion, fragmentation, and the origin of the Sacramento Valley red fox". Conservation Genetics 11 (4): 1523–1539. doi:10.1007/s10592-010-0053-4.
- ↑ 24,00 24,01 24,02 24,03 24,04 24,05 24,06 24,07 24,08 24,09 Dale, Thomas Francis (1906). The fox. Londres, Nova York, Bombai: Longmans, Green, and Co. Consultado o 8 de xullo de 2016.
- ↑ Amber GF Teacher; Jessica A Thomas; Ian Barnes (2011). "Modern and ancient red fox (Vulpes vulpes) in Europe show an unusual lack of geographical and temporal structuring, and differing responses within the carnivores to historical climatic change". BMC Evolutionary Biology 11 (214): 214. PMC 3154186. PMID 21774815. doi:10.1186/1471-2148-11-214. Consultado o 17 de maio de 2015.
- ↑ Verena E Kutschera; Nicolas Lecomte; Axel Janke; Nuria Selva; Alexander A Sokolov; Timm Haun; Katharina Steyer; Carsten Nowak; Frank Hailer (2013). "A range-wide synthesis and timeline for phylogeographic events in the red fox (Vulpes vulpes)". BMC Evolutionary Biology 13 (114): 114. PMC 3689046. PMID 23738594. doi:10.1186/1471-2148-13-114. Consultado o 17 de maio de 2015.
- ↑ Allen SH, Sargeant AB (1993). "Dispersal Patterns of Red Foxes Relative to Population Density". Journal of Wildlife Management 57 (3): 526–533. JSTOR 3809277. doi:10.2307/3809277.
- ↑ 28,00 28,01 28,02 28,03 28,04 28,05 28,06 28,07 28,08 28,09 28,10 28,11 Merriam, Clinton Hart (1900). Preliminary revision of the North American red foxes. Washington Academy of Sciences. pp. 663–669.
- ↑ 29,0 29,1 Spagnesi & De Marina Marinis 2002, p. 221
- ↑ 30,0 30,1 30,2 30,3 Pocock, Reginald Innes (1941). The Fauna of British India, including Ceylon and Burma – Mammalia Vol 2, Carnivora :Aeluroidea, Arctoidea. Consultado o 8 de xullo de 2016.
- ↑ Allen 1938
- ↑ Hoath, Richard (2009). A Field Guide to the Mammals of Egypt. American Univ in Cairo Press. ISBN 977-416-254-4.
- ↑ 33,0 33,1 Osborn, Dale J; Helmy, Ibrahim (1980). The Contemporary Land Mammals of Egypt (including Sinai). Field Museum of Natural History. pp. 376, 679. Consultado o 9 de xullo de 2016.
- ↑ Miller, Gerrit Smith (1912) Catalogue of the mammals of Western Europe (Europe exclusive of Russia) in the collection of the British museum, British Museum (Natural History). Department of Zoology.
- ↑ Allen 1938, p. 353
- ↑ 36,0 36,1 36,2 Larivière, Serge; Pasitschniak-Arts, Maria (1996). Vulpes vulpes (PDF). American Society of Mammalogists. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de outubro de 2005. Consultado o 9 de xullo de 2016.
- ↑ 37,0 37,1 37,2 37,3 37,4 Sillero-Zubiri, Hoffman & MacDonald 2004, pp. 132–133
- ↑ Sillero-Zubiri, Hoffman & MacDonald 2004, p. 129
- ↑ 39,00 39,01 39,02 39,03 39,04 39,05 39,06 39,07 39,08 39,09 39,10 39,11 39,12 39,13 39,14 39,15 39,16 39,17 39,18 39,19 39,20 39,21 39,22 39,23 39,24 39,25 Macdonald, David (1987). Running with the Fox (en inglés). Londres: Unwin Hyman. ASIN B00H1HVF8G.
- ↑ Nowak, Ronald M (1999). Walker's Mammals of the World 2. JHU Press. p. 636. ISBN 0-8018-5789-9.
- ↑ Burnie D and Wilson DE (eds.), Animal: The Definitive Visual Guide to the World's Wildlife. DK Adult (2005), ISBN 0789477645
- ↑ Sillero-Zubiri, Hoffman & MacDonald 2004, p. 130
- ↑ Wilkes, David (5 de marzo de 2012). "'Largest fox killed in UK' shot on Aberdeenshire farm". BBC News Online.
- ↑ Sillero-Zubiri, Hoffman & MacDonald 2004, p. 131
- ↑ Fawcett, John K.; Fawcett, Jeanne M.; Soulsbury, Carl D. (2012). "Seasonal and sex differences in urine marking rates of wild red foxes Vulpes vulpes". Journal of Ethology 31 (1): 41–47. doi:10.1007/s10164-012-0348-7.
- ↑ Walters, Martin; Bang, Preben; Dahlstrøm, Preben (2001). Animal tracks and signs. Oxford: Oxford University Press. pp. 202–203. ISBN 0-19-850796-8.
- ↑ Henry, J. David (1977). "The use of urine marking in the scavenging behavior of the red fox (Vulpes vulpes)". Behaviour 61 (1/2): 82–106. JSTOR 4533812. doi:10.1163/156853977X00496.
- ↑ Andersen, K. F.; Vulpius, T. (1999). "Urinary volatile constituents of the lion, Panthera leo". Chemical Senses 24 (2): 179–189. PMID 10321819. doi:10.1093/chemse/24.2.179.
- ↑ Elbroch, Lawrence Mark; Kresky, Michael Raymond; Evans, Jonah Wy (2012). Field Guide to Animal Tracks and Scat of California. University of California Press. p. 189. ISBN 978-0-520-25378-0.
- ↑ Iossa, Graziella; et al. (2008). "Body mass, territory size, and life-history tactics in a socially monogamous canid, the red fox Vulpes vulpes". Journal of Mammalogy 89 (6): 1481–1490. doi:10.1644/07-mamm-a-405.1.
- ↑ 51,0 51,1 Hunter, L. (2011). Carnivores of the World. Princeton University Press. p. 106. ISBN 978-0-691-15227-1.
- ↑ Holland, Jennifer S. (xullo de 2011). "40 winks?". National Geographic 220 (1).
- ↑ Asa C. S., Mech D. (1995). "A review of the sensory organs in wolves and their importance to life history," in Ecology and Conservation of Wolves in a Changing World eds. Carbyn L. D., Fritts S. H., Seip D. R., editors. (Edmonton: Canadian Circumpolar Institute; ) 287–291
- ↑ osterholm H. (1964). The significance of distance reception in the feeding behaviour of fox (Vulpes vulpes L.). Acta Zool. Fenn. 106 1–31
- ↑ Wells M. C. (1978). Coyote senses in predation – environmental influences on their relative use. Behav. Processes 3 149–158 10.1016/0376-6357(78)90041-4
- ↑ Wells M. C., Lehner P. N. (1978). Relative importance of distance senses in Coyote predatory behavior. Anim. Behav. 26 251–258 10.1016/0003-3472(78)90025-8
- ↑ Yong, Ed (11 de xaneiro de 2011). Discover Magazine, ed. "Foxes use the Earth’s magnetic field as a targeting system - Not Exactly Rocket Science". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2018. Consultado o 25 de xaneiro de 2019.
- ↑ Jaroslav Červený; Sabine Begall; Petr Koubek; Petra Nováková; Hynek Burda (12 de xaneiro de 2011). "Directional preference may enhance hunting accuracy in foraging foxes". Biol. Lett. 7: 355–357. PMC 3097881. doi:10.1098/rsbl.2010.1145.
- ↑ Heptner & Naumov 1998, pp. 453–454
- ↑ Mech, L. David; Boitani, Luigi (2003). Wolves: Behaviour, Ecology and Conservation. University of Chicago Press. p. 269. ISBN 0-226-51696-2.
- ↑ Sargeant, Alan B; Allen, Stephen H. (1989). "Observed interactions between coyotes and red foxes". Journal of Mammalogy 70 (3): 631–633. JSTOR 1381437. doi:10.2307/1381437. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2007. Consultado o 27 de xaneiro de 2019.
- ↑ Scheinin, Shani; Yom-Tov, Yoram; Motro, Uzi; Geffen, Eli (2006). "Behavioural responses of red foxes to an increase in the presence of golden jackals: A field experiment" (PDF). Animal Behaviour 71 (3): 577–584. doi:10.1016/j.anbehav.2005.05.022.
- ↑ 63,0 63,1 Sillero-Zubiri, Hoffman & MacDonald 2004, p. 134
- ↑ "Eurasian Eagle Owl (Bubo bubo) - Information, Pictures, Sounds". The Owl Pages. 23 de outubro de 2015. Consultado o 10 de setembro de 2016.
- ↑ Watson, Jeff (2010). The Golden Eagle (2nd ed.). A&C Black. p. 92. ISBN 978-1-4081-1420-9.
- ↑ "Hazardous Substances and New Organisms Act 2003 – Schedule 2 Prohibited new organisms". Goberno de Nova Zelandia. Consultado o 26 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Impacts of Feral Animals". Game Council of New South Wales. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2012. Consultado o 29 de maio de 2012.
- ↑ Bostanci, A. (2005). "Wildlife Biology: A Devil of a Disease". Science 307 (5712): 1035. PMID 15718445. doi:10.1126/science.307.5712.1035.
- ↑ Short, J. (1998). "The extinction of rat-kangaroos (Marsupialia:Potoroidae) in New South Wales, Australia". Biological Conservation 86 (3): 365–377. doi:10.1016/S0006-3207(98)00026-3.
- ↑ "Threat Abatement Plan for Predation by the Red Fox (Vulpes vulpes)" (PDF). NSW National Parks and Wildlife Service. 2001. ISBN 0731364244.
- ↑ Millen, Tracey (outubro-novembro de 2006). "Call for more dingoes to restore native species" (PDF). ECOS 133. (referencias ó libro Australia's Mammal Extinctions: a 50,000 year history. Christopher N. Johnson. ISBN 978-0-521-68660-0.)
- ↑ Department of Primary Industries and Water, Tasmania website, ed. (18 de xullo de 2013). "Latest Physical Evidence of Foxes in Tasmania". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 20 de setembro de 2013.
- ↑ Lalošević, V.; Lalošević, D.; Čapo, I.; Simin, V.; Galfi, A.; Traversa, D. (2013). "High infection rate of zoonotic Eucoleus aerophilus infection in foxes from Serbia". Parasite 20 (3): 3. PMC 3718516. PMID 23340229. doi:10.1051/parasite/2012003.
- ↑ Smith, H. J. (1978). "Parasites of red foxes in New Brunswick and Nova Scotia". Journal of Wildlife Diseases 14 (3): 366–370. PMID 691132. doi:10.7589/0090-3558-14.3.366.
- ↑ grego antigo: Τευμησ(σ)ία ἀλώπηξ (Teumēs(s)íā alôpēx),gen.: Τευμησίας ἀλώπεκος, tamén coñecida como ἀλώπηξ τῆς Τευμησσοῦ "raposo de Teumeso"; Teumeso foi unha antiga cidade de Beocia.
- ↑ Wallen, Martin (2006). Fox. Reaktion Books. p. 40. ISBN 978-1-86189-297-3.
- ↑ Monaghan, Patricia (2004). The Encyclopedia of Celtic Mythology and Folklore. Infobase Publishing. pp. 199–200. ISBN 0-8160-4524-0.
- ↑ Goff, Janet (1997). "Foxes in Japanese culture: Beautiful or beastly?" (PDF). Japan Quarterly 44 (2). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de setembro de 2013. Consultado o 28 de xullo de 2012.
- ↑ Smyers, Karen Ann (1999). The Fox and the Jewel: Shared and Private Meanings in Contemporary Japanese Inari Worship. University of Hawaii Press. ISBN 0-8248-2102-5.
- ↑ Bright, Michael (2006). Beasts of the Field: The Revealing Natural History of Animals in the Bible. Londres: Robson Books. pp. 120–127. ISBN 1-86105-831-4.
- ↑ Bastian, Dawn Elaine; Mitchell, Judy K. (2004). Handbook of Native American Mythology. ABC-CLIO. pp. 99–100. ISBN 1-85109-533-0.
- ↑ 82,0 82,1 Potts, Allen (1912). Fox Hunting in America. Washington: The Carnahan Press. pp. 7, 38. Consultado o 9 de xullo de 2016.
- ↑ Dexter, Margaret (8 de decembro de 2009). Trapping Harvest Statistics (PDF). Minnesota Department of Natural Resources. p. 282 (Table 5).
- ↑ Pérez Pena, Marcos (21 de xaneiro de 2019). "O campionato galego de caza do raposo terá lugar en Carnota sen autorización do Concello". Praza Pública. Consultado o 28 de xaneiro de 2019.
- ↑ CRTVG, ed. (27 de xaneiro de 2019). "Concentración animalista na Coruña contra os campionatos de caza do raposo". Consultado o 28 de xaneiro de 2019.
- ↑ "NAFA February 2013 Fur Auction Results". trappingtoday.com. 22 de febreiro de 2013. Consultado o 9 de xullo de 2013.
- ↑ Lucy Jones (7 de maio de 2016). "Why we love keeping foxes at home - despite the smell". Telegraph.co.uk. Consultado o 10 de setembro de 2016.
- ↑ Fariha Karim. "Why having Mr Fox to stay is not such a fantastic idea after all | News | The Times & The Sunday Times". Thetimes.co.uk. Consultado o 10 de setembro de 2016.
- ↑ Trut, Lyudmila N. (1999). "Early canid domestication: The farm-fox experiment" (PDF). American Scientist 87 (2): 160–169. doi:10.1511/1999.20.813. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de febreiro de 2010. Consultado o 29 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Urban foxes: Overview". The fox website. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2013. Consultado o 20 de setembro de 2013.
- ↑ 91,0 91,1 91,2 91,3 Harris, Stephen (1986). Urban Foxes. 18 Anley Road, London W14 OBY: Whittet Books Ltd. ISBN 0905483472.
- ↑ "10,000 Foxes Roam London". News.nationalgeographic.com. 28 de outubro de 2010. Consultado o 20 de setembro de 2013.
- ↑ Lindsay-Smith, Bruce (20 de setembro de 2013). Daily Mail, ed. "Yes, urban foxes are getting bigger ... and more deadly. As a 4 ft fox is shot in Kent, a marksman who culls them for a living issues a chilling warning". Londres.
- ↑ "Fieldsports Britain : How to call in great big bucks". Fieldsportschannel.tv. 24 de outubro de 2012.
- ↑ "BBC Two - Winterwatch, Urban Fox Diary: Part 2". Bbc.co.uk. Consultado o 10 de setembro de 2016.
- ↑ "Fleet the Sussex fox breaks British walking record - BBC News". Bbc.co.uk. Consultado o 10 de setembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Raposo común |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Raposo común |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Osborn, Dale. J.; Helmy, Ibrahim (1980). "The contemporary land mammals of Egypt (including Sinai)". Field Museum of Natural History.
- Sillero-Zubiri, Claudio; Hoffman, Michael; MacDonald, David W. (2004). Canids: Foxes, Wolves, Jackals and Dogs – 2004 Status Survey and Conservation Action Plan. IUCN/SSC Canid Specialist Group. ISBN 2-8317-0786-2. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2011. Consultado o 11 de xaneiro de 2019.
- Spagnesi, Mario; De Marina Marinis, Maria (2002). Mammiferi d'Italia. Quaderni di Conservazione della Natura. ISSN 1592-2901.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Raposo común Arquivado 07 de xullo de 2007 en Wayback Machine., National Geographic (en inglés)
- Historia natural do raposo común, Wildlife Online (en inglés)
- Información do raposo do val de Sacramento (en inglés)
- Un vídeo dunha familia de raposos comúns, amosando o comportamento das crías (en inglés)
- Vídeo do comportamento dun macho adulto (en inglés)
- Raposo común, Fletcher Wildlife Garden (en inglés)