Saltar ao contido

Guerra civil inglesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Guerra Civil Inglesa (ou Guerras) é o termo co que se fai referencia á serie de conflitos armados e maquinacións políticas que tiveron lugar entre os monárquicos e os parlamentaristas desde 1642 ata 1651, e particularmente á primeira (1642-1645) e á segunda (1648-1649) guerras civís entre os seguidores do rei Carlos I de Inglaterra e os que apoiaban ao Parlamento e a infrutuosa campaña emprendida por Carlos II de Inglaterra, que concluíu coa súa derrota na Batalla de Worcester o 3 de setembro de 1651.

Introdución

[editar | editar a fonte]

As guerras están inextricablemente mesturadas e forman parte dunha serie de conflitos e guerras civís entre 1639 e 1651 nos reinos de Inglaterra, Escocia e Irlanda, que naquela época compartían un monarca pero eran distintos países en canto á súa organización política. Estes conflitos entrelazados foron chamados as Guerras dos tres reinos por recentes historiadores que queren ter unha visión xeral unificada máis que tratar partes doutros conflitos como pano de fondo da guerra civil inglesa. Algúns tamén as describen como "guerras civís británicas", pero isto pode levar a erro posto que os reinos non foron unha mesma entidade política ata o Acta de Unión de 1800.

As guerras levaron ao xuízo e execución de Carlos I, o exilio do seu fillo Carlos II, e a substitución da monarquía inglesa pola Commonwealth de Inglaterra (16491653) e logo un protectorado (16531659) baixo o goberno persoal de Oliver Cromwell. O monopolio da Igrexa de Inglaterra sobre a relixión cristiá en Inglaterra acaba, e unha nova aristocracia protestante estableceuse en Irlanda. Sentou un precedente respecto ao goberno dun rei, que non pode mandar sen consentimento do Parlamento e do seu pobo.

A diferenza doutras guerras civís en Inglaterra, que se referían a quen mandaba o país, esta tamén era unha disputa sobre como debe gobernarse o país, tamén se refire como a Revolución inglesa e (especialmente en círculos realistas no tempo) como a Gran Rebelión.

Primeira Guerra Civil (1642 -1649)

[editar | editar a fonte]
As posicións realistas están en vermello e as parlamentarias, en amarelo (1642-1645)

A primeira guerra civil inglesa (1642 a 1645) é o primeiro episodio da primeira revolución inglesa. Comprende unha serie de conflitos entre as forzas dos Parlamentarios e os Realistas. Os outros dous episodios son a Segunda guerra civil inglesa (1648-1649) e a Terceira guerra civil inglesa (1649-1651).

O enfrontamento entre o poder parlamentario e o poder real saldouse a favor do primeiro, moderando o rei a súa política absolutista e véndose controlado polo Parlamento. Foi entón cando este aprobou numerosas leis anti-absolutistas. Por exemplo, eliminouse o Corte da Cámara da Estrela, retirouse o poder ao rei de disolver o parlamento e condenouse a morte a William Laud, arcebispo de Canterbury e ao conde de Strafford, grande aliado do rei.

A guerra civil dividiu ás familias, mentres os estratos baixos reaccionaron con apatía. Foi unha guerra de asedios e escaramuzas e non de grandes batallas. O Parlamento contaba con vantaxe a longo prazo ao dispor dos recursos humanos e económicos de Londres e da axuda de 20.000 escoceses. Por iso procuraron esgotar aos realistas, cuxo principal xeneral foi o príncipe Ruperto, sobriño de Carlos.

Foron batallas destacadas neste conflito:

Oliver Cromwell, volvera ao Parlamento tras o seu retiro en 1629. Cando estalou a guerra civil en 1642, reuniu un rexemento de cabalaría, os ironsides ou "costelas de ferro", para combater en favor da causa parlamentaria. Con este continxente logrou un gran prestixio como militar durante a primeira fase da guerra.

O 25 de outubro de 1642 tivo lugar a inconclusa batalla de Edgehill. Carlos tivo oportunidade de tomar Londres pero retirouse incomprensibelmente. Na primavera de 1643 os realistas gozaron de varias vitorias, pero esgotada a munición, Carlos retrocedeu. O inverno trouxo consigo un estancamento.

Antes da súa morte a finais de 1643, o líder do Parlamento. Pym, asinou a Solemne Liga e Alianza, pola que os escoceses colaboraron con 20.000 homes a cambio dunha reforma relixiosa en Escocia acorde cos principios presbiterianos.

En xullo de 1644, tivo lugar a maior batalla da guerra en Marston Moor, con vitoria dos parlamentaristas, quen ocuparon despois York e aseguraron o control do norte. As disputas entre os xenerais parlamentaristas impediron rematar entón a guerra. En setembro, os realistas tomaron Cornualla. Tras a batalla de Newbury, os dous exércitos quedaron exhaustos.

Para resolver as loitas internas entre os xenerais parlamentaristas, ditouse a Ordenanza Autoexcluyente, pola que os membros do Parlamento non podían exercer autoridade militar. Só Oliver Cromwell quedou exento. As tropas foron reunidas no Novo Exército Modelo, mandado por Sir Thomas Fairfax. Carlos viuse obrigado a retroceder cara ao norte, pero en xullo de 1645, na batalla de Naseby, a vitoria realista desequilibrou definitivamente a guerra.

En 1644 e 1645 os católicos escoceses, axudados polos irlandeses, conseguiron espectaculares vitorias en Escocia, pero en setembro de 1645 foron esmagados pola Alianza.

Segunda Guerra Civil (1648 - 1649)

[editar | editar a fonte]

A segunda guerra civil inglesa (1648 a 1649) é o segundo episodio da primeira revolución inglesa. Consiste nunha serie de conflitos militares e políticos entre as forzas parlamentarias e os realistas.

As disputas entre os partidarios do rei Carlos I que se atopaba encarcerado polas forzas parlamentarias e os do "Parlamento longo" persistiron. Con todo os escasos apoios monárquicos entre os propios parlamentarios cesaron cando o rei escapou, aliouse cos escoceses e desencadeou de novo a guerra civil en 1648.

Entre abril-xuño de 1648 sucedéronse as sublevacións contra o Parlamento en Inglaterra, pero foron controladas polo Exército. Cromwell reprimiu unha rebelión en Gales. A principal batalla deste conflito foi a batalla de Preston, no verán deste ano. Oliver Cromwell derrotou aos escoceses.

Un pequeno grupo do exército estaba convencido da imposibilidade de chegar a un acordo con Carlos I, pero o Parlamento era partidario de negociar. No mes de decembro, autorizou a expulsión da oposición, deixando só a uns poucos membros que estaban de acordo coa designación dunha comisión que xulgase ao Rei por traizón. Este golpe militar instigado por Cromwell, organizado polo xeneral Ireton e levado a cabo polo coronel Thomas Pride purgou o Parlamento, de xeito que só quedaron algúns membros, no que se coñeceu como Parlamento Residual ou Rump.

Foi unha guerra cabaleiresca, na que Oliver Cromwell terminou vencendo, coa súa Batallón dos Santos (Ironsides), aos promonárquicos.

O fin do enfrontamento supuxo o enxuiciamiento por alta traizón do rei por un tribunal nomeado polo Rump. Foi decapitado o 30 de xaneiro de 1649. En consecuencia, proclamouse a única república na historia inglesa.

Terceira Guerra Civil

[editar | editar a fonte]
Cromwell na batalla de Dunbar (1659) por Andrew Carrick Gow

A terceira guerra civil inglesa (1649 a 1651) é a denominación que se dá aos enfrontamentos ocorridos en Irlanda e Escocia entre as forzas republicanas dirixidas por Cromwell con forzas realistas que apoiaron ao sucesor lexítimo Carlos II de Inglaterra. Os seus principais obxectivos eran lograr un goberno estable e tolerancia para todas as seitas puritanas. Cromwell esmagou aos partidarios monárquicos en Irlanda e Escocia e controlou Inglaterra.

Os episodios principais en Irlanda foron:

En canto a Escocia, foi o escenario das seguintes batallas:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]