Michael Grant
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de novembro de 1914 Londres, Reino Unido |
Morte | 4 de outubro de 2004 (89 anos) Londres. Inglaterra |
20º Presidente da Real Sociedade Numismática | |
1953 – 1956 ← Humphrey Sutherland – Christopher Evelyn Blunt → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Británica |
Educación | Trinity College. Universidade de Cambridge. |
Q89547790 | Estudos de historia e numismática da Antigüidade. |
Actividade | |
Campo de traballo | Historiografía e numismática. |
Ocupación | historiador, administrador acadêmico (pt) , científico, actor, profesor universitario, director de cinema, xornalista de opinión, historiador da antigüidade clásica, erudito clásico, filólogo clásico, administrador, arqueólogo, escritor, numismático, tradutor |
Empregador | Universidade de Cartum (pt) Universidade de Edimburgo |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | Anne-Sophie Beskow. |
Premios | |
- (1962): Medalla da RNS. - (1964): Medalla Huntington (ANS. | |
Michael Grant, nado o 21 de novembro de 1914 en Londres, Inglaterra, e finado na mesma cidade o 4 de outubro de 2004, foi un historiador e numismático inglés, autor de numerosas publicacións sobre a historia e a numismática da Antigüidade, e profesor en diversas universidades británicas e de Oriente Medio.[1][2][3][4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Michael naceu en Londres, fillo do coronel Maurice Grant, un xornalista e militar británico que actuara na guerra anglo-bóer e posteriormente escribiu a súa biografía. Na súa xuventude, Grant cursou o seu ensino secundario na londiniense Harrow School entre 1933 e 1937, e o ano seguinte ingresou no Trinity College, da Universidade de Cambridge, onde realizou os seus estudos superiores e se doutorou en Letras.[2][3][4]
O seu centro de interese como erudito e investigador foi a numismática. Unha tese sobre as moedas romanas de bronce presentada para a consecución dunha bolsa de investigación converteuse na súa primeira publicación: From Imperium to Auctoritas (1946)[5], e sobre esta materia publicou catro libros máis na seguinte década.[3][4]
Durante a segunda guerra mundial, Grant serviu un ano como oficial de Intelixencia en Londres, antes de ser destinado en 1940 como primeiro representante do British Council en Turquía. Nos seus cinco anos nese país puido continuar as súas investigacións numismáticas visitando os museos turcos, así como adquirir unha colección de 693 moedas provinciais romanas. Igualmente, en Turquía contactou con Anne-Sophie Beskow, unha traballadora da legación sueca, con quen casou e con quen tivo dous fillos.[3][6]
Á fin da guerra, Michael Grant e a súa esposa regresaron a Inglaterra en 1945 e trouxeron consigo a colección de moedas, que pasou a formar parte dos fondos do Fitzwilliam Museum, da Universidade de Cambridge, a partir de 1948.[3][7]
Logo dunha breve tempada en Cambridge, Grant solicitou a praza vacante da cátedra de Humanidades (Latín) na Universidade de Edimburgo, que lle foi concedida e que ocupou entre 1948 e 1959. Durante unha excedencia de dous anos, entre 1956 e 1958 tamén desempeñou o posto de reitor da Universidade de Khartún, no Sudán. Grant foi tamén reitor da Queen's University Belfast durante dous anos (1959-1966), e a partir dese momento dedicouse á escritura a tempo completo.[2][3][8]
Como autor foi particularmente prolífico, xa que publicou máis de 70 obras, entre monografías propias e traducións, acerca de temas tan variados como as cuñaxes romanas, a erupción do Vesubio ou o Evanxeo. Realizou estudos xerais da historia da Antiga Roma, da Antiga Grecia e de Israel, así como detalladas biografías de personaxes como Xulio César, Herodes o Grande, Cleopatra, Nerón, Xesucristo, San Pedro ou San Paulo.[3]
Na década de 1950, o éxito editorial de Grant xerou controversia entre a comunidade dos estudos clásicos, tal como se reflicte nun artigo de The Times:
O achegamento de Grant á historia clásica comezaba a dividir os críticos. Os numismáticos sentiron que o seu traballo académico era irreprochable, mais algúns académicos opuxéronse ao seu intento de condensar un estudo da literatura romana en 300 páxinas e sentiron (en palabras dun crítico) que "mesmo os historiadores máis eruditos e talentosos deberían considerar un límite de velocidade". Os académicos seguían a cavilar, mais o público seguía a mercar.[9]
A partir de 1966, Grant viviu xunto coa súa muller en Gattaiola, unha vila próxima a Lucca, na Toscana.[3][10] Retornou a Londres en abril de 2004, uns meses antes do seu falecemento.[7] A súa autobiografía, titulada My First Eighty Years, foi publicada en 1994.[3][11]
Michael Grant foi membro da Royal Numismatic Society, de Londres, entidade que presidiu entre 1953 e 1956.[12]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 1946 foi nomeado oficial e en 1958 comendador da Orde do Imperio Británico. En 1984 foi elixido membro de honra da Royal Numismatic Society.[13]
Premios
[editar | editar a fonte]- (1962): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres.[14]
- (1964): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York.[15]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Monografías orixinais
[editar | editar a fonte]- (1946). From Imperium to Auctoritas. Cambridge University Press.
- (1950). Aspects of the Principate of Tiberius: Historical Comments on the Colonial Coinage Issued Outside Spain. American Numismatic Society, Nova York.
- (1950). Roman Anniversary Issues: An Exploratory Study of the Numismatic and Medallic. Commemoration of Anniversary Years, 49 B.C. - A.D. 375. Cambridge University Press.
- (1952). Ancient History. Methuen, Londres.
- (1953). The Six Main Aes Coinages of Augustus. Edinburgh University Press.
- (1954). Roman Imperial Money. Thomas Nelson & Sons, Londres.
- (1958). Roman Literature. Cambridge University Press.
- (1958). Roman History from Coins. Cambridge University Press.
- (1960). The World of Rome. Weidenfeld & Nicolson, Londres.
- (1961). The Ancient Mediterranean. Scribner, Nova York.
- (1962). Myths of the Greeks and Romans. New American Library, Nova York.[16]
- (1964). Greece and Rome: The Birth of Western Civilization. Thames and Hudson, Londres.
- (1965). The Civilizations of Europe. New American Library, Nova York.
- (1966). Cambridge. Weidenfelf & Nicholson, Londres.
- (1967). The Gladiators. Weidenfelf & Nicholson, Londres.
- (1968). The Climax of Rome: The Final Achievements of the Ancient World, AD 161-337. Weidenfeld & Nicolson, Londres. ISBN 0-297-81391-9
- (1969). Julius Caesar. Weidenfeld & Nicolson, Londres.
- (1970). The Ancient Historians. Scribner, Nova York.
- (1970). The Roman Forum. Weidenfelf & Nicholson, Londres.
- (1970). Nero. Emperor in Revolt. American Heritage, Nova York.
- (1971). Herod the Great. American Heritage, Nova York.
- (1971). Roman Myths. Scribner, Nova York. ISBN 9780684125718
- (1971). Cities of Vesuvius: Pompeii and Herculaneum. Weidenfeld & Nicolson, Londres.
- (1971). Atlas of Classical History. Orion, Londres.
- (1972). Cleopatra. Weidenfeld & Nicolson, Londres.
- (1973). The Jews in the Roman World. Weidenfeld and Nicolson
- (1973). Gods and Mortals in Classical Mythology (con John Hazel). G. & C. Merriam.
- (1973). Who's Who in Classical Mythology (con John Hazel). Weidenfeld & Nicolson, Londres. ISBN 9781858411637
- (1974). Caesar. Weidenfeld & Nicolson, Londres. ISBN 0-695-80542-8
- (1974). The Army of the Caesars. Scribner, Nova York. ISBN 9780684138213
- (1975). The Twelve Caesars. Scribner, Nova York. ISBN 0684144026
- (1976). Saint Paul. Weidenfeld & Nicolson, Londres. ISBN 0-297-77082-9
- (1977). Jesus: An Historian's Review of the Gospels. Scribner, Nova York. ISBN 0-684-14889-7
- (1978). History of Rome. Scribner, Nova York. ISBN 0-02-345610-8
- (1979). The Art and Life of Pompeii and Herculaneum. Newsweek Books. ISBN 9780882252698
- (1980). The Etruscans. Scribner, Nova York. ISBN 0684167247
- (1980). Greek and Latin Authors: 800 BC - AD 1000. H. W. Wilson. ISBN 9780824206406
- (1981). Dawn of the Middle Ages. Mcgraw-Hill, Nova York. ISBN 0-07-024076-0
- (1982). Eros in Pompeii: The Secret Rooms of the National Museum of Naples. Bonanza Books, Nova York. ISBN 9780517177471
- (1982). From Alexander to Cleopatra: the Hellenistic World. Scribner, Nova York. ISBN 0-684-17819-2
- (1984). The History of Ancient Israel. Scribner, Nova York. ISBN 0-02-345620-5
- (1985). The Roman Emperors: A Biographical Guide to the Rulers of Imperial Rome 31 B.C. - A.D. 476. Weidenfeld & Nicolson. 9780297785552
- (1985). Gods and Mortals in Classical Mythology: A Dictionary (con John Hazel). Dorset Press, Nova York. ISBN 9780880290364
- (1986). A Guide to the Ancient World: A Dictionary of Classical Place Names. Barnes & Noble. ISBN 9780760704257
- (1987). The Rise of the Greeks. Phoenix Press, Londres. ISBN 1-89880-047-2
- (1989). The Classical Greeks. Weidenfeld & Nicolson, Londres. ISBN 0-75380-181-7
- (1990). The Visible Past: Greek and Roman History from Archaeology, 1960–1990. Scribner, Nova York. ISBN 0-02-080041-X
- (1991). The Founders of the Western World: A History of Greece and Rome. Scribner, Nova York. ISBN 0-684-19303-5
- (1992). A social history of Greece and Rome. Scribner, Nova York. ISBN 0684193094
- (1993). The Emperor Constantine. Phoenix Press, Londres. ISBN 978-1-7802-2280-6
- (1994). The Antonines: The Roman Empire in Transition. Routledge, Londres. ISBN 0-415-13814-0
- (1994). St Peter. Weidenfeld & Nicolson, Londres. ISBN 9780297814429
- (1994). Constantin the Great. The Man and his Times. Scribner, Nova York. ISBN 0-684-19520-8
- (1994). My First Eighty Years. Aidan Ellis, Nuffield. ISBN 9780856282577
- (1994). The Sayings of the Bible. Duckworth. ISBN 978-0715624487
- (1995). Greek and Roman Historians: Information and Misinformation. Routledge. ISBN 978-0415117692
- (1995). Art in the Roman Empire. Routledge, Londres. ISBN 9780415120319
- (1996). The Severans: The Changed Roman Empire. Routledge. Londres. ISBN 0-415-12772-6
- (1998). From Rome to Byzantium: The Fifth Century. Routledge, Londres. ISBN 0415147530
- (1999). The Collapse and Recovery of the Roman Empire. Routledge, Londres. ISBN 9780415173230
- (2000). Sick Caesars. Barnes & Noble, Nova York. ISBN 07-7607-4136-0
Traducións
[editar | editar a fonte]- (1956). Tacitus, The Annals of Imperial Rome. Penguin, Londres.
- (1960). Cicero, Selected Works. Penguin, Londres. ISBN 9780140440997
- (1969). Cicero, Selected Political Speeches. Penguin, Londres.
- (1971). Cicero, On the Good Life. Penguin, Londres. ISBN 0140442448
- (1975). Cicero, Murder Trials. Penguin, Londres. ISBN 9780140442885
- (1993). Cicero, On Government. Penguin, Londres. ISBN 0140445951
Como ditor
[editar | editar a fonte]- (1954). Roman Literature. Cambridge University Press.
- (1958). Roman Readings: Translations from Latin Prose and Poetry. Penguin, Londres.
- (1973). Greek Literature in Translation. Penguin, Londres. ISBN 9780140215236
- (1979). Suetonius, The Twelve Caesars: An Illustrated Edition. Allen Lane. ISBN 0-7139-1195-6
- (1988). Civilization of the Ancient Mediterranean (con R. Kitzinger). Scribner, Nova York. Vol. I. ISBN 9780684188645. Vol. II. ISBN 9780684188652
- (1990). Apuleius, The Golden Ass. Penguin, Londres. ISBN 978-0140445244
- (1992). Readings in the Classical Historians. Scribner, Nova York. ISBN 0-684-19245-4
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Professor Michael Grant". En Daily Telegraph. 8 de outubro de 2004.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Heath, S. "Obituary: Michael Grant 1914-2004". American Numismatic Society.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 Amandry, M. (2004) Arquivado 08 de marzo de 2022 en Wayback Machine..
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Duglas, M. (2004).
- ↑ Véxase (1946) en "Publicacións".
- ↑ Duglas, M. (2004).
- ↑ 7,0 7,1 Oliver, M. (2004).
- ↑ Duglas, M. (2004).
- ↑ "Michael Grant". En The Times, 13 de outubro de 2004.
- ↑ Heath, S. "Obituary: Michael Grant 1914-2004". American Numismatic Society.
- ↑ Véxase (1994) en "Publicacións".
- ↑ "Presidents of the Society". The Royal Numismatic Society.
- ↑ "Honorary Fellowship". The Royal Numismatic Society.
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
- ↑ Adkin, Arthur W. H. (1966). "Greek and Roman Myths Michael Grant: Myths of the Greeks and Romans. Pp. 487; 97 plates. London: Weidenfeld and Nicolson, 1962". En The Classical Review. Vol. 16. Nº 1. Páxinas 78-79.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Amandry, M. (2004). "Michael Grant (1914-2004) Arquivado 08 de marzo de 2022 en Wayback Machine.". En Comte rendu 51. International Numismatic Council. Páxinas 13-19.
- Duglas, M. (2004). "Michael Grant, Who Wrote Histories of the Ancient World, Is Dead at 89". En The New York Times. 25 de outubro.
- Oliver, M. (2004). "Michael Grant, 89; Historian Focused on Ancient Cultures". En Los Angeles Times. 29 de outubro.
Predecesor: Humphrey Sutherland |
Presidente da Royal Numismatic Society 1953 - 1956 |
Sucesor: Christopher E. Blunt |
- Nados en 1914
- Finados en 2004
- Nados en Londres
- Numismáticos do Reino Unido
- Historiadores do Reino Unido
- Historiadores de Historia Antiga
- Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society
- Galardoados coa medalla Huntington
- Presidentes da Royal Numismatic Society
- Alumnos da Universidade de Cambridge
- Profesores da Universidade de Edimburgo
- Profesores da Universidade de Khartún
- Profesores da Queen's University Belfast
- Orde do Imperio Británico