Martiño I, papa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de xuño de 598 Pian di San Martino, Italia (pt) |
Morte | 19 de setembro de 655 (57 anos) Quersoneso, Ucraína (pt) |
Lugar de sepultura | Quersoneso (pt) |
74º Papa | |
24 de xullo de 649 – 16 de setembro de 655 (Gregoriano) ← Teodoro I – Uxío I → | |
Cardeal | |
649 – | |
Papal apocrisiarius to Constantinople (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | político, Western priest (en) , diplomático, escritor |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 13 de abril |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok The Nuttall Encyclopædia >>>:Martin I., St. Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Martiño I, nado en Todi (Umbría) e finado no Quersoneso (Crimea) o 16 de setembro de 655, foi o papa nº 74 da Igrexa católica de 649 a 655.
Pontificado
[editar | editar a fonte]Iniciou o pontificado convocando axiña o concilio que o seu predecesor Teodoro I non puido celebrar. Neste concilio, celebrado en Latrán condenouse o monotelismo que o emperador bizantino Constante II quería impoñer como solución de compromiso entre a ortodoxia cristiá e o monofisismo.
Decatándose da noticia da condena, Constante II fixo deter o papa polo exarca Calliopas de Rávena e ordenou o seu traslado á capital imperial. O exarca, á súa chegada a Roma, informa o clero que Martiño I fora deposto como papa. O mércores 19 xuño de 653, o papa foi embarcado con destino a Constantinopla, onde chega o 17 de setembro de 654, tras permanecer durante case un ano na illa de Naxos. Maltratado durante a travesía, Martiño chegou enfermo e debeu ser transportado sobre unha padiola.
En Constantinopla, tivo unha parodia de xuízo no Hipódromo, con cargos de herexía e inimigo do estado. Foi condenado a morte o 20 de decembro de 654. Martiño I foi vexado e insultado, privado das súas vestiduras, cargado de cadeas e a súa roupa sacerdotal rompeuse publicamente e colocóuselle unha pesada cadea ao colo.
Tras tres meses de prisión, o emperador conmutoulle a pena de morte pola de exilio en Crimea, onde chega o 15 de maio de 655, nunha situación física tan deplorable, debida ao maltrato sufrido dende a súa detención, que faleceu o 16 de setembro de 655.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Martiño I, papa |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |