Serxio IV, papa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 970 Roma, Italia |
Morte | 12 de maio de 1012 (41/42 anos) Roma, Italia |
Causa da morte | veleno |
Lugar de sepultura | Basílica de San Xoán de Latrán |
142º Papa | |
6 de agosto de 1009 – 12 de maio de 1012 (Gregoriano) ← Xoán XVIII – Bieito VIII → | |
Cardeal | |
1004 (Gregoriano) – | |
Bispo diocesano | |
1004 (Gregoriano) – 6 de agosto de 1009 Diocese: diocese de Albano | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | bispo católico (1010 (Gregoriano)–), sacerdote católico |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Familia | |
Pais | Peter e Stephania |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Serxio IV, nado en Roma e finado o 12 de maio de 1012, foi Papa de 1009 a 1012.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun zapateiro, escalou posicións dentro da xerarquía eclesiástica ata ser ordenado bispo de Albano o 1004.[1][2]
Durante o seu pontificado o califa fatimita al-Hakim bi-Amr Allah fixo destruír a Igrexa do Santo Sepulcro en Xerusalén, e este feito dise que orixinou as primeiras bulas papais para as Cruzadas.
Recibiu a Santo Ermengol en Roma (1011) onde lle explicou os sucesos do Misterio do Santa Dúbida de Ivorra. Serxio IV deu fe que era un milagre e quedou o cáliz do sangue. A cambio, fixo enviar a Ivorra os panos manchados de sangue e o documento pontificio que recoñecía o milagre como verdadeiro, e, ademais, un cabelo da Virxe María, unha espiña da coroa de Xesús, un fragmento de pedra do sepulcro do Señor e outras reliquias de santos.
Os monxes beneditinos venérano como santo, pero Serxio IV non está canonizado oficialmente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ His epitaph, quoted by Duchesne, p. 264, states, Albanum regimen lustro venerabilis uno rexit. A lustrum is a five-year period.
- ↑ Mann, Horace. "Pope Sergius IV." The Catholic Encyclopedia Vol. 13. New York: Robert Appleton Company, 1912. 8 de novembro de 2017
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Duchesne Louis, ed. (1892). Le Liber Pontificalis (en latín e francés). París: E. De Boccard. p. 267.
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |