Morcego das hortas
Morcego das hortas | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Eptesicus (Eptesicus) serotinus (Schreber, 1774) | |||||||||||||||||||||
Mapa de distribución de E. serotinus
| |||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
O morcego das hortas (Eptesicus serotinus) é unha especie de morcego da familia Vespertilionidae.
Descrición
[editar | editar a fonte]Morcego de talle grande e pelo monocor co lombo pardo escuro e o bandullo máis claro, os máis novos son de cor agrisada. Orellas triangulares e curtas, as membranas das ás insérense na base dos pés. As femias son maiores cós machos, teñen unha medida de corpo entre 46 e 55 mm e un peso entre 17 e 28 gramos. A súa fórmula dentaria é .
Distribución
[editar | editar a fonte]Preséntase na maior parte de Europa, da Península Ibérica, no sur de Inglaterra, sur de Suecia e nos Países Bálticos, no centro de Rusia, sur dos Urais e no Cáucaso, Noroeste de África, Cirenaica, Illas Mediterráneas, Turquía, o Líbano, Israel, Siria, Irán, Afganistán, Casaquistán, Turkmenistán, Uzbekistán, Kirguizistán, Mongolia, a China, Península de Corea, Taiwán, Himalaia do noroeste da India, Tailandia até Laos polo leste; e talvez na África subsahariana. En España localízase en Castela e León, no norte de Castela-A Mancha, Val do Ebro e País Vasco. No resto tras unha diferenciación recente, utilizando técnicas moleculares, comprobouse a existencia da nova especie, Eptesicus isabellinus, antes unha subespecie de E. serotinus, e que ocuparía as zonas máis termofilas da Península e norte de África.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Morcego preferentemente fisurícola, preferentemente en rochas e en moita menos proporción ocos de árbores, están adaptados ás fendas de todo tipo de construcións humanas. Prefire zonas baixas, aínda que se atopou até os 1.800 m na Serra das Neves, (Málaga).
Ameazas
[editar | editar a fonte]A selaxe inaxeitada das xuntas de dilatación das infraestruturas e edificios utilizados como refuxio levan a desaparición das colonias. Nalgúns países poténcianse as poboacións dispondo fendas axeitadas en obras públicas (pontes, viadutos etc.).
Patoloxías
[editar | editar a fonte]É o principal portador, na saliva, dun virus rábico denominado EBL1, (European bat Lyssavirus). En gromos infecciosos virulentos a mortalidade pode verse aumentada un 30% por mor da enfermidade.
Os casos de transmisión da enfermidade da rabia a mamíferos non morcegos, incluído o home, son moi raros, malia iso débese evitar o contacto coa especie.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Morcego das hortas |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Morcego das hortas |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- SIMMONS, N. B. Order Chiroptera. In: WILSON, D. E.; REEDER, D. M. (Eds.). Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference. 3. ed. Baltimore: Johns Hopkins University Press, 2005. v. 1, p. 312-529.
- Godlevska, L., Kruskop, S.V. & Gazaryan, S. 2021. Eptesicus serotinus (amended version of 2020 assessment). The IUCN Red List of Threatened Species 2021: e.T85199559A195834153. https://dx.doi.org/10.2305/IUCN.UK.2021-1.RLTS.T85199559A195834153.en. Consultado o 6 de outubro de 2021
- Eptesicus serotinus, en Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed).(en inglés)
- Eptesicus serotinus(en castelán) no Atlas da biodiversidade do Ministerio de Medio Ambiente (MMA). Arquivo en pdf.