Saltar ao contido

Louis Feuillade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLouis Feuillade

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 1873 Editar o valor en Wikidata
Lunel, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte25 de febreiro de 1925 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Niza, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteperitonite Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaQ110481873 Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, xornalista, produtor de cinema, guionista, poeta Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1905 Editar o valor en Wikidata - 1924 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoCinema mudo Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0275421 Allocine: 4128 Allmovie: p89692
WikiTree: Feuillade-21 Find a Grave: 8991238 Editar o valor en Wikidata

Louis Feuillade ([fœjad]), nado en Lunel (Hérault) o 19 de febreiro de 1873 e finado en Niza o 25 de febreiro de 1925 foi un director cinematográfico francés da era muda.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Feuillade naceu en Lunel, fillo de Barthélémy Feuillade, modesto comerciante de viño, e Marie Avesque. Antes da adolescencia xa mostrou interese na literatura e creou numerosos proxectos de dramas e vodevís. Os seus poemas foron publicados en xornais locais e adquiriu sona polos seus artigos favorables á tauromaquia. Aos doce anos os seus pais enviárono ao seminario católico en Carcasona e entre 1891 e 1895 realizou o servizo militar obrigatorio. En 1902, trala morte dos seus pais marchou a París na busca do éxito literario, pero sufriu a miseria durante varios anos.

Escena de Fantômas

A principios de 1905 comezou a enviar guións á compañía Gaumont e á súa directora artística, Alice Guy, que compraron os seus guións e o invitaron a dirixilos el mesmo. Para axudar a súa familia, declinou a invitación para continuar traballando de xornalista. Porén, en 1906 gañara confianza abonda para dirixir as súas historias, a meirande parte comedias. Cando en 1907 Alice Guy marchou aos Estados Unidos suxeriu que Feuillade fose o novo director artístico da compañía. A súa primeira obra mestra foi a serie de 1913 Fantômas.

Traballou en Gaumont ata 1918 e ao mesmo tempo producía os seus propios filmes, polo que se estima que na súa carreira realizou uns oitocentos filmes.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  • 1906 The Magnitized Man, Le Coup de vent, Le Thé chez la concierge
  • 1907 Le Thé chez la concierge (filme máis antigo de Feuillade que se conserva)
  • 1908 La Légende de la fileuse
  • 1910-13 Bébé Apache - 1911 (aproximadamente noventa curtametraxes).
  • 1911 Heliogabale[1]
  • 1911-12 Serie La vie telle qu'elle est: la Tare - 1911 (14 filmes)
  • 1913-14 Serie Fantômas (5 filmes)
  • 1913-14 Serie Bout de Zan: Bout de Zan vole un éléphant - 1913
  • 1913-14 Serie La vie drôle: le Jocond (vodevís - 5 filmes)
  • 1915 Les vampires (10 episodios)
  • 1916 Judex (12 episodios)
  • 1918 Vendemiaire (dúas partes)
  • 1918 Tih Minh (12 episodes)
  • 1919 Barrabas (12 episodes)
  • 1921-22 Belle Humeur: Seraphin ou les jambes nues - 1921 (vodevís - 5 filmes)
  • 1922 Parisette (12 episodios)
  • 1923 Vindicta (5 actos)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]