Saltar ao contido

Alice Guy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlice Guy

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Alice Ida Antoinette Guy Editar o valor en Wikidata
1 de xullo de 1873 Editar o valor en Wikidata
Saint-Mandé, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte24 de marzo de 1968 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
Mahwah, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMaryrest Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprodutora, realizadora, actriz de cinema, autora, directora de cinema, guionista, director teatral Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1894 Editar o valor en Wikidata - 1920 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorGaumont Film Company Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeHerbert Blaché (1907–1922) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Women film directors : an international bio-critical dictionary (en) Traducir
The St. James women filmmakers encyclopedia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0349785 Allocine: 18139 Allmovie: p198538
BNE: XX1768078 WikiTree: Guy-5031 Find a Grave: 6837011 Editar o valor en Wikidata

Alice Guy-Blaché, nada en Saint-Mandé (Val do Marne) o 1 de xullo de 1873 e finada en Wayne (Nova Jersey) o 24 de marzo de 1968 foi unha cineasta francesa. Foi a primeira muller directora de cinema e unha das primeiras persoas que dirixiron filmes de ficción.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A nai de Guy vivía en Santiago de Chile e mudouse a París mentres estaba embarazada e nesa cidade deu a luz. Guy foi criada polos seus avós ata os catro anos, cando a súa nai a recuperou e marchou con ela a Chile, onde Guy coñeceu o seu pai. En 1879, o seu pai devolveuna a Francia onde estudou con dúas das súas irmás. Pouco despois a cadea de librerías do seu pai caeu na bancarrota, polo que tivo que cambiar a unha escola máis barata. Trala morte de seu pai, Guy preparouse como tipógrafa e conseguiu o seu primeiro emprego como secretaria, sendo contratada en 1894 por Léon Gaumont para a súa compañía fotográfica. A empresa deixou o negocio decontado, pero Gaumont creou a súa propia compañía cinematográfica, á que se uniu Guy, que foi entre 1896 e 1906 a xefa de produción.

En 1906 dirixiu The Life of Christ, unha gran produción con trescentos extras. Foi ademais unha pioneira no uso das gravacións sonoras.

En 1907 casou con Herbert Blaché, que foi destinado aos Estados Unidos pola compañía Gaumont. Ambos os dous formaron con George A. Magie The Solax Company, maior estudio americano anterior a Hollywood. Guy traballabou como directora e directora artística. O éxito era tan grande que puideron investir máis de 100.000 dólares en tecnoloxía avanzada.

Alice Guy e o seu marido divorciáronse varios anos despois, co que cesou a produción de Solax. Guy pasou a traballar para o servizo cinematográfico de William Randolph Hearst ata que volveu a Francia en 1922. Non volveu a realizar ningún filme, pero si deu clases sobre cinema e escribiu novelas.

En 1964 volveu aos Estados Unidos e finou o 24 de marzo de 1968.[1]

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Acker, Ally. Reel Women: Pioneers of the Cinema, 1896 to the Present. Nova York: Continuum, 1990. Print.
  • Acker, Ally. Reel Women: The First Hundred Years (Two Volumes). Nova York: Reel Women Media, 2011. Print.
  • McMahan, Alison. Alice Guy Blaché: Lost Visionary of the Cinema. Nova York: Continuum, 2002. Print.
  • McMahan, Alison. "Alice Guy Blache The Research & Books of Alison Mcmahan." Aliceguyblache.com. Homunculus Productions.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]