Saltar ao contido

Henry Taube

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHenry Taube

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de novembro de 1915 Editar o valor en Wikidata
Neudorf, Canadá Editar o valor en Wikidata
Morte16 de novembro de 2005 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Palo Alto, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
ResidenciaPalo Alto (–2005)
Saskatchewan Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de California, Berkeley - química (–1940)
Universidade de Saskatchewan (pt) Traducir
Luther College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuímica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónquímico, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Cornell
Universidade de Chicago
Universidade Stanford Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoThomas J. Meyer (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaTaube family (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
FillosKarl Taube Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteHENRY TAUBE. 30 NOVEMBER 1915 - NOVEMBER 2005. (en) Traducir
Henry Taube: inorganic chemist extraordinaire (en) Traducir
Celebration of inorganic lives: interview with Henry Taube (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Taube-218 Find a Grave: 12404983 Editar o valor en Wikidata

Henry Taube, nado o 30 de novembro de 1915 en Neudorf, Saskatchewan (Canadá) e finado o 16 de novembro de 2005 en Palo Alto, California (USA), foi un químico nado canadense e nacionalizado estadounidense. O seu traballo investigando os mecanismos das reaccións de transferencias de electróns, especialmente entre metais, ou transferencias de electróns na esfera interior, foron recompensados co Premio Nobel de Química en 1983.

Traxectoría

[editar | editar a fonte]

Taube asistiu a clases na escola de educación secundaria Luther College, de Regina, Saskatchewan. Recibiu o título de bacharelato e a gradación da Universidade de Saskatchaven en 1935 e 1937 respectivamente. En 1940 obtivo o doutoramento pola Universidade de Berkeley, California. Obtivo a cidadanía estadounidense. Desde 1961 deu clases de química nas universidades de Cornell e Chicago. Desde 1978 exerceu como director do departamento de química da Universidade Stanford en Palo Alto, California, cargo que abandonou en 1986, con 70 anos.

Faleceu na súa casa de Palo Alto, California o 16 de novembro de 2005, catorce días antes de celebrar o seu nonaxésimo aniversario (90 anos).

Investigacións científicas

[editar | editar a fonte]

Os estudos que lle valeron o Premio Nobel trataban das reaccións nas que algunhas moléculas obteñen electróns doutras, coñecidas como redox, unha contracción de redución e oxidación. As reaccións redox danse na natureza na fotosíntese vexetal e na respiración animal, e en procesos industriais como a combustión. O seu traballo trataba especificamente dos compostos nos que un átomo de metal está rodeado de varios átomos doutras moléculas coñecidas como ligandos. Foi un dos primeiros químicos en usar isótopos para determinar mecanismos de reacción e en probar os mecanismos da química inorgánica. Expandiu en gran medida a química coñecida do rutenio e o osmio.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Aaron Klug
Premio Nobel de Química

1983
Sucesor:
Robert Bruce Merrifield
  • Obituario do New York Times
  • P. C. Ford, E. I. Solomon, Angewandte Chemie International Edition, 2006, 45, 692–693. DOI: 10.1002/anie.200504564
  • C. Creutz, P. C. Ford, T. J. Meyer "Henry Taube: Inorganic Chemist Extraordinaire" Inorganic Chemistry, 2006, volumen 45, pp 7059 – 7068. DOI: 10.1021/ic060669s