Saltar ao contido

Bacharelato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sistema educativo español
Réxime xeral
Réxime especial

O Bacharelato é un título ou unha etapa educativa moi diferente en distintos países e épocas.

No sistema educativo español actual, que foi deseñado na LOXSE, o bacharelato é a derradeira etapa do Ensino Secundario. Ten carácter voluntario e unha duración de dous cursos, normalmente entre os 16 e os 18 anos.

Pode ser:

  • Ciencias
  • Humanidades e ciencias sociais
  • Arte
  • Xeral

Os estudos desta etapa perseguen os seguintes obxectivos:

  • Formación xeral, que favoreza unha maior madurez intelectual e persoal, así como unha maior capacidade para adquirir unha ampla gama de saberes e habilidades.
  • Preparatoria, que asegure as bases para estudos posteriores, tanto universitarios como de formación profesional.
  • Orientadora, que lles permita aos alumnos canalizar as súas preferencias e intereses.

As materias que se imparten son máis especializadas que no Ensino Secundario Obrigatorio.

Ao finalizar o bacharelato o alumno pode presentarse a un exame de selectividade, o cal consiste nunhas probas escritas que permiten ter acceso aos estudos universitarios, ou ben acceder a ciclos formativos de grao superior.

Materias do primeiro curso

[editar | editar a fonte]

Materias troncais

Materias de opción de Ciencias (elección de dúas)

[editar | editar a fonte]
  • Debuxo Técnico
  • Bioloxía e Xeoloxía
  • Física e química

Materias de opción de Humanidades e Ciencias Sociais (elección de dúas)

[editar | editar a fonte]
  • Grego
  • Economía
  • Literatura Universal
  • Historia do mundo contemporáneo

Materias de opción de Arte (elección de dúas)

[editar | editar a fonte]
  • Literatura Universal
  • Historia do mundo contemporáneo
  • Cultura audiovisual

Materias específicas

  • Educación Física

Un mínimo de 2 e un máximo de 3 das seguintes:

  • Análise Musical I
  • Segunda Lingua Estranxeira I
  • Anatomía Aplicada
  • Tecnoloxía Industrial I
  • Cultura Científica
  • Tecnoloxías da Información e a Comunicación I
  • Debuxo Artístico I
  • Volume
  • Linguaxe e Práctica Musical
  • Relixión
  • Unha materia do bloque de materias troncais ou específicas

Materias do segundo curso

[editar | editar a fonte]

Materias troncais

[editar | editar a fonte]
  • Lingua Castelá e Literatura
  • Lingua Estranxeira (Normalmente Inglés)
  • Historia de España
  • Lingua cooficial (galego, catalán ou éuscaro).
  • Matemáticas (Ciencias)
  • Matemáticas orientadas ás CC. SS. (Ciencias, Ciencias Sociais)
  • Latín (Humanidades)
  • Fundamentos de Arte (Arte)

Materias de opción de Ciencias (elección de dúas)

[editar | editar a fonte]
  • Bioloxía
  • Debuxo Técnico II
  • Xeología
  • Física
  • Química

Materias de opción de Humanidades e Ciencias Sociais (elección de dúas)

[editar | editar a fonte]
  • Economía da Empresa
  • Grego II
  • Historia da Arte
  • Historia da Filosofía
  • Xeografía

Materias de opción de Arte (elección de dúas)

[editar | editar a fonte]
  • Cultura Audiovisual II
  • Artes Escénicas
  • Deseño

Materias específicas

[editar | editar a fonte]

Un mínimo de 2 e un máximo de 3 das seguintes:

  • Análise Musical II
  • Ciencias da Terra e do Medioambiente
  • Debuxo Artístico II
  • Debuxo Técnico II (agás se xa é cursada)
  • Fundamentos de Administración e Xestión
  • Relixión
  • Historia da Música e da Danza
  • Imaxe e Son
  • Psicoloxía
  • Métodos estadísticos e numéricos
  • Técnicas de Expresión Gráfico-plástica
  • Segunda Lingua Estranxeira II
  • Tecnoloxía Industrial II
  • Tecnoloxías da Información e a Comunicación II
  • Historia da Filosofía
  • Unha materia do bloque de materias troncais non cursada.