Homínido de Denisova
Os homínidos de Denisova ou denisovanos son membros dunha especie de Homo ou unha subespecie de Homo sapiens da época do paleolítico. En marzo do 2010 fíxose o anuncio do descubrimento dos restos do óso dun dedo dunha femia xuvenil que vivira hai 41,000 anos e que se atopou nunha cova de Denisova, nas altas montañas de Siberia. Nesa cova hai xacementos de humanos modernos e Neanderthais[1][2][3]. Posteriormente localizáronse ósos de pés e dous dentes de diferentes membros da mesma poboación.
As análises do ADN mitocondrial (ADNmt) do óso do dedo mostraron unha diferenza xenética cos dos ADNmt dos Neanderthais e os humanos modernos. Estudos posteriores do xenoma nucleolar deses espécimes indican que ese grupo comparte unha orixe común cos Neanderthais e que abranguían de Siberia ao sueste de Asia. Terían hibridado con antecesores dos humanos modernos, sendo ata o 6% do ADN dos malaisianos e os aborixes australianos derivado dos denisovanos[4].
Unha comparación co xenoma de Neanderthais da mesma cova revelou unha alta hibridación local, chegando a compartir cos Neanderthais dese punto ata o 17% do xenoma. Esa mesma comparación revela unha hibridación cunha liñaxe humana non identificada[5].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ [1] Arquivado 24 de xullo de 2013 en Wayback Machine. Scientists Map An Extinct Denisovan Girl's Genome (en inglés)
- ↑ DNA from bone shows new human forerunner, and raises array of questions. The Washintong Post. 25 de Marzo do 2010. (en inglés)
- ↑ Krause et al. "The complete mitochondrial DNA genome of an unknown hominin from southern Siberia". 2010. Nature.
- ↑ [2]"Denisovans Were Neanderthals' Cousins, DNA Analysis Reveals". New York Times. 22 de decembro do 2010.
- ↑ [3]Pennisi."More Genomes from Denisova Cave Show Mixing of Early Human Groups". Science. Vol 340, páx 799. 2013