Saltar ao contido

Paleolítico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Idades prehistóricas
Holoceno   La Tène   Protohistoria
  Hallstatt
Idade de Ferro
  Bronce final  
  Bronce medio
  Bronce antigo
Idade de Bronce
    Calcolítico    
  Neolítico Prehistoria
Mesolítico / Epipaleolítico
Plistoceno     Paleolítico superior  
    Paleolítico medio
    Paleolítico inferior
  Paleolítico
Idade de Pedra
Machadas puídas do Xapón

O Paleolítico ("pedra antiga" do grego παλαιός "antigo" e λίθος "pedra") é un período prehistórico correspondente ao intervalo que se estende entre a primeira utilización de utensilios de pedra polo ser humano (preto de 2 millóns de anos atrás) ata o comezo do Neolítico (arredor do 10000 a.C.).

Este gran período histórico subdivídese en Paleolítico Inferior (ata hai 300 mil anos atrás) e Paleolítico Superior (ata 10 mil a.C.). (Na Europa e en lugares onde houbo glaciacións, entre o Paleolítico e o Neolítico intercálase o chamado Mesolítico). O Paleolítico coincide co final da época xeolóxica Plistoceno do período xeolóxico Neoxeno. Hai certa discordancia entre os estudosos en canto a esa división, intercalando algúns un Paleolítico Medio entre o Inferior e mais o Superior.

O termo Paleolítico empregouno pola primeira vez polo historiador John Lubbock. Antes do Paleolítico houbo un período prehistórico que algúns historiadores chaman de Eolítico.

Seres humanos do Paleolítico

[editar | editar a fonte]
Mulleres e bisontes paleolíticos

Foi durante o Paleolítico que o Home sufriu as últimas alteracións fisiolóxicas que culminaran no Homo sapiens, que apareceu aproximadamente hai preto de 300 mil anos. Os homínidos pre-paleolíticos pertencían ao xénero Australophitecus; xa co desenvolvemento de instrumentos, diferénciase o xénero Homo. Ata recentemente considerábase que o Home era o único ser capaz de producir instrumentos, mais descubriuse que certos primates tamén os fabrican.

Entre as características principais do período, poden citarse a economía recolledora ou cazadora e mais o nomadismo. A partir do Homo erectus a caza desenvolveuse, co respectivo desenvolvemento de instrumentos de caza, feitos en madeira, ósos ou sílex. Vivindo en pequenos grupos dispersos por grandes territorios, os homes do Paleolítico completaron a difusión por todos os continentes hai preto de 350 mil anos. A organización grupal era fundamental para a caza.

Os rudimentos de linguaxe articulada evolucionaron progresivamente a unha comunicación oral. Foi no Paleolítico cando o Home descubriu como producir o lume.

Os humanos do paleolítico producían pinturas en cavernas, que foron pola primeira vez atopadas por arqueólogos modernos na localidade española de Altamira, en 1879. Esas pinturas probabelmente tiñan a finalidade de maxia simpática.

Culturas paleolíticas

[editar | editar a fonte]

Especies humanas

[editar | editar a fonte]

Os restos humanos achados son:

Os períodos paleolíticos acostuman a se referir a poboacións fóra de África e case sempre en Europa, onde comezan coa aparición do home de Neanderthal.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]