Falaropo bicogroso
Falaropo bicogroso | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Distribución reprodutora de P. fulicarius
| |||||||||||||||
Distribución de inverno de P. fulicarius
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
O falaropo bicogroso[2] ou falaropo cincento,[3] Phalaropus fulicarius, é unha pequena ave limícola. Este falaropo reprodúcese nas rexións do Ártico de Norteamérica e Eurasia. É unha ave migrtoria e, de maneira pouco común nunha limícola, migra principalmente seguindo rutas oceánicas e inverna no mar nos océanos tropicais. En Galicia é o falropo máis común, pero aínda así é unha ave de paso ou invernante escasa.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita na 10ª edición de Systema Naturae por Carl Linnaeus en 1758 co nome Tringa fulicaria.[4]
O nome do xénero procede do latín científico Phalaropus, derivado do grego antigo phalaris, 'galiñola', e de pous, 'pé'. O nome específico fulicarius procede do latín fulica, 'galiñola', é dicir, 'pés de galiñola', pola semellanza entre as súas dedas.[5][6]
Descrición
[editar | editar a fonte]Mide uns 21 cm de lonxitude, ten dedas lobuladas e un bico recto, algo máis groso que o do falaropo bicofino. A femia reprodutora é predominantemente marrón escura e negra por arriba, coa parte inferior vermella e manchas brancas na meixela. O bico é amarelo coa punta branca. O macho reprodutor é unha versión máis apagada da femia. Os paxaros novos son grises claros e marróns pola parte superior, coa parte inferior beixe e manchas escuras na zona do ollo. En inverno, a plumaxe é esencialmente gris por arriba e branca por abaixo, pero a mancha negra dos ollos está sempre presente. O bico é negro en inverno. A súa chamada describiuse como un curto bik.
Medidas estándar[7][8] | |
---|---|
Lonxitude | 170–200 mm |
peso | 55 g |
envergadura alar | 380 mm |
á | 121–132 mm |
cola | 58,5-67,1 mm |
culme (parte superior do bico) | 21–23 mm |
tarso | 21,8–23 mm |
Reprodución
[editar | editar a fonte]Os roles máis típicos dos dous sexos nas aves están invertidos nas tres especies de falaropo. As femias son maiores e máis coloreadas que os machos. As femias perseguen os machos, compiten polo territorio de nidificación e defenden agresivamente os seus niños e os machos elixidos. Unha vez que as femias poñen os seus ovos marróns oliváceos, empezan a súa migración ao sur, deixando os machos incubando os ovos e coidando das crías que nacerán. Poñen de tres a seis ovos nun niño en terra preto da auga. A incubación dura 18 ou 19 días.[7] As crías aliméntanse case por completo por si mesmas e poden voar aos 18 días de vida.
Comportamento
[editar | editar a fonte]Cando se alimenta adoita nadar facendo un círculo pequeno e rápido, formando un pequeno remuíño. Este comportamento crese que lle axuda a alimentarse ao levantar a comida do fondo das augas pouco profundas. A ave chega á pate externa do vórtice co seu bico, recollendo pequenos insectos ou crustáceos. Ás veces voan para capturar insectos en voo. No océano aberto encóntranse en áreas onde converxen correntes oceánicas e hai afloramentos e a miúdo encóntranse preto de grupos de baleas. Fóra da estación de nidificación adoitan viaxar en bandadas.
Esta especie a miúdo é mansa e deixa que se lle aproximen.
Status e conservación
[editar | editar a fonte]É unha das especies ás que se lle aplica o Acordo sobre a conservación de aves acuáticas migratorias africano-euroasiático (AEWA).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Phalaropus fulicarius". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ Linnaeus, Carl (1758). Systema Naturae per Regna Tria Naturae, Secundum Classes, Ordines, Genera, Species, cum Characteribus, Differentiis, Synonymis, Locis (en Latin). Vol. I (10th revised ed.). Holmiae: (Laurentii Salvii). p. 148 – vía The Internet Archive.
- ↑ "Phalarope" Arquivado 29 de maio de 2020 en Wayback Machine. . Oxford English Dictionary (3rd ed.). Oxford University Press. September 2005.
- ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 165, 301. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ 7,0 7,1 Godfrey, W. Earl (1966). The Birds of Canada. Ottawa: National Museum of Canada. p. 166.
- ↑ Sibley, David Allen (2000). The Sibley Guide to Birds. New York: Knopf. p. 195. ISBN 0-679-45122-6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Falaropo bicogroso |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Falaropo bicogroso |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Phalaropus fulicariusen eNature.comArquivado 24 de decembro de 2006 en Wayback Machine.
- Selos de correos do falaropo bicogroso de Islandia, Kiribati e Serra Leoa en bird-stamps.org
- Folla de datos de BirdLife species para Phalaropus fulicarius
- {{{2}}} en Avibase
- Vídeos, fotos, e sons de Falaropo bicogroso na Internet Bird Collection
- Galería de fotos de Falaropo bicogroso en VIREO (Universidade de Drexel)
- Mapa interactivo da área de distribución de Phalaropus fulicarius en IUCN Red List maps
- Phalaropus fulicarius - USGS Patuxent Bird Identification InfoCenter
- Phalaropus-fulicarius - Gravacións de sons de Red phalarope en Xeno-canto.