Saltar ao contido

Falaropo bicogroso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Falaropo bicogroso
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Xénero: Phalaropus
Especie: Phalaropus fulicarius
(Linnaeus, 1758)
Distribución reprodutora de P. fulicarius
Distribución reprodutora de P. fulicarius

Distribución reprodutora de P. fulicarius
Distribución de inverno de P. fulicarius
Distribución de inverno de P. fulicarius

Distribución de inverno de P. fulicarius
Sinonimia
  • Tringa fulicaria Linnaeus, 1758
  • Crymophilus fulicarius (Linnaeus, 1758)
  • Phalaropus fulicaria (lapsus)

O falaropo bicogroso[2] ou falaropo cincento,[3] Phalaropus fulicarius, é unha pequena ave limícola. Este falaropo reprodúcese nas rexións do Ártico de Norteamérica e Eurasia. É unha ave migrtoria e, de maneira pouco común nunha limícola, migra principalmente seguindo rutas oceánicas e inverna no mar nos océanos tropicais. En Galicia é o falropo máis común, pero aínda así é unha ave de paso ou invernante escasa.[3]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita na 10ª edición de Systema Naturae por Carl Linnaeus en 1758 co nome Tringa fulicaria.[4]

O nome do xénero procede do latín científico Phalaropus, derivado do grego antigo phalaris, 'galiñola', e de pous, 'pé'. O nome específico fulicarius procede do latín fulica, 'galiñola', é dicir, 'pés de galiñola', pola semellanza entre as súas dedas.[5][6]

Descrición

[editar | editar a fonte]
Un exemplar non reprodutor en Bodega Bay, California.

Mide uns 21 cm de lonxitude, ten dedas lobuladas e un bico recto, algo máis groso que o do falaropo bicofino. A femia reprodutora é predominantemente marrón escura e negra por arriba, coa parte inferior vermella e manchas brancas na meixela. O bico é amarelo coa punta branca. O macho reprodutor é unha versión máis apagada da femia. Os paxaros novos son grises claros e marróns pola parte superior, coa parte inferior beixe e manchas escuras na zona do ollo. En inverno, a plumaxe é esencialmente gris por arriba e branca por abaixo, pero a mancha negra dos ollos está sempre presente. O bico é negro en inverno. A súa chamada describiuse como un curto bik.

Medidas estándar[7][8]
Lonxitude 170–200 mm
peso 55 g
envergadura alar 380 mm
á 121–132 mm
cola 58,5-67,1 mm
culme (parte superior do bico) 21–23 mm
tarso 21,8–23 mm

Reprodución

[editar | editar a fonte]
Ovos de Phalaropus fulicarius

Os roles máis típicos dos dous sexos nas aves están invertidos nas tres especies de falaropo. As femias son maiores e máis coloreadas que os machos. As femias perseguen os machos, compiten polo territorio de nidificación e defenden agresivamente os seus niños e os machos elixidos. Unha vez que as femias poñen os seus ovos marróns oliváceos, empezan a súa migración ao sur, deixando os machos incubando os ovos e coidando das crías que nacerán. Poñen de tres a seis ovos nun niño en terra preto da auga. A incubación dura 18 ou 19 días.[7] As crías aliméntanse case por completo por si mesmas e poden voar aos 18 días de vida.

Comportamento

[editar | editar a fonte]

Cando se alimenta adoita nadar facendo un círculo pequeno e rápido, formando un pequeno remuíño. Este comportamento crese que lle axuda a alimentarse ao levantar a comida do fondo das augas pouco profundas. A ave chega á pate externa do vórtice co seu bico, recollendo pequenos insectos ou crustáceos. Ás veces voan para capturar insectos en voo. No océano aberto encóntranse en áreas onde converxen correntes oceánicas e hai afloramentos e a miúdo encóntranse preto de grupos de baleas. Fóra da estación de nidificación adoitan viaxar en bandadas.

Esta especie a miúdo é mansa e deixa que se lle aproximen.

Status e conservación

[editar | editar a fonte]

É unha das especies ás que se lle aplica o Acordo sobre a conservación de aves acuáticas migratorias africano-euroasiático (AEWA).

  1. "Phalaropus fulicarius". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013. 
  2. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  4. Linnaeus, Carl (1758). Systema Naturae per Regna Tria Naturae, Secundum Classes, Ordines, Genera, Species, cum Characteribus, Differentiis, Synonymis, Locis (en Latin). Vol. I (10th revised ed.). Holmiae: (Laurentii Salvii). p. 148 – vía The Internet Archive. 
  5. "Phalarope" Arquivado 29 de maio de 2020 en Wayback Machine. . Oxford English Dictionary (3rd ed.). Oxford University Press. September 2005.
  6. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 165, 301. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  7. 7,0 7,1 Godfrey, W. Earl (1966). The Birds of Canada. Ottawa: National Museum of Canada. p. 166. 
  8. Sibley, David Allen (2000). The Sibley Guide to Birds. New York: Knopf. p. 195. ISBN 0-679-45122-6. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]