El Dorado
El Dorado é un reino ou cidade lendario, que supostamente se atopa no territorio do antigo Vicerreinado de Nova Granada, nunha zona onde se cría que existían abondosas minas de ouro.[1] A lenda orixinouse no século XVI, en Quito (Ecuador), cando os conquistadores españois teñen novas dunha cerimonia realizada máis ó norte (Altiplano Cundiboyacense), onde un rei se cubría o corpo con po de ouro e realizaba ofrendas nunha lagoa sagrada.[2][3] Hoxe en día, sábese que este pobo era o muisca e o sitio onde se realizaba a cerimonia era a lagoa de Guatavita (Colombia).[4] A noticia da riqueza muisca atrouxo até a sabana de Bogotá expedicións orixinadas en Quito (Ecuador),[5] Santa Marta (Colombia)[6] e Coro (Venezuela).[5] A suposta existencia dun reino dourado motivou numerosas expedicións e mantívose vixente até o século XIX,[7] aínda que a súa localización foise trasladando dende Colombia cara a Güiana,[8] a medida que avanzaba o proceso de conquista e colonización do territorio suramericano.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "[1] (libro virtual). Cartas de la Real Audiencia de Santo Domingo (1530-1546). Genaro Rodríguez Morel."
- ↑ "[2] Arquivado 15 de marzo de 2017 en Wayback Machine.."Biblioteca Luis Ángel Arango- Bogotá Colombia."
- ↑ "[3]."Biblioteca Luis Ángel Arango- Bogotá Colombia."
- ↑ "[4] Arquivado 07 de xullo de 2019 en Wayback Machine.."El Dorado - Liborio Zerda - Publicaciones del Ministerio de Educación de Colombia (1947)."
- ↑ 5,0 5,1 "[5] Arquivado 15 de agosto de 2017 en Wayback Machine.."Biblioteca Luis Ángel Arango- Bogotá Colombia."
- ↑ "[6] Arquivado 12 de outubro de 2016 en Wayback Machine.."Biblioteca Luis Ángel Arango- Bogotá Colombia."
- ↑ "[7]."Un mito geográfico de larga tradición: La perduración cartográfica de la Laguna Parima" - Jesús María Porro.
- ↑ "[8]."Crónicas de El Dorado - Oscar Rodríguez Ortíz."
- ↑ "[9]."Un mito geográfico de larga tradición: La perduración cartográfica de la Laguna Parime" - Jesús María Porro.