Bochica
Bochica | |
---|---|
Deus da educación, mensaxeiro dos deuses | |
Membro da Relixión muisca | |
Estatua de Bochica en Cuítiva. | |
Outros nomes | Nemquetaha, Nemqueteba, Sadigua |
Afiliación | Chiminigagua |
Xénero | Masculino |
Rexión | Altiplano Cundiboyacense Colombia |
Grupo étnico | Pobo muisca |
Equivalentes | |
Equivalente grego | Hermes |
Equivalente romano | Mercurio |
Bochica (tamén chamado Nemquetaha, Nemqueteba e Sadigua) é unha figura da relixión dos muiscas, un pobo que habitou o Altiplano Cundiboyacense no momento da chegada dos conquistadores españois nas terras altas dos Andes de Colombia. Era o heroe fundador da súa civilización, que segundo a lenda trouxo as leis e a moral ás persoas e ensinoulles agricultura e outras artesanías.[1]
Lenda
[editar | editar a fonte]Segundo as lendas muiscas, Bochica era un home barbudo que veu do leste. El trouxo ós primitivos muiscas normas morais e éticas para organizar os seus estados, cun líder espiritual e outro líder secular. Bochica ensinoulle á xente agricultura, o traballo do metal e outras artesanías. Despois marchou cara ó oeste para vivir como un asceta. Cando os muiscas desenvolveron as ensinanzas de Bochica e comezaron unha vida de excesos, produciuse un gran asulagamento na sabana de Bogotá, onde vivían. Para axudar ó pobo, Bochica regresou nun arco da vella e cun golpe do seu bastón, creou a fervenza do Tequendama para drenar as augas do asulagamento.[1]
Bochica apareceu en Pasca en Cundinamarca e despois en Gámeza, Boyacá, onde o pobo lle amosou hospitalidade. Despois retirouse á cova de Toya, onde foi visitado por moitos caciques pola súa sabedoría. Os caciques de Tópaga, Tota, Pesca, Firavitoba e outros consultaron a Bochica. Despois, a deidade suprema dos muiscas, Chiminigagua, enviouno a Sugamuxi, a cidade sagrada onde se atopaba o Templo do Sol e onde se fixeron festivais na honra da súa chegada.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Herrmann, Paul; Bullock, Michael (1954). Conquest by Man. Harper & Brothers. pp. 1-186. OCLC 41501509.
- Ocampo López, Javier (2013). Mitos y leyendas indígenas de Colombia - Indigenous myths and legends of Colombia (en castelán). Bogotá, Colombia: Plaza & Janes Editores Colombia S.A. pp. 1–219. ISBN 978-958-14-1416-1.
- Silverberg, Robert (1996 (1967)). The Golden Dream: Seekers of El Dorado. Universidade de Ohio Press. pp. 98–99. ISBN 0-8214-1170-5.