Saltar ao contido

Enrique Granados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEnrique Granados

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Pantaleón Enrique Joaquín Granados y Campiña Editar o valor en Wikidata
27 de xullo de 1867 Editar o valor en Wikidata
Lleida Editar o valor en Wikidata
Morte24 de marzo de 1916 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da mortenaufraxio, afogamento Editar o valor en Wikidata
ResidenciaParís (1887–1889)
Barcelona (1872–1916)
Santa Cruz de Tenerife (1870, 1872–)
Lleida (1867–1870) Editar o valor en Wikidata
EducaciónConservatorio Superior de Música do Liceo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor, pianista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1889 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica clásica e Sardana Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJoan Baptista Pujol (pt) Traducir, Felip Pedrell e Charles Wilfrid de Bériot (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosFrank Marshall (pt) Traducir, Conchita Badía, Alicia de Larrocha, Rosa Sabater (pt) Traducir, Francisca Madriguera Rodon, Mercedes Moner Raguer (en) Traducir, Rosa García Ascot, Margarida Orfila Tudurí (en) Traducir e Emma Chacon i Lausaca (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeAmparo Gal Lloberas (1892–) Editar o valor en Wikidata
FillosEduard Granados Gal, Soledad Granados Gal, Víctor Granados Gal, Natalia Granados Gal, Paquito Granados Gal Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Гранадос Энрике)
Obálky knih,
Brief Biographical Dictionary of Foreign Composers (en) Traducir, (p.62), Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0334637 BNE: XX1024061 Spotify: 2xmzOWZeQCDksIQcLcnRrT Musicbrainz: e378c6b3-7d74-48b5-ab04-9aac0df7562c Songkick: 393928 Discogs: 392717 IMSLP: Category:Granados,_Enrique Allmusic: mn0000189898 WikiTree: Granados-125 Find a Grave: 7589072 Editar o valor en Wikidata

Enrique Granados Campiña, nado o 27 de xullo de 1867 en Lleida e finado no Canal da Mancha o 24 de marzo de 1916, foi un compositor e pianista catalán.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Era fillo dun capitán do exército, de orixe cubana. Viviu dos 3 ós 7 anos en Santa Cruz de Tenerife, onde o pai fora destinado coma gobernador militar.

Estudou piano con Joan Baptista Pujol e composición con Felipe Pedrell en Barcelona. En 1883, con 16 anos, presentouse como pianista virtuoso tocando a Sonata nº2 de Schumann.

Idade adulta

[editar | editar a fonte]

En 1887 viaxou a Francia, onde coñeceu a Debussy, Ravel e Saint-Saëns en París. O seu primeiro éxito como compositor foi a ópera "Maria del Carmen" (1898).

En setembro de 1909 viaxou a Galicia, actuando o día 5 no salón principal da Exposición Rexional de Santiago de Compostela, interpretando pezas de Liszt, Beethoven e Chopin. Ao día seguinte, actuou na Coruña acompañado polo violinista Juan Manén.

A súa maior obra é a suíte para piano "Goyescas" (1911), que ten unha forte influencia de Liszt e que fai referencia a algúns cadros de Goya. A súa estrea foi un grande éxito[1]. Debido a isto a ópera de París encargou a adaptación da suite a ópera. O encargo formalizouse no 1914, mais debido á guerra, a estrea en París cancelouse[1]. Posteriormente planificouse a estrea para a tempada 1914-1915 no Gran Teatro do Liceu de Barcelona, mais esta estrea tampouco se chegou a concretar[1]. Finalmente o amigo e músico Ernest Schelling promocionou a estrea no Metropolitan de Nova York, poñendo en contacto a Granados co daquela director Giulio Gatti-Cassaza[1].

Viaxe a Nova York

[editar | editar a fonte]

No novembro de 1915, Enrique Granados e a súa muller, Amparo Gal, zarparon no barco Montevideo dende Barcelona a Nova York. O motivo principal da viaxe era a estrea da suite Goyescas no Metropolitan Opera House desta cidade, en versión ópera[2]. Adicionalmente o compositor acudiu a diversas recepcións e realizou diversos concertos para piano e violoncello. Algún deles realizado en compañía do seu amigo Pau Casals[2]. Cabe sinalar o recital que realizou na Casa Branca o 7 de marzo diante do presidente Woodrow Wilson[2]. Tamén realizou diversas gravacións dalgunhas das súas obras e compuxo a Danza de los ojos verdes. Pensando en realizar a estrea desta obra na mesma cidade e contando coa popular bailarina Antonia Mercé, A arxentina. Finalmente a estrea realizouse o 10 de febreiro no teatro Maxine Elliot[2].

O 26 de xaneiro realizouse o ensaio xeral de Goyescas e finalmente o 28 de xaneiro de 1916 estreouse a suite no Metropolitan[2]. A recepción por parte do público americano foi pobre, e a obra foi bastante minusvalorada por parte da crítica[2]. Algúns biógrafos coma Antoni Pizà, sinalan que sendo a música impoñente e grandiosa, o libreto, porén, era moi pobre[2]. Ademais hai que ter en conta que no 1916, aínda estaba recente o recordo da guerra de Cuba de 1898 entre os Estados Unidos e España. A pesar disto a prensa catalá e española publicitou a noticia da estrea coma dun grande éxito[2].

O matrimonio Granados embarcou o 11 de marzo de 1916 no Amsterdam[2]. Tras unha escala en Londres, partiron cara a Barcelona no barco Sussex que foi torpedeado pola armada alemá ás 14:50 do 24 de marzo; no contexto da primeira guerra mundial, mentres atravesaban a canle da Mancha. Ámbolos dous morreron afogados nas augas da canle.

Labor pedagóxica

[editar | editar a fonte]

Á marxe da súa carreira concertística e compositora, Granados entregouse ó mundo da pedagoxía. En 1901 fundou a academia Granados, que de seguido acadou sona internacional. Desta escola saíron concertistas coma Anna March, Ferran Via, Frank Marshall, Juli Pous ou Baltasar Samper. Trala súa morte, a academia pasou a mans do seu fillo Eduardo e de Frank Marshall. Posteriormente, este último asumiu a plena responsabilidade, cambiando o seu nome a Academia Granados-Marshall. Dita academia segue a súa labor a día de hoxe.[3]

Para piano

[editar | editar a fonte]
  • Capricho español, 1890[4]
  • Danzas españolas, 1890
  • Valses poéticos, 1895
  • Allegro de concierto, 1903

Para voz e piano

[editar | editar a fonte]
  • Suite Goyescas, 1911
  • Colección de tonadillas escritas en estilo antiguo, 1910
  • Canciones amatorias, 1914-1915

Música para teatro

[editar | editar a fonte]
  • La miel de la Alcarria, 1895, obra de Josep Feliu i Codina
  • Blancaflor, 1899, obra de Adrià Gual
  • Petrarca, nunca chegou a estrearse, obra de Apel·les Mestres
  • Picarol, 1901, obra de Apel·les Mestres
  • Poemas de Gaziel e Liliana, 1906-1907, obra de Apel·les Mestres

Música para orquestra

[editar | editar a fonte]
  • Intermezzo para a Suite Goyescas
  • Poema sinfónico Dante
  • La nit del mort
  • Llegenda de la fada
  • Concerto para cello e orquestra

Música de cámara

[editar | editar a fonte]
  • Sonata para violín e piano
  • Sonata para violoncello e piano
  • Trío para violín, cello e piano
  • Cuarteto para cordas
  • Quinteto para piano e cordas

Arranxos e instrumentacións

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Martí i Fabra, Jordi (Abril-Maio 2016). "Granados i Vilassar, a l'ombra dels tarongers". 440 Clàssica & Jazz (29). 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 J.M.F. (Abril-Maio 2016). "Granados i Nova York. Aventura Final". 440Clàssica & Jazz (en cat) (29): 34–37. 
  3. "Web da Academia Granados-Marshall". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2017. Consultado o 25 de outubro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 Pérez Treviño, Oriol (Abril-Maio 2016). "Desconegut i polièdric". 440 Clássica & Jazz (29). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]