Saltar ao contido

Emanuel Swedenborg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEmanuel Swedenborg

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de xaneiro de 1688 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Jakob and Johannes parish, Suecia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte29 de marzo de 1772 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Uppsala 59°51′29″N 17°38′00″L / 59.8581, 17.6333 Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristián Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Uppsala Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, místico, escritor, científico, matemático, filósofo, teólogo, inventor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Uppsala Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FamiliaSwedenborg (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
PaiJesper Swedberg Editar o valor en Wikidata
IrmánsAnna Swedenborg Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Dicionário Biográfico Sueco (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX841802 Discogs: 1421784 WikiTree: Swedberg-29 Find a Grave: 7650895 Editar o valor en Wikidata

Emanuel Swedenborg, nado como Emanuel Swedberg en Estocolmo o 29 de xaneiro de 1688 e finado en Londres o 29 de marzo de 1772, foi un científico, teólogo, filósofo e místico[1] sueco, máis coñecido polo seu libro sobre o alén, De caelo et ejus mirabilibus et de inferno, ex auditis et visis (1758).[2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Emanuel Swedenborg era fillo do profesor e bispo luterano Jesper Swedberg (1653–1735), bispo de Skara, un dos máis destacados clérigos do país.

Dende a súa infancia, mostrou paixón polo estudo de todo o que ten relación co universo e o home, observou os mecanismos, as forzas e os influxos que regulan a vida e como se desenvolven. Moito antes dos dez anos, relacionouse co mundo adulto para procurar respostas en temas como a fe, a vida eterna ou a sede da alma, mais descontento coas respostas que obtivo ás súas cuestións, experimentou sobre si mesmo e por si mesmo. Ao experimentar sobre a súa respiración, pensou que tería a partir da infancia acceso a estados de conciencia modificada. Máis tarde fabricou as súas propias lentes ópticas para explorar o infinitamente grande e o infinitamente pequeno.

Ata aos 56 anos de idade, Swedenborg dedicou esencialmente a súa vida ás investigacións científicas que o levaron a numerosos países. Publicou un gran número de libros sobre matemáticas, xeoloxía, química, física, mineraloxía, astronomía, anatomía, bioloxía e psiquiatría, nos cales se localiza o xerme de numerosas ideas brillantes asignadas máis tarde a outros investigadores.

Placa en memoria de Emanuel Swedenborg na súa casa natal de Estocolmo.

Fixo os planos dun avión, dun submarino, descubriu a función das glándulas endócrinas e o funcionamiento do cerebro e o cerebelo. As súas obras continúan a empregarse nos Estados Unidos en institutos de investigación en psicomotricidade, probando así clinicamente o fundamento de descubrimentos feitos preto de tres séculos antes. Inventou un sistema decimal monetario que serve tamén para o estudo da cristalografía.

Foi o primeiro en desenvolver a hipótese sobre a formación nebulosa do Sistema Solar, dando a natureza da Vía Láctea. Efectuou tamén un estudo avanzado sobre a circulación do sangue e sobre a relación do corazón e os pulmóns.

Aos 56 anos abandonou as investigacións científicas para dedicarse por completo á investigación teolóxica, psicolóxica e filosófica coa fin de facer descubrir aos homes unha espiritualidade racional. Faleceu en 1772 logo de escribir máis dun centenar de obras.

Capela Swedenborg en Cambridge, Massachusetts
Estatua de Emanuel Swedenborg no parque Mariatorget, Estocolmo.

A súa busca insaciable da sede da alma fíxoo relacionarse con personalidades recoñecidas do seu tempo, como Newton, Leibniz e outros membros da Royal Society, así como coas universidades de Oxford e Cambridge. Viaxou por toda Europa patrocinado polo rei Carlos XII e o duque de Brunswick, coa fin de estudar e imprimir os froitos das súas investigacións.

Se en vida influíu en reis, destacados científicos e filósofos, como Newton, Kant ou Voltaire, foi despois da súa morte como consecuencia do coñecemento que naceu sobre as bases do seu pensamento, cando se notou a súa influencia nas esferas relixiosas masónicas e terapéuticas.

Os escritos de Emanuel Swedenborg inspiraron grandes músicos, escritores e psicólogos nas súas obras. Entre eles os máis coñecidos foron Goethe, William Blake, Helen Keller, Gérard de Nerval, Thomas Carlyle, Isaac Pitman, Johnny Appleseed, Balzac, Wagner, Oberlin, Berlioz, Ralph Waldo Emerson, Baudelaire, Paul Valéry, Henry James, Éliphas Lévi, Hahnemann. Jorge Luis Borges deu varias conferencias sobre o místico sueco, de quen afirmou que falaba cos anxos polas rúas de Londres.[4] Carl Gustav Jung debuxou a inspiración da súa «psicoloxía das profundidades» nos Misterios Celestiais, que inflúe polos seus estudos en toda a psicoloxía moderna.

Algúns servíronse dos escritos de Swedenborg e achacáronlle que só tiña como finalidade o espiritismo, mentres que Swedenborg soamente practicaba o espiritismo para convencer, e non sen reticencias, coñecendo ben os peridos desas prácticas. Así, estes grupos lanzaron un descrédito importante contra Swedenborg e os seus escritos, mesturándoo coas súas prácticas sectarias.

Outros mesmo se serviron del sen nomealo directamente para crear o seu propio movemento relixioso, a súa propia igrexa e empregaron a súa teoloxía dun xeito persoal. Entre eles pódense citar o cientifismo, a teosofía e a antroposofía.

Existen numerosas igrexas que citan os seus escritos teolóxicos como a verdade divina e que se atopan esparexidas por todo o mundo. Seguen a Swedenborg decenas de milleiros de adeptos, e a pesar dunha aparencia hermética, os escritos teolóxicos de Swedenborg son simples na súa mensaxe inicial: “Ama o teu próximo como a ti mesmo, purifícate do mal, traballa pola harmonía universal”.

  1. Swedenborg, Emanuel. Encyclopaedia Britannica. Consultado o 9 de setembro de 2011.  e a Encyclopedia of Religion (1987) comeza o seu artigo coa descrición de que foi un "Swedish scientist ande mystic" ("científico e místico sueco"). Outros non empregan o vocábulo, como Williams-Hogan, Jane (2005) en Encyclopedia of Religion, consultado o 15 de xullo de 2013.
  2. "Swedenborg, E. ''Heaven ande its Wonders ande Hell. From Things Hearde ande Seen'' (Swedenborg Foundation, 1946)". Swedenborgdigitallibrary.org. Consultado o 16 de agosto de 2012. 
  3. Bergquist, prefacio (páx. 15–16)
  4. Condena

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • C. Sigstedt, The Swedenborg Epic. The Life ande Works of Emanuel Swedenborg (New York: Bookman Associates, 1952). The whole book is available online at Swedenborg Digital Library.
  • Signe Toksvig, Emanuel Swedenborg: Scientist ande Mystic, Yale University Press, (1948), ande Swedenborg Foundation, (1983), ISBN 0-87785-171-9.
  • Martin Lamm, Swedenborg: En studie (1987; first ed. 1915). A popular biography that is still reade ande quoted. It is also available in English: Emanuel Swedenborg: The Development of His Thought, Martin Lamm (Swedenborg Studies, No. 9, 2001), ISBN 0-87785-194-8.
  • Olof Lagercrantz, Dikten om livet på den andra sidan (Wahlström & Widstrande 1996), ISBN 91-46-16932-6. In Swedish.
  • James Leon, Overcoming Objections to Swedenborg's Writings Through the Development of Scientific Dualism An examination of Swedenborg's discoveries. The author is a professor of psychology ande an avide reader of Swedenborg.
  • Lars Bergquist, Swedenborg's Secret, (Londres, The Swedenborg Society, 2005).

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]