Saltar ao contido

Ducado de Aquitania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Armas de Aquitania e Güiena (no campo de goles un leopardo de ouro).

O Ducado de Aquitania foi unha entidade feudal francesa medieval. A súa extensión correspondía aproximadamente aos territorios que actualmente agrupa a rexión homónima.

O Duque de Aquitania era un dos pares laicos orixinais.

Suponse que foi creado en 675 trala morte de Khilderico II, se ben a súa cronoloxía é confusa antes do ano 877 sendo en ocasións considerado como un reino ou un ducado. Ese ano o Reino de Aquitania dividiuse en dous ducados, o de Gascuña e o de Aquitania (que posteriormente pasaría a denominarse de Güiena). Os dous se reunificaron en 1058 aínda que o nome de Güiena seguiuse usando ocasionalmente para identificar so ducado.

Tomou especial importancia en 1204, trala morte da duquesa Leonor de Aquitania. Ao estar casada co rei Henrique II de Inglaterra, o vasto territorio do ducado (que superaba en extensión aos dominios directos do Rei) pasaron a engrosar as posesións inglesas en chan francés, o que sería decisivo no desenvolvemento da posterior Guerra dos Cen Anos.

Gobernantes de Aquitania

[editar | editar a fonte]

Reis de Aquitania

[editar | editar a fonte]
# Nome Inicio do goberno Fin do goberno Alcume(s) Notas
1 Carlos I
(Carlomagno)
778 781 O Grande
2 Lois I 781 817 O Piadoso Recibiu o ducado do seu pai, en 781.
3 Pipino I 817 13 de decembro de 838
4 Carlos II 13 de decembro de 838 855 O Calvo Fillo de Lois I.
5 Carlos III 855 29 de setembro de 866 O Neno Fillo de Carlos, o Gordo, de Francia
6 Lois II 29 de setembro de 866 10 de abril de 879 O Tatexo
7 Carlomano I 10 de abril de 879 12 de decembro de 884
8 Ranulfo 12 de decembro de 884 5 de agosto de 890

Ata 882, o título estaba baixo a supremacía dos Reis de Francia.

Duques de Aquitania

[editar | editar a fonte]
# Nome Inicio do goberno Fin do goberno Alcume(s) Notas
1 Ranulfo I 852 866 Tamén Conde de Poitiers.

Trono baleiro:866-887

# Nome Inicio do goberno Fin do goberno Alcume(s) Notas
2 Ranulfo II 887 5 de agosto de 890 Tamén conde de Poitiers.
3 Ebalus 5 de agosto de 890 893 O Bastardo
# Nome Inicio do goberno Fin do goberno Alcume(s) Notas
4 Guillerme I 893 6 de xullo de 918 O Piadoso Tamén conde de Auvergne.
5 Guillerme II 6 de xullo de 918 12 de novembro de 926 O Xove Tamén conde de Auvergne
6 Alfredo 12 de novembro de 926 927 Tamén conde de Auvergne
# Nome Inicio do goberno Fin do goberno Alcume(s) Notas
3 Ebalus 927 932 O Bastardo Gobernou por segunda vez.
# Nome Inicio do goberno Fin do goberno Alcume(s) Notas
7 Raimundo I 932 936 Tamén conde de Tolosa e de Rouerge.
8 Raimundo II 936 955 Tamén conde de Tolosa e de Rouerge.
# Nome Inicio do goberno Fin do goberno Alcume(s) Notas
9 Hugo 955 956 O Grande Tamén Duque de Borgoña e Conde de París
# Nome Inicio do goberno Fin do goberno Alcume(s) Notas
10 Guillerme III 956 3 de abril de 963 Cabeza de estopa Tamén conde de Poitiers.
11 Guillerme IV 3 de abril de 963 3 de febreiro de 994 O Brazo de Ferro Tamén conde de Poitiers.
12 Guillerme V 3 de febreiro de 994 31 de xaneiro de 1030 O Grande Tamén conde de Poitiers.
13 Guillerme VI 31 de xaneiro de 1030 Marzo de 1038 O Gordo Tamén conde de Poitiers.
14 Odo Marzo de 1038 10 de marzo de 1039 Tamén conde de Poitiers e Duque de Gascuña .
15 Guillerme VII 10 de marzo de 1039 1058 Tamén conde de Poitiers.
16 Guillerme VIII 1058 25 de setembro de 1086 Tamén conde de Poitiers e Duque do Gascuña .
17 Guillerme IX 25 de setembro de 1086 10 de febreiro de 1126 O Trobador, O Xove Tamén conde de Poitiers e Duque de Gascuña.
18 Guillerme X 10 de febreiro de 1126 9 de abril de 1137 O Santo Tamén conde de Poitiers e Duque de Gascuña.
19 Leonor 9 de abril de 1137 1 de abril de 1204 Tamén condesa de Poitiers e Duquesa da Gascuña.
# Nome Inicio do goberno Fin do goberno Alcume(s) Notas
20 Lois VII 1137 1152 O Xove Tamén rei de Francia como Lois VII. Gobernou Aquitania xunto coa súa dona, Leonor.

Lois VII de Francia, casado con Leonor, repudiouna e esta volveu casar con Henrique II, rei de Inglaterra. Así, o ducado pasou a ser dominio de Inglaterra.

# Nome Inicio do goberno Fin do goberno Alcume(s) Notas
21 Henrique I 1152 6 de xullo de 1189 O de Manto Curto Gobernou Aquitania xunto coa súa dona Leonor. Rei de Inglaterra como Henrique II.
22 Ricardo I 6 de xullo de 1189 6 de abril de 1199 Corazón de León Gobernou Aquitania xunto coa súa nai, Leonor.
23 Xoán I 6 de abril de 1199 19 de outubro de 1216 Xóan Sem Terra
24 Henrique II 19 de outubro de 1216 16 de novembro de 1272 Rei de Inglaterra como Henrique III.
25 Eduardo I 20 de novembro de 1272 7 de xullo de 1307 Pernas Longas
26 Eduardo II 7 de xullo de 1307 20 de xaneiro de 1327 Abdicou a prol do seu fillo.
27 Eduardo III 25 de xaneiro de 1327 1362
28 Eduardo IV 1362 22 de xuño de 1377
29 Ricardo II 22 de xuño de 1377 1390

Ricardo II acabou por nomear ao seu tio, Xoán de Gaunt, o seu herdeiro en Aquitania, que pasou a ser herdada polos descendentes de Xoán.

# Nome Inicio do goberno Fin do goberno Alcume(s) Notas
30 Xoán II 1390 29 de setembro de 1399 Tamén Duque de Lancaster.
31 Henrique III 29 de setembro de 1399 31 de agosto de 1422 Rei de Inglaterra como Henrique V.
32 Henrique IV 31 de agosto de 1422 1449 Rei de Inglaterra como Henrique VI.