Saltar ao contido

Genndy Tartakovsky

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGenndy Tartakovsky

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Геннадий Тартаковский Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ru) Геннадий Борисович Тартаковский Editar o valor en Wikidata
17 de xaneiro de 1970 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
ResidenciaUnión Soviética (1970–década de 1970)
Reino Unido (década de 1970–) Editar o valor en Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónManchester School of Art (en) Traducir - valor descoñecido (1987–1989)
Columbia College Chicago (en) Traducir
Lane Technical College Prep High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCinema de animación Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector de cinema, guionista, desenhista de storyboard (pt) Traducir, artista de banda deseñada, produtor de cinema, actor de dobraxe, director de animación, produtor de televisión, animador, realizador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1988 Editar o valor en Wikidata -
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0850733 Allocine: 98402 Allmovie: p327237
BNE: XX1603448 Musicbrainz: c919ab72-653c-4d7a-89c6-f7358031fa2f Discogs: 3317742 Editar o valor en Wikidata

Gennadiy Borisovich Tartakovsky (ruso: Геннадий Борисович Тартаковский)[1], nado o 17 de xaneiro de 1970 en Moscova, é un animador, director de cine e produtor estounidense. É coñecido pola creación de series de televisión de animación para Cartoon Network como son Dexter's Laboratory, Samurai Jack e Star Wars: Clone Wars, así como co-creador de Sym-Bionic Titan. No 2011, Tartakovsky uniuse a Sony Picture Animation onde debutou dirixindo o filme Hotel Transylvania[2] e a súa secuela Hotel Transylvania 2.[3] Aínda que o seu nome en ruso Геннадий adoita transcribirse como Gennady ou Gennadiy, el cambiou a súa ortografía a Genndy despois de trasladarse de Rusia ós Estados Unidos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Tartakovsky naceu o 17 de xaneiro de 1970, en Moscova de pais xudeus.[4] O seu pai, Boris, traballou como dentista[5] para os funcionarios do goberno e para a Selección nacional soviética de hóckey sobre xeo.[6] A súa nai, Miriam, foi a asistente do director dunha escola. Tamén ten un irmán, Alexander, quen é dous anos máis vello e actualmente é consultor de informática en Chicago.[6]

A familia de Tartakovsky trasladouse aos Estados Unidos cando tiña sete anos[7] debido as preocupacións sobre o efecto do antisemitismo na vida dos seus fillos.[6] A familia estableceuse orixinalmente en Columbus, Ohio[8] e despois trasladouse a Chicago. Viuse moi influenciado polos cómics que atopou alí; a súa primeira compra foi un cómic dos Super Friends. Tartakovsky comezou a asistir no terceiro grado na Eugene Field Elementary School de Chicago. A escola era difícil para el porque sentía que todo o mundo o recoñecía como estranxeiro. Pasou a frecuentar a prestixiosa Lane Technical College Prep High School de Chicago, e di que nunca sentiu que encaixaba até que estivo no segundo ano. Cando tiña 16 anos, o seu pai morreu dun ataque cardíaco.[6] El sentía que o seu pai era moi rigoroso e era un home á antiga, pero a relación de Genndy con seu pai foi moi especial para el. Trala morte do seu pai, Genndy e a súa familia trasladáronse a unha vivenda financiado polo goberno, e empezou a traballar namentres cursaba o ensino medio.

Para satisfacer a súa familia, Tartakovsky tentou tomar clases de publicidade, xa que desexaban que fora un home de negocios. Así é todo, inscribiuse tarde e tivo pouca pode de elección sobre as súas clases. Foi designado para acudir a clase de animación na Columbia College Chicago antes de se mudar aos Ánxeles para estudar animación no Instituto das Artes de California[8] (co seu amigo Rob Renzetti)[6] e alí, coñeceu a Craig McCracken. Na CalArts, Tartakovsky dirixido e animou dúas películas de estudantes, unha das cales foi a base para facer Dexter's Laboratory.[8] Despois de dous anos na CalArts, Tartakovsky conseguiu un emprego en España en Batman: The Animated Series e The Critic. Mentres estaba en España, a súa nai morreu de cancro.[6]

Craig McCracken conseguiu un traballo de director de arte na Hanna-Barbera para o show 2 Stupid Dogs[5] e recomendou a contratación de Robert Renzetti e máis de Tartakovsky. Este foi un importante punto de inflexión na carreira de Tartakovsky. Hanna-Barbera cedeu un trailer a Tartakovsky, McCracken, Renzetti e Paul Rudish para traballar no aparcadoiro do estudo, é alí onde Tartakovsky comezou a crear as súas obras máis coñecidas. Dexter's Laboratory xurdiu a partir dunha película de estudante co mesmo título que produciu mentres estudaba no California Institute of the Arts. Tartakovsky tamén co-escribiu e deseñou o nº 25 dunha serie de cómics de Dexter's Laboratory, titulado "Subble Trouble".[9] Ademais, axudou a producir The Powerpuff Girls e dirixiu moitos episodios, e mesmo foi director de animación para o filme The Powerpuff Girls Movie. Os tres proxectos foron nomeados varias veces para os Premios Emmy, con Samurai Jack finalmente gañou o "Primetime Emmy ao mellor programa animado" (para programas de menos dunha hora) en 2004 - o mesmo ano en que ía gañar na categoría "Primetime Emmy ao mellor programa animado" (para programas dunha hora ou máis) por Star Wars: Clone Wars.

O creador da saga da Guerra das galaxias George Lucas contratou a Tartakovsky para dirixir Star Wars: Clone Wars, unha serie de debuxos animados que transcorre entre Attack of the Clone e Revenge of the Sith. A serie gañou tres premios Emmy: dous para "Primetime Emmy ao mellor programa animado" (para programas dunha hora ou máis) en 2004 e 2005, e outra para "Primetime Emmy ao mellor logro individual en animación" (para o deseñador de fondos Justin Thompson en 2005). Tartakovsky asegurou non ter plans de traballar en proxectos futuros da Guerra das galaxias.[10] Tartakovsky axudou a crear o episodio piloto de "Korgoth of Barbaria", emitido por Adult Swim no 2006. Porén, o proxecto non logrou converterse nunha serie.

No 2005, Tartakovsky converteuse no presidente creativo de "Orphanage Animation Studios", un estudio de animación por ordenador pertencente á compañía de efectos visuais The Orphanage. En febreiro de 2006 anunciouse que o estudio estaba a cargo de crear unha secuela da película The Dark Crystal (1982), que sería titulada Power of the Dark Crystal e estaría dirixida por Tartakovsky. Así e todo, en maio de 2010 revelouse que Tartakovsky foi substituído por Michael e Peter Spierig. Tamén dirixiu unha serie de anuncios anti-tabaco, un para Nicorette en 2006[11] e dous para Niquitin en 2008.[12]

No 2009 creou unha curta titulada Maruined, para o programa de Cartoon Network Cartoonstitute, que aínda non foi oficialmente transmitido. Anunciouse tamén que Tartakovsky ía escribir e dirixir unha película de Samurai Jack de Frederator Studios de Fred Seibert e Bad Robot Productions de J. J. Abrams.[13] En xuño de 2012, Tartakovsky dixo que tiña unha historia para completar a serie pero o proxecto foi arquivado cando J. J. Abrams comezou a dirixir o filme de Star Trek.[14] No 2010, creou storyboards para o filme de Jon Favreau Iron Man 2.[15] A última serie de televisión de Tartakovsky para Cartoon Network, Sym-Bionic Titan, emitiuse entre 2010 e 2011. Tiña a esperanza de ampliar os 20 episodios iniciais, pero non foi renovado para alén da súa primeira tempada. O 7 de abril de 2011 un prólogo animado por Tartakovsky para a película de terror Priest estreouse en liña.[16] A principios de 2011, Tartakovsky pasou a traballar con Sony Pictures Animation, onde fixo a súa estrea na dirección de cine con Hotel Transylvania (2012).[2] En xullo de 2012, asinou un acordo a longo prazo con Sony para desenvolver e dirixir os seus propios proxectos. O seu primeiro proxecto inicial actualmente titúlase Can You Imagine? e será producido por Michelle Murdocca. É descrito como unha "viaxe fantástica a través da imaxinación dun neno".[17]

En xuño de 2012, Sony Pictures Animation anunciou que Tartakovsky foi nomeado para dirixir unha longametraxe de animación por ordenador de Popeye.[18] En marzo de 2015, Tartakovsky anunciou que, a pesar de que a rodaxe de proba foi ben recibida, non estaba a traballar máis no proxecto, e, pola contra, comezou a dirixir Can You Imagine?.[19]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Notas
2002 The Powerpuff Girls Movie Director de animación
2006 How to Eat Fried Worms Director de animación
2010 Iron Man 2 Animador
2011 Priest Director de animación
2012 Hotel Transylvania Director
2012 Goodnight Mr. Foot[20] Curtametraxe
Director e animador
2015 Hotel Transylvania 2 Director
2016 Trolls Consultor creativo (sen creditar)[21]
2017 Puppy! Curtametraxe
Director e guionista[22]
2018 Hotel Transylvania 3: Summer Vacation[23] Director e guionista
Voz de Blobby, Blobby Baby Puppy Blobby
2021 Hotel Transylvania: Transformania Guionista e produtor executivo[24]
TBA Fixed Director
Black Knight Director e guionista[25]
Popeye Director

Televisión

[editar | editar a fonte]
Ano Título Notas
1991 Tiny Toon Adventures
Episodio: "Henny Youngman Day"
Asistente de animación (sen creditar)
1992–1993 Batman: The Animated Series Animador (sen creditar)
1993–1995 2 Stupid Dogs Director de animación
1994 The Critic Animador
1996–2003 Dexter's Laboratory Creador, director (1996–1999, 2003), guionista, animador, produtor, produtor executivo (2001–2003) e deseñador de personaxe
1998 Vaca e polo
Episodio: "Cow's Pies"
Animador
1998–2002 The Powerpuff Girls Produtor (tempadas 1–4), guionista, director de gravación, animador e director (tempadas 1–3)
1999 Dexter's Laboratory: Ego Trip Telefilme
Director, produtor e animador
2000 Foe Paws Director de animación e produtor
2000 Whatever Happened to... Robot Jones?
Episodio: "Pilot"
Produtor
2001 The Flintstones: On the Rocks Telefilme
Produtor
2001–2004
2017
Samurai Jack Creador, director, guionista, animador, produtor e director de son
2003 Duck Dodgers
Episodio: "Samurai Quack"
Actor de voz como el mesmo
2003–2004 The Grim Adventures of Billy & Mandy Produtor
2003–2005 Star Wars: Clone Wars Creador, animador, produtor e director
2004 Periwinkle Around the World
Episodio: "Pilot"
Produtor e director
2006 Korgoth of Barbaria
Episodio: "Pilot"
Director de animación
2008 Maruined
Episodio: "Pilot"
Creador
2010–2011 Sym-Bionic Titan Creador, director, animador, guionista, director de son e produtor executivo
2013 Steven Universe
Episodio: "Pilot"
Director
2019–presente Primal Creador, director, animador, guionista, director de dobraxe e produtor executivo
2021 Unicorn: Warriors Eternal Creador[26]
  1. Газета (ed.). "Мои мультфильмы – для любого возраста". Consultado o 31 de outubro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 Keegan, Rebecca (25 de agosto de 2012). "Genndy Tartakovsky gets 'Hotel Transylvania' open for business". Los Angeles Times. Consultado o 31 de outubro de 2015. 
  3. Keegan, Rebecca (25 de agosto de 2012). "Genndy Tartakovsky gets 'Hotel Transylvania 2'". Los Angeles Times. Consultado o 31 de outubro de 2015. 
  4. The Jewish Journal (ed.). "The Way of the Samurai". Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2012. Consultado o 14 de setembro de 2015. 
  5. 5,0 5,1 Jubera, Drew (12 de agosto de 2001). "WATCHING TV: Is 'Samurai' one for the ages?". The Atlanta Journal-Constitution. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Wilkinson, Alec (2002). "MOODY TOONS; The king of the Cartoon Network." The New Yorker. ANNALS OF POPULAR CULTURE. pp. p. 76. 
  7. SAMURAI JACK. DUNCAN HIGGITT. Western Mail. First Edition; NEWS; p. 28. 17 de xuño de 2005.
  8. 8,0 8,1 8,2 Tim Feran, SAMURAI JACK PUTS ART BACK INTO ANIMATION. Columbus Dispatch (Ohio). FEATURES – TV PLUS; Cover Story; p. 3. 11 de maio de 2003.
  9. Lander, Randy. "Snap Judgments: Dexter's Laboratory #25: "Stubble Trouble"". TheFourthRail.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2007. Consultado o 1 de novembro de 2015. 
  10. MTV.com. "Movie File: Russell Crowe, Seann William Scott, Ne-Yo & More". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2015. Consultado o 1 de novembro de 2015. 
  11. Cartoon Brew (ed.). "Genndy Tartakovsky's Nicorette Commercial". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2009. Consultado o 1 de novembro de 2015. 
  12. Motionographer (ed.). "Genndy Tartakovsky for Willpower". Consultado o 1 de novembro de 2015. 
  13. "J.J. Abrams Producing Samurai Jack: The Movie". FilmJunk.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2015. Consultado o 1 de novembro de 2015. 
  14. Douglas, Edward. "A Preview of Sony Animation's Hotel Transylvania". Shock Till You Drop. Consultado o 1 de novembro de 2015. 
  15. Eric, Vespe (29 de outubro de 2010). "Part 1 of Quint's epic interview with Jon Favreau! IRON MAN 2! IMAX! James Cameron's AVATAR! And... Genndy Tartakovsky?!?". Consultado o 1 de novembro de 2015. 
  16. Gallagher, Brian. "Priest Genndy Tartakovsky Animated Prologue". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2015. Consultado o 1 de novembro de 2015. 
  17. Dave, Koch (13 de marzo de 2014). "Sony Updates Animated Feature Film Roster". Big Cartoon DataBase. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2014. Consultado o 1 de novembro de 2015. 
  18. Abrams, Rachel. "Helmer moves Sony's 3D 'Popeye' forward". Consultado o 1 de novembro de 2015. 
  19. Han, Angie. "Genndy Tartakovsky Exits Sony's 'Popeye'". Consultado o 1 de novembro de 2015. 
  20. Sony Pictures Animation (25 de outubro de 2012). "No Trick, Big Halloween Treat from Sony Pictures Animation's HOTEL TRANSYLVANIA Director Genndy Tartakovsky". PR Newswire. Arquivado dende o orixinal o 2 de xuño de 2013. Consultado o 26 de outubro de 2012. 
  21. Kendrick, Anna (4 de novembro de 2016). "Trolls". Arquivado dende o orixinal o 3 de marzo de 2017. Consultado o 2 de marzo de 2017. 
  22. "Sony Pictures Animation Teases Upcoming Slate". 18 de xaneiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2017. Consultado o 20 de xaneiro de 2017. 
  23. Amidi, Amid (20 de xuño de 2016). "Genndy Tartakovsky Isn't Done With 'Hotel Transylvania,' Will Direct Third Film in Franchise". Cartoon Brew. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2016. Consultado o 21 de xuño de 2016. 
  24. Taylor, Drew (12 de xullo de 2020). "Collider Connected: 'Primal' Creator Genndy Tartakovsky Talks 'Popeye,' 'Star Wars' and the MCU". Collider. Consultado o 13 de xullo de 2020. 
  25. Black Knight
  26. Littleton, Cynthia (28 de outubro de 2020). "Warner Bros. Takes Over HBO Max Kids and Family Programming (EXCLUSIVE)". Variety. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2020. Consultado o 30 de outubro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]