Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
J. J. Abrams (2015) |
|
Nacemento | (sl) Jeffrey Jacob Abrams 27 de xuño de 1966 (58 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
---|
Residencia | Pacific Palisades (pt) Nova York |
---|
Educación | Sarah Lawrence College (en) Palisades Charter High School (en) |
---|
|
Ocupación | director de cinema, escritor, actor, director de televisión, compositor de bandas sonoras, produtor, produtor delegado, compositor, actor de televisión, produtor de cinema, actor de cinema, produtor de televisión, guionista, produtor creador |
---|
Período de actividade | 1990 - |
---|
Membro de | |
---|
|
Fillos | Henry Abrams, Gracie Abrams |
---|
Pais | Gerald W. Abrams e Carol Ann Abrams |
---|
|
|
|
Descrito pola fonte | Disney A to Z (en) , (sec:Abrams, J.J.) Obálky knih, |
---|
|
Jeffrey Jacob Abrams, nado en Nova York o 27 de xuño de 1966, é un produtor de cine e televisión, escritor, director, actor e compositor xudeu estadounidense, máis coñecido coma J. J. Abrams.
Criouse nos Ánxeles (California), onde estudou no Palisades Charter High School. Máis tarde asistiría a Sarah Lawrence College.[1]
Realizou o guión e produciu varias longametraxes antes de ser o cocreador da serie de televisión Felicity. Tamén creou Alias e cocreou Lost, pola que gañou dous Premios Emmy, Fringe e Undercovers. Abrams diririu os filmes Mission: Impossible III (2006), Star Trek (2009) e Star Trek Into Darkness (2013) e Super 8 (2011) e produciu os filmes Cloverfield (2008) e Morning Glory (2010). Tamén dirixiu, produciu e coescribiu o sétimo episodio da saga Star Wars e a primeira película da triloxía secuela, Star Wars: The Force Awakens (2015). A película é a súa película máis taquillera, así como a cuarta película máis taquillera de todos os tempos sen axustar a inflación. Volveu a Star Wars producindo executivamente The Last Jedi (2017), e dirixindo e coescribindo Star Wars: The Rise of Skywalker (2019).[2]
Os colaboradores frecuentes de Abrams inclúen o produtor Bryan Burk, o produtor/director Tommy Gormley, os actores Greg Grunberg, Simon Pegg, Amanda Foreman, e Keri Russell, o compositor Michael Giacchino, os escritores Alex Kurtzman e Roberto Orci, os directores de fotografía Daniel Mindel e Larry Fong, e os editores Maryann Brandon e Mary Jo Markey.
- Felicity (1998–2002) (cocreador, guionista, produtor executivo, director, cocompositor do tema principal)
- Alias (2001–2006) (creador, guionista, produtor executivo, director, compositor do tema principal)
- Lost (2004-2010) (produtor executivo, compositor do tema principal, cocreador, guionista, director)
- The Office (2005–2011) (director invitado nun episodio)
- What About Brian (2006–2007) (produtor executivo)
- Six Degrees (2006–2007) (produtor executivo)
- Jimmy Kimmel Live! (2006) (director invitado nun episodio)
- Fringe (2008–presente) (cocreador, guionista, produtor executivo, director invitado nun episodio)
- Anatomy of Hope (2009) (produtor executivo, guionista, director)
- Undercovers (2010) (cocreador, produtor executivo, guionista, director)[5]
- Person of Interest (anunciada)[6]
- Alcatraz (anunciada)[7]
Ano |
Categoría |
Película |
Resultado
|
2007 |
Mellor serie internacional |
Lost |
Candidato
|
Ano |
Categoría |
Película |
Resultado
|
2005 |
Mellor dirección de serie dramática |
Lost |
Gañador
|
2005 |
Mellor serie dramática |
Lost |
Gañador
|
2005 |
Mellor guión de serie dramática |
Lost |
Candidato
|
2002 |
Mellor guión de serie dramática |
Alias |
Candidato
|
Ano |
Categoría |
Película |
Resultado
|
1999 |
Peor guión |
Armageddon |
Candidato
|
Ano |
Categoría |
Película |
Resultado
|
2007 |
Serie dramática |
Lost |
Candidato
|
2006 |
Serie dramática |
Lost |
Gañador
|