Bill Tilden
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 10 de febreiro de 1893 Germantown, Estados Unidos de América (en) | ||||||||||||||||
Morte | 5 de xuño de 1953 (60 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||
Causa da morte | infarto agudo de miocardio ictus trombose coronariana (pt) | ||||||||||||||||
Lugar de sepultura | Ivy Hill Cemetery (en) | ||||||||||||||||
Educación | Universidade de Pensilvania Peirce College (en) | ||||||||||||||||
Altura | 188 cm | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | tenista, adestrador de tenis | ||||||||||||||||
Período de actividade | 1931 - 1946 | ||||||||||||||||
Patrimonio estimado | sen valor | ||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||
Deporte | tenis | ||||||||||||||||
Man de xogo | destro | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||
Pais | William Tatem Tilden e Selina Hey | ||||||||||||||||
Irmáns | Herbert Marmaduke Tilden | ||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||
Descrito pola fonte | Obálky knih, | ||||||||||||||||
|
William Tatem Tilden II, nado en Filadelfia o 10 de febreiro de 1893 e finado nos Ánxeles o 5 de xuño de 1953, alcumado "Big Bill" (o Gran Bill), foi un xogador de tenis estadounidense, considerado un dos mellores da historia.[1] Tilden foi o número un do mundo durante seis anos, entre 1920 e 1925. Gañou 15 grandes títulos individuais, incluíndo dez Grand Slam, un World Hard Court Championships e catro títulos profesionais. Foi o primeiro americano que gañou Wimbledon e ten o récord de sete abertos dos Estados Unidos (igualado con Richard Sears e Bill Larned).
Tilden dominou o mundo do tenis internacional na primeira metade da década de 1920, e durante os seus dezaoito anos como afeccionado (1912–29) gañou 138 de 192 torneos. Posúe varios récords no tenis, incluíndo a procentaxe de vitorias no Aberto dos Estados Unidos. Coa súa final de 1929 neste campionato converteuse no primeiro xogador en chegar a dez finais como individual nun torneo de Grand Slam. O récord mantívose ata 2017, cando Roger Federer logrou a súa undécima final de Wimbledon. Tilden, que tivo frecuentes desacordos coa ríxida United States Lawn Tennis Association sobre a súa condición de afeccionado e o diñeiro derivado dos artigos nos xornais, gañou o seu último gran título en 1930 aos 37 anos. Fíxose profesional o último día dese ano, facendo xiras con outros profesionais os seguintes quince anos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Bill Tilden naceu o 10 de febreiro de 1893, en Germantown, Filadelfia, nunha familia adiñeirada doída pola morte do tres irmáns máis vellos. O seu pai foi William Tatem Tilden, mercador de la e político local, e a súa nai, Selina Hey, era pianista.[2] Perdeu a súa nai semiinválida, que sufría de doenza de Bright, cando tiña dezaoito anos, e aínda que o seu pai estaba vivía e mantiña unha gran casa con serventes, Bill foi enviado a vivir coa súa tía solteira. A perda aos vinte e dous anos do seu pai e o seu irmán máis vello Herbert marcouno fortemente. Tras varios meses de depresión profunda, e axudado pola súa tía, o tenis, ao que xogara dende os seis e sete anos na casa familiar de verán de Catskill Mountains,[3][2] converteuse no seu principal medio de recuperación. Segundo o seu biógrafo, Frank Deford, a causa das perdas familiares, Tilden pasou toda a súa vida adulta creando unha relación de pai e fillo cunha longa serie de recollepelotas e tenistas novos protexidos seus, dos cales Vinnie Richards foi o máis destacado. A pesar das súas múltiples viaxes, Tilden viviu na casa da súa tía ata 1941, cando tiña 48 anos.
Inicios da súa carreira
[editar | editar a fonte]Tilden comezou a estudar na casa, mais en 1908 foi á Germantown Academy onde non era coñecido polo seu tenis nin tampouco era considerado suficientemente bo para xogar co equipo do colexio. O tímido e ás veces arrogante mozo abandonou tamén a Universidade de Pensilvania e en 1910 comezou a practicar o seu xogo contra un taboleiro, ademais de converterse nun estudoso do xogo.[4] O seguinte ano gañou os seus primeiros torneos, os títulos individual e de dobres júnior de Germantown.[5] Máis tarde entrou na Peirce School of Business.[6] En só tres anos subiu o seu rango. O seu primeiro título nacional foi o campionato de dobres mixto de 1913 con Mary Browne, defendido con éxito en 1914.
Entre 1914 e 1917, Tilden gañou o campionato de Filadelfia.[5] En 1918 e 1919 perdeu a final individual do Aberto dos Estados Unidos contra Robert Lindley Murray e "Little Bill" Johnston, respectivamente. Gañou seis títulos consecutivos do campionato entre 1920–1925 dun total de seis, récord que comparte con Richard Sears e Bill Larned.[7][8] No inverno de 1919–20, mudouse a Rhode Island onde se dedicou nunha pista cuberta a modificar o seu relativamente ineficiente revés. Con este cambio, converteuse en número un do mundo e no primeiro estadounidense en gañar en Wimbledon. A mediados da década, Tilden enfrontouse á USLTA sobre as súas supostas violacións das regras dos afeccionados, especificamente as relativas á compensación que recibía por escribir artigos sobre tenis.[9]
A finais da década de 1920, o equipo francés da Copa Davis coñecido como "Os Catro Mosqueteiros" logro o trofeo de Tilden e o resto do equipo dos Estados Unidos, acabando tamén co seu dominio nos títulos individuais de Wimbledon e Forest Hills. Tilden tivera desacordos cos directores afeccionados da United States Lawn Tennis Association sobre o salario derivado dos seus artigos sobre tenis nos xornais.[10] Gañou o seu último gran campionato en Wimbledon in 1930 aos 37 anos.
Carreira profesional
[editar | editar a fonte]O 31 de decembro de 1930, procurando diñeiro, converteuse en profesional e uniuse á nova xira profesional, que comezara en 1927. Durante os seguintes quince anos, el, xunto con outros profesionais como Hans Nüsslein e Karel Koželuh percorreron os Estados Unidos e Europa nunha serie de partidos, sendo Tilden o xogador polo que a xente pagaba principalmente por ver. Mesmo en actuacións con grandes como Ellsworth Vines, Fred Perry e Don Budge como opoñentes, todos eles números un recentes, adoitaba ser Tilden quen aseguraba a asistencia do público e podía manter sets e mesmo partidos contra xogadores máis novos.
Tilden pensaba que acadara o apoxeo da súa carreira en 1934 aos 41 anos; porén, ese ano foi dominado na cualificación por Ellsworth Vines. American Lawn Tennis informou que Vines tivera unha vantaxe de 11–9 na primeira fase da xira entre o 10 de xaneiro e o 16 de febreiro e que Vines superara a Tilden por dezanove partidos despois da segunda fase, xogada entre o 21 de marzo e o 17 de maio. Tilden gañara 17 veces en todo o ano, segundo un informe da Associated Press,[11] así que un rexistro probable de vitorias-derrotas ao final da xira sería 36–17 a favor de Vines. Ambos os xogadores coincidiron polo menos seis veces durante o resto do ano (Ray Bowers listou 5 partidos en torneos e un programa dunha noite), todos perdidos por Tilden.
En 1945, con 52 anos, el e a súa parella de dobres Vinnie Richards gañaron o o campionato profesional de dobres, 27 anos despois de gañar o campionato afeccionado dos Estados Unidos en 1918.
Adestrador da copa Davis
[editar | editar a fonte]Tilden adestrou o equipo alemán da copa Davis en 1937. Nas finais interzonas, o equipo estadounidense gañou despois do partido decisivo entre Gottfried von Cramm e Don Budge, partido que foi coñecido como "o máis grande partido de tenis nunca xogado".[12]
Falecemento
[editar | editar a fonte]Tilden nacera nunha familia adiñeirada, e ademais gañou grandes cantidades de cartos durante a súa longa carreira, especialmente durante os anos do circuíto profesional. Gastounos esplendidamente, mantendo un cuarto no Algonquin Hotel de Nova York. Moitas das súas ganancias foron para financiar espectáculos de Broadway que escribiu, produciu e protagonizou.[13] A última parte da súa vida pasouna con tranquilidade e afastado da súa familia, participando ocasionalmente en partidos de tenis de celebridades. Faleceu no seu apartamento en 2025 North Argyle nos Ánxeles, California. Estaba preparándose para marchar ao torneo de United States Professional Championship en Cleveland en 1953 cando faleceu por complicacións cardíacas aos 60 anos. Está enterrado en Ivy Hill Cemetery de Filadelfia.[14]
Lugar na historia do deporte
[editar | editar a fonte]Allison Danzig, principal redactora de tenis de The New York Times entre 1923 e 1968, e editora de The Fireside Book of Tennis, considerou a Tilden o maior tenista que nunca viu. "Podía correr coma un cervo", dixo Danzig a CBS Sports.[15]
Na súa autobiografía de 1979, Jack Kramer, promotor e xogador de tenis, incluíuno na súa listaxe dos seis mellores xogadores da historia.[16] Kramer comezara a xogar ao tenis con Tilden aos quince anos no Los Angeles Tennis Club (LATC).
Tilden foi incluído no Salón da Fama do Tenis Internacional de Newport, Rhode Island, en 1959.
Na década dos vinte nos Estados Unidos, tola polos deportes, Tilden foi unha das seis figuras dominantes na coñecida como "Idade de Ouro do Deporte", xunto con Babe Ruth, Howie Morenz, Red Grange, Bobby Jones e Jack Dempsey.[17]
Sexualidade e acusacións
[editar | editar a fonte]Tilden foi arrestado en novembro de 1946 en Sunset Boulevard pola policía de Beverly Hills e acusado dun delito ("contribuír á delincuencia dun menor ") por prostituír un rapaz de catorce anos co que tivera sexo nun vehículo en marcha. Tilden non levaba as súas lentes e asinou unha confesión sen lela.[18] Foi condenado a un ano en prisión, pero estivo sete meses e medio. Os seus cinco anos de liberdade condicional foron tan estritos que virtualmente eliminaron todas as súas ganancias das clases privadas.[18] Volveu ser arrestado en xaneiro de 1949 tras recoller un autoestopista de dezaseis anos do que non se coñeceu o nome ata anos despois, cando o demandou alegando dano mental, físico e emocional do seu encontro. O xuíz condenou a Tilden a un ano por violación. Tilden cumpriu dez meses. En ambos os casos, aparentemente cría que a súa fama e amizade con celebridades de Hollywood como Charlie Chaplin abondaban para mantelo fóra do cárcere.[18] Defendeuse a si mesmo no xulgado nos dous casos. Tralo seu encarceramento, foi rexeitado polos mundos do tenis e de Hollywood.[18] Non podía dar clases na maioría dos clubs, e mesmo en pistas públicas tiña poucos clientes. Nun momento, foi convidado a xogar nun prestixioso torneo profesional que tería lugar no Beverly Wilshire Hotel, mais no último momento, díxoselle que non podía participar.[19] Chaplin permitiu a Tilden usar a súa pista privada para clases para axudalo tralos problemas legais e financeiros.[20]
Segundo o seu contemporáneo George Lott, xogador e adestrador de tenis na Universidade DePaul, e o biógrafo Frank Deford, Tilden nunca fixo progresos cara a xogadores, adultos ou alumnos. Art Anderson de Burbank, que recibiu leccións de Tilden dende os once anos, continuou a ser un amigo fiel e declarou que Tilden nunca fixera nada cara a el.[21] “Bill tiña todos os rumores flotando arredor sobre a súa sexualidade”, dixo Jack Kramer.[22] Aínda segue habendo dúbidas sobre se as acusacións a Tilden estaban baseadas nos rumores, algúns preguntados, e os estereotipos homofóbicos.[18]
Estatísticas
[editar | editar a fonte]Segundo Bud Collins, como afeccionado (1912–1930), Tilden gañou 138 de 192 torneos, perdeu 28 finais e tivo un rexistro de partidos de 907–62, cun 93,6% de vitorias.[23][24] Aínda que nunca xogou no Aberto de Australia, Bill Tilden foi o primeiro tenista masculino en gañar catro títulos de Grand Slam consecutivos. Pasou ao tenis profesional en 1931, facéndoo inelixible para competir nos torneos de Grand Slam.
Títulos / Xogados | Vitorias-derrotaseer Win-Loss | Porcentaxe de vitorias | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Torneos do Grand Slam | Carreira como afeccionado | 10 / 23 | 114–13 | 89.76 | |||||||||||||||
1915 | 1916 | 1917 | 1918 | 1919 | 1920 | 1921 | 1922 | 1923 | 1924 | 1925 | 1926 | 1927 | 1928 | 1929 | 1930 | ||||
Australia | A | Non houbo | A | A | A | A | A | A | A | A | A | A | A | A | 0 / 0 | 0–0 | N/A | ||
Roland Garros | Non houbo | Só para xogadores franceses | A | A | F | A | SF | F | 0 / 3 | 14–3 | 82.35 | ||||||||
Wimbledon | Non houbo | A | G | G | A | A | A | A | A | SF | SF | SF | G | 3 / 6 | 31–3 | 91.18 | |||
Estados Unidos | A | 1R | 3R | F | F | G | G | G | G | G | G | QF | F | A | G | SF | 7 / 14 | 69–7 | 90.79 |
Torneos Pro Slam | Carreira profesional | 4 / 19 | 36–17 | 67.92 | |||||||||||||||
1931 | 1932 | 1933 | 1934 | 1935 | 1936 | 1937 | 1938 | 1939 | 1940 | 1941 | 1942 | 1943 | 1944 | 1945 | 1946 | ||||
French Pro | A | A | G | G | SF | A | SF | F | SF | Non houbo | 2 / 6 | 10–4 | 71.43 | ||||||
Wembley Pro | Non houbo | 3.º | F | N.H. | F | N.H. | 3.º | Non houbo | 0 / 4 | 8–6 | 57.14 | ||||||||
U.S. Pro | G | SF | A | A | G | A | A | A | SF | SF | QF | A | QF | N.H. | SF | 1R | 2 / 9 | 18–7 | 72.00 |
Total: | 14 / 42 | 150–30 | 83.33 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Top 10 Men's Tennis Players of All Time". Sports Illustrated. Consultado o 29 de febreiro de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 "Bill Tilden". American National Biography Online.
- ↑ Deford (1976), p. 19
- ↑ Schickel, Richard (1975). The World of Tennis. Nova York: Random House. p. 59. ISBN 0-394-49940-9.
- ↑ 5,0 5,1 "American tennis stars begin battle for overseas honors on Parisian courts tomorrow". Prescott Evening Courier. 27 de maio de 1921. p. 5 – vía Google News Archive.
- ↑ Carl Fassl, Peirce Means Business: A History of Peirce Junior College 1865-1989, 1990 PJC, Filadelfia, 82
- ↑ "Tilden Retains His National Net Title" (PDF). The New York Times. 20 de setembro de 1921.
- ↑ Larry Schwartz. "Tilden won with style". ESPN.
- ↑ Merrihew, Stephan Wallis (1 de outubro de 1924). "The Amateur at Bay". The Atlantic.
- ↑ Tandon, Kamakshi (1 de xullo de 2013). "It all changed in 1973 for the ATP". espn.go.com. ESPN.
- ↑ Stahr, John (3 de xuño de 1934). "Big Bill Tilden, Prodigy Picker, Clips Coupons On Vines Venture". The Index-Journal (Greenwood, SC).
- ↑ Deutsche Welle: Germany vs. the US in 1937: The "greatest tennis match ever played"
- ↑ IBDB: The official source for Broadway Information
- ↑ Findagrave.com
- ↑ Danzig, Allison (11 de xullo de 1946). "Sabin Rally Halts Tilden In Five Sets; 'Big Bill' Eliminated From Pro Tennis Tourney". The New York Times. Consultado o 26 de abril de 2010.
- ↑ Escrito en 1979, Kramer considerou que os mellores foran Don Budge ou Ellsworth Vines. Os seguintes catro serían, cronoloxicamente, Tilden, Fred Perry, Bobby Riggs e Pancho Gonzales. Tras estes seis viría o "segundo chanzo" con Rod Laver, Lew Hoad, Ken Rosewall, Gottfried von Cramm, Ted Schroeder, Jack Crawford, Pancho Segura, Frank Sedgman, Tony Trabert, John Newcombe, Arthur Ashe, Stan Smith, Björn Borg e Jimmy Connors. Considerouse incapaz de cualificar a Henri Cochet e a René Lacoste, mais sentía que estarían entre os mellores.
- ↑ Ron Borges. "Tilden brought theatrics to tennis". ESPN. Consultado o 13 de novembro de 2011.
- ↑ 18,0 18,1 18,2 18,3 18,4 Sam Kashner, páxinas 47–59.
- ↑ Deford (1976), pp198–207.
- ↑ Joyce Milton, páxina 447.
- ↑ ""Big Bill Tilden Remembered: Burbank Man Keeps Memory Alive". Originally published in Daily News (LA). 2.12. 1996.". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2019. Consultado o 15 de xaneiro de 2019.
- ↑ Crouse, Karen (30 de agosto de 2009). "Bill Tilden: A Tennis Star Defeated Only by Himself". The New York Times.
- ↑ Collins, Bud (2010). The Bud Collins History of Tennis (2.ª ed.). [New York]: New Chapter Press. pp. 650–651. ISBN 978-0942257700.
- ↑ "Tilden, William "Big Bill" (1893–1953)". GLBTQ Encyclopedia. 2002. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2010. Consultado o 28 de maio de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bill Tilden |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Deford, Frank (1976). Big Bill Tilden: The Triumphs and the Tragedy. New York: Simon & Schuster. ISBN 9780671222543.
- Digby Baltzell, E. (1995). Sporting Gentlemen – Men's Tennis from the Age of Honor to the Cult of Superstar. New York: The Free Press. ISBN 9780029013151. OCLC 31411547.
- Pancho Gonzales with Cy Rice (1959). Man with a Racket. New York: A.S. Barnes and Company. OCLC 1351057.
- Joyce Milton, Tramp: The Life of Charlie Chaplin[1] – Da Capo Press, 1998.
- Marshall Jon Fisher, A Terrible Splendor: Three Extraordinary Men, a World Poised for War, and the Greatest Tennis Match Ever Played[2] – Random House, Inc., 2010.
- Robert Hofler, The Man Who Invented Rock Hudson: The Pretty Boys and Dirty Deals of Henry Willson[3] – Carroll & Graf Publishers, 2006.
- Sam Kashner, Jennifer Macnair, The Bad and the Beautiful: Hollywood in the Fifties[4] – W. W. Norton & Company, 2003
- Jack Kramer with Frank Deford (1981). The Game : My 40 Years in Tennis. London: Deutsch. ISBN 0233973079. OCLC 59152557. OL 17315708M.