Saltar ao contido

Becacina real

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Becacina real
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Xénero: Gallinago
Especie: Gallinago media
(Latham, 1787)
Distribución de G. media      Área reprodutora     Área non reprodutora
Distribución de G. media      Área reprodutora     Área non reprodutora

Distribución de G. media      Área reprodutora     Área non reprodutora
Sinonimia

Capella media (Latham, 1787)
Gallinago major
Scolopax media Latham, 1787

A becacina real[2] (Gallinago media) é unha pequena ave limícola robusta do xénero Gallinago. O hábitat reprodutor desta ave son marismas e pradeiras húmidas con vexetación curta do nodeste de Europa, incluíndo o noroeste de Rusia ; en Galicia é unha ave accidental rara. Son aves migratorias, que paan o inverno en África. A poboación reprodutora europea está en forte declive.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita polo naturalista inglés John Latham en 1787 co nome Scolopax media.[3][4][5] O nome do xénero actual Gallinago é unha palabra neolatina que significa arcea ou becada, do latín gallina, 'galiña' e o sufixo -ago, 'que lembra a'. O nome específico media significa en latín 'intermedia', porque esta especie é intermedia en tamaño entre a arcea (Scolopax rusticola) e a becacina cabra (Gallinago gallinago).[6]

Descrición

[editar | editar a fonte]
En voo.

Os adultos cos seus 26 a 30 cm de lonxitude e 42 a 50 cm de envergadura alar son só lixeiramente máis grandes, pero moito máis voluminosos, que a becacina cabra e teñen un bico máis curto. O corpo ten manchas marróns pola parte superior e está barrado pola inferior. Teñen unha liña negra que cruza o ollo. As ás son anchas e en voo pode verse unha barra clara na á.

Á voz desta ave descríbese como un feble ie. As chamadas durante as exhibicións de apareamento que fan os grupos poden sentirse a longas distancias (a máis de 300 m) e inclúen unha serie de chíos que se elevan e baixan e ruídos de clics que aceleran.

Comportamento e ecoloxía

[editar | editar a fonte]
Gravado de Naumann, 1905

estas aves son coñecidas pola súa gran capacidade de voar rápido e sen parar a grandes distancias.[7] Poden voar a unha velocidade de 97 km/h, con pouca axuda das correntes de vento. Rexistráronse casos de individuos que voaron sen parar durante 84 horas cubrindo unha distancia de 6 760 km. Porén, as súas ás non son especialmente aerodinámicas; carecen de extremos agudos. Normalmente non paran para comer aínda tendo boas oportunidades, senón que se alimentan da súa graxa almacenada.[7]

Ao lusco fusco durante a estación reprodutora, os machos exhíbense nun lek, permnecendo ergueitos co peito inflado e cola despregada en abano. Poden choutar, e producen diversos sons de repenico, clics, sons rumbantes e asubíos durante a exhibición. Poñen tres ou catro ovos nun niño no chan ben agochado.

Buscan alimento no barro mol, sondando ou apañando co bico os alimentos que ven. Comen principalmente insectos e miñocas e ocasionalmente materia vexetal. Son difíciles de ver, porque están ben camuflados no seu hábitat. Cando escapan para agocharse, voan en liña recta durane unha considerable distancia antes de baixar e meterse entre a vexetación.

Ovo de Gallinago media - (MHNT)

Descubríronse fósiles de bcacina real en Carolina do Norte, cunha antigüidade de 4,465 Ma ±0,865M. Isto suxire que a ave debeu noutrora resituarse ao outro lado do Atlántico.[8]

En 2012, estimouse unha poboación de 15 000 a 40 000 indiiduos en Escandinavia e entre 450 000 e 1 000 000 no oeste de Siberia e noroeste de Europa. A especie está experimentando un declive, debido principalmente á perda de hábitat, e tamén pola caza que sofre no leste de Europa e nas súas zonas de invernada africanas. A especie está clasificada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN) como "case ameazada".[1] É unha das especies ás que se lle aplica o Acordo para a Conservación de Aves Acuáticas Migratorias africano-euroasiático (AEWA).[9]

  1. 1,0 1,1 "Gallinago media". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013. 
  2. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  3. Latham, John (1787). Supplement to the General synopsis of birds. London: Leigh & Sotheby. p. 292. 
  4. Latham, John (1785). A general synopsis of birds. Volume 3 Part 1. London: Leigh & Sotheby. p. 133. 
  5. Peters, J.L, ed. (1934). Check-list of Birds of the World. Volume 2. Cambridge, Massachusetts: Museum of Comparative Zoology. p. 275. 
  6. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 170, 244. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  7. 7,0 7,1 Klaassen, Raymond H.G.; Alerstam, Thomas; Carlsson, Peter; Fox, James W.; Lindström, Åke (25 May 2011). "Great flights by great snipes: long and fast non-stop migration over benign habitats". Biology Letters 7 (6): 833–835. PMC 3210655. PMID 21613283. doi:10.1098/rsbl.2011.0343. 
  8. "†Capella media Latham 1787 (snipe)". Fossilworks: Gateway to The Paleobiology Database. 3 January 2009. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2016. Consultado o 13 February 2016. 
  9. "Agreement Text and Annexes" (PDF). Agreement on the Conservation of African - Eurasian Migratory Waterbirds (AEWA). November 2015. Consultado o 25 June 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]