Saltar ao contido

Azaí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Azaí
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Arecales
Familia: Arecaceae
Subfamilia: Arecoideae
Tribo: Areceae
Subtribo: Euterpeinae
Xénero: Euterpe
Especie: E. oleracea
Nome binomial
Euterpe oleracea
Mart. 1824
Sinonimia

O azaí[3] (do portugués: açaí) (Euterpe oleracea) é unha palmeira nativa do norte de América do Sur, apreciada polas propiedades nutritivas do seu froito. Medra no norte do Brasil, Güiana francesa, Suriname, Güiana, Trinidad, e sur de Bolivia, Perú e Venezuela e no Magdalena Medio e a rexión do Pacífico en Colombia.[4]

O seu consumo data de tempos precolombianos e é un alimento moi importante na dieta amazónica. O cultivo intensivo do azaí estendeuse dentro do territorio brasileiro, durante os anos 1980 e 1990.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O azaí, do portugués açaí, tamén recibe os nomes comúns, todos orixinarios da lingua nativas do Brasil, de uaçaí, açaí-branco, açaizeiro, coqueiro-açaí, iuçara, juçara, palmiteiro, palmito, piná e tucaniei,[5]. Açaí e uaçaí son oriundos do tupí yasa'i, "froita que zumega", nunha alusión ao zume desprendido polo seu froito[5]. Juçara provén do tupí yu'sara[6]. "Palmiteiro" e "palmito" son alusións ao seu uso na alimentación humana so a forma de palmito[6][7]

Medra en bosques húmidos das terras baixas, en zonas alagábeis pretos das ribeiras.

É propia do Andén Pacífico, onde se coñece como palma murrapo ou naidí e forma extensas asociacións nas veigas alagábeis dos ríos, a menos de 100 m de altitude.[8]

Froitos se Euterpe oleracea

O froito desta palmeira, coñecido co mesmo nome, é comestíbel e consómese en forma de bebidas, doces, e xeados.

Por cada 100 g a polpa do froito contén 8,1 g de proteínas; 52,2 g de glícidos (incluídos 44,2 g de fibra) e 32,5 g de graxas;[9] ademais 260 mg de calcio, 4,4 mg de ferro, 1002 U de vitamina A e pequenas cantidades de vitamina C, así como ácido aspártico e ácido glutámico e ademais 319 mg de antocianina[9] e outros antioxidantes.

O seu principal produto comercializado é o palmito, que se extrae derrubando as palmas e se procesa coma encurtido para comidas tipo ensalada. Os seus froitos son consumidos polas aves, especialmente polos paxaros do petróleo ou guácharos (Steatornis caripensis), mentres que as súas sementes son consumidas por roedores e por algúns peixes, adicionalmente os seus talos empréganse como trabes e pontóns na construción de teitos[10]

Atribúenselle propiedades medicinais de varios tipos. Segundo o profesor Stephen Talcott, nun estudo realizado pola Universidade da Florida atopouse que provocou respostas autodestrutivas até no 86% das células canceríxenas da leucemia estudadas.[11] O mesmo estudo tamén afirma que é unha das fontes de froitas máis rica en antioxidantes.

Nos Estados Unidos e por extensión no Canadá e Europa, comezouse a comercializar como suplemento alimenticio en forma de barritas enerxéticas, zume, caramelos ou mesmo a froita enteira. As empresas que comercializan estes produtos din que proporciona moita fibra, un nivel enerxético máis alto e mellora a vida sexual, a dixestión, a saúde cutánea, a saúde cardíaca, o sono e incluso diminúe os niveis de colesterol. Ademais, atribúenlle propiedades adelgazantes. Quackwatch (organización sen ánimo de lucro estadounidense dedicada a destapar fraudes relacionados coa saúde) advertiu que os niveis de antioxidantes do zume de azaí, suposta fonte das súas propiedades beneficiosas, non son superiores que nos doutras froitas como os arandos, certos tipos de uva ou cereixas.[12]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Euterpe oleracea foi descrita por Carl Friedrich Philipp von Martius e publicado en Historia Naturalis Palmarum 2(2): 29–31, f. 28–30, no ano 1824.[13]

Etimoloxía

O xénero leva o nome da musa Euterpe da mitoloxía grega.[14]

oleracea: epíteto latino que significa "con fragrancia, recendo".[15]

  1. "Sinónimos en Catalogue of life". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2009. Consultado o 07 de abril de 2014. 
  2. ["Azaí en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2018. Consultado o 07 de abril de 2014.  Azaí en PlantList]
  3. VV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, pax. 43. Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. ISBN 978-84-453-5056-0
  4. Henderson, Andrew; Gloria Galeano & Rodrigo Bernal 1997. Field Guide to the Palms of the Americas: 124. Princeton Paperbacks.
  5. 5,0 5,1 FERREIRA, A. B. H. Novo Dicionário da Língua Portuguesa. Segunda edição. Rio de Janeiro: Nova Fronteira, 1986. p.19
  6. 6,0 6,1 FERREIRA, A. B. H. Novo Dicionário da Língua Portuguesa. Segunda edición. Río de Xaneiro: Nova Fronteira, 1986. p.992
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2014. Consultado o 07 de abril de 2014. 
  8. Bernal, Rodrigo G. e Gloria Galeano 1993. Las Palmas del Andén Pacífico; Pablo Leyva (Ed.) Colombia Pacífico I. Bogotá: BIOPACIFICO
  9. 9,0 9,1 Schauss AG, Wu X, Prior RL, Ou B, Patel D, Huang D, Kababick JP (2006). "Phytochemical and nutrient composition of the freeze-dried amazonian palmberry, Euterpe oleraceae Mart. (acai)". Journal of Agricultural and Food Chemistry 54 (22): 8598–603.
  10. Acero, E. 2003. Manual guía de las especies vegetales vedadas en vía de extinción y de frecuente comercialización. Departamento Administrativo Del Medio Ambiente - DAMA. Bogotá, Colombia. 337 páx.
  11. "University of Florida News - Brazilian berry destroys cancer cells in lab, UF study shows". Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2014. Consultado o 07 de abril de 2014. 
  12. Quackwatc 2009. CSPI Warns Consumers about Web-Based Açai Scams
  13. Azaí en Trópicos
  14. (J. Dransfield, N. Uhl, C. Asmussen, W.J. Baker, M. Harley and C. Lewis. 2008)
  15. en Epítetos Botánicos

* Schultes, Richard E. 1974. Palmeras y religión en el noroeste amazónico. Príncipes 18 (1): 3-21. Astrocaryum vulgare, Bactris gasipaes, Euterpe oleracea, E. precatoria, Leopoldinia piassaba, Maximiliana martiana, Oenocarpus bacaba, Socratea exorrhiza

  • USDA, ARS, National Genetic Resources Program. GRIN. National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. Euterpe oleracea Mart. (25 ene 2008).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]