Allier
Epónimo | Rio Allier (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Auvernia-Ródano-Alpes | ||||
Capital | Moulins | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 334.872 (2021) (45,62 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 7.340 km² | ||||
Punto máis alto | Puy de Montoncel (en) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 4 de marzo de 1790 | ||||
Organización política | |||||
• Presidente | Gérard Dériot (pt) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | FR-03 | ||||
Código NUTS | FR721 | ||||
Código de departamento INSEE | 03 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | allier.fr | ||||
Allier (Occitano: Alèir) (03) é un departamento localizado no centro sur da Francia. O seu nome vén do río Allier.
Historia
[editar | editar a fonte]Allier é un dos 83 departmentos orixinais creados trala Revolución francesa o 4 de marzo de 1790. O departamento de Allier foi creado a partir da división das antigas provincias de Auvernia e Bourbonnais.
En 1940, o goberno do Mariscal Philippe Pétain elixiu á vila de Vichy como a súa capital.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O departamento de Allier pertence á rexión de Auvernia. ao seu arredor atópanse os departamentos de Cher, Nièvre, Saona e Loira, Loira, Puy-de-Dôme, e Creuse.
O departamento é percorrido polos seguintes ríos:
Economía
[editar | editar a fonte]Allier é a área máis produtiva da rexión de Auvernia. A súa capital, Vichy é coñecida polas súas augas, as cales son exportadas por todo o mundo.
Demografía
[editar | editar a fonte]As principais cidades do departamento son Montluçon, Vichy, e Moulins. O resto do departamento está poboado por pequenos núcleos de poboación, na súa maioría situados ao longo dos ríos. En xeral, o departamento atópase dispersamente poboado. Durante o século XIX a poboación do departamento medrou considerabelmente grazas ao crecemento das industrias de Montluçon e Moulins, e polo desenvolvemento de Vichy grazas ás súas augas. Naquel tempo o departamento contaba cunha poboación arredor dos 420.000 habitantes. Trala primeira guerra mundial, a poboación estabilizouse, medrando en menor medida durante a década de 1960. Dende aquela, a poboación caeu dos 386.533 habitantes en 1968 ós 344.721 en 1999.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web da prefectura Arquivado 11 de decembro de 2004 en Wayback Machine.
- Páxina web do departamentoArquivado 02 de agosto de 2002 en Wayback Machine.
- Mapa de Allier Arquivado 30 de xuño de 2007 en Wayback Machine.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |