Rexións de Francia
Desde o 1 de xaneiro de 2016 Francia está dividida en 18 rexións administrativas, das que 13 se achan na Francia metropolitana (12 régions de France métropolitaine, ás que se engade Córsega, que non ten a denominación de rexión pero exerce competencias similares),[1] e 5 son rexións de alén mar.[2]
Porén a división administrativa realmente importante dende o punto de vista organizativo é a dos departamentos, divisións interiores das rexións.
A administración francesa entende que as rexións son unha zona xeográfica definida ligadas a unha identidade cultural ou social.
As rexións francesas non teñen ningunha capacidade de autonomía, non poden promulgar leis nin teñen capacidade recadatoria propia. Limítanse unicamente a administrar un orzamento que lles concede o estado e que se dirixe fundamentalmente a obras públicas de pequeno investimento, servizos sociais e eventos culturais.
Só unha destas rexións francesas, Córsega, desenvolveu institucións de autogoberno limitadas baixo o nome de colectividade territorial.
Polo demais, cada rexión ten o seu consello rexional, elixido a partir das eleccións municipais, que escolle, á súa vez, un presidente rexional.
Rexións da Francia metropolitana
[editar | editar a fonte]Desde o día 1 de xaneiro de 2016, a Francia metropolitana divídese nas seguintes 13 rexións:[2]
|
-
Mapa da rexión
Altos de Francia -
Mapa da rexión
Gran Leste -
Mapa da rexión
Occitania[3]
Rexións de alén mar
[editar | editar a fonte]Ademais das rexións da Francia metropolitana, o territorio da República francesa comprende tamén catro rexións de alén mar (régions françaises d'outre-mer) que, ao mesmo tempo, constitúen cadanseu departamento:
Lista das antigas rexións de Francia, até 2015[editar | editar a fonte]Até o 31 de decembro de 2015 a Francia metropolitana contaba coas seguintes 22 rexións administrativas:
Notas[editar | editar a fonte]
|