Cincinnati
Lema | «Strength in Unity» | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Society of the Cincinnati (en) | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Ohio | ||||
Condado (pt) | Condado de Hamilton (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 309.317 (2020) (1.511,89 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 138.696 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Cincinnati metropolitan area (en) (Poboación:2.256.884) | ||||
Superficie | 204,589872 km² | ||||
Auga | 2,017 % (1 de abril de 2010) | ||||
Bañado por | Río Ohio | ||||
Altitude | 147 m | ||||
Comparte fronteira con | Norwood (pt) Villa Hills (pt) Fort Thomas (pt) North College Hill (pt) Cheviot (pt) Dayton (pt) Bellevue (pt) Newport (pt) St. Bernard (pt) Ludlow (pt) Bromley (pt) Covington (pt) Storrs Township (en) (1835–1870) Spencer Township (en) (década de 1840–1909) | ||||
Creación | 1788 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | mayor–council government (en) | ||||
• Alcalde | Aftab Pureval (pt) (2022–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 513 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Khárkiv (1989–) | ||||
Páxina web | cincinnati-oh.gov |
Cincinnati é unha cidade do estado norteamericano de Ohio e a capital de condado de Hamilton. A cidade está localizada ao suroeste de Ohio, á beira do río Ohio na fronteira Ohio-Kentucky.
Cunha poboación en 2006 de 332.252 habitantes, Cincinnati é a terceira cidade máis grande de Ohio, detrás de Columbus e Cleveland, e a 56ª cidade máis grande nos Estados Unidos. A área metropolitana é moito maior, comunmente chamada "Grande Cincinnati," situada como a segunda área metropolitana de Ohio, só detrás de Cleveland, e inclúe partes de Ohio, Kentucky, e Indiana. Desde 2006, a Oficina do Censo dos Estados Unidos estima que a área Estatística Combinada de Cincinnati-Middletown-Wilmington ten unha poboación de 2 147 617 habitantes[1] (o que a converte na 20ª máis grande do país) e crece a un ritmo aproximado dun 1 por cento anual.
Cincinnati é sede de varios deportes das principais ligas, como os Cincinnati Reds (o primeiro equipo de béisbol profesional de América), os Cincinnati Bengals (un equipo da Liga Nacional de Fútbol), o Masters de Cincinnati de tenis, así como varios equipos de ligas menores, como os Cincinnati Kings (un equipo profesional de fútbol), os Cincinnati Cyclones (un equipo profesional de hóckey sobre xeo) e os Cincinnati Jungle Kats (un equipo de fútbol americano).
Cincinnati considérase que foi a primeira boomtown (comunidade que experimenta un rápido crecemento demográfico e económico) dos Estados Unidos, expandíndose rapidamente no corazón do país a principios do século dezanove ata rivalizar coas cidades costeiras máis grandes en tamaño e riqueza. Como a primeira cidade importante do interior do país, pénsase nela como a primeira cidade puramente americana, carecendo da forte influencia europea presente na costa leste. Con todo, cara a finais do século, o crecemento de Cincinnati reduciuse bastante, e a cidade foi superada en poboación por moitas outras cidades interiores.
Cincinnati tamén é coñecida por ter unha das coleccións máis grandes de arquitectura italiana do século dezanove nos Estados Unidos[2], principalmente concentrada ao norte do centro da cidade na veciñanza de Over-the-Rhine, un dos Distritos Históricos Nacionais máis grandes no país.
Historia
[editar | editar a fonte]Cincinnati foi fundada en 1788 por John Cleves Symmes co nome de "Losantiville". Xa en 1790 foi renomeado por Arthur St. Clair, entón gobernador do Territorio do Noroeste, a Cincinnati en honra a A Sociedade dos Cincinnati da cal era presidente. Mentres que en 1802 aínda catalogábase como "pobo", en 1819 xa figuraba como cidade. A navegación en barco de vapor sobre o río Ohio e a terminación da canle de Miami e Erie contribuíron ao rápido crecemento da cidade que alcanzou os 115.000 habitantes en 1850.
Durante a súa historia recibiu varios alcumes. O nome de "porcópolis", gañado en 1835, referíase a que Cincinnati era un importante centro loxístico para o envío de porcos.
Máis tarde denominouse tamén "Raíña do Oeste" ("Queen of the West") (aínda que a expresión foi utilizada por primeira vez en 1819 por un xornal local) por Henry Wadsworth Longfellow e era un punto importante na fuxida dos escravos cara á liberdade.
Debido aos seus amplos parques, Winston Churchill chamou a Cincinnati "A cidade interior máis fermosa dos Estados Unidos" [3].
Xeografía
[editar | editar a fonte]Cincinnati atópase a 39°8'10" Norte, 84°30'11" Oeste (39.136160, -84.503088). Ocupa un total de 206,1 km² (79,6 mi²). Destes, 201,9 km² (78,0 mi²) son terra firme e 4,1 km² (1,6 mi² = el 2,01 %) son auga.
Clima
[editar | editar a fonte]Cincinnati está localizado dentro dunha zona de transición climática; a área está no límite do extremo norte do clima subtropical húmido ou ao final do sur do clima continental húmido (clasificación climática de Köppen Cfa ou Dfa), dependendo do criterio utilizado. Aínda que tecnicamente localizado no Medio Oeste, Cincinnati tamén está considerada dentro da periferia do Alto Sur. O clima local basicamente é unha mestura da rexión subtropical ao sur e a área de latitude media ao norte. Probas de ambas as influencias climáticas pódense atopar na paisaxe e a fauna de Cincinnati (ver: magnolia grandiflora, liquidambar, ciprés dos pantanos, musas, yucca filamentosa[4][5], e a lagarta das rochas común). O mapa da USDA Climate Zone clasifica a Cincinnati cunha posición de zona de dureza 6a/6b (onde 1 é a zona máis fría e a 11 a máis cálida). Pódense atopar zonas con "microclimas" máis suaves (posición 7a/b), en particular ao longo da conca do río Ohio. Cincinnati, que está na Rexión Bluegrass da Meseta Baixa Interior de Ohio, xeralmente recibe menos neve e ten unha época de cultivos máis longa que a maior parte do resto de Ohio.
Os veráns en Cincinnati xeralmente son quentes e húmidos con tardes frescas. A temperatura anual media é de 12 °C, cunha nevada anual media de 58,4 cm e unha precipitación anual media de 1.040 mm. As tempadas mais chuviosas son a primavera e o verán, aínda que a precipitación sexa bastante constante todo o ano. Durante o inverno, en particular en xaneiro e febreiro, pódense esperar varios días de neve, que permiten celebrar deportes de inverno, aínda que as nevadas son máis lixeiras que na maior parte de Ohio. As temperaturas de xaneiro esténdense de -6 a 4 °C e a variedade de temperaturas de xullo de 19 a 30 °C [6]. A máis alta temperatura rexistrada foi de 39,4 °C o 17 de agosto de 1988, e a temperatura rexistrada máis baixa foi de -32 °C, o 18 de xaneiro de 1977.
Temperaturas mensuais normales e extremas altas e baixas | ||||||||||||
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Extrema alta °C | 21 | 24 | 29 | 32 | 34 | 39 | 39,5 | 39 | 37 | 31 | 27 | 24 |
Normal alta °C | 3,3 | 6,2 | 12,2 | 18,2 | 23,6 | 28 | 30,2 | 29,3 | 25,6 | 19,1 | 12 | 5,9 |
Normal baixa °C | -5,9 | -3,9 | 1 | 5,9 | 11,6 | 16,4 | 18,9 | 17,9 | 13,8 | 7,2 | 2,1 | -3,1 |
Ext baixa °C | -31,7 | -23,9 | -23,9 | -9,4 | -2,8 | 3,9 | 8,3 | 6,1 | -0,6 | -8,9 | -17,2 | -28,9 |
Precip. (cm) | 7,42 | 6,98 | 9,90 | 10,05 | 11,66 | 11,23 | 9,52 | 9,62 | 7,16 | 7,52 | 8,79 | 8,33 |
Fonte: USTravelWeather.com |
Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo o censo de 2003 en Cincinnati hai 317.361 habitantes en 166.012 casas, e 72.566 familias viven na cidade. A densidade de poboación é de 1.640,5 hab/km² (4.249,0 hab/mi²). Hai 166.012 vivendas cunha densidade media de 822,1 hab/km² (2.129,2 hab/mi²).
A distribución racial é de 52,97% brancos, 42,92% negros ou afroamericanos, 0,21% americanos nativos, 1,55% asiáticos, 0,04% de Oceanía, 0,63% doutras razas, e 1,68% de dúas ou máis razas. O 1,28% da poboación son hispanos ou latinos ou doutras razas.
En 148.095 fogares dos cales o 25,1% ten nenos menores de 18 anos que conviven cos pais, 26,6% son parellas casadas vivindo xuntos, 18,6% son mulleres vivindo soas, e 51,0% non son familias. O 42,8% de todos os fogares son individuais e o 11,1% ten un membro de 65 anos ou maior. O tamaño medio da vivenda é de 2,15 membros e a familia media ten 3,12 membros.
A distribución da idade é de 24,5% por baixo dos 18 anos, 12,9% no rango de 18 - 24 anos, 31,6% de 25 a 44 anos e 18,7% de 45 ata 65 anos. O 12,3% da poboación é maior de 65 anos. A idade media é de 32 anos. Por cada 100 mulleres hai 89,4 homes. Por cada 100 mulleres con idade superior ós 17 anos hai 85,6 homes.
Os ingresos medios dun fogar da cidade son de 29.493 dólares estadounidenses e o ingreso medio por familia é de 37.543$. Os homes gañan unha media de 33.063$ fronte aos 26.493$ de ingreso medio das mulleres.
O ingreso medio per cápita é de 19.962$. O 21,9% da poboación e o 18,2% das familias vive por baixo do limiar da pobreza. Do total da poboación o 32% dos habitantes con menos de 18 anos e o 14,8% dos dunha idade de 65 anos ou superior viven por baixo do limiar da pobreza.
Orixe etimolóxica
[editar | editar a fonte]Unha das lendas favoritas dos romanos, era a que falaba dun patricio chamado Cincinato (Lucius Quinctius Cincinnatus) que vivía frugalmente, traballaba el mesmo as súas terras e era un patriota completo. En 458, cando os ecuos atacaron aos romanos, Cincinato foi nomeado ditador (segundo a lei romana, un ditador era un funcionario dotado de poder absoluto por seis meses designado en momentos moi difíciles para axilizar a toma de decisións).
Cando informoúselle da súa designación abandonou o arado, foi ao Foro, reuniu un exército, marchou ao lugar da batalla, derrotou aos ecuos, volveu a Roma e renunciou inmediatamente á dignidade ditatorial sen intentar usar o poder absoluto máis do necesario, e volveu á súa leira. En Roma era o exemplo de virtude do uso do poder sen abuso. Cando nos Estados Unidos acabou a guerra de independencia, fundouse A sociedade dos Cincinnati, para membros que serviran desinteresadamente á patria.
Fillos famosos da cidade
[editar | editar a fonte]- Doris Day (cantante e actriz)
- Roy Rogers (actor)
- Benjamin Harrison (23 presidente dos Estados Unidos)
- Charles Manson (famoso asasino en serie)
- Carmen Electra (nada como Tara Leigh Patrick; actriz e cantante)
- Steven Spielberg (director de cine)
- Albert Bruce Sabin (virólogo, inventor dunha vacina contra a poliomielitis)
Cultura
[editar | editar a fonte]En Cincinnati celébranse numerosos festivais e acontecementos ao longo do ano. A Sociedade Hortícola de Cincinnati organiza a Exposición de Flores de Cincinnati a finais de abril. Este acontecemento floral, apoiado pola Royal Horticultural Society, organízase no lago Como en Coney Island e afirma ser a Exposición Floral ao aire libre máis grande dos Estados Unidos. Para celebrar a súa herdanza alemá, Cincinnati recibe o cuarto Oktoberfest máis grande do mundo (despois do orixinal en Múnic, Alemaña).
Durante o verán o Festival de Jazz celébrase durante unha fin de semana en xullo. O festival de Tall Stacks celébrase cada tres ou catro anos para conmemorar a historia da embarcación fluvial de Cincinnati. O Zoo de Cincinnati, o Xardín Botánico e un banco local patrocinan o Festival das Luces durante a tempada de vacacións. Outros festivais inclúen: Taste of Cincinnati, Goetta Fest (en Newport, Kentucky), Festival de Música MidPoint e a Bell/WEBN Riverfest.
A Orquestra Sinfónica de Cincinnati é unha unha das máis prestixiosas dos Estados Unidos, e a quinta en orde de fundación. Ten a súa sede no Cincinnati Music Hall e está considerada como a segunda orquestra sinfónica máis importante do estado de Ohio, tras a Orquestra de Cleveland. Na cidade celébranse numerosos musicais e obras de teatro, alardea dun gran sistema de parques, e ten unha variada cultura culinaria. Unha das atraccións máis famosas de Cincinnati é a Fountain Square, unha das pedras angulares da cultura da rexión.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "2006 US Census Estimates by MSA". 06/04/2007. Arquivado dende o orixinal o 14/09/2007. Consultado o 16/10/2007.
- ↑ "Ohio with Attitude".
- ↑ "Cincinnati Homes guide". Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2007. Consultado o 16 de outubro de 2007.
- ↑ Cold-Hardy Palms at Miami University
- ↑ "You, too, can grow palms, magnolias - Cincinnati.com". Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2007. Consultado o 16 de outubro de 2007.
- ↑ "The Weather Channel". Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2007. Consultado o 16 de outubro de 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cincinnati |